O proxecto de peonización da praza da Farola suporá a culminación da humanización da rúa Calvo Sotelo

 AprobadO en xunta de goberno o expediente de contratación do
servizo de arquitectura para a redacción do proxecto no icónico
enclave.
 As empresas que así o desexen terán de prazo para a presentación
das súas ofertas ata o vindeiro 29 de novembro.
 O orzamento base de licitación do contrato é de 36.300 euros e terá
unha duración de 3 meses desde a súa formalización, mentres que
o orzamento total da actuación 1.210.000 euros.

A peonización da céntrica praza da
Farola avanza a bo ritmo logo da aprobación, en xunta de goberno, do
expediente de contratación do servizo de arquitectura para a redacción do
proxecto que permitirá converter este icónico enclave do casco urbano nun
espazo máis amable e accesible para o peón.
Deste xeito, as empresas que desexen presentar as súas ofertas xa poden
facelo ata o vindeiro 29 de novembro. A través deste proceso de licitación
permitirase que ditas empresas que concorran no mesmo incorporen propostas
de intervención que serán pertinentemente valoradas para deliberar cal é a que
máis se adapta ao simbolismo desta actuación.
O orzamento base de licitación do contrato é de 36.300 euros e terá unha
duración de 3 meses desde a data de formalización do mesmo. Pola súa parte,
o orzamento total da actuación ascenderá a 1.210.000 euros.
A intervención está enmarcada nas liñas de actuación incluídas na Axenda
Urbana da Estrada 2030 e suporá resolver o entronque da Praza de Galicia
coas rúas adxacentes; Rúa 56; Rúa San Paio ata Marqués de la Vega de
Armijo, Rúa Don Nicolás, Rúa Calvo Sotelo, Rúa Serafín Pazo, Rúa Pérez
Viondi e Rúa Peregrina, así como a conexión cos sectores de Solo Urbano Non
Consolidado SUNC-R01 (Av. América) e SUNCR02 (R. Forcarei), que se
atopan en vía de desenvolvemento, baixo o PXOM da Estrada.
A actuación está estruturada ao redor da recuperación para os peóns dun
espazo que na actualidade está dedicado ao tráfico rodado, cunha solución que
permita manter, nesta fase, a circulación entre as Rúas Pérez Viondi,
Peregrina, rúa 56, San Paio e Marqués de la Vega de Armijo.

Nesta idea de promover a accesibilidade deste enclave, o deseño prestará
especial atención ás necesidades das persoas con diversidade funcional e
sensorial, estando dito deseño supeditado ás liñas de actuación marcadas na
Axenda Urbana A Estrada 2030. Esta intervención, está integrada como un dos
obxectivos específicos marcados na Axenda Urbana da Estrada 2030,
concretamente do punto de mellora da calidade e da accesibilidade universal
dos espazos públicos, e tamén se inclúe na proposta 3.6 do Programa de
Humanización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible.
A través desta actuación marcarase un fito histórico na localidade dado que a
praza da Farola é o punto neurálxico sobre o cal naceu A Estrada. Por isto,
desde o goberno local avanzan que se buscará preservar a súa esencia a
través dun elemento que represente unha farola e coa que todas e todos os
estradenses poidan sentirse representados e ser conscientes do valor histórico
e patrimonial que atesoura o enclave.
Polo tanto, esta intervención suporá a culminación da peonización da rúa Calvo
Sotelo, a principal arteria comercial e de servizos da Estrada, consolidando un
proxecto iniciado e rematado en dúas das prazas máis sobranceiras do
municipio, que se complementa con outras actuacións en enclaves do casco
urbano como a premiada reforma integral da Praza da Feira, promovendo
deste xeito espazos máis accesibles e transitables que fomenten a interacción
económica e social.

Publicado en Portada | Deja un comentario

 VIAXES IMSERSO A ESTRADA

Todas as personas que estean anotadas para participar nas viaxes do
Imserso 2023/2024 poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais,
durante a próxima semana a recoller a carta coa cita para elíxir o
destino.
O departamento de Servizos Sociais informa da imposibilidade de enviar
as cartas por correo certificado debido aos problemas de prazo co
Imserso.

Publicado en Portada | Deja un comentario

AGACAL súmase ao Gastrotur do Ulla através do proxecto ‘Artesanía Alimentaria’

 O MOME acolleu esta mañá unha xuntanza na que foi presentado o
proxecto ‘Artesanía Alimentaria’.

O Museo do Moble e da Madeira
(MOME) da Estrada para presentar a participación da Axencia Galega da
Calidade Alimentaria (AGACAL) no Gastrotur do Ulla, que terá lugar do 17 ao
19 de maio no Recinto Feiral da Estrada.
No encontro estiveron o concelleiro de Turismo, Óscar Durán, e o
representante de Agacal, Xoán Miguel Concheiro, xunto con representantes de
xeodestinos, GDR e Concellos integrados na iniciativa.
Durán puxo de manifesto a “boa acollida” que está a ter o proxecto, tanto por
parte das entidades implicadas como das administracións públicas. Na súa
intervención destacou que participarán máis de 20 concellos e a finalidade é
“atraer numerosos visitantes a feira na que se busca potenciar a gastronomía,
deporte, artesanía e patrimonio que temos no interior”. Pola súa banda,
Concheiro puxo de manifesto que AGACAL estará presente a través da
iniciativa recente ‘Artesanía Alimentaria’. Durán destacou que “a súa
participación é fundamental para poder levar a cabo o evento e agardamos
contar coa asistencia de integrantes dos diferentes xeodestinos, GDR e
Concellos que forman parte”.
O evento contará con diversas actividades, entre as cales haberá
showcookings, charlas, degustacións, sorteos, exposicións variadas e tamén
actividades deportivas, entre outras.
Proxecto ‘Artesanía Alimentaria’
Durante a reunión, Concheiro presentou a iniciativa ‘Artesanía Alimentaria’,
“que é recente pero está medrando e obtendo moi bos resultados”. A finalidade
da regulación da artesanía alimentaria é recoñecer, protexer e promover os
valores económicos, culturais e sociais que representa, así como estimular o
seu crecemento no marco da promoción e defensa da calidade alimentaria
galega.
A artesanía alimentaria é a actividade de elaboración, manipulación e
transformación de produtos alimentarios de xeito respectuoso co medio
ambiente e sempre garantindo “un produto final individualizado, seguro e con
características diferenciais”. É necesario que cumpra certos requisitos como o
emprego de ingredientes tradicionais e intervención persoal da persoa artesá.

Cabe puntualizar que as actividades artesanais “contan cunha norma técnica
concreta que determina as materias primas e as súas condicións”. Así mesmo,
tamén se integran produtos artesán caseiros e produtos artesáns de montaña,
cada un cunha normativa diferente na que se aplican restricións e condicións.
Para facer o rexistro teñen que tramitalo na sede electrónica da Xunta a través
do procedemento MR400B.
No Gastrotur do Ulla, AGACAL estará presente coas empresas que forman
parte da ‘Artesanía Alimentaria’ que desexen participar, coa finalidade de darlle
visibilidade a este proxecto de AGACAL e tamén co obxectivo de potenciar
“esta nova iniciativa que nace na Estrada, que dende a Axencia consideramos
que é ambiciosa e moi atractiva”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Teatro Principal acolle hoxe a obra As Alumnas, de Paula Carballeira

 As entradas teñen un custo de 3 euros e poderán retirarse no
departamento de Cultura ou no despacho de billetes do Teatro
Principal a partir das 20.30 horas.

O Teatro Principal da Estrada acollerá
hoxe venres, ás 21.00 horas, a representación do espectáculo As Alumnas,
texto de Paula Carballeira que vén de acadar o premio nacional de Literatura
Dramática 2023.
O espectáculo, interpretado polas actrices Anabell Gago e Mónica Caamaño e
dirixido por Fina Calleja, é unha obra destinada a público adulto, e trata sobre a
figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo
significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as
mulleres.
A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das
persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas
personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco
histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as
transformacións sociais do momento.
As entradas poderán retirarse no Departamento de Cultura ou no despacho de
billetes do Teatro Principal a partir das 20.30 horas. Teñen un custo de 3,00
euros.
Ademais, o departamento de Cultura informa de que avanza a bo ritmo a venda
as localidades dos espectáculos infantís de nadal Os tres porquiños e Cuento
de Navidad e tamén poderán retirarse a partir do vindeiro luns as entradas para
os espectáculos Brokeback Sabucedo e o concerto de Santa Cecilia da Banda
Municipal da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Dixémolo: a subida do IBI do PP xa ten consecuencias nos alugueiros

Se soben os alugueiros, é moi probábel tamén que o noso concello perda poboación. O PP está empeñado en baixar A Estrada de categoría

Cando o PP aprobou a suba do IBI dixemos que ía ter repercusión nos alugueiros, tanto no residencial como nos locais comerciais, e o tempo, novamente dános a razón.

Hoxe mesmo un medio de comunicación local informa da suba dos alugueiros de vivendas, algo que sen dúbida terá outro efecto colateral: a perda de poboación. Neste sentido, a baixada de habitantes no noso concello pende dun fío moi fino; segundo os datos do INE e do IGE de 2022, o noso concello ten 20.106 habitantes, unha marxe moi estreita, que se afinará aínda máis coa subida do IBI xa aprobada polo PP e a correspondente subida dos alugueiros.

O goberno do PP está empeñado en baixar de categoría o noso concello. As súas decisións políticas dos últimos anos apuntan nesa dirección e non semella que o goberno de López vaia rectificar. Como dixemos baixar dos 20.000 habitantes terá consecuencias nos ingresos, na xestión de servizos, mais tamén na percepción de fondos europeos.

Co PP A Estrada vai a menos. O tempo daranos a razón.
 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O Teatro Principal exalta o emprego dalingua galega na entrega dos XXXII Premios San Martiño

 Na gala de entrega de premios participaron Antonio Sanmartín
Chao, propietario da Pastelería Mimela, Esther Estevez,
presentadora do Dígocho Eu, e Xaquín Espiño, artesán e dono do
obradoiro de gaitas García de Riobó

O Teatro Principal da Estrada acolleu no
 serán do Mércores a entrega da trixésimo segunda edición do Premios San Martiño de
normalización lingüística, promovidos polo Concello da Estrada.
Na entrega de premios estiveron presentes Antonio Sanmartín Chao,
propietario da Pastelería Mimela, Esther Estevez, presentadora do
programa Dígocho Eu, e Xaquín Espiño, artesán de gaitas e dono do
obradoiro de gaitas García de Riobó, en representación das agrupacións
premiadas este ano.
Deste xeito, o Concello da Estrada recoñeceu co premio á difusión da lingua
na comarca de Tabeirós- Terra de Montes á Pastelería Mimela pola súa
firme defensa do idioma tanto no municipio como na comarca, así como polo
seu emprego de produtos naturais e locais, cun proceso de produción artesanal
e sostible.
O espazo da TVG Dígocho Eu, presentado pola verinense Esther Estévez,
recibiu o galardón á normalización no ámbito galego por achegarlle á
mocidade as pautas normativas do galego, dun xeito cercano, sendo un
estímulo para a participación lingüística da xente máis nova e de toda a
comunidade educativa galega.
Finalmente, o premio á normalización a toda unha vida recoñeceu a enorme
traxectoria do obradoiro de gaitas García de Riobó, unha estirpe de artesáns
cuxa orixe se remonta a finais do século XVIII cando Joaquín García Rey lle
deu vida. O negocio que este ano pon punto e final á súa andadura foi un
elemento clave para a difusión da música, a cultura e a fala de Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O estudantado do IES Antón Losada visitou na mañá de hoxe as instalacións de aestradadixital e de Radio Estrada.

O estudantado do IES Antón Losada visitou na mañá de hoxe as instalacións de aestradadixital e de Radio Estrada.

Na sede de A Estrada Dixital, guiados por Diego Pernas, puideron coñecer máis de preto os servizos que se prestan desde a organización, así como o traballo que alí se desenvolve. 
Pola súa parte, en Radio Estrada tiveron ocasión de ser partícipes das dinámicas do medio de comunicación, accedendo inclusive ao locutorio desde o cal se emiten os contidos.
O edil, Manuel Magariños, indicou  que esta iniciativa «permite achegar á mocidade estradense a dúas organizacións locais que prestan un servizo fundamental na localidade». Tamén agradeceu a predisposición dos profesionais que traballan en ambas para «compartir cos estudantes os seus coñecementos dun xeito tan clarividente como lúdico»
Publicado en Portada | Deja un comentario