Non privatizaremos o servizo de recollida do lixo e faremos que a recollida selectiva chegue a todo o rural

O servizo de recollida do lixo é moi deficiente, especialmente no rural, onde se amorea o lixo días e días. Este é un feito, no é opinábel, a recollida do lixo, xunto coas fochancas das estradas é motivo recorrente de queixas entre os veciños e veciñas do rural estradense.

O PP xa anunciou que ía privatizar o servizo, disque así funcionaría mellor e sería máis eficiente. A realidade é que o PP de López, que aínda non deu o paso a privatizalo oficialmente, si o está facto, xa que o servizo de recollida do lixo, así como o punto limpo, está xestionado pola empresa GESECO.

Desde o BNG xa anunciamos por activa por pasiva que imos a opoñernos á privatización da recollida do lixo. E se temos responsabilidades de goberno comprometémonos a non privatizar o servizo e a mellorar a recollida no rural, levando tamén ao rural a recollida selectiva de papel e vidro. Non é de recibo que os veciños veciñas do rural teñan que traer á vila o papel e o vidro para poder depositalos nos contedores correspondentes. O rural ten que ter os mesmo servizos que a vila.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada despide hoxe a XLIX Festa doSalmón cunha nova xornada chea de actividades

 Valentín García Gómez foi o encargado da lectura do pregón e
impuxéronse os Salmóns de Ouro a Juan Andrés Fernández Castro e á
Asociación Maceira e Sidra da Estrada.
 Na xornada dominical servíronse ao redor de 3.000 pinchos de salmón.

O Concello da Estrada pon hoxe punto e final
á vixente edición da Festa do Salmón cunha xornada repleta de propostas.
A nivel máis cultural, durante a mañá o público asistente puido gozar da mostra
de artesanía e da exposición "TECEDEIRAS: arte e talento na sombra".
Un dos momentos centrais da xornada foi o pregón a cargo de Valentín García
Gómez, así como a imposición dos Salmóns de Ouro a Juan Andrés Fernández
Castro e á Asociación Maceira e Sidra da Estrada.
Durante lectura do pregón, García Gómez fixo fincapé na importancia do
salmón non só como elemento gastronómico, senón tamén polo seu valor
como elemento patrimonial e cultural.
Logo das condecoracións, tivo lugar a degustación popular de salmón cunha
estimación de 3.000 pinchos servidos na praza do Mercado.
Os concertos da Big Band Carlos Barruso e da Coral Polifónica Estradense
puxeron punto e final ao regreso dun dos grandes eventos gastronómicos da
comarca.

GALERÍA:

Publicado en Portada | Deja un comentario

Máis de 1200 persoas apoian a José López en A Estrada

Impresionante hoxe na Estrada o acto do pp de Galicia. Un mitin #4×4 para un concello e un alcalde #4×4!
Máis de 1.200 persoas apoiando a José López Campos. Dicímolo moito pero é que é a verdade: isto só pode facelo o Partido Popular de Galicia. 💪
Este #28M todos a votar a un alcalde referente en toda Galicia!
GALERÍA :
Publicado en Portada | Deja un comentario

O retablo maior da igrexa de SantoTomé de Ancorados será restaurado por 50.000 euros

 O Concello e a Consellería de Cultura formalizarán un convenio para a
restauración da talla barroca por un importe de 50.949,47 euros.
 Os traballos consistirán na limpeza dos elementos do retablo e na
reposición cromática.

O Concello da Estrada e a consellería de
Cultura e Educación formalizarán un convenio de colaboración para a
restauración do retablo maior da igrexa de Santo Tomé de Ancorados, por un
importe de 50.949,47 euros.
A actuación realizarase coa finalidade de interferir o mínimo posible nos
diferentes elementos da igrexa e incluirá en primeira instancia co apeado das
oezas e a posterior desmontaxe do retablo. Unha vez efectuado este último
paso, procederase á limpeza e saneamento das pezas con tratamentos non
agresivos coas mesmas.
Unha vez completados estes procedementos reporanse os apoios,
recuperaranse os volumes e reintegrarase tanto fendas como fisuras antes de
proceder á montaxe e á reposición das ancoraxes da talla.
Logo destes traballos actuarase sobre as policromías, limpándoas e
reintegrándoas antes de vernizar a totalidade do conxunto. Dita actuación
tamén se executará nas imaxes de San Xosé, San Tomé e San Roque.
A talla trátase dun retablo de estilo barroco realizado ao redor de 1750 por Luís
Parcero. É unha peza de gran calidade estética, e destacado valor patrimonial,
chea de motivos decorativos vexetais realizados en dourado tradicional que
seguen a máxima barroca de non deixar espazos baleiros sen decoración.
O alcalde, José López, agradeceu “a cooperación da Xunta para recuperar
unha das xoias patrimoniais do municipio, unha peza única que supón un activo
de gran valor no catálogo do barroco galego”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

‘Tecedeiros: arte e talento na sombra

 

🎨 Onte tivo lugar a inauguración da exposición ‘Tecedeiros: arte e talento na sombra’, da Colección Manuel Rodríguez Calviño, dentro da programación da XLIX Festa do Salmón.

📍 A mostra atópase na Sala Abanca.

👉 Na apertura estivo presenta o concelleiro de Cultura, Juan Constenla.

🙌 Non perdades a oportunidade de vir

Publicado en Portada | Deja un comentario

FESTA DA SIDRA A ESTRADA

Publicado en Portada | Deja un comentario

Gastronomía, artesanía e rock irán daman na XLIX Festa do Salmón da Estrada

A XLIX Festa do Salmón regresará a partir
do 17 de maio e ata o domingo, día 21, á Estrada cunha ampla oferta de
actividades para todos os públicos.

Hoxe presentouse o evento gastronómico nun acto celebrado na Sala de
Xuntas do Concello no cal o edil, Óscar Durán, anunciou a programación xunto
a representantes da hostalaría local e de Musikenos.
Na presente edición, as actividades darán comezo o mércores 17 de maio, con
motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas. Deste xeito, ás 12.00
horas farase o pregón conmemorativo do día e media hora máis tarde a Banda
de Gaitas de Barbude fará unha actuación. A xornada dará remate ás 13.00
horas co concerto de primavera da Banda de Música Municipal da Estrada na
Alameda.
O venres, día 19, a programación inclúe un roteiro de degustación de tapas de
salmón a partir das 12.00 horas, a inauguración da exposición ’Tecededoiras:
arte e talento na sombra”, na Sala Abanca ás 19.30 horas e unha nova ruta de
degustación de tapas de salmón ás 20.00 horas.
Pola súa parte, o sábado 20 celebrarase o VII Raid do Salmón na praia fluvial
de Liñares desde as 9:00 horas. Ás 10.00 horas terá lugar a apertura da mostra
da artesanía na Alameda, que xunto ruta de degustación de tapas de salmón
ás 12.00 e a sesión vermú na zona dos viños a cargo de ‘Satisfayers rock
band’, ás 13.00 horas, completarán a programación matinal.
Pola tarde, celebrarase o ráfting do salmón polo río Ulla ás 16.30 e logo o
Teatro Principal acollerá desde as 19.00 horas o festival folclórico do Salmón
con Tequexetéldere e o grupo de danza La Esteva de Segovia. Á mesma hora,
dará comezo o Salmón Rock. Posteriormente, ás 20.00 horas, terá lugar unha
nova ruta de degustación de tapas de salmón.
Ademais, a programación de sábado incluirá as seguintes actividades de rúa;
Nino&Mambrú, ás 17.00 horas na rúa Calvo Sotelo; Ikigai e Somos Circo, ás

18.00 e 19.00 horas, respectivamente, na Praza do Concello; e Mute, ás 20.00
horas na Praza do Novo Mercado.
Na xornada do domingo o programa comeza ás 10:00 horas coa apertura da
mostra de artesanía na Alameda Municipal. Ás 12:00 horas realizarase o
pregón da festa a cargo de Valentín García Gómez e celebrarase a imposición
dos ‘Salmóns de Ouro’ a Juan Andrés Fernández Castro e á Asociación
Maceira e Sidra da Estrada. A partir das 13:00 horas comezará a Degustación
popular de salmón na Praza do Mercado, que contará cun concerto por parte
da BigBand Carlos Barruso.
Xa cara a tarde, ás 19:00 horas, a Coral Polifónica Estradense ofrecerá un
concerto no Teatro Principal para clausurar a XLIX Festa do Salmón da
Estrada.

Os musikenos danlle continuidade ao ‘Salmón Rock’ coa súa segunda
edición
A Escola de música Musikenos, que neste 2023 celebra o seu décimo
aniversario, dalle continuidade ao ‘Salmón Rock’ coa celebración da segunda
edición do festival na Alameda Municipal.
Ás 19 horas do sábado subirase ao escenario o grupo invitado ‘Noxo’ e ás 22
horas terá lugar o gran concerto a cargo dos Musikenos nunha homenaxe a
Miguel Costas, que fora cantante de Siniestro Total.
Ademais, tanto o sábado como o domingo, en horario de 12 horas a 20 horas
estárá aberto ao público o Salmón Market, onde haberá postos de venda de
produtos artesanais.

Publicado en Portada | Deja un comentario