
O Concello da Estrada "inaugurou" esta tarde o Nadal co aceso das luces e o disparo de fogos artificiais, que os veciños puideron contemplar dende a Alameda.
O Concello da Estrada «inaugurou» esta tarde o Nadal
«ANDAINA POLA IGUALDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO» no Concello da Estrada
Ruta: Domingo día 12 de decembro
Hora de saída: 10:00 horas
Distancia: 11 km
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 3 horas
Itinerario:
– Saída e chegada: Casa do Concello da Estrada
– Zona deportiva
– Matalobos
– Figueroa de Abaixo
– Aguións
– Regreso por Figueroa de Arriba
Obrigatorio:
– Roupa e calzado deportivo
– Mochila con auga
– Mascarilla
-
-
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o día 10 de decembro ás 13:00h (Departamento de Servizos Sociais, Rexistro Xeral do Concello da Estrada, a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal) ou no correo electrónico (servizossociais@aestrada.gal)
-
MÁXIMO 50 PARTICIPANTES
-
GRATUÍTA
-
DEBERÁ ADXUNTARSE Á SOLICITUDE A COPIA DO DNI
-
Xosé Lueiro e Sara Valcárcel presentan no Teatro Principal ‘O ladrón de paraugas’
XI MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE
1.- INFORMACIÓN XERAL
Data: venres 31 de Decembro de 2021.
Hora: a partir das 17 horas.
Lugar: Praza do Concello de A Estrada
Distancia: de 200m a 1.609 m. aprox
Organiza: AEstradaDeporte-Concello da Estrada
2.- CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIOS APROXIMADOS
BABY SILVESTRE: Pitufos, prebenxamin e benxamin (nados no 2011 e posteriores)- 200
metros – 17:00h. A saída e a meta situarase na Rúa Seráfin Pazo.
SENIOR SILVESTRE: Alevin ata senior(nados no 2010 e anteriores)- 1 milla (1609 m) – 17:30h.
A saída situaranse na praza do Concello e a meta na Rúa Calvo Sotelo.
3.- INSCRICIÓN S
Inscrición: Ata o martes 28 de Decembro de 2021 as 23:59 horas (a organización
resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo). A inscrición é gratuita, pero hai
que tramitala de xeito obrigatorio.
Onde: No enlace: https://eventos.emesports.es/inscripcion/xi-milla-san-silvestre-estradense/
inscripcion_datos/
Facendo constar: Nome – Apelidos – Data nacemento – nº de teléfono – correo electrónico
NON PODERÁ PARTICIPAR NA PROBA NINGUÉN QUE NON TEÑA TRAMITADA A
SUA INSCRICIÓN PREVIAMENTE NA WEB https://emesports.es/eventos
A ORGANIZACIÓN PODERÁ SUSPENDER A PROBA DEPENDENDO DA SITUACIÓN
SANITARIA, E DEBERÁ DE FACELO PÚBLICO POLOS CANAIS QUE CONSIDERE
OPORTUNOS (PRENSA, RRSS, EMISORA MUNICIPAL, …)
DE SUSPENDERSE A PROBA, A COMIDA NON PERECEDEIRA RECOLLIDA
ENTREGARASE A CÁRITAS E AQUELES QUE NON RECOLLERAN O SEU DORSAL
PODERÁN RETIRAR A SÚA CAMISETA A PARTIR DO DÍA 3 DE XANEIRO.
4.- RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais farase a cambio dun quilo de comida non perecedeira que se destinará
a Cáritas Parroquial, dentro da Operación quilo de Nadal. Ca retirada do dorsal cada participante
recibirá como agasallo a camiseta conmemorativa da proba.
Un participante poderá recoller dorsais de terceiros,sempre e cando este autorizado polos
mesmos.
Co fin de non crear aglomeracións, únicamente se poderán retirar os dorsais nos horarios
que se detallan a continuación:
Mércores día 29/12: Na oficina de AEstradaDeporte no 4º andar do Concello de 9 a 14
horas e de 16 a 18 horas.
Xoves día 30/12: Na oficina de AEstradaDeporte no 4º andar do concello en horario de 9 a
14 horas e de 16 a 18 horas.
Venres día 31/12: Na oficina de AEstradaDeporte no 4º andar do concello en horario de 10
a 13 horas.
5.- P ROTOCOL O
A saída da proba BABY SILVESTRE farase en caixóns de 25 corredores/as. Na proba
SENIOR SILVESTRE farase en caixóns de 50 corredores/as e cunha separación de 20 segundos
entre eles.
Nas duas probas, os/as participantes deberán de levar a mascarilla en todo momento,
sendo obrigatorio estar con ela posta o rematar a proba ou no caso de abandoar a mesma.
Non poderá participar na proba ningún/ha deportista que non porte o seu dorsal, aínda que
tramitara a sua inscrición en tempo e forma.
Non haberá ningún tipo de avituallamento líquido o rematar a proba, nin a tradicional
chocolatada que era característica desta proba.
A entrega de medallas a cada participante na proba BABY SILVESTRE, realizarase en man
unha vez cheguen a meta.
Aqueles participantes que así o desexen poden ir disfrazados. Haberá trofeos para o disfraz
máis orixinal tanto en categoría individual como de parella co mesmo disfraz ou a mesma temática.
Estes trofeos entregaranse o rematar a carreira.
O día 3 de xaneiro realizarase o sorteo dos agasallos que serán 5 cestas de Nadal.
Sortearanse polo número de dorsal, comúnicándollo os gañadores e deberán de recollerse no
departamento de deportes no 4º andar do Concello. DE SUSPENDERSE A PROBA O SORTEO
REALIZARASE IGUALMENTE ENTRE AQUELES PARTICIPANTES QUE RETIRARAN O SEU
DORSAL.
O tratarse dunha PROBA DE CARÁCTER LÚDICO NON COMPETITIVO, a organización,
fai un chamamento a responsabilidade dos/as participantes no cumprimento do protocolo desta
proba.
Este mércores terá lugar a presentación do libro O Ladrón de paraugas no Teatro Principal
Este mércores día 1 de decembro, no Teatro Principal, terá lugar a presentación do álbum ilustrado O ladrón de paraugas, escrito por Xosé Lueiro e ilustrado por Sara Valcárcel.
Publicado pola editorial Galaxia, o Ladrón de paraugas é un libro para nenos e nenas maiores de 3 anos que narra a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido á empuñadura dun paraugas.
O libro mergúllanos no eido da curiosidade infantil, naquela etapa os cativos se erixen en exploradores do mundo, comezando o camiño da súa aprendizaxe. Tamén trata de sensibilizar os nenos en temas como a violencia machista, os conflitos bélicos ou a indefensión que sofren en moitos países do terceiro mundo.
O acto será de entrada gratuíta ata completar as 50 prazas dispoñibles, e comezará ás 20.30 h. Contará coa presenza dos dous autores, un representante da editorial Galaxia e outro do Concello da Estrada. Tamén contará coa colaboración do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso.
Ao remate da presentación, terá lugar unha sinatura de libros por parte dos autores.
O SALÓN MOTOR CLASSIC E A FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANIA, CELEBRARÁNSE NO RECINTO FEIRAL ESTRADENSE O VINDEIRO MES DE DECEMBRO.
Os días 11 e 12 de decembro, o Recinto FeIral estradense,
celebra unha nova edición do Salón Motor Classic. A mostra
complementaráse coa 61ª Edición da Feira de Antigüidades e
Artesanía.
• O certame contará con dous pavillóns de exposición de
vehículos clásicos (motos, coches e bicicletas), un pavillón con
mercadillo de pezas, recambios, accesorios e complementos varios
do motor e un pavillón con antigüidades e artesanía.
• Habilitaráse parking gratuito dentro do propio recinto para os
que asistan á mostra nos seus vehículos clásicos.
• Mais de medio centenar de firmas de venda directa e
outras tantas secundarán a mostra expositiva de clásicos,
distribuidas ao longo de catro pavillóns, cunha superficie expositiva
de 7.400 m2.
Actualmente, o recinto feiral estradense, atópase inmerso no deseño
dunha doble mostra de promoción económica: 8º Salón Motor
Classic e 61ª Feira de Antigüidades e Artesanía.
Os días once e doce de decembro, o mundo do motor ten unha cita
no recinto feiral estradense, con numerosas firmas relacionadas co
sector do recambios, accesorios e complementos varios, destinados
específicamente a vehículos clásicos e históricos.
Pola súa banda, o recinto contará igualmente coa tradicional mostra
de antigüidades e artesanía, contando con mais de medio centenar
de anticuarios e artesans de toda Galiza e de Portugal.
O certame, ocupará un espazo expositivo de mais de 7.400 m2,
distribuidos ao longo de catro pavillóns, contando igualmente, dentro
do propio recinto, cunha zona especialmente habilitada para que os
visitantes que asistan á mostra nos seus vehículos clásicos poidan
aparcalos cómoda e gratuitamente.
Motor Classic, estas últimas edicións, está contando con grande
aceptación entre visitantes e participantes. O mercadillo de pezas e
recambios desperta grande interese, contando cun total de quince
firmas presentes.
8º SALÓN MOTOR CLASSIC/61ª FEIRA DE
ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA
(11-12 Decembro 2021)
Pola súa banda, varias Asociacións, clubes e particulares,
participarán na sección de exposición de clásicos que ocupará un
total de dous pavillóns.
Motor Classic, contará co respaldo da tradicional e consolidada Feira
de Antigüidades e Artesanía que xa vai pola sesenta e unha edición,
sendo un referente consolidado do sector e do calendario feiral dos
recintos da nosa Comunidade Autónoma.
Medio centenar de anticuarios, artesans e recambistas, darán
cobertura a Motor Classic 2021. Os anticuarios galegos e
portugueses, unha vez máis, vólcanse coa mostra. Numismática,
decoración, iluminación, porcelana, libros antigüos, mobiliario,
apeiros de labranza, pezas textís, escultura, artesanía, recambios,
etc… serán algún dos productos estrela da mostra de antigüidades.
O recinto feiral, abrirá en horario ininterrumpido de once a vinte
horas, amosando variedade de productos, así como, de pezas,
recambios e accesorios do motor e unha nutrida área expositiva de
vehículos de incalculable valor. As coleccións privadas de vehículos
clásicos e históricos, farán as delicias dos visitantes máis esixentes.
Os días 11 e 12 de decembro, máis dun centenar de firmas
expositoras, asociacións, clubes e particulares, sorprenderán e
tratarán de captar o interese dos visitantes que se acheguen ao
recinto feiral estradense. Con esta doble mostra, o recinto feiral
estradense pechará o calendario feiral dous mil vinteún.
PSOE e UP demostran unha vez máis a súa insensibilidade cos necesidades do noso concello
É un erro que ambos partidos teimen en frear o desenvolvemento social e económico do noso concello rexeitando a Variante e outras demandas das veciñas e veciños
O deputado do PP, Juan Constenla, amosa máis interese pola Policía Nacional que polas necesidades das veciñas e dos veciños da Estrada.
O BNG fica só en Madrid en defensa dos intereses dos veciños e veciñas da Estrada.
Hai poucas semanas o BNG rexistraba unha iniciativa no Congreso, a través do deputado Néstor Rego, para dotar dunha nova pasarela a estrada N-640 ao seu paso por Río de Sapos en Matalobos. Desde o noso punto de vista, así como de veciñas e veciños, faise necesaria esta infraestrutura para que as persoas que circulen polo lado dereito (en dirección Cuntis) desta estrada non teñan que pisar a N-640 para non poñer a súa vida en perigo, nun tramo en curva onde a beiravía se reduce notabelmente.
Mais unha cousa é o que pensan as veciñas e veciños e outra o que pensa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do goberno de PSOE e Unidas Podemos, xa que, en resposta ao BNG, este organismo considera suficiente a única pasarela existente para garantir a seguranza das persoas que circulen pola N-640.
Hai poucos días desde o BNG dabamos conta tamén doutra resposta do ministerio citado onde afirmaban que «no hay identificado ningún Tramo de Concentración de Accidentes» na N-640 ao seu paso pola vila, a pesar de terse rexistrado varios atropelos, un deles mortal.
Non á Variante
A pesar de que o BNG fixo unha forte aposta pola Variante nas emendas aos orzamentos do Estado de 2022, dotándoa con 10 millóns de euros, os partidos que sosteñen o goberno central votaron, unha vez máis, en contra da Variante da Estrada. É un erro que ambos partidos teimen en frear o desenvolvemento social e económico do noso concello, relegando esta infraestrutura ao ostracismo, como no seu día fixo tamén o PP. Ademais é un erro maiúsculo, porque ao noso entender esta infraestruturas limitaría o tráfico que atravesa a vila e polo tanto limitaría tamén o número de accidente, alén de que o Ministerio tomara outro tipo de medidas de seguranza vial, cousa que tamén rexeitaron ao votar en contra das emendas do BNG.
O goberno de PSOE e Unidas Podemos é un goberno insensíbel, que vive fóra da realidade e afastado das necesidades das persoas, e en concreto das necesidades das veciñas e veciños da Estrada.
A Constenla preocúpalle máis a Policía que A Estrada
A isto temos que engadir que, a pesar de que A Estrada ten un deputado no Congreso, o Sr. Juan Constenla Carbón, concelleiro tamén do PP, este tampouco amosou excesivo interese polas necesidades do noso concello. Xa non é só porque a súa actividade en Madrid se limite ao mínimo (apenas tres intervencións), senón que ningunha delas é referida o noso concello, e, iso si, amosa moito interese pola situación da Policía Nacional, cousa que na Estrada non temos.




















































