UN AUDIOVISUAL RECOLLERÁ OS 40 ANOS DE TRAXECTORIA DOPADRE XIAO NO TRIBUTO QUE O CONCELLO LLE BRINDA O VENRES

 A homenaxe trasládase finalmente ao MOME para poder ampliar o
aforo.
 O Concello busca recoñecer a contribución deste veciño de Arnois á
conservación da figura do cura como unha das pezas do Entroido da
Ulla.

A programación de Entroido deseñada polo Concello
da Estrada arrancará este venres, ás 20.00 horas, cunha homenaxe ao humorista
estradense Antonio Giao Caramés, máis coñecido polos veciños e veciñas como Padre
Xiao. Os actos programados para conmemorar os 40 anos transcorridos dende o
nacemento deste personaxe, tan propio xa da tempada entroideira na Estrada, foron
finalmente trasladados ao MOME (inicialmente estaban previstos na Casa das Letras)
para teren a posibilidade de ampliar o aforo. Arrancará ás 20.00 horas.
O acto estará presentado e conducido por Pablo Chichas. Terá entre os elementos
protagonistas a proxección dunha peza audiovisual elaborada por Tres Ínsuas na que se
condesa a traxectoria deste veciño de Arnois, que comenzou a súa andadura como
Padre Xiao ben novo, con só 14 anos, e cuxos sermóns irónicos arrancan as gargalladas
na Estrada e noutros lugares durante o Entroido.
O obxectivo destes actos é render un recoñecemento público á valiosa contribución do
Padre Xiao para a conservación e potenciación da figura do cura como unha das pezas
destacadas do Entroido da Ulla. Giao Caramés axuda con isto á preservación dun
patrimonio cultural inmaterial con profundas raíces nestas terras.
O vídeo estará trufado de declaracións de diversas persoas centradas neste mítico
personaxe e do propio Xiao, que será entrevistado por Pablo Chichas ao remate da
proxección.
Con esta homenaxe arrancará o programa do Entroido no Concello da Estrada, que
incluirá tamén na noite do venres o escape room urbano “O refuxio do Xeneral”, entre as
20.00 e as 24.00 horas.
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
Xa o sábado, ás 17.00 haberá baile de disfraces infantil, con xogos e merenda, no
segundo andar do Novo Mercado. Moi preto, na residencia de maiores, haberá tamén
baile de disfraces, dende as 17.30.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA RECIBIR CANDIDATURAS AOPREMIO HONORÍFICO AO LABOR DAS MULLERES DA ESTRADA

 As propostas poden presentarse ata o vindeiro 20 de febreiro.
 O galardón entregarase o domingo 8 de marzo, nun acto aberto e
programado para as 19.00 horas no MOME.

 

O Concello da Estrada abriu hoxe o prazo para a
presentación de candidaturas ao seu Premio Honorífico ao Labor das Mullleres,
organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) municipal e co obxectivo de
recoñecer o labor e traxectoria daquelas mulleres da Estrada que, de xeito individual ou
colectivo, ben a través de entidades públicas ou privadas, teñan contribuído ao longo
dos anos ao apoderamento da muller. As candidaturas poden presentarse ata o vindeiro
20 de febreiro.
Dende a concellería que dirixe Amalia Goldar animouse hoxe á cidadanía á presentar as
súas candidaturas. Poderán ser candidatas todas aquelas mulleres que nacesen,
residisen ou residan na Estrada e que desenvolvan aquí a súa actividade social,
empresarial ou cultural. Tamén poden selo todas aquelas entidades públicas ou
privadas, empresas ou asociacións que desenvolveran ou veñan desenvolvendo a súa
actividade social, empresarial ou cultural na Estrada.
Tres vías
Existen tres formas de presentar candidaturas: por proposta dalgún dos membros do
xurado; por iniciativa propia ou a instancia de terceiros no Rexistro Central do Concello
da Estrada ou por valoración de candidaturas que non resultaran premiadas en
convocatorias previas.
O xurado estará composto por persoas representativas procedentes dos ámbitos da
igualdade de oportunidades, do mundo empresarial, cultural e institucional da Estrada.
Nel estarán integrada a titular de Benestar Social, Amalia Goldar, a concelleira de
Cultura, Lucía Seoane, un representante de cada grupo político da oposición municipal,
un representante dunha asociación empresarial, comercial ou hostaleira por sorteo e un
representante sindical, tamén por sorteo. Tamén formarán parte del unha persoa do
eido cultural elixido por consenso e unha representantes das asociacións de mulleres,

escollida por sorteo entre as rexistradas no municipio. A directora do CIM, Magarita de la
Calle, actuará en calidade de secretaria.
O xurado manterá unha reunión entre o día 1 e o 7 de marzo para emitir o seu fallo, que
se adoptará por maioría simple e inapelable. O premio entregarase nun acto público
programado o domingo 8 marzo, as 19.00 horas, no MOME.
O premio constará dun recoñecemento simbólico mediante a entrega dunha escultura
conmemorativa a unha única persoa ou entidade galardoada e sen dotación económica.
Entre os criterios que valorará o xurado para a elección figuran a traxectoria persoal,
empresarial ou social das candidatas; os puntos relevantes de dita traxectoria; a
repercusión e pegada do seu labor entre a cidadanía ou a visibilización de mulleres que
desenvolvesen actividades que promovan o apoderamento dentro do ámbito da
igualdade

Publicado en Portada | Deja un comentario

DURÁN PRECISA QUE A AVENIDA DE SANTIAGO ELEVOU NUN TERZO ACAPACIDADE DOS CONTEDORES AMARELOS, CON 3.200 LITROS MÁIS

 Este incremento produciuse no tramo final da avenida, pasando dos
6.400 litros que sumaban os contedores anteriores aos actuais 9.600.
 Sinala que algún dos contedores desta mesma zona
estaba“practicamente baleiro”.
 “O camión avariouse o xoves pero o domingo non había ningunha bolsa
fóra dos colectores”, precisa o concelleiro de Servizos Municipais.
 Veciños da zona quixeron trasladar ao Concello que esta queixa non
debe entenderse compartida polo conxunto dos residentes.

 Este incremento produciuse no tramo final da avenida, pasando dos
6.400 litros que sumaban os contedores anteriores aos actuais 9.600.
 Sinala que algún dos contedores desta mesma zona
estaba“practicamente baleiro”.
 “O camión avariouse o xoves pero o domingo non había ningunha bolsa
fóra dos colectores”, precisa o concelleiro de Servizos Municipais.
 Veciños da zona quixeron trasladar ao Concello que esta queixa non
debe entenderse compartida polo conxunto dos residentes.

“Coincidimos por completo en que a imaxe de bolsas
de lixo fóra do contedor é insalubre, pero tamén entendemos que, antes de deixalas na
rúa, o máis cívico é arroxalas en puntos de depósito existentes a poucos metros e que
estaban practicamente baleiros”. O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán,
ofreceu hoxe explicacións ante as presuntas queixas de veciños da Avenida de Santiago
polo servizo de recollida de lixo, un sentir que diversos habitantes na zona quixeron
trasladar ao Concello que non debe entenderse compartido polo conxunto dos
residentes.
Neste contexto, Durán lembrou que na Avenida de Santiago se incrementou nun terzo o
volume dos depósitos amarelos, destinados á recollida de plásticos e envases lixeiros.
Concretamente, no tramo final desta avenida (entre a rotonda da Avenida de Cultura e a
rotonda da PO-841) había antes oito colectores de 800 litros ou, o que é o mesmo, unha
capacidade conxunta de 6.400 litros. Agora hai tres illas, cun volume de 3.200 litros para
plásticos en cada unha delas, de xeito que suman 9.600 litros.
Aínda así, Durán recoñeceu que o camión que realiza a recollida sufriu unha avaría o
xoves e non puido baleirar completamente algún contedor. Sinalou que isto fixo que o
sábado algunha destas unidades estivese chea, “se ben nesta mesma zona había outras
baleiras”. “O domingo ás 12 da mañá non quedaban bolsas sen recoller”, engadiu o
concelleiro.

Asumindo que estas “parecen máis queixas persoais que veciñais”, o concelleiro de
Servizos Municipais entende que calquera cidadán pode comprender “que todo servizo
é susceptible de que apareza algún problema puntual, sen que isto sexa o habitual”.
En todo caso, Óscar Durán informou de que o Concello se puxo en contacto coa empresa
que realiza a recollida dos colectores amarelos, que se amosou “receptiva” coa súa
petición de buscar unha alternativa que garanta completar a recollida no caso de que se
produza algunha avaría ou incidencia cun dos camións que emprega para prestar o
servizo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

XIRA DE DESPEDIDA PARA A OBRA DE TEATRO “OS SERÁNS DEVILANCOSTA”, CON PASES NO PRINCIPAL, EN BRAGA E NA CORUÑA

 O departamento de Cultura ten xa á venda as entradas para a función da
Estrada, programada para o venres 20 de febreiro.
 Na cidade lusa o elenco da peza, que pon rostro á figura de Avelina
Valladares, actuará o día 21 no marco do Festival Convergências
Galicia-Portugal.
 Na obra, dirixida por Santiago Cortegoso, conflúe a colaboración da
EMAE e Tequexetéldere, con 50 artistas sobre o escenario.

O departamento municipal de Cultura da Estrada ten
dende hoxe á venda anticipada as entradas para gozar da última función no municipio da
obra “Os seráns de Vilancosta”, unha peza teatral dirixida por Santiago Cortegoso e que
se estreou en 2025, no marco do Ano Cultural Avelina Valladares. O pano subirá no
Teatro Principal o vindeiro venres, 20 de febreiro, ás 20.30 horas.
Esta será a primeira das tres funcións que contempla a pequena xira coa que esta peza se
despedirá dos escenarios. Cómpre lembrar que na súa posta en escena se implicaron
actores da Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) e integrantes da agrupación
Tequexetéldere, contando coa ilustradora Rosa de Cabanas para dar vida a algúns dos
espazos relacionados coa familia dos Valladares de Vilancosta.
Baseada nun libro homónimo que o Concello da Estrada presentou tamén no marco do
Ano Cultural de 2025, esta montaxe conta con máis de 50 artistas e vai máis alá dunha
simple homenaxe a un dos referentes femininos do Rexurdimento, tratando de poñer en
valor e visibilizar a figura de Avelina Valladares, subliñando o seu carácter pioneiro,
valeroso e profundamente xeneroso que lle era propio.
Despois de despedirse no Teatro Principal, ofrecendo unha nova oportunidade de gozar
desta obra a aqueles que non tiveron ocasión de facelo nos pases anteriores, “Os seráns
de Vilancosta” chegará o sábado 21 de febreiro á cidade portuguesa de Braga. Alí está
programada unha función ás 21.30 horas (hora local), no marco do Festival
Convergências Galicia-Portugal.

Xa o 28 de febreiro a representación chegará á cidade da Coruña, cunha función no
Centro Ágora, prevista para as 19.30 horas.
Cómpre lembrar que esta peza axuda a poñer rostro á Cantora da Ulla, unha Avelina
Valladares á que o Concello da Estrada dedicou o Ano Cultural 2025, no bicentenario do
seu nacemento e coa pretensión de poñer o foco nunha autora do Rexurdimento que
quedou eclipsada polo seu célebre irmán, o lexicógrafo e escritor Marcial Valladares
Núñez

Publicado en Portada | Deja un comentario

AUTORIZAN UNHA BOTICA ANEXA PERMANENTE EN OCA, FIXANDO ASÚA VINCULACIÓN COA OFICINA DE FARMACIA DO FOXO

 A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade atende así a
petición do Concello e a demanda veciñal.
 Entende que, logo de traslado da farmacia de Oca ao casco urbano en
2022, se cumpre o criterio de afastamento da oficina de farmacia máis
próxima a esta parroquia e ás de Loimil, Orazo, Riobó, Berres e San
Miguel de Castro.
 A farmacia máis próxima sería a do Foxo, a uns 8 quilómetros do centro
de saúde de Oca.
 Recolle que, malia existir liñas de transporte público, estas non son
suficientes, nin por distancia nin por regularidade, para dar servizo a
todos os núcleos que requiren acceder á prestación farmacéutica.

O Concello da Estrada vén de recibir unha resolución
da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade en virtude da cal se autoriza a
instalación dunha botica anexa permanente no núcleo de Oca, establecendo a súa
vinculación coa oficina de farmacia situada no Foxo (Rubín).
Esta autorización chega despois de que o Concello presentase unha solicitude formal
perante a consellería, recollendo un acordo plenario de 2023, os informes e
documentación correspondente e tamén o propio sentir dos veciños dunha zona
xeográfica que comprende as parroquias de Oca, Loimil, Orazo, Riobó, Berres e San
Miguel de Castro. Lembrar ao respecto que, a mediados do ano 2022, a farmacia que
había en Oca trasladouse ao casco urbano da Estrada, un cambio que, aínda sendo
lexítimo, supuxo un trastorno de asistencia farmacéutica aos habitantes desta contorna,
que teñen como referencia sanitaria o centro de saúde de Oca.
Cómpre aclarar que as boticas anexas son establecementos de atención farmacéutica
vinculados a unha oficina de farmacia que se destinan a garantir a atención farmacéutica
cando se dan circunstancias de afastamento, difícil comunicación coa oficina de farmacia

máis próxima, altas concentracións de poboación temporais ou cando concorran
situacións de emerxencia que o fagan aconsellable.
A referida resolución recolle que, conforme ao marco xurídico vixente, a botica anexa
debería situarse a unha distancia de 3 quilómetros da oficina de farmacia máis próxima
no caso de xustificarse a solicitude por difícil comunicación, e de 5 no caso de xustificala
por afastamento. “As parroquias ás que se lle pretende garantir o servizo están a máis de
3 quilómetros das farmacias do Foxo, Santa Cruz de Ribadulla e Bandeira”, observan.
O principal motivo que fundamentou a solicitude do Concello da Estrada foi a dificultade
de acceso á atención farmacéutica expresada pola veciñanza e a difícil comunicación dos
núcleos de poboación das parroquias con liñas de transporte público.
A oito quilómetros
Así, os informes que acompañou a administración municipal do Servizo de Mobilidade
pronunciáronse ao respecto do transporte público existente entre as parroquias
afectadas e o centro de saúde de Oca e a oficina de farmacia máis próxima. Recoñecen
que a máis achegada sería a do Foxo, a unha distancia aproximada de 8 quilómetros
deste centro de saúde de referencia. Engaden que, a día de hoxe, non existe ningún
servizo de transporte público interurbano que comunique o centro de saúde, as
parroquias indicadas e a devandita farmacia do Foxo.
A resolución asume que o número de oficinas de farmacia que, por módulos
poboacionais, lle correspondería á Estrada é de oito. Na actualidade, A Estrada conta con
11, das que oito están no núcleo urbano estradense a as outras tres nas parroquias de
Rubín, San Xurxo de Vea e Codeseda. Oca, pola súa banda, contou con oficina de
farmacia dende o ano 1967 ata que se realiza ou seu traslado en 2022 (por sentencia do
Tribunal Superior de Xustiza, tras resolución desestimatoria da Secretaría Xeral).
Non máis oficinas
Apúntase que, polo tanto, a zona farmacéutica da Estrada non cumpre os requisitos para
a instalación de máis oficinas de farmacia, se ben tamén se recoñece que existen
dificultades acreditadas para o acceso da poboación á asistencia farmacéutica da zona.
En conclusión, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade entende que a
parroquia de Oca cumpre o criterio de afastamento da oficina de farmacia máis próxima
aos núcleos de poboación referidos polo Concello e que, malia existir liñas de transporte
público, estas non son suficientes, nin por distancia nin por regularidade, para dar
servizo a todos os núcleos que requiren acceder á prestación farmacéutica.

Acompañando nesta resolución a vinculación desta botica anexa coa oficina de farmacia
do Foxo, a titular da mesma será informada para que poida expresar a súa aceptación
expresa ou renuncia a dita vinculación.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA TERÁ UNHA ESCULTURA A TAMAÑO NATURAL NA QUE OSTRES MEMBROS DA FAMILIA CASTELAO RENDA PASEARÁN POLAPRAZA DE GALICIA

 Castelao, Virxinia e o seu fillo quedarán reunidos nun enclave que foi
moi importante na vida da parella.
 No marco do Ano Cultural Virxinia Pereira, o escultor ourensán Acisclo
Novo está realizando xa unha peza en bronce e respectando o 1,90
metros de talla do galeguista.
 O alcalde destaca o simbolismo de que o lugar no que se instalará a
escultura leve hoxe o nome de Praza de Galicia, un entorno no que
mocearon e casaron os protagonistas.

A tamaño real e paseando os tres xuntos. Son os
puntos clave da escultura que representará á familia Castelao Pereira e que o Concello
da Estrada colocará na céntrica e emblemática Praza de Galicia, no marco do Ano
Cultural Virxinia Pereira. O alcalde estradense, Gonzalo Louzao, a concelleira de Cultura,
Lucía Seoane, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, mantiveron xa encontros
coa escultor ourensán que xa ten en marcha a realización desta peza, Acisclo Novo.
“Será a única escultura coa familia completa”, apuntou o rexedor local. Lembrou que
Virxinia Pereira e o único fillo do matrimonio, Alfonso Xesús Castelao Renda, descansan
no cemiterio parroquial de Figueiroa, mentres que Castelao foi enterrado no Panteón de
Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval. “Con esta escultura, A Estrada úneos aos
tres nun lugar que para eles foi importante e que, ademais, hoxe en día leva o nome de
Praza de Galicia”, incidiu o mandatario.
Louzao Dono non quixo desvelar moitos detalles da escultura, pero si avanzou que
estará realizada en bronce e a tamaño natural. Puxo o acento en que Castelao medía
1,90 metros, de xeito que é sinxelo imaxinar a envergadura que terá a peza. A obra
representará ao escritor e galeguista paseando coa súa dona, a estradense Virxinia
Pereira Renda, coa que compartiu vida e ideoloxía. De feito, un dos piares deste Ano
Cultural é poñer de manifesto que Virxinia foi crucial para a conservación do legado de
Castelao.
A escultura será colocada logo da reforma e humanización da Praza de Galicia e da súa
contorna, de xeito que os Castelao Renda se converterán, de maneira simbólica, nunha
das moitas familias que pasearán por este espazo urbano peonil cada día.
Emprazamento histórico e simbólico
O alcalde sinalou que o goberno escolleu a Praza de Galicia para situar esta obra por
dúas razóns principais. A primeira delas -dixo- son as “referencias históricas” que esta
zona da vila tivo para esta familia: nesta praza estaba a igrexa onde, un 19 de outubro de
1912, casaron Castelao e Virxinia Pereira e nela tamén estaba o Casino onde celebraron
as súas nupcias, unha sociedade que presidiu o pai da noiva.
Tamén aquí se atopaba a fonte á que Castelao se refire na súa “Carta aos Estradenses”,
publicada en 1941 na revista “Unión Estradense”. «Apaguei a miña sede na fonte da
praza, onde correo a i-auga mellor do mundo», di o autor. O alcalde adiantou que este
tributo epistolar que o rianxeiro fixo á Estrada será lembrado no entorno da fonte
pública que se recupera coa obra da Praza de Galicia.
A segunda das razóns polas que se escolleu este emprazamento para a escultura da
familia é o propio nome que na actualidade posúe esta praza estradense, xénese do
desenvolvemento urbanístico da vila. Louzao celebrou o feito de que a familia que
conformaron Castelao e Virxinia sexa representada como paseantes polo espazo
estradense que leva o nome da súa amada Galicia.
Para a colocación desta escultura o Concello da Estrada contará coa colaboración
económica da Consellería de Cultura, a través da súa Secretaría Xeral da Lingua.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCURSO DE DISFRACES DUPLICA PREMIOS E INTRODUCEPUNTUACIÓNS MÁXIMAS NOS CRITERIOS DE VALORACIÓN

 O Concello aprobou hoxe as bases que regularán a actividade o luns 16
de febreiro, cunha dotación global de 5.860 euros.
 Non se pon limitación en canto ao número máximo de participantes,
pero si haberá un número mínimo de 10 persoas para a categoría de
grupos.
 No tocante ao premio especial, para considerase grupo local deberá estar
formado por máis do 50% de residentes na Estrada.

O Concello da Estrada aprobou hoxe as bases
reguladoras do concurso de disfraces do Entroido que se celebrará o vindeiro luns 16 de
febreiro. Consonte ao anunciado, a dotación global do concurso será de 5.860 euros,
unha contía que se duplica (en 2025 foron 2.860 euros) coa intención de favorecer a
participación e vistosidade das comparsas. Entre as novidades que recollen estas bases
está o establecemento de puntuacións numéricas máximas nos criterios de valoración
ou a determinación de que o premio especial para grupos locais implique que máis do
50% dos participantes sexan estradenses.
Poderán participar neste certame todas as asociacións, barrios, parroquias, colexios e
persoas que o desexen. Non se porán limitacións en canto ao número máximo de
participantes, pero si haberá un número mínimo de 10 persoas para a categoría de
grupos. Os fins que persegue o concurso son a orixinalidade e creatividade, así como
unha participación activa e humorística no desfile do luns de Entroido.
Para participar, os interesados deben presentar as súas solicitudes no departamento de
Alcaldía do Concello, entre as (09.00 e as 14.00 horas), a través da sede electrónica ou
ben no enderezo electrónico alcaldia@aestrada.gal. É preciso xuntar o modelo de
inscrición firmado, sendo imprescindible que o departamento confirme cun correo a
recepción da folla de inscrición.
A data límite de inscrición será o propio luns 16 de febreiro ás 14.00 horas. As persoas
non inscritas que se presenten no momento da saída poderán participar no desfile, pero
estarán fóra do concurso.

O xurado estará formado pola concelleira de Cultura, Lucía Seoane, por Pedro Pérez
(Producciones Trípode), Susana García Lorenzo (modista de Artesanía de Galicia) e a
artista Sali Torres.
Criterios
No tocante aos criterios para a emisión do seu fallo, valorarán cun máximo de 10 puntos
a orixinalidade, estética, artes, vestiario, caracterización, creatividade e traballo na
elaboración dos disfraces, comparsas e carrozas. A esta mesma puntuación máxima
aspira o apartado da posta en escena, animación musical, a capacidade de interacción co
público, a sátira e crítica social.
O uso de material de refugallo pode supoñer ata 4 puntos. Valorarase con outros 2 como
máximo a inspiración en fontes culturais (escritores, pintores, científicos…) para a
temática das carrozas, comparsas e disfraces. Os criterios de valoración reservan outros
dous puntos para apreciar a conservación do Entroido tradicional.
A contía dos premios queda fixada do seguinte xeito:
• CATEGORÍA INDIVIDUAL INFANTIL (ata 14 anos): premio único de 90 euros.
• CATEGORÍA INDIVIDUAL ADULTO: premio único de 120 euros.
• CATEGORÍA PARELLAS: premio único de 150 euros.
• CATEGORÍA MASCOTAS: premio único de 50 euros.
• CATEGORÍA GRUPOS
• 1º PREMIO: 2.000 euros.
• 2º PREMIO: 1.500 euros.
• 3º PREMIO: 1.000 euros.
• 4º PREMIO: 500 euros.
• PREMIO ESPECIAL (grupos locais): 450 euros.
No tocante ao premio especial de grupos, para considerase grupo local deberá estar
formado por máis do 50% de residentes na Estrada. Este premio non será outorgado se
fosen premiados noutras modalidades e deberase indicar na folla de inscrición se o
grupo cumpre o requisito para poder optar a esta modalidade.
A celebración do concurso arrancará ás 16.30 horas do luns de Entroido. Os
concursantes deben presentarse entre as 15.30 e as 16.00 na Rúa Antón Losada Diéguez.
O itinerario iniciarase nesta rúa, para continuar por Avenida de Santiago, Avenida de
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
América, Rúa Peregrina, Praza de Galicia, Rúa Calvo Sotelo, Rúa José e Severino Trigo e
Praza da Feira.
Os premios entregaranse o día da celebración do concurso, debendo estar presentes os
gañadores. O pago farase mediante transferencia bancaria, debendo aportar certificado
acreditativo de estar ao corrente das obrigas tributarias e de non estar incursos nos
supostos de incompatibilidade para recibir subvencións. Aos premios maiores de 300
euros seralles aplicada a correspondente retención do IRPF segundo lexislación vixente.

Publicado en Portada | Deja un comentario