O PSdeG DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA AS “MESAS SECTORIAIS” PARA ACHEGAR EXEMPLOS DE POLÍTICAS PÚBLICAS DE ÉXITO E RECOLLER NOVAS PROPOSTAS

As e os socialistas de Pontevedra botan a andar as “Mesas sectoriais”, encontros abertos á cidadanía nos que cargos públicos socialistas porán sobre a mesa a súa experiencia elaborando políticas públicas de éxito que poidan ser trasladadas a outros concellos, ao mesmo tempo que se recollen novas propostas para o vindeiro mandato.

Este xoves terá lugar o segundo deste encontros, que xirará en torno á política industrial nos concellos e se celebrará na Estrada o xoves 14 ás 20h na sede do partido. Exercerá como anfitrión o candidato á alcaldía da vila, Luis López Bueno, e contará coa presencia de David Regades, secretario xeral provincial e delegado da Zona Franca de Vigo; Manuel Cuiña, alcalde de Silleda; Abel Losada, parlamentario autonómico; e Carlos López Font, deputado provincial.

Antes, este mércores 13, terá lugar a primeira destas mesas en Meis. Coa vista posta no compromiso social, as e os socialistas reuniranse no Edificio Multiusos da vila do Salnés nun acto no que intervirán Marta Giráldez, candidata á alcaldía de Meis; Fátima Abal, alcaldesa de Cambados; María Pierres, deputada autonómica; Juan Antonio González, alcalde de Nigrán; e Digna Rivas, deputada provincial e responsable da área no goberno presidido por Carmela Silva.

Regades, secretario xeral provincial, asegura que este encontros “redundan na idea de acercar o partido á cidadanía, fomentando a participación de todas e todos, o que permitirá mellorar a calidade dos nosos programa electorais”.

O secretario xeral mostrouse “contento e orgulloso” do traballo que están a realizar a militancia do partido “a todos os niveis”. “Esta fin de semana pasada aprobamos as listas froito do diálogo e o consenso”, recordou Regades. “Agora seguimos traballando para que nas próximas citas electorais as e os socialistas de Pontevedra contemos cun programa forte e achegado a realidade social”, finalizou.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xa á venda as entradas para Dúas portas e un segredo e Ebook, las edades del libro

Atópanse xa á venda no Departamento de Cultura do Concello da Estrada as entradas para as obras Dúas portas e un segredo, que se representará o vindeiro venres 15 de marzo ás 21:00 horas, e Ebook, las edades del libro, cuxa posta en escena será o sábado 16 ás 20:00. O prezo é de 3 euros para a primeira das obras, mentres que para a segunda poderanse adquirir a un prezo anticipado de 5 euros ou a 6 euros na billeteira do Teatro Principal momentos antes do espectáculo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada recibe ás súas cidades irmás procedentes de Europa

A Estrada recibiu hoxe ás súas cidades irmás procedentes de Europa mediante unha cerimonia de encontro na que os alcaldes das distintas localidades presentaron as súas vilas. As cidades irmandadas forman parte de Portugal, Italia, Hungría, Bulgaria e Eslovenia.
Esta iniciativa enmarcase dentro do proxecto europeo titulado Compartindo a riqueza do patrimonio cultural europeo, mediante o cal se irmandan pobos e cidades da Unión Europea cun fondo de compromiso democrático e participación cidadá. A finalidade fundamental é establecer lazos con concellos cos que compartimos obxectivos comúns e que teñen necesidades parecidas ás nosas cos que poder colaborar no futuro, afirmou o alcalde da Estrada, José López Campos.
Despois de facer un repaso á riqueza cultural e patrimonial estradense, no que lles explicou aos expedicionarios os pormenores da rapa das bestas, as festas do salmón e da sidra, o Pazo de Oca e as actividades económicas arredor do moble e o sector agroforestal, López agradeceu ao Departamento de Cultura do Concello a súa implicación á hora de facer posible este encontro para de contado dar paso ás presentacións dos visitantes.
Os representantes de cada rexión, de Gorna Oryahovitsa (Bulgaria), Dolinka (Eslovaquia), Ponte de Lima (Portugal) e Cserháthaláp (Hungría) realizaron unha breve presentación dos seus lugares de procedencia aportando datos de interese sobre as zonas de onde proveñen, como as principais actividades económicas de cada lugar, produtos e costumes típicas de cada zona, entre outros. A chegada dos expedicionarios italianos procedentes da Comune de Vimercate está prevista para mañá polo que será nese intre no que realicen a súa presentación formal.
Estes visitantes permanecerán na localidade ata o 17 de marzo e irán realizando diversas actividades, como a visita ao Pazo de Oca, a lagares estradenses, á catedral de Santiago de Compostela e ao Parlamento de Galicia, onde se atoparán con outros políticos.
Este encontro foi organizado polo Concello da Estrada Concello da Estrada mediante unha iniciativa financiada pola axencia executiva nos ámbitos educativo, audiovisual e cultural do programa Europa con los ciudadanos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Esta tarde entregarase o Premio Honorífico ao Labor das Mulleres no MOME

Con motivo do Día da Muller, celebrarase esta tarde, 8 de marzo, a entrega do Premio Honorífico ao Labor das Mulleres, que comezará ás 20:00 horas no MOME. O galardón será entregado á Asociación de Consumidores e Mulleres da Estrada nun acto presentado por Mireia García e no que actuará Jorge Casal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LÓPEZ BUENO VE INADMISIBLE O ESTADO DOS SERVIZOS EN RIOBÓ

O candidato socialista achegouse a Riobó xunto co concelleiro Luis Rendo para avaliar as necesidades da parroquia. Fixo fincapé na necesidade de incrementar a dotación de servizos. Sobre o estado da canalización de augas baixo a PO-2017 incidiu en que «a canalización feita pola Deputación está nova, pero a saída que é responsabilidade do concello corre un severo risco de desprendemento». Destacou que isto constitúe «un perigo inminente para as persoas» e tamén que «o PSOE xa hai tempo que o advertiu no Pleno municipal, pero o goberno non fixo nada por amañalo».

López Bueno fixo fincapé no «estado de abandono da pista que leva á piscifactoría, unha das poucas industrias que temos na zona» e observou que «para fomentar o establecemento de empresas nas parroquias precisamos arranxar estes problemas inmediatamente, xa que sen servizos será imposible mantelas». «É vergoñento que un concello coma o noso descoide deste xeito ás súas parroquias», concluíu.

O candidato amosou a súa «fonda tristura e preocupación polo esquecemento do rural, que é maltratado polo actual alcalde». Recordou que «sacar as máquinas cada catro anos e con cartos da Deputación é rirse das veciñas e os veciños». Nese sentido considerou que «para levantar a praza da alameda si que hai financiamento, pero para atender as demandas do rural todo son problemas e parches».

Publicado en Portada | Deja un comentario

Martes de Entroido en A Estrada

Búscate na Galería:

Defile de comparsas Santa Cristina de vea, Santeles, Padre Xíao eos Xenerais do Ulla.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Susana Seivane repasará dúas décadas de carreira o venres no Teatro Principal

Susana Seivane chega ao Teatro Principal da Estrada este venres 8 de marzo, coincidindo coa celebración do Día da Muller, no medio da xira do seu 20 aniversario como artista. Nesta actuación, que comezará as 20:00 horas, a gaiteira promete sorpresas e unha amalgama de temas intimistas, divertidos e contemporáneos para celebrar ese aniversario de saída do seu primeiro disco.

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, lembrou que Susana estivo en pasadas ocasións na localidade, nas festas de San Paio e no Festival Folk de Callobre, aínda que esta será a primeira vez que actuará no teatro, e animou á veciñanza a facerse coas entradas, que se poden adquirir de xeito anticipado a un prezo de 7 euros ou na billeteira do teatro o día do concerto por 12. As entradas pódense mercar no Departamento de Cultura do Concello, no Bar Boliche e a través de Internet na páxina www.evenbrite.es.

Durante a actuación poderemos escoitar temas do seu novo disco, FA, dedicado aos seus fillos Fiz e Antón, a quen responde o título; á experiencia da maternidade e a traxectoria persoal da artista. Un disco moi intimista e persoal, cunha composición “saída da alma” de Susana na que conta as súas experiencias e sentimentos dende o seu primeiro embarazo.

A intérprete insistiu na importancia de reivindicar o Día da Muller, co que coincide o concerto, e no que se levará a cabo a posta de longo do proxecto Invernía, no que diferentes agrupacións, tales como Sonche lerias, de San Xulián; Retrouxo da Estrada; Panaraiada, de Santiago e Gaiteiros de Buxantes, de Dumbría compartirán espazo con ela.

Para rematar, Seivane convidou á veciñanza estradense a acudir ao teatro para desfrutar dunha actuación salpicada de pinceladas de diversidade que seguirá o percorrido polos discos e traballos das dúas últimas décadas.

Publicado en Portada | Deja un comentario