PRODUTORES DE MAZÁ E SIDRA FAN BALANCE CON BALSEIROS DAEXPERIENCIA OBTIDA NA VIAXE DE TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA

 O sector trasladoulle ao director xeral de Gandaría, Agricultura e
Industrias Forestais a demanda de mazá existente e a necesidade de
avanzar polo camiño da mecanización dos pomares.
 Sinalan a conveniencia de renovar as plantacións e incorporar patróns
compatibles cunha recollida mecanizada.
 A vertente turística da sidra, outra aposta decidida para conformar unha
“alternativa económica viable”

Representantes do sector estradense da mazá e
da sidra mantiveron este mediodía unha reunión co director xeral de Gandaría,
Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, para facer balance da
experiencia da viaxe de transferencia tecnolóxica recentemente realizada a explotacións
de Asturias, Cantabria e o País Vasco. Ao encontro asistiron tamén o alcalde, Gonzalo
Louzao, e o concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, que semanas atrás
quixeron acompañar aos produtores locais no arranque desta experiencia.
“Hai demanda de mazá”, afirmou o técnico da asociación Maceira e Sidra, Miguel Soto.
Sinalou que o sector puido pulsar esta demanda nas sidrerías asturianas e vascas, unha
situación que fixeron extensible á propia solicitude do grupo empresarial Hijos de Rivera
para a elaboración da sidra ecolóxica que se comercializa baixo a denominación Maeloc.
O sector trasladoulle ao representante da Consellería de Medio Rural que esta situación
amósalles a necesidade de avanzar polo camiño da mecanización, incidindo
especialmente na incorporación desta maquinaria para efectuar a recollida da mazá, xa
que se enfrontan en cada tempada á escaseza de man de obra.
Renovación
A isto engadiron o feito de que “a maioría das plantacións teñen máis de 20 anos, polo
que se precisa facer novos cultivos e que o marco de plantación polo que se aposte
permita a mecanización”.

Xa en referencia á produción de sidra, o sector entende que o camiño a seguir inclúe a
aposta pola vertente turística da sidricultura, ao obxecto de conformar “una alternativa
económica viable”. Propuxeron nesta liña combinar a Ruta da Sidra pola que apostou o
Concello da Estrada co desenvolvido no programa Camiño da Sidra por parte de
asturianos e vascos.
Optimizar as producións, coñecer as novas tendencias na elaboración de sidras e
profundar no aproveitamento da vertente turística da sidricultura foron os tres eixos
que marcaron a viaxe de transferencia tecnolóxica que produtores de mazá e sidra da
Estrada realizaron co respaldo Xunta de Galicia a través da súa pola Dirección Xeral de
Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
Balseiros acolleu as explicacións ofrecidas este domingo polos produtores,
interesándose por varias cuestións relatadas a raíz da observación directa e dos
contactos e intercambios profesionais que obtiveron a través desta enriquecedora
experiencia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

MOVEMENTO POLA PAZ EXPÓN A COLECTIVOS E TÉCNICOS DAESTRADA OS RESULTADOS DO PROXECTO “MIGRADAS II

 Un dos grupos do programa organizouse na Estrada.
 O proxecto analiza como viven as mulleres migradas os procesos de
reparación fronte ás violencias de xénero e que obstáculos seguen
impedindo que estes dereitos se materialicen na súa vida cotiá.

Integrantes de Movemento pola Paz Galicia, a
través da súa Área de Mulleres, expuxo na Estrada o resultado do proxecto Migradas II:
Reparación das Violencias de Xénero, unha iniciativa financiada polo Ministerio de
Inclusión, Seguridade Social e Migracións e pola Unión Europa, consistente na
realización de varios grupos de mulleres nos que ase traballou o acceso á información en
distintos ámbitos. Un destes grupos organizouse no Concello da Estrada, abordando
coas participantes cuestións como recursos sociais, sanitarios e educativos; orientación
laboral; asesoría xurídica; e prevención e identificación das violencias de xénero.
Ademais, tratáronse temas como a saúde sexual e reprodutiva, os coidados e o
autocoidado.
Na sesión participaron representantes de Cruz Vermella, Amicos, Cáritas Parroquial da
Estrada ou Acción contra a Fame, xunto con persoal técnico do Centro de Información á
Muller (CIM) e dos departamentos municipais de Servizos Sociais e Orientación Laboral.
Todos eles son axentes directos na atención de mulleres migradas.
“Migradas II” é un estudio que analiza como viven as mulleres migradas os procesos de
reparación fronte ás violencias de xénero e que obstáculos seguen impedindo que estes
dereitos se materialicen na súa vida cotiá. Despois das intervencións realizadas
recompilouse información das participantes, elaborando un estudo que combina
metodoloxía cuantitativa (cuestionarios) e cualitativa (achegas dos grupos e fontes
secundarias), co obxectivo de contextualizar e enriquecer os resultados.
Segundo se explica dende a Área de Mulleres de Movemento pola Paz Galicia, os datos
recollidos reflecten os principais desafíos que afrontan as mulleres migradas vítimas ou
superviventes de violencia de xénero no seu proceso de reparación. Un proceso que,
segundo manifestan, transcorre entre o medo e a necesidade, e no que a migración se ve
condicionada pola violencia estrutural e a exclusión institucional. De igual xeito,

identifícanse importantes barreiras no acceso a recursos de vivenda, apoio económico,
atención psicolóxica e, no ámbito xurídico, no proceso de denuncia e nas medidas de
protección.
Estes elementos, sinalan, determinan as súas posibilidades reais de reparación, nun
contexto marcado pola desigualdade no acceso aos dereitos. As participantes apuntan
que estas desigualdades adoitan estruturarse arredor de variables como a situación
administrativa, a presenza de fillos e fillas ou mesmo a capacidade de insistir e “saber
moverse” no sistema.
“O informe conclúe que é necesario transformar os marcos de intervención, flexibilizar
os itinerarios, garantir condicións materiais dignas e revisar as lóxicas institucionais que
perpetúan desigualdades”, sinalan. Conclúen que a reparación require tempo,
autonomía e apoio institucional.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DA ESTRADA ESTARÁ FÓRA DESERVIZO TEMPORALMENTE POR UNHA INTERVENCIÓN TÉCNICA

 Será entre o venres 5 de decembro, ás 22.00 horas, e as 22.00 do domingo
día 7.
 Recoméndase á veciñanza adiantar ou pospoñer as xestións urxentes
fóra desa fin de semana, xa que non se poderá presentar escritos nin
realizar trámites electrónicos.
 Trátase dun mantemento planificado pola empresa provedora.

O Concello de A Estrada informa de que a empresa
esPublico Tecnoloxía, responsable da Sede Electrónica e das aplicacións internas de
xestión municipal, realizará unha intervención técnica programada no seu centro de
datos entre o venres 5 de decembro, ás 22.00 horas, e o domingo 7 de decembro, ás
22.00. Durante ese tempo, a Sede Electrónica e outros servizos dixitais municipais
estarán temporalmente fóra de servizo, polo que non se poderán presentar escritos nin
realizar trámites electrónicos.
Deste xeito, recoméndase á veciñanza adiantar ou pospoñer as xestións urxentes fóra
desa fin de semana.
Segundo explicou hoxe o edil de Novas Tecnoloxías, Manuel Magariños, trátase dun
mantemento planificado pola empresa provedora, que afecta a todas as administracións
que empregan esta mesma plataforma, e que ten como obxectivo mellorar a velocidade,
a seguridade e a fiabilidade dos servizos dixitais.
A actuación inclúe a renovación completa dos equipos principais do Centro de
Procesamento de Datos, co fin de ofrecer un sistema máis moderno, estable e
preparado para os retos tecnolóxicos dos vindeiros anos.
Magariños puxo o acento en que, aínda que estes traballos poidan supoñer un pequeno
inconveniente puntual, como calquera labor de mellora, “repercutirán nun maior
beneficio para todos, permitindo contar con servizos dixitais máis rápidos, seguros e
eficaces”.

Dende o Concello agradécese a comprensión da veciñanza e lémbrase que esta
actuación forma parte do compromiso de continuar mellorando os servizos públicos
dixitais para facer máis sinxela e áxil a relación coa administración.
Sede Electrónica do Concello de A Estrada: https://aestrada.sedelectronica.gal

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA ESCRIBE O DÍA 5 O SEU PROPIO ‘CONTO DE NADAL’, CUNACENDIDO SOLIDARIO PROTAGONIZADO POLOS MÁIS PEQUENOS

 Os nenos de todos os centros educativos do municipio están chamados a
sumarse ao evento.
 Serán rapaces da Estrada cos que colabora o colectivo Asanog os
encargados de pulsar o botón que acenderá todo o alumeado de Nadal da
vila.
 Recolleranse fondos para esta asociación, que axuda a mellorar a vida
de menores afectados por cancro en Galicia.
 Haberá tamén un chocolate solidario a prol da entidade e moita
animación de rúa.
 O séquito A Rombos co Nadal percorrerá o casco urbano dende as 18.30
e a Escola da Banda de Música Municipal encargarase de poñer a banda
sonora.

A Estrada volverá a escribir este ano o seu propio
conto de Nadal durante o acendido das luces que vestirán de cor as rúas da capital
municipal para estas festas, contribuíndo a incrementar o tirón que as celebracións
teñen entre veciños e visitantes. Se o goberno que encabeza Gonzalo Louzao estreou o
pasado ano un acto de acendido do alumeado de Nadal cos nenos da Estrada como
protagonistas principais, neste 2025 manterase esta mesma liña pero incorporándolle a
solidariedade como pano de fondo.
“Estas festas teñen un espírito solidario innegable que nos invita a pensar nos demais e
nas súas necesidades. Coido que iso é un atributo marabilloso destas das que podemos
experimentar plenamente como sociedade”, sinalou hoxe o alcalde estradense. Foi
despois cando explicou que o Concello quixo que a chegada do Nadal á Estrada, o
vindeiro venres 5 de decembro, se acompañe dunha campaña solidaria a prol de Asanog,
asociación que axuda a mellorar a vida de menores afectados por cancro en Galicia.
Deste xeito, serán varios nenos de familias da Estrada coas que colabora Asanog os que
pulsen o botón que fará brillar o Nadal en todas as rúas. O momento chegará arredor das
19.30 horas na Praza da Constitución, se ben dende unha hora antes xa se deixará sentir

a maxia destas festas co séquito de A Rombos no Nadal, un amplo pasarrúas formado
por músicos, zancos e animadores, que percorrerán a zona peonil dende as 18.30 e a
encherán de ambientación.
Ao pé do consistorio esperarán por eles Os Bolechas, que tamén se sumarán a este
particular conto estradense de Nadal. No momento de premer o botón, a Praza da
Constitución quedará completamente a escuras para acentuar a sorpresa posterior de
que sexa a decoración das festas a que ilumine o espazo, comezando pola fachada do
Concello, o photocall, o palco da música ou a propia árbore de Nadal de 15 metros de
altura.
Cando se estree a iluminación festiva, os canóns dispararán confetti e a Banda Escola da
Banda Municipal da Estrada tomará o relevo na ambientación, interpretando catro
pezas dun coñecido repertorio de Nadal.
Con todos os centros educativos
Tendo en conta o desexo de que os nenos sexan protagonistas, o Concello da Estrada
buscará a implicación e participación dos alumnos de todos os centros educativos do
municipio, tanto para que sexan eles os primeiros en gozar da chegada destas festas
destacadas como para que compartan o cariz solidario que se lle quere imprimir este
ano á chegada desta maxia.
Así, haberá un posto de Asanog no que todos os asistentes poderán facer chegar os seus
donativos para respaldar o traballo tan importante que realiza esta asociación, tanto en
favor dos nenos e nenas afectados polo cancro como para as súas familias.
Nesta mesma liña, aqueles que acudan ao acendido das luces de Nadal poderán sumarse
á chocolatada solidaria, aportada polo Concello pero coa intención de que as persoas
que recollan a súa bebida quente nesta tarde poidan realizar unha achega, por pequena
que sexa, para contribuír á gran axuda que presta Asanog para familias da Estrada e de
toda Galicia.
O alumeado
Dende o acendido do vindeiro venres serán un total de 116 arcos luminosos os que se
instalarán nas diferentes rúas e aos que se sumarán outros 302 elementos de
iluminación. Moitos deles estarán colocados en puntos como a Praza da Constitución, a
Praza de Galicia, a Porta do Sol, Praza da Inmaculada, Praza da Feira ou Praza do
Mercado, entre outros.
Despois deste acendido, estas luces prenderanse cada día ás 18.30 horas, apagándose á
medianoite durante a semana. Nas fins de semana manterase acendido ata as 03.00.

O Concello leva semanas traballando nun programa de Nadal que encha de contido
cultural estas semanas tan especiais do ano, ademais de contribuír á ambientación nas
rúas para goce de todos os cidadáns e en beneficio dos sectores económicos que teñen
no Nadal unha das épocas de máis traballo do ano. Esta programación darase xa a
coñecer no transcurso da vindeira semana.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LOUZAO REVELA QUE A PRAZA DE GALICIA RECUPERARÁ A FONTEANTIGA QUE UN DÍA PRESIDIU ESTE CÉNTRICO ESPAZO URBANO

 O alcalde incide en que se busca exaltar o carácter histórico deste
enclave como xénese urbanística da Estrada, combinando a presenza do
mítico farol que lle da nome popular, os elementos da fonte orixinal e o
empedrado.
 “A comezos dos século XX non había farol aínda na Praza de Galicia,
que tampouco tiña este nome, pero si que había unha fonte que naceu
nesta praza e que despois se moveu para a alameda municipal”, lembra.
 “Estivo na parte posterior do consistorio moitos anos e foi pano de fondo
para as estampas de voda de moitas xeracións de estradenses”.
 Retirada dos xardíns municipais, o elemento foi resgardado e agora será
devolto ao seu espazo orixinal, coa idéntica montaxe que tiña no parque.
 Despois do Nadal as obras entrarán de cheo na Praza de Galicia e o farol
que a preside será restaurado.

O alcalde de Estrada, Gonzalo Louzao, revelou
hoxe que o Concello está traballando cos equipos técnicos para incorporar unha
pequena modificación no proxecto de remodelación e peonalización da Praza de Galicia,
que nestes intres se atopa en pleno proceso de execución. A pretensión do goberno local
é incluír a recuperación dun destacado elemento do patrimonio público municipal, nun
intento por afondar no carácter emblemático desta praza como xénese urbanística da
capital estradense. Trátase da antiga fonte que había neste enclave antes mesmo de que
adoptase o seu nome oficial ou de que os cidadáns lle puxeran o sobrenome oficioso de
Praza da Farola.
O xefe do executivo estradense lembrou que no proceso de licitación do proxecto para
deseñar a nova imaxe que terá a Praza de Galicia puntuou o feito de recuperar o uso
estético da auga neste espazo a través dunha fonte. “A comezos do século XX non había
farol aínda na Praza de Galicia, que tampouco tiña este nome, pero si que había unha
fonte que naceu nesta praza e que, despois, cando os vehículos comezaron a gañar
presenza no espazo público, se moveu para a alameda municipal”, rememorou o

rexedor. “Estivo na parte posterior do consistorio moitos anos e foi pano de fondo para
as estampas de voda de moitas xeracións de estradenses”, proseguiu.
Gonzalo Louzao sinalou de seguido que, coa reforma dos xardíns municipais, retirouse
esta fonte, que foi gardada, “como tamén a pérgola e outro mobiliario que formaba
parte desta alameda”. “Agora queremos devolver esta fonte a este espacio”, anunciou o
alcalde.
A orixinal, pero co aspecto da alameda
O rexedor explicou que proxecto para a Praza de Galicia contempla orixinalmente a
incorporación dunha fonte nun lateral deste céntrico recinto urbano. “Queremos
modificalo para que non só se cree unha fonte senón que sexa a fonte orixinal que un día
presidiu esta praza”. “Forma parte do imaxinario colectivo dos estradenses e naceu aquí,
aínda que todos a podemos lembrar na alameda municipal”, sostivo.
O alcalde quixo aclarar que, obviamente, a imaxe da fonte non poderá ser a mesma que
amosan as estampas máis antigas desta praza, xa que este elemento foi modificado
décadas atrás para o seu emprazamento nos xardíns municipais. A pretensión é que se
incorpore exactamente a fonte que se trasladou á alameda, que foi acopiada
integramente en dependencias municipais dende a súa retirada, xunto co demais
mobiliario deste recinto.
O carácter histórico da praza
Louzao Dono fixo tamén a reflexión de que a reforma da Praza de Galicia para pasar a ser
peonil se aproveitará para exaltar o carácter histórico que ten este antigo cruce de
camiños para o desenvolvemento urbano da capital municipal. Puxo de relevo a
importancia icónica que esta fonte ten nas imaxes antigas que poden verse desta zona
da Estrada, algunhas delas atesouradas no Museo do Pobo Estradense e baixo a antiga
designación de Praza Ramiro Ciorraga.
Tamén se referiu á conservación do farol que rematou por converterse en emblema
local e que ata chegou a bautizar, de xeito extraoficial, esta praza. A estes dous
elementos engadiu o alcalde o feito de que a praza recuperará o pavimento pétreo, “que
tamén tivo antigamente, aínda que co famoso adoquín”.
“Queremos destacar a imaxe da Praza de Galicia como ese espazo histórico que foi orixe
da Estrada, que é o noso espazo más antigo e emblemático para unha vila relativamente
nova, pero con moito patrimonio colectivo”, sinalou o mandatario.


Bo ritmo
Por outro lado, Gonzalo Louzao apuntou que as obras da Praza de Galicia e do seu
entorno continúan avanzando “a moi bo ritmo”, renovando a rede de pluviais,
canalizacións eléctricas e traída de agua. “Houbo cortes no abastecemento destas zonas
porque, xa que facemos esta obra de pavimentación, imos aproveitar para renovar as
redes, que nalgúns tramos aínda estaban en fibrocemento”, explicou o alcalde.
Os traballos estiveron nas primeiras semanas concentrados no primeiro tramo da Rúa
Don Nicolás e na Rúa Marqués de la Vega de Armijo, se ben esta semana chegaron xa á
confluencia entre a Rúa San Paio e Rúa 56. Tal e como anunciara o goberno, será despois
das festas de Nadal cando arranque o traballo na Praza de Galicia propiamente .
Neste contexto, Gonzalo Louzao sinalou que, unha vez rematadas as festas, o
emblemático farol levarase restaurar.
O alcalde aproveitou hoxe a ocasión para agradecer publicamente aos veciños a
compresión que amosan. Louzao asumiu que as obras sempre resultan molestas para
alguén e sinalou que despois das vacacións de Nadal os traballos quedarán concentrados
“na améndoa” central, que se busca gañar para o peón e embelecer para desfrute de
todos

Publicado en Portada | Deja un comentario

LOUZAO SOBRE AS HUMIDADES DO NOVO EDIFICIO XUDICIAL: “ASIMAXES FALAN POR SI MESMAS E REQUIREN RESPOSTA INMEDIATA”

 

“As imaxes falan por si mesmas e esixen unha
resposta inmediata”. O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, chegaba esta mañá ao
consistorio directo do aeroporto e reaccionaba así ás humidades observadas no novo
edificio xudicial da Baiuca. O rexedor recoñeceu que non puido estar presente no
traslado dos traballadores ata estas novas dependencias e que, ata o de agora, nada
sabía das filtracións observadas en diferentes estancias do agardado inmoble. Porén
estimou que a situación require cominar de xeito inmediato á empresa a que solvente os
problemas de humidade que se evidenciaron no ennegrecido dalgunhas paredes e na
presenza de auga na zona dos calabozos.
“Resulta evidente que nin a consellería nin o Concello executan a obra, así que o feito de
que houbese un problema de filtracións, polos motivos que sexan, excede das
responsabilidades e, seguramente, do coñecemento da administración ata o de agora”,
apuntou Gonzalo Louzao. “En todo caso, o que si corresponde é esixir responsabilidades
ás adxudicatarias, porque calquera pode entender que unha obra que non chegou a
estrearse non pode estar nestas condicións”, engadiu.
O alcalde estradense xa se puxo en contacto coa Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de
Galicia para interesarse por esta situación e urxir a que se tomen as medidas oportunas
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
para que as condicións deste novo edificio, chamado a unir baixo un mesmo teito as
dúas salas do partido xudicial da Estrada e a facilitar o día a día aos traballadores e aos
cidadáns que se achegan ata estas dependencias, sexan o máis confortables posibles e
estean á altura do investimento que requiriron. “A Xunta vai actuar e esixirá
responsabilidades á empresa, como xa lle confirmou a algún dos medios de
comunicación que publicaron estas imaxes”, apuntou.
“Non é nada sorprendente que aparezan problemas cando se executa unha obra desta
envergadura. Calquera o pode comprobar mesmo a nivel doméstico. É algo asumible e
estamos moi a tempo de pedir que, a quen lle corresponde poñer solución, o faga de
xeito áxil e efectivo”, apuntou o alcalde da Estrada. “Para iso están os prazos e as
garantías”, apostilou.
O alcalde aproveitou a ocasión para pedir que unha situación reparable coma esta non
empañe o verdadeiramente importante: “o valor que ten o que supón estra obra”.
“Pasamos a ter na Estrada unhas instalacións de primeiro nivel para usuarios e
traballadores, que poñen fin a unha situación anómala na que dúas salas xudiciais dun
mesmo partido estaban en sedes diferentes”, sinalou Louzao Dono. “Temos que
lembrar, ademais, que a construción deste edificio xudicial supón, por si mesmo, o
respaldo ao propio partido xudicial que capitaliza A Estrada. Non esquezamos que
quedou reducido a só dous municipios: A Estrada e Forcarei. A aposta que fixo a Xunta
construíndo este edificio é un aval para nós na planta xudicial e iso convén telo tamén
presente”, concluíu.

Publicado en Portada | Deja un comentario

25N Concello A Estrada

A TODOS E A TODAS
Amalia Goldar procede  a lectura da moción conxunta aprobada polo Pleno Municipal con
motivo da Conmemoración do 25 de novembro como o Día internacional para a
eliminación da violencia contra a muller.
Un día de reflexión e sensibilización para expresar o rexeitamento máis profundo a
todo tipo de violencia contra as mulleres.
A violencia de xénero, como manifestación extrema de desigualdade, é un
problema público e social de primeira magnitude, xa que representa un ataque ao
dereito á vida, áintegridade física, á liberdade e á non discriminación, todos eles
valores irrenunciablesque proclama a nosa Constitución e o noso Estatuto.
Por iso todos os poderes públicostemos o deber de adoptar as medidas necesarias
para facer reais e efectivos esesdereitos.
É un obxectivo prioritario de gobernos e administracións acadar a eliminación de
todasas formas de violencia que aínda hoxe afectan ás mulleres.
Para elo, é preciso aimplicación e a concienciación da cidadanía porque a violencia
de xénero é un problemade todas e todos e polo tanto entre todas e todos
debemos tentar derribar cos muros desilencio que aínda a rodean
Apelamos á tolerancia cero cos maltratadores para poñer fin a esta depreciable
lacra exunto con toda a cidadanía, colaborar na construción dunha Galicia máis
solidaria, máis equilibrada e sen discriminación.
Desde o Concello da Estrada avanzamos nesta loita con paso firme e neste mismo
ano publicamos o I Plan de igualdade interno, co propósito de identificar e eliminar
as barreiras que limitan o desenvolvemento profesional das mulleres e promover a
corresponsabilidade no ámbito laboral municipal.
Por todo o exposto, os grupos políticos que formamos parte do corporación do
Concello da Estrada, aprobamos en Pleno os seguintes acordos:
Pimeiro.- Que polo Concello se adopten as seguintes medidas:
-Mellorar a capacidade da detección temperá de todos os tipos de violencia contra
asmulleres e os menores desde todos os recursos municipais e en coordinación coa
Policía Municipal e os servizos sociais e sanitarios.
-Facilitar, na medida do posible, a formación do persoal municipal e en
especial,daqueles que teñan atención ao público para detectar os posibles casos de
violenciade xénero encuberta.
-Desenvolver campañas divulgativas e preventivas de xeito continuado contra
todas as formas de violencia de xénero, con especial incidencia as dirixidas á
poboacióninfantil e adolescente, en coordinación coa comunidade educativa, asi
como apoiar edifundir a través dos canles adecuados as distintas campañas que se
promovantanto dende o Goberno central como da Xunta de Galicia para chegar aos
máximos sectores da nosa veciñanza.
Dentro das actuacións a levar a cabo contra as distintas formas de violencia non
debemos esquecer, e mais, debemos facer unha maior chamada de atención
enaquelas actitudes machistas que temos socialmente normalizadas e que poden
levara iniciar ao maltrato psicolóxico, tantas veces invisibilizado.
-Promover accións para a mocidade para a promoción da igualdade e a prevención
da violencia de xénero, facilitando espazos e metodoloxías, tuteladas por persoal
especializado, onde a mocidade poida expresar as súas inquedanzas, dúbidas,
problemas e tamén se poidan manifestar libremente o seu enfoque desta lacra
social que e a violencia contra as mulleres.
Continuar ca Mesa Local de Coordinación interinstitucional contra a violencia de
xénero, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Delegación do Goberno, como
instrumento para optimizar a cooperación de todas as institucións e entidades
implicadas na loita contra a violencia de xénero.
Segundo.- Instar ao Goberno de España a:
-Renovar o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que leva conxelado
desdeo ano 2022, coa incorporación de medidas específicas contra a violencia
vicaria e aviolencia dixital.
-Revisar os erros do sistema Viogen á hora de valorar o risco das vítimas de
violenciade xénero.
-Promulgar unha lei contra a trata de persoas, comprometida no Pacto de Estado.
Terceiro.- Instar á Xunta de Galicia a:
-Poñer en marcha liñas formativas e de asesoramento a profesionais e familias
paraa prevención e detección de abusos a mulleres con discapacidade.
-Reforzar e ampliar os recursos, servizos e prestacións existentes a dispor
dasvítimas de violencia de xénero, como a atención psicolóxica, a asistencia
xurídica gratuíta, as axudas directas periódicas, solucións habitacionais e axudas
para a súa inserción laboral, co fin de que logren unha plena independencia.
-Poñer en marcha o Plan Integral de Actuación para a Renovación e Impulso dos
CIM de Galicia co fin de impulsar a súa actividade, optimizar este recurso e
adaptalo á evolución das dinámicas sociais e ás necesidades de funcionamento.
-Fomentar a Rede Galega de Entidades Locais contra a violencia de xénero.

Publicado en Portada | Deja un comentario