Poda de árbores no Concello

 
As brigadas de operarios do Concello da Estrada realizan estes días traballos de poda das árbores existentes en distintas rúas do casco urbano. Esta mañá as actuacións, habituais nesta época do ano, chegaban á Praza de Galicia, despois de deixar completadas as melloras nas rúas Ulla e Calvo Sotelo.
Os traballadores iniciaron estas tarefas na Avenida Ponteareas e foron ascendendo por toda a zona peonil para cumprir co programa previsto, que chegará a varias rúas nos vindeiros días.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO FORMALIZA ANTE A XUNTA A PETICIÓN DE REVERSIÓNDAS SEDES DOS DOUS XULGADOS TRALO SEU TRASLADO Á BAIUCA

 “Co traslado que se está facendo á zona da Baiuca quedan en desuso
estas dúas edificacións e están en perfecto estado de conservación”,
sinalou o alcalde.
 Gonzalo Louzao precisou que a reversión que se solicita á Xunta en
favor do Concello sería con carácter gratuíto.
 Recoñece o mandatario que un dos servizos que poderían ter encaixe
provisional nestas dependencias sería a unidade de Atención Temperá,
mentres non se constrúa o novo edificio de Servizos Sociais.

O alcalde estradense, Gonzalo Louzao Dono,
confirmou que o Concello da Estrada formalizou ante a Dirección Xeral de Xustiza, da
Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, o interese de que revertan ao patrimonio
público municipal as dúas edificacións que ata o de agora son sede das dúas salas do
partido xudicial estradense, unha vez se teña completado o traslado destas ao novo
edificio xudicial da Baiuca.
“Co traslado que se está facendo á zona da Baiuca quedan en desuso estas dúas
edificacións e están en perfecto estado de conservación”, sinalou o xefe do executivo
local. Contrapuxo este estado ao que presenta, por exemplo, o inmoble do antigo centro
de saúde, unha reversión que tamén solicitou o Concello pero que, atendendo ao
resultado das últimas negociacións, suporía un importante desembolso por parte das
arcas municipais.
O edificio do xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 atópase na Avenida
Benito Vigo e é de titularidade autonómica. No tocante á sede do Número 2, nesta
mesma autovía, foi equipada pola Xunta de Galicia, se ben o inmoble pertence ao
Concello, que cedeu o seu uso anos atrás á consellería aos efectos de aloxar
provisionalmente esta segunda sala xudicial, namentres se avanzaba cara a consecución
dun edificio que reunise os dous órganos.
“As dúas sedes serían de interese para determinados servizos municipais que xa temos
ou que podamos ter no futuro”, sinalou Louzao, que non ocultou que unha das
necesidades máis urxentes sería aloxar o servizo de Atención Temperá.
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
Esta unidade atópase actualmente nunhas instalacións de titularidade privada,
concretamente nun piso alugado na Avenida Benito Vigo, moi preto do Xulgado Número
1. “Coa súa ampliación de horario precisa ter dependencias máis amplas”, sinalou o
rexedor. “Somos conscientes de que o novo edificio dos Servizos Sociais, que
financiaremos con fondos europeos, vai tardar un tempo en construírse no solar do
antigo INEM e, igual, un destes xulgados podería acoller de xeito transitorio esta unidade
mentres se constrúe a nova casa dos Servizos Sociais”, engadiu.
“Parécenos moi interesante que estes edificios en perfecto estado de conservación
pasen ao patrimonio público municipal e que, tendo estas instalacións ben conservadas,
resulta oportuno que poidan ofrecer un novo servizo público á cidadanía”, apuntou o
alcalde da Estrada. O mandatario engadiu que a consellería está realizando os trámites
para que “o antes posible” estas dependencias poidan ser confiadas ao Concello da
Estrada “de forma gratuíta”

Publicado en Portada | Deja un comentario

O ESTRADENSE ALFONSO SANMARTÍN CARBÓN RECIBIRÁ O PREMIOPOLA SÚA TRAXECTORIA NA GALA DO DEPORTE DO 22 DE DECEMBRO

 Os integrantes do xurado validaron este luns as candidaturas de
deportistas e entidades que recibirán un recoñecemento público na gran
festa do deporte local.
 Sanmartín estivo máis de 36 anos vencellado ao baloncesto.
 As entradas para a gala estarán dispoñibles para o público en xeral
dende o 9 de decembro. Son gratuítas pero deben ser retiradas no
departamento de Deportes, logo da asignación aos clubs.

O estradense Alfonso Sanmartín Carbón recibirá, o
vindeiro 22 de decembro, un premio á súa traxectoria deportiva no marco da sétima
edición da Gala do Deporte. A súa elección foi a única que transcendeu logo da reunión
mantida, na noite deste luns, polos integrantes do xurado que se conformou para
escoller ás persoas e entidades que recibirán este recoñecemento público na gran festa
do deporte local.
O xurado, integrado polo concelleiro de Deportes, Ismael Pena, o técnico municipal de A
Estrada Deporte, David Carballo, e os concelleiros Amalia Goldar, Belén López, Sindo
Villamayor e Mar Blanco, validou as candidaturas para todas as categorías e aprobou de
xeito unánime as catro mencións honoríficas para a presente edición. Tanto os
gañadores de cada sección como as mencións de honra faranse públicos no transcurso
da propia gala. Esta arrancará o 22 de decembro ás 20.00 horas, no Teatro Principal.
Houbo tamén unanimidade á hora de escoller a persoa que recibirá o Premio á
Traxectoria. Alfonso Sanmartín Carbón estivo nos últimos 36 anos moi ligado ao
baloncesto local. Despois de formar parte da directiva do CD Estradense na sección de
Baloncesto, tomou as rendas do mítico EDM, ata a recente disolución do club. Sanmartín
Carbón estivo sempre moi implicado na promoción desta práctica nas escolas
deportivas, fomentando a paixón polo baloncesto nas idades temperás.
Os candidatos das diferentes categorías son os que seguen:
● MELLOR DEPORTISTA MASCULINO 2025
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
► Javier Martínez Carracedo (automobilismo)
► Alejo “Keko” Ferreiro (surf)
► Samuel Tato (judo)
● MELLOR DEPORTISTA FEMININA 2025
► Iziar Barcala (bádminton)
► Arauia Al Bachere (atletismo)
► Dori Carbia (culturismo natural)
● MELLOR DEPORTISTA MASCULINO BASE 2025
► Darío Míguez (bádminton)
► Joel Castro Toledo (loita tradicional)
► Andrés Carballeda (salvamento)
● MELLOR DEPORTISTA FEMININA BASE 2025
► Aroa Martínez (ximnasia)
► Candela Fajardo (tenis)
► Paula Pena (salvamento)
● DEPORTISTA/CLUB REVELACIÓN 2025
► Libertad Morales (judo)
► Aya Nabaoui (karate)
► Carla Pintor (atletismo)
● MELLOR ADESTRADOR 2025
► Sofía Mosteiro (Club Ximnasia)
► Marcos Otero (Atletismo A Estrada)
► Manuel González Beceiro “Manuti” (CD Estradense)
● MELLOR CLUB 2025
► Atletismo A Estrada
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
► Club Tenis Recreo Cultural
► CNS A Estrada
● MELLOR EQUIPO 2025
► CD Estradense
► Club Tenis RC Absoluto Feminino A
► Club Bádminton A Estrada
● MELLOR EVENTO DEPORTIVO 2025
► VIII Campionato Infantil de Judo (Judo Club Base)
► XXI Trofeo Baile Deportivo (CBD Sondodance)
► XIV Raid Hípico Festa do Salmón (Socade)
● ENTIDADE DE APOIO AO DEPORTE
► Sometal SLU
► Start Motor
► Restaurante Rio Liñares
● MENCIÓNS DE HONRA: Son catro, xa aprobadas de xeito unánime.
● PREMIO TRAXECTORIA: Alfonso Sanmartín Carbón
A entrada á Gala do Deporte será de balde pero, por motivos de aforo, é necesario
retirar o convite no departamento de Deportes, situado no cuarto andar no Concello. As
entradas para o público en xeral estarán dispoñibles a partir do martes dia 9 de
decembro, despois da asignación das mesmas os clubs e deportistas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

FESTA PRE FIN DE ANO NA ESTRADA

A Estrada probará este ano o formato das festa Pre-Fin de Ano que tanto éxito están tendo noutros concellos. O alcalde,@gonzalolouzaodono, acompañou ao representante de Eventos Piñeiro SL, Jorge Silva, na presentación do evento, programado para o vindeiro 26 de decembro.
A festa está incluída dentro da programación de Nadal que o Concello da Estrada dará a coñecer nos próximos días e está especialmente pensado para a xuventude.
Celebrarase no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos, con apertura de portas ás 21.00 horas e inicio das actuacións ás 21.30.
O cartel está composto por DJ Marcos Quintana, a orquesta París de Noia, DJ Carlos López, Dumore e o DJ Michenlo.
As entradas están xa á venda online (en Ataquilla) e nos vindeiros días informarase dos puntos de venda físicos. Haberá unha primeira remesa ao prezo de 12 euros. Despois serán a 15.
O aforo previsto é de 2.000 persoas.
Dende o Concello e a organización explicouse que se apostou por este novo formato, ensaiado con éxito en municipios próximos como o de Silleda, en datas nas que moita xente está de vacacións e decindido colocalo nun venres, sen coincidir coa noite do 31 de decembro, para non prexudicar á actividade hostaleira nun día de moito negocio.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A POLICÍA LOCAL ACTIVA VIXILANCIA ESPECÍFICA ANTE O DEPÓSITODE BOLSAS DE LIXO FÓRA DE CONTEDORES E IMPORÁ SANCIÓNS

 Estas accións incívicas teñen asociada unha multa de 90 euros no
regulamento municipal e poden chegar ata os 600 pola normativa
autonómica.
 Son conflitivas en puntos como A Baiuca ou na entrada o aparcamento
público da Avenida de América e viñéronse detectando tras a
reorganización dos contedores no casco urbano.
 O Concello reforzará as illas de Avenida de Santiago, Rúa Gradín e a
carón da Praza da Inmaculada.

A Policía Local da Estrada activará unha vixilancia
específica pare evitar que se depositen bolsas de lixo na rúa, unha actitude incívica que
nas últimas semanas se veu repetindo nalgúns puntos do casco urbano e que coincide no
tempo co cambio de localización de varias illas de contedores.
Dende a Xefatura da Policía Local lembrouse que depositar lixo fóra dos lugares
establecidos ao efecto constitúe unha infracción recollida no Regulamento de
Protección do Medio Ambiente, de Limpeza Pública e de Recollida de lixo no Concello da
Estrada, de xeito que, ante este tipo de incivismo, os axentes municipais poden actuar
realizando un apercibimento ou a través da imposición de sancións cifradas en 90 euros.
Engádese que perante estes depósitos tamén ten cabida a aplicación da normativa
autonómica, concretamente da Lei 6/2021 de Residuos e Solos Contaminados de Galicia,
texto no que se contemplan xa sancións que pode chegar aos 600 euros.
Nos últimos días xa houbo unha persoa que recibiu un apercibimento por depositar
bolsas de lixo na rúa, un comportamento que algúns cidadáns fixeron coincidir cos
lugares concretos onde antes estaban os contedores que foron trasladados.
Neste senso, sinálase que dous dos puntos máis conflitivos están sendo a zona de A
Baiuca ou no acceso ao estacionamento público da Avenida de América, tanto por
reincidencia como pola cantidade de bolsas de lixo acumuladas.

Dende a administración local apélase ao civismo cidadán para evitar este tipo de focos
insalubres, poñendo de manifesto que este tipo de accións unicamente serven para
empeorar as condicións da rúa, en prexuízo de toda a veciñanza.
Cómpre lembrar que, a través do seu departamento de Servizos Municipais, o Concello
da Estrada estivo traballando nestas últimas semanas na reorganización das illas de
contedores no casco urbano, unha cuestión ao servizo da realización dunha recollida
máis eficiente e que tamén obedece á eliminación de puntos de depósito que xeraban
problemas de seguridade e insalubridade. As illas de contedores tamén se organizan a
consecuencia da incorporación do novo modelo de colectores amarelos, con moita máis
capacidade e adaptados para a carga lateral. Contando con este incremento, o número
de puntos de depósito por rúa estivo sendo revisado e reorganizado, procurando unha
optimización do espazo e unha recollida máis eficiente. “Non cambiamos os contedores
por capricho nin para fastidiar á xente. Cambiámolos polo ben común”, sinalou, días
atrás, o concelleiro Óscar Durán.
O mesmo edil apuntou hoxe que, tal e como avanzara, estívose aplicando unha
supervisión desta nova distribución para atender necesidades que puideran xurdir.
Deste xeito, indicou que se reforzaron illas existentes na Avenida de Santiago, Rúa
Gradín e Praza da Inmaculada, no entorno da igrexa de San Paio.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO FAVORECERÁ A CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIARCUNHA NOVA CONVOCATORIA DO CAMPAMENTO DE NADAL

 A inscrición abrirase o luns, ata o vindeiro 12 de decembro.
 Convócanse 50 prazas, 40 para as instalacións de SOEI e 10 para o
Espazo Concilia, no Novo Mercado.
 Son 10 días de actividade, en horario de 08.30 a 14.30, cun prezo de 45
euros por participante e bonificacións para irmáns.

O departamento municipal de Servizos Sociais
informou hoxe da convocatoria dunha nova edición do Campamento de Nadal, unha
iniciativa pensada para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar durante as
vacacións escolares que coinciden con estas festas sinaladas. A responsable desta área,
Amalia Goldar, avanzou que a inscrición quedará aberta o vindeiro luns.
Estes campamentos están dirixidos a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre
os 3 e os 12 anos, co requisito de que se atopen empadroados no Concello da Estrada.
Desenvolverase nas instalacións da firma SOEI, na Rúa Castelao, e no Espazo Concilia
(Novo Mercado), con 40 prazas nas primeiras e 10 máis no segundo.
En canto ás datas, haberá servizo os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, xunto
co 2,5 e 7 de xaneiro. O horario en cada unha destas xornadas será de 08.30 a 14.30
horas.
Tal e como indicou Goldar, o prazo para inscribirse no Campamento de Nadal arranca o
luns, 24 de novembro, e quedará pechado o 12 de decembro. As solicitudes deberán
presentarse no departamento de Servizo Sociais (en horario de 09.00 a 14.00) ou a
través da sede electrónica do Concello (https://aestrada.sedeelectronica.gal).
Xunto coa solicitude será necesario presentar unha fotocopia do xustificante de
ocupación laboral (dúas últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de
cota de Seguridade Social no réxime especial de traballadores por conta propia), así
como o libro de familia (só se solicita bonificación por segundo ou terceiro irmán
participante).

No tocante ao prezo, a cota de inscrición será de 45 euros por participante polo
programa completo. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20%
(pagará 36 euros) e a partir do terceiro membro será gratuíto.
No caso de que o número de solicitudes presentadas en tempo e forma supere a
previsión de prazas, as inscricións serán atendidas en función da seguinte orde de
prioridades: familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de
risco; familias nas que os pais, titores ou gardadores acrediten atoparse traballando
durante o período de inscrición da actividade; familias numerosas ou monoparentais e
orde de entrada das solicitudes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A RÚA SAN PAIO QUEDARÁ CORTADA DENDE A PRAZA DE GALICIAPOLAS OBRAS NESTE CÉNTRICO ENCLAVE DA CAPITAL ESTRADENSE

 Tampouco se poderá acceder a esta vía dende a Rúa 56.
 Dende a Praza de Galicia os vehículos só poderán continuar a marcha
cara O Cruceiro ou encamiñarse á Avenida de América.
 O estacionamento tamén estará prohibido e permitirase a entrada, por
dirección agora prohibida, a garaxes.

A xefatura da Policía Local da Estrada informou
hoxe de que, dende primeira hora desta tarde, a Rúa San Paio quedará cortada ao tráfico
dende a Praza de Galicia, a consecuencia das obras de remodelación e peonalización que
se están executando neste céntrico enclave da capital estradense.
Deste xeito, dende a Praza de Galicia (popularmente coñecida como A Farola) os
condutores non poderán circular cara a Rúa San Paio, nin tampouco se poderá baixar por
esta vía tras acceder ao centro pola Rúa 56. Así, chegados á citada praza, os vehículos
unicamente poderán continuar a marcha cara O Cruceiro ou desviarse en dirección á
Avenida de América.
A Policía Local instalará unha valla coa información deste peche circulatorio na
intersección entre a Rúa Pérez Viondi e a Avenida Benito Vigo, coa intención de que os
usuarios (especialmente os transportistas) tomen en consideración que non poderán
atravesar a Rúa San Paio.
A única excepción a este corte será que estará permitido o acceso aos garaxes existentes
na rúa, na que tampouco se poderá estacionar. Para entrar nos garaxes os residentes
terán habilitado un acceso alternativo dende a rúa Antón Losada Diéguez, o que suporá
que entren no vial empregando o sentido da marcha contrario ao actual (accederán de
xeito ascendente, dirección Praza de Galicia, cando a circulación habitual é descendente,
dirección Figueiroa).
As obras que están avanzando nesta parte da vila farán que tamén os contedores de lixo
existentes en San Paio sexan desprazados, achegándose provisionalmente á Praza de
Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario