O BNG insta ao SEPRONA a actuar contra o concello polos reiterados vertidos de Lagartóns

Xosé Magariños: “ o que teñen que aturar os veciños desta parroquia xa é insoportábel e todo pola incompetencia e deixación de funcións do goberno municipal e do alcalde”

 

O BNG volver alertar do vertido dos sumidoiros nos Bolos (Lagartóns). O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, afirma que “o do concello da Estrada é xa é de xulgado, é un delito ambiental reiterado o que sofren os veciños e veciñas da parroquia de Lagartóns, que teñen que soportar cheiros e líquidos contaminantes polos camiños e cunetas”.

“Xa antes do verán denunciamos estes feitos”, indicou Magariños, “mais o que teñen que aturar os veciños desta parroquia xa é insoportábel e todo pola incompetencia e deixación de funcións do goberno municipal e do alcalde, que non é quen de enviar unha brigada municipal para arranxar unha desfeita que cheira, e moito”.

O concelleiro nacionalista explicou que “con este pasotismo do goberno do PP xa nos vemos obrigado a instar ao SEPRONA a abrir dilixencias contra o concello, non é de recibo que os veciños e veciñas de Lagartóns estean nestas condicións insalubres, mentres o alcalde mira para outro lado”.

O BNG da Estrada presentou no mes de maio auga contaminada recollida en diversos puntos do concello, tamén nos Bolos en Lagartóns, que entregaron no rexistro do concello para o seu análise. O concelleiro da organización nacionalista explicou que “con este acto quixemos facer unha chamada de atención sobre o sistema de depuración do concello para alertar da súa ineficacia, mais á vista do que pasar nesta parroquia é evidente que ao alcalde non lle molesta porque non lle cheira, non lle chega o aire fétido á atalaia do seu despacho, se iso o tivera diante da súa casa, outro galo cantaría”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Nova xira do Teleclub da Comedia

Despois dunha primeira función na Mostra de Teatro de Orazo realizada a finais do mes de setembro, a nova xira do Teleclub da Comedia, organizada polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada, bota a andar este vindeiro domingo na parroquia de Santeles co espectáculo Xenitais, de Chelo do Rejo e Chus Picallo.

 

Deste xeito, este ciclo inaugurado no segundo semestre do ano 2011, celebra a súa décimo cuarta edición retomando os obxectivos cos que naceu; os de descentralizar a programación cultural da vila, poñer en valor as casas escola que están espalladas polo rural estradense e xerar xornadas de convivencia veciñal.

 

Fóra disto, o Teleclub da Comedia tamén serve para medir diante do público a artistas e compañías estradenses, dándolles a oportunidade de presentar os seus espectáculos en sociedade.

 

Desta volta, os artistas e agrupacións seleccionados son os seguintes: O Mago Toño e Manolo do Atlético, Teatro da Zarabándula, Disfunción Continua, O Padre Xiao e o Padre Merino, Pablo Chichas e Miguel Guido, Isi, As Lerchas e os narradores orais Celso Sanmartín e Lois Pérez.

 

A xeito anecdótico, nesta xira incorpórase por vez primeira Arnois ao amplo abano de parroquias seleccionadas e vólvese programar unha función na Residencia de Maiores da 3ª Idade da Estrada.

 

Sinalar tamén que a xira volverá rematar cunha gala de nadal no Teatro Principal, que terá lugar o 27 de decembro, e na que se volverá contar co acompañamento musical do Trío Carlos Barruso Jazz Band.

 

Comentarvos, por último, que tanto este ciclo como os do Outono no Principal, contan tamén coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través das subvencións do Plan Concellos 2018.

 

A continuación, enumeramos os distintos eventos programados:

 

 

 

XIV XIRA DO TELECLUB DA COMEDIA

 

DATA ARTISTA / COMPAÑÍA LUGAR
21/09 Disfunción Continua Orazo
14/10 Teatro da Zarabándula Santeles
20/10 As Lerchas Residencia 3ª Idade
27/10 As Lerchas San Xurxo de Vea
03/11 Pablo Chichas e Miguel Guido San Miguel de Castro
10/11 O Mago Toño e Manolo do Atlético Oca
10/11 Isi Curantes
17/11 Padre Merino e Padre Xiao Riobó
23/11 Lois Pérez A Estrada
24/11 Celso Sanmartín Couso
01/12 Pablo Chichas e Miguel Guido Moreira
07/12 O Mago Toño e Manolo do Atlético Vinseiro
15/12 Padre Merino e Padre Xiao Arnois
27/12 Gala de Nadal Teatro Principal

Colabora Deputación de Pontevedra e Concello A Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

“VIII MEMORIAL MANUEL BERGUEIRO”

– PERCORRIDOS:

 

O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuito de 3.200 metros aproximadamente, que na proba absoluta terá un total de 9.600 metros. O resto das probas faranse en dous circuitos de 800 metros e de 500 metros.

 

HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX
11:00 h CADETE

XUVENIL/JUNIOR

PROMESA

SENIOR e VETERÁN

3.200 m (1 volta ó circuito C)

6.400 m (2 voltas ó circuito C)

 

9.600 m (3 voltas ó circuito C).

12:20 h INFANTIL 1.600 m (2 voltas ó circuito B).
12:40 h ALEVÍN 800 m (1 volta circuito B)
12:50 h PREBENXAMÍN 500 m (1 volta circuito A)
BENXAMÍN
13:00 h PITUFOS 100 m                
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS                  
                     
                       

 

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido ademáis de servicio de ambulancia. A praza do Concello será punto de saída e chegada de todas as probas.

 

RUAS AFECTADAS CIRCUITO 

 

 

 PZA DO CONCELLO (SAÍDA)-SERAFIN PAZO-PZA DA FAROLA-RUA PEREGRINA-RUA CAPITÁN BERNAL-AVENIDA DE AMÉRICA-TRAVESÍA AVENIDA DE AMÉRICA-RUA ANTÓN LOSADA-RUA GRADÍN-RUA SAN ANTÓN-RUA DON NICOLÁS-RUA CALVO SOTELO-RUA ULLA-PORTA DO SOL-AVENIDA DE PONTEAREAS-RUA BAIUCA-RUA VARELA BUXAN-RUA IRIDA-PZA DO CONCELLO (META)

Os maiores cortes localizaranse no trazado correspondente ao Circuíto C e abarcarán un tramo horario aproximado de entre as 10:30 e as 13:00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello prevé acometer a obra no Manuel Regueiro durante o paro de Nadal

O Concello da Estrada ten esperanzas en que a Deputación de Pontevedra resolva o Plan Concellos durante a xornada de mañá e prevé acometer a obra no Manuel Regueiro aproveitando o paro da actividade deportiva que se produce durante a época do Nadal, para interromper a actividade o menor tempo posible, segundo explicou hoxe o alcalde, José López Campos.

Esta intervención non só require cambiar o tapete de xogo, senón que tamén se reformarán as instalacións en vestiarios e almacéns, para dar cabida e gardar o material pertencente aos distintos clubs que empregan o campo.

Este campo de fútbol ten unha actividade intensa, xa que xogan nel todos os clubs do concello, lembrou López, polo que hai que dotalo dun mantemento adecuado e acometer a obra cando se produza unha paréntese na actividade deportiva que permita telo pechado o menor tempo posible, xa que hai clubs aos que non se lles puideron conceder tódalas horas solicitadas por falta de espazo, a pesar de contar con tres instalacións no concello: o Manuel Regueiro, o campo de Callobre e o Campo de Fútbol Municipal.

O rexedor local sinalou, así mesmo, que a Secretaría do Concello xa está traballando nos pregos coa vista posta en adxudicar, tanto esta actuación, que conta cun orzamento de 200.000 euros, como a de asfaltados rurais (657.000 euros) e de asfaltados urbanos (360.000 euros).

Por outra banda, o vindeiro mércores celebrarase unha reunión con Copcisa, empresa adxudicataria da obra de reforma dos xardíns da Alameda, na que se tratarán os plans de acondicionamento da zona de xogos, xa que se estaba barallando a instalación dunha zona de Parkuor como proposta dirixida aos nenos de entre 6 e 12 anos, pero “non é unha proposta encaixe demasiado”, advertiu o alcalde. Máis claras están as propostas para os maiores a ese tramo de idade, coa instalación dunha pista deportiva, e tamén as dirixidas aos menores a estes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Saborea A Estrada chega para abrir boca do 9 ao 20 de outubro

Saborea A Estrada é una iniciativa posta en marcha dende o Concello coa que se pretende pór en valor e fomentar o consumo de produtos locais. Esta acción, que se celebrará entre o 9 e o 20 de outubro, xirará en torno ao Novo Mercado coas pretensións de facer visibles aos pequenos produtores da comarca e de divulgar os valores ambientais, sociais, culturais e nutritivos que supón para os cidadáns e para o medio ambiente o cultivo de proximidade, segundo anunciou hoxe o concelleiro de comercio, Óscar Durán.

Para garantir estes obxectivos, o vindeiro 9 de outubro, Xosé Manuel Durán encargarase de realizar unha xornada divulgativa nos colexios Pérez Viondi, de Figueroa e da Nosa Señora de Lourdes, onde lles transmitirá aos nenos a importancia que ten o feito de comer de maneira saudable.

O 18 de outubro , a partires das 9:15 horas, os nenos de sexto de primaria dos tres colexios (de entre 11 e 12 anos) elaborarán tres receitas da man do cociñeiro Iván Méndez, baixo o lema Cociña con xente miúda, e de entre as que este elixirá unha pertencente a cada colexio co fin de replicalas e poñelas a disposición do público.

Saborea A Estrada é unha aposta polo produto local, por resaltar os sabores naturais e desmarcalos  por riba dos demais, na que se destacarán de forma especial as festas do salmón e da sidra, todo enmarcado co Novo Mercado como telón de fondo, indicou Durán.

O 19 de outubro, a partir do mediodía, Tere Rico elaborará tapas doces e salgadas no Novo Mercado para todos os presentes e o 20 de outubro, a partir da mesma hora, Beatriz Soutelo elaborará un prato doce e outro salgado para os asistentes pondo fin ás xornadas divulgativas de Saborea A Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xa está planificado o proceso de participación na Edusi para a fase de outubro e novembro

O Concello da Estrada xa conta coa planificación do proceso de participación e traballo para a fase de outubro e novembro da Edusi, segundo informou hoxe o alcalde, José López Campos. Este é o primeiro paso para pór en marcha as mesas de traballo coas que obter información útil por parte dos diferentes colectivos e cidadáns que aplicar posteriormente á estratexia.

 As comisións están vencelladas á Edusi, unha das estratexias máis potentes de entre as postas en marcha polo concello, que se enmarca na actuación “A Estrada Social Sostible 2020 (AESS2020). Proxecto cofinanciado nun 80 por cento mediante o Programa Operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020”.

Actualmente hai contempladas cinco mesas de traballo: TICs; Accesibilidade, mobilidade e desenvolvemento urbano; Posta en valor do patrimonio cultural e natural; Dinamización socioeconómica do rural e Políticas sociais vencelladas a colectivos desfavorecidos.

Na derradeira xuntanza sobre o tema acordouse que cada unha das mesas estaría composta por tres persoas: Unha pertencente ao ámbito político, unha do corpo técnico e un representante das asociacións correspondentes. As vindeiras xuntanzas para coordinar actuacións están programadas para o vindeiro martes 9 de outubro e para o xoves 18 do mesmo mes.

Tras estas, o martes 23 de outubro haberá unha xuntanza dos grupos de traballo orientada a determinar as mesas de participación pública e ese mesmo día publicarase en internet, tanto a iniciativa como as bases para debater sobre os asuntos relativos a cada mesa. Neste proceso, aberto ao público, tamén se poderá participar deste proceso a través de internet en lugar de facelo de forma presencial.

O 12 de novembro será a data na que se pechará o prazo para concorrer nesa participación a través de internet para que, o día 23 dese mes se reúna o grupo de traballo para avaliar todas as propostas a fin de que a comisión estratéxica elixa as ideas que máis se axustan ao proxecto, explicou López.

A partir de esta última data comezará a fase de proxectos, que conta cuns orzamentos de 200.000 euros para TICs; 700.000 euros para Accesibilidade, mobilidade e desenvolvemento urbano; 500.000 euros para Posta en valor do patrimonio cultural e natural e 1.150.000 euros para o conxunto de Dinamización socioeconómica do rural e Políticas sociais vencelladas a colectivos desfavorecidos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López considera que non haberá problemas de aparcamento no centro de saúde

O alcalde da Estrada, José López Campos, asegurou hoxe que non debería de haber problemas de aparcamento na zona do novo centro de saúde, unha vez que estea construído. Ás vinte prazas propias que albergará o recinto hai que sumarlle as setenta coas que xa conta o vial fronte a escola infantil.

Que sobre os planos se conten vinte prazas non significa que estas sexan as únicas, matizou o alcalde. Ademais, rodeando o centro de saúde existe solo dotacional do Concello onde nun futuro se poden construír novos edificios, zonas verdes ou empregalo como espazo de aparcamento, se a demanda o require.

Non obstante, a propia edificabilidade das parcelas xerará novas prazas de aparcamento para o día en que ese solo se empregue para albergar novas estruturas. A estas 90 prazas de aparcamento totais, entre as propias do centro de saúde e as pertencentes ao vial haberá que sumar as que se xeren a maiores. A Baiuca está suficientemente dimensionada como para asumir as necesidades actuais e  calquera proxecto futuro, rematou.

Publicado en Portada | Deja un comentario