A Peña Ciclista Bikestrada, en colaboración co Concello, organiza dúas rutas infantís este sábado e o día 26

                            A saída está prevista ás 16.30 horas desde a Praza da Constitución

 

 

Un ano máis, a Peña Ciclista Bikestrada, en colaboración co Concello da Estrada, organiza as rutas infantís “Bikestrada”, que terán lugar este sábado, día 5, e o 26 a partir das 16.30 horas. Os interesados poderán obter máis información no enderezo electrónico www.bikestrada.com

 

As saídas, ás 16.30 horas, serán desde a Praza da Constitución (Praza do Concello). Son rutas de dificultade baixa e os menores de idade deberán asistir acompañados dun adulto. Non é necesario ser socio da peña para poder participar nestas actividades, pero si será preciso cubrir un formulario previamente. Este pode descargarse desde a web do club ou no punto de partida das rutas, antes da saída. Será obrigatorio o uso de casco.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Manifestación CIG 1 de Maio

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O ansiado «Campanu» Galego cae en Ximonde

O ansiado «Campanu» Galego cae en Ximonde esta mañá, a primeira hora. Un salmón macho de 99 centímetros de lonxitude e 7.195 kilos de peso que se deixou ver pra un pescador Ribeireño, José Manuel Castro Pallas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello contratará por 40.000 euros os servizos dunha empresa externa como apoio para acometer obras de bacheo no rural

Unha das grandes prioridades do Concello da Estrada son as diversas actuacións de asfaltados que acondicionarán unha cifra importante de viais do rural. “Este inverno foi terrible no que respecta ao mantemento das pistas, sobre todo no rural,  e as choivas provocaron, nalgunhas casos un deterioro considerable de viais”, indica o alcalde da Estrada, José López.  Agora mesmo están en marcha  proxectos de asfaltados dun millón de euros nos que se están realizando xa todas as tarefas de limpeza para poder acometelos. “Esta limpeza, creo que xa está case acabada, inclúe a apertura de cunetas a todo o longo do vial e a limpeza con medios mecánicos e manuais para poder empezar a aglomerar, se o tempo o permite,  xa estes días”, indica o mandatario.

 

Entre as actuacións que se están levando a cabo xa figuran as incluídas en tres proxectos. O primeiro deles abarca as seguintes pistas: Lamas (Igrexa), Vinseiro (Correáns- EP 7016), Rubín (Balseiros PO 7006- O Bede N 640), Berres (Vila do Sol EP 7017- Igrexa EP 7014), San Miguel de Barcala (PO214- Casa do Frade), San Miguel de Castro (A Calzada N 525- O Seixo), Aguións ( Rúa do Muíño- Igrexa), Guimarei (Avenida da Torre), Cora (lugar de Cora, de Carbia e outra pista que vai de Cora a Sieiro), Baloira (As Cruces), Somoza (Igrexa- Castro Ramiro), Callobre (N-640- A Riba)  e en Agar (Outeiro). Esta execución conta cun orzamento de 565.000 euros e corre a cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos da Deputación) 2017 liña 1.

 

Outro segundo bloque de actuacións afecta ás pistas de Orazo (PO 505- N 640), Baloira (A Igrexa), Frades (Subión- Frades) e en Couso (Sequeiró) por 150.000 euros.

 

E un terceiro proxecto de asfaltados actuará sobre os viais de Rubín (O Carballal- Cereixo EP2016), Berres (un en Porto e outro que une Ulla e Porto), Santa Cristina de Vea (Nogueira), San Xurxo de Vea (Loureiro de Abaixo) e en Parada (Cruce Entrecastrelo- Vilademeus). Todas estas obras xa se están acometendo por un importe de 240.000 euros.

 

Os tres proxectos foron adxudicados á Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa).

 

“A maiores disto, temos un proxecto, que imos publicar en breve, que é tamén de 150.000 euros, que consiste nunha actuación en Ribela, que vai da EP7012 a Vilar, unha en Cereixo, no lugar de Señoráns,  unha que vai de Torreboredo a Nigoi, outra en Cereixo, en Viso de Abaixo, e outra en Lamas, que vai da Abelleira á igrexa de Lamas. Este proxecto está para licitarse estes días”, apunta López.

 

O rexedor tamén sinala que “estamos reforzando a brigada municipal para levar a cabo os bacheos, xa que entre as obras que se van levar  a cabo e o bacheo, tendo en conta a situación dos viais, non é suficiente, polo que acabamos de poñer en marcha un contrato, de 40.000 euros, para contar cos servizos dunha empresa que nos apoie no plan de bacheos”. A parte das 30 persoas que o Concello vai contratar a través do Plan de Emprego.

 

 Ademais, acometeranse outras actuacións cos “dous millóns de euros destinados á asfaltados que estamos pendentes do Plan Concellos da Deputación para poder acometelos no verán e moitas desas pistas, que agora mesmo están en peor estado, xa están incorporadas nese proxecto que abarcará un total de 68 pistas”.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Continúa a xeira de presentacións polo rural estradense do libro “Os nomes da Estrada, orixe dos topónimos das parroquias e lugares do Concello da Estrada”. Desta volta será nas Veas onde se fará unha análise máis detallada da toponimia desta zona que abrangue tamén ás Barcalas, Couso e Baloira. Este acto terá lugar na escola de Santo André de Vea o vindeiro sábado 5 de maio ás 20:30 h. E xunto coa autora, Clara Iglesias, e o escritor David Otero en representación da A. C. Vagalumes, tamén intervirán activistas culturais desta área como son Teresa Villar, Amalia Fernández e Manolo Rodríguez.

Continúa a xeira de presentacións polo rural estradense do libro

Continúa a xeira de presentacións polo rural estradense do libro “Os nomes da Estrada, orixe dos topónimos das parroquias e lugares do Concello da Estrada”. Desta volta será nas Veas onde se fará unha análise máis detallada da toponimia desta zona que abrangue tamén ás Barcalas, Couso e Baloira.
Este acto terá lugar na escola de Santo André de Vea o vindeiro sábado 5 de maio ás 20:30 h. E xunto coa autora, Clara Iglesias, e o escritor David Otero en representación da A. C. Vagalumes, tamén intervirán activistas culturais desta área como son Teresa Villar, Amalia Fernández e Manolo Rodríguez.

Desta volta será nas Veas onde se fará unha análise máis detallada da toponimia desta zona que abrangue tamén ás Barcalas, Couso e Baloira.

Este acto terá lugar na escola de Santo André de Vea o vindeiro sábado 5 de maio ás 20:30 h. E xunto coa autora, Clara Iglesias, e o escritor David Otero en representación da A. C. Vagalumes, tamén intervirán activistas culturais desta área como son Teresa Villar, Amalia Fernández e Manolo Rodríguez.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Os fieis rindense a San Xorxe en Cereixo AEstrada

Este Domingo Cereixo recibío a centos de fíeis na sua festa a San Xorxe con múltiples actuacións e actividades.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Despedida multitudinaria a Pablo Carollo en A Estrada

Un gran numero de veciños, familiares e autoridades achégaronse na tarde de hoxe A Estrada para dar o último adeus o presidente das NNXX de Pontevedra, Pablo Carollo Ramos.

A Igrexia Estradense de San Paio quedouse pequena para acoller o funeral na memoría do xoven político, tras falecer a causa dunha enfermidade.

No sepelio entre os asistentes, estuvo presente o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo, o máximo responsable do PP Provincial Alfonso Rueda, e tamén a Presidenta do Congreso Ana Pastor arroupando o Tenente Alcalde Estradese Juán Constenla Carbón, e a súa familia.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario