RECUNCHO DA LINGUA, ABRAHAN CUPEIRO E RAMIRO VARELA CIVES,PREMIOS SAN MARTIÑO 2025 Á NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 Os galardóns que impulsa o Concello da Estrada premian o uso e
defensa do galego nos ámbitos comarcal, galego e durante toda unha
vida.
 A entrega realizarase o vindeiro 11 de novembro, ás 20.00 horas, no
Teatro Principal.

O Padroado dos Premios San Martiño de
Normalización Lingüística, constituído na noite deste luns, resolveu a concesión dos
premios pertencentes á trixésimo quinta edición a Recuncho da Lingua, Abraham
Cupeiro e Ramiro Varela Cives. A entrega realizarase o vindeiro 11 de novembro no
Teatro Principal, ás 20.00 horas.
Promovidos polo Concello da Estrada, estes premios galardoan o traballo a prol da lingua
galega en tres ámbitos: na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, no ámbito galego e no
contexto de toda unha vida. O xurado estivo conformado por Lucía Seoane Rosende,
Iván Sanmartín Eirín, José Parada Caramés, Henrique Vázquez Pernas, Xosé Lueiro
Lemos e María Sanmartín Ruzo, esta última exercendo como secretaria.
O premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes recaerá no
programa de dinamización lingüística e cultural “O Recuncho da Lingua”, emitindo
dende hai seis anos pola emisora municipal Radio Estrada, dentro do seu programa
“Ensaiar é de covardes”. Está dirixido e presentado pola mestra estradense Pilar
Bernárdez. A acta do xurado recolle que “ademais de promover o uso do galego entre a
xente nova e de divulgar a obra de distintos referentes literarios estradenses, este
espazo, de periodicidade semanal, é tamén un foco difusor da nosa historia, das nosas
tradicións e da nosa cultura popular”.
O premio San Martiño á normalización lingüística no ámbito galego será este ano para o
lugués Abraham Cupeiro. Construtor, musicólogo e multinstrumentista, está
especializado na recuperación de instrumentos ancestrais que utiliza para crear novas
sonoridades. O músico destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnyx
(trompeta celta da Idade de Ferro) ou o Cornu que se tocaba nas grandes ocasións no
Senado romano. Con varios discos no mercado, Cupeiro comparte escenario con

grandes orquestras nacionais e internacionais, ademais de compoñer e colaborar en
bandas sonoras e de traballar cos mellores músicos do mundo. O músico tamén destaca
pola recuperación de instrumentos tradicionais galegos e polo uso da lingua nai ao longo
de toda a súa traxectoria artística.
Finalmente, o galardón a toda unha vida de defensa do galego recaerá no doutor
estradense Ramiro Varela Cives. Iniciou a súa traxectoria como cirurxián pediátrico,
ademais de exercer o papel de profesor titular na Universidade de Santiago de
Compostela. Leva publicados máis de 100 artigos en revistas nacionais e internacionais e
presentado máis de 20 ponencias en congresos de todo o mundo. Varela Cives foi
distinguido con prestixiosos galardóns como a Medalla de Honra da Academia MédicoQuirúrxica de Santiago ou a Medalla de Ouro da Asociación Fillos e Amigos da Estrada, da
que foi presidente entre os anos 2017 e 2023. Recibiu tamén o Salmón de Ouro, é
membro da Real Academia de Medicina de Galicia e presidente da Fundación de Amigos
de Galicia. O xurado subliña que “foi dos primeiros médicos en empregar a lingua galega
no seu ámbito profesional”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

QUEDA PROHIBIDO O TRÁNSITO DE AUTOBUSES E CAMIÓNS NUNTRAMO DA RÚA SERAFÍN PAZO E NA ALFONSO VARELA DURÁN

Os cambios comportan que o transporte de viaxeiros non poderá
empregar ningún destes accesos no momento de encamiñarse ou saír da
estación de autobuses.
 A medida busca elevar a seguridade viaria en rúas moi transitadas, con
beirarrúas estreitas e con pasos de peóns pegados á intersección coa
Avenida Benito Vigo.

A xefatura da Policía Local da Estrada anunciou hoxe
cambios que afectan á circulación no casco urbano, concretamente para os autobuses e
o tráfico pesado. As brigadas municipais deixaron xa esta mañá instalada a nova
sinalización vertical que recolle as variacións circulatorias nun dos tramos da Rúa Serafín
Pazo e tamén na Rúa Alfonso Varela Durán. Námbalas dúas queda prohibida a
circulación de autobuses e camións.
Deste xeito, o transporte de viaxeiros non poderá empregar ningún destes accesos no
momento de encamiñarse ou saír da estación de autobuses, como vén sucedendo ata o
de agora.
A medida adoptada pola Policía Local busca incrementar a seguridade viaria nestas dúas
rúas estradenses. No caso do tramo da Serafín Pazo que discorre por diante do Teatro
Principal, sinálase a elevada concorrencia de peóns, non xa só pola proximidade deste
espazo municipal, senón principalmente porque o cruce desta rúa coa Avenida Benito
Vigo está moi preto do acceso á demandada área de estacionamento público situada a
carón do teatro e tamén próximo a unha clínica, de xeito que o tránsito peonil é
constante. A este contexto súmase que as beirarrúas neste tramo da rúa son estreitas.
Similar é a situación da Rúa Alfonso Varela Durán, cun paso de peóns xusto no cruce.
Deste xeito resolveuse que tanto a entrada como a saída de autobuses dende a estación
se artelle unicamente a través da Rúa Matadoiro.
Instalados os sinais, os cambios en materia de circulación teñen efectos inmediatos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ ACTIVA A SÚA AMPLIACIÓN DESERVIZO, PASANDO DE 20 A 30 HORAS SEMANAIS POR PROFESIONAL

 O incremento horario fíxose coincidir co trámite da nova adxudicación,
logo da extinción do anterior contrato.
 Cos cambios derivados da ampliación horaria, son 45 os rapaces nesta
unidade.
 Por áreas, 20 deles están vencellados a terapia ocupacional, 22 á de
psicoloxía e outros 22 á de logopedia.
 A suba de horas permite a incorporación ao servizo dos nenos que
levaban máis tempo esperando por esta atención.

A Unidade de Atención Temperá da Estrada
comezou traballar con horario ampliado, pasando das 20 horas semanais que viña
realizando cada un dos seus profesionais ás 30 que dende este mes se prestan.
Despois de asinarse o contrato coa firma adxudicataria, os servizos de logopedia,
psicoloxía e terapia ocupacional que ofrece este servizo -altamente valorado polas
familias usuarias- incrementan a súa dispoñibilidade, de xeito que a pretensión do
Concello pasa por que aqueles cativos que xa viñan asistindo a esta unidade poidan
axustar o número de horas ás súas necesidades ou por que outros novos poidan
incorporarse a esta atención.
A ampliación horaria fíxose coincidir co trámite da nova adxudicación, logo da extinción
do anterior contrato. Tivo como resultado a selección da firma Foltra, anterior
adxudicataria, entre as ofertas presentadas. En todo caso, o procedemento
contemplaba a subrogación dos tres profesionais que viñan prestando os seus servizos
na unidade estradense. A referida contratación ten asociado un orzamento de 175.500
euros, sendo un contrato dun ano prorrogable por outro.
Este centro atende a nenos de entre 0 e 6 anos. Todos os usuarios chegan ao programa
derivados por Pediatría. A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, confirmou este
mediodía que, cos cambios derivados da ampliación horaria, serán 45 os rapaces que
asistan a esta unidade. Por áreas, 20 deles están vencellados a terapia ocupacional, 22 á
de psicoloxía e outros 22 a logopedia.
Goldar sinalou tamén que a suba de horas permite xa a incorporación ao servizo dos
nenos que levaban máis tempo esperando por esta atención. Aínda que desexou que
este incremento horario, sumado á flutuación no servizo, permita reducir ao mínimo as
esperas, a concelleira asumiu que “as necesidades sempre son máis que os recursos”.
A titular estradense de Servizos Sociais lembrou que este servizo é totalmente gratuíto
para as familias. Malia que o Concello ten que anticipar os fondos, a Xunta aporta
practicamente o 100% do seu custe a través de Consellería de Política Social. Nestes
intres, o funcionamento da unidade require 84.825 euros ao ano.
Mellor coordinación
A nivel organizativo, o aumento das horas suporá que as profesionais da Unidade de
Atención Temperá da Estrada cadren máis xuntas no servizo, o que permitirá unha
mellora da atención directa aos usuarios, ademais dunha mellor coordinación interna e
cos servizos comunitarios (colexios, escolas infantís e pediatras, principalmente).
O horario do servizo variará ao longo da semana. Luns, martes e mércores a unidade
funcionará de 08.00 a 19.00 horas. Os xoves o horario será de 08.00 a 14.00 e os venres,
de 08.00 a 15.00.
A Unidade de Atención Temperá botou andar na Estrada no ano 2019. Fíxoo nas
dependencias dun piso co que o departamento de Servizos Sociais conta na Avenida
Benito Vigo. Tras destacar que todo o retorno que recibe da Unidade de Atención
Temperá e dos seus profesionais “é moi positivo”, Amalia Goldar recoñeceu que os
usuarios sinalan que as instalacións non son ás máis apropiadas. “Son francamente
mellorables”, coincidiu a concelleira. De seguido, sinalou que o seu traslado está xa
contemplado no proxecto do novo Edificio Integrado dos Servizos Sociais que se
impulsará cos novos fondos europeos no solar do antigo INEM. “Agardemos que nun par
de anos poidamos ter unhas instalacións á altura da calidade do servizo que se presta
dende esta unidade”, manifestou.

Publicado en Portada | Deja un comentario

“OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2026 REFERENDAN O QUE VIMOSDICINDO: É O MOMENTO DA ESTRADA”, SINALA GONZALO LOUZAO

 O alcalde estradense aplaude a incorporación de 16,8 millóns de euros
para a autovía AG-59 nas contas galegas, o investimento máis elevado
da contorna para o vindeiro exercicio.
 Remarca que A Estrada superará o ano que vén os 20 millóns de euros
de gasto autonómico, “sendo un dos concellos galegos con más
investimentos finalistas en 2026”.
 “Autovía, solo industrial e vivenda son alicerces para construír A
Estrada das oportunidades que pretendemos dende o goberno local e
son, tamén, as sólidas pedras que as previsións orzamentarias do
goberno galego incorporan para axudarnos a edificala”, di o rexedor.

“Os orzamentos da Xunta para 2026 referendan o
que vimos dicindo: é o momento da Estrada”. O alcalde estradense, Gonzalo Louzao
Dono, amosouse así de firme á hora de valorar as contas que o goberno de Alfonso
Rueda deseñou para o vindeiro exercicio económico na comunidade galega e que
reservan para continuidade da autovía A Estrada-Santiago (a AG-59) a maior partida na
contorna. Concretamente, para prolongar esta vía de alta capacidade os orzamentos
autonómicos contemplan 16.868.197 euros para 2026 que se aveciña. O proxecto inclúe
13 millóns máis para 2027 e outros 7 millóns en 2028, ata superar un montante de 36,8.
O alcalde puxo tamén o acento en que a territorialización deste investimento sitúa o 60%
destes fondos na provincia de Pontevedra e, polo tanto, especificamente no termo
municipal estradense, cara onde avanzará a AG-59 dende a fase que está piques de
concluír e que chegará a Pontevea.
“Como dixo o presidente Rueda este domingo na Estrada, esta fase quedará inaugurada
en dous ou tres meses, en función do efecto que a meteoroloxía teña na recta final dos
traballos”, lembrou Louzao. “Os estradenses soubemos agardar por esta conexión libre
de peaxes, pero a capital galega está xa para todos nós cada vez máis preto”, engadiu.

Os alicerces
“Dixemos que autovía, solo industrial e vivenda son alicerces para construír A Estrada
das oportunidades que pretendemos dende o goberno local e son, tamén, as sólidas
pedras que as previsións orzamentarias do goberno galego incorporan para axudarnos a
edificala”, apuntou o alcalde estradense.
Aludiu deste xeito a que, xunto coa prolongación da autovía AG-59 ata O Rollo (en Santa
Cristina de Vea), as contas da Xunta para 2026 contemplan tamén partidas específicas
para a ampliación do polígono industrial de Toedo e para a construción de 28 novas
vivendas de promoción pública.
No tocante ao principal parque empresarial da Estrada, Louzao situou os 2,4 millóns
fixados para 2026 nun desembolso de 8.762.508 euros, con data de inicio no vindeiro
exercicio e con fin no 2028. Apuntou tamén as previsións de ingreso por explotación que
figuran nas estimacións de Xestur, cifradas en 9.388.626 euros para o ano 2028.
“Dotar á Estrada de solo industrial público resulta fundamental para ter capacidade de
creación de emprego, ofrecendo oportunidades laborais aos estradenses no seu propio
municipio e atraendo novos traballadores, que poderán escoller A Estrada para vivir”,
sinalou o alcalde. “A esta ampliación do polígono temos que sumar o feito de que aos
pés deste parque chegará a autovía AG-59. Así, con planificación, é como se constrúen as
oportunidades”, defendeu.
“En materia de vivenda a falta de competencias non nos pon a cousas fáciles e
precisamos a implicación dos axentes privados. Porén, a Xunta de Galicia está poñendo
da súa parte, apostando por estas novas 28 vivendas de promoción pública que vemos
incorporadas aos orzamentos autonómicos”, continuou o xefe do executivo local.
Referiuse así a unha previsión de investimento de 4.290.830 euros, que xa teñen en
2026 consignación para os proxectos técnicos e unha primeira partida de investimento.
A xeito de resumo, e en base a unha primeira e xeralizada análise dos proxecto de
orzamentos da Xunta para 2026, Gonzalo Louzao puntualizou que as previsións do
goberno autonómico farán que o Concello da Estrada condense máis de 20 millóns de
euros de investimento, convertíndose “nun dos concellos galegos con máis gasto
finalista do vindeiro exercicio”. Remarcou o munícipe que ás consignacións específicas
haberá que sumar, ao longo de 2026, os diferentes plans autonómicos aos este
municipio está adherido e os recursos extraordinarios xestionados con diversas
consellerías.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA DESTINA PRETO DE 22 M€ EN ACTUACIÓNS CLAVE NOS CONCELLOS DA COMARCA DO DEZA-TABEIRÓS CUNHA APOSTA HISTÓRICA POLO DESENVOLVEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS

  • O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para a autovía AG-59, así como a nova Edar de Lalín ou a ampliación dos parques empresariais de Toedo e Lalín 2000
  • O total dedicado á provincia de Pontevedra supera os 4.083 millóns de euros
  • ” a Xunta leva moitos anos lendo as necesidades dos galegos e galegas e poñendo todo o seu esforzo en mellorar a súa calidade de vida. Proba diso son estes magníficos orzamentos que, estou seguro, permitirán mellorar o día a día de millares de veciños do Deza-Tabeirós”

A  Xunta de Galicia vén de destinar preto de 22 M€ para a comarca do Deza-Tabeirós no proxecto de Orzamentos 2026, os máis 4.083 M que se investirán, en total, na provincia, segundo revelou hoxe o delegado territorial, Agustín Reguera.

O delegado lembrou as “múltiples obras e iniciativas” levadas a cabo con éxito durante o presente exercicio e sinalou algunhas das principais actuacións previstas nestes orzamentos.

Entre os principais investimentos que se levarán a cabo na comarca, destaca na Estrada,  a continuación das obras da Autovía AG-59 que conta cunha achega de 10 M€ e que suporá unha importante mellora da conectividade da zona, cun especial impacto neste concello. Aínda na Estrada, a ampliación do parque empresaria de Toedo conta cunha partida de 2,4 M de euros.

No caso de Lalín, a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 conta cunha achega de 4,9 M de euros; as obras no IES Ramón Mª Aller Ulloa, que xa están licitadas, contarán cun investimento este ano de 3,17 M de euros; ademais, a Xunta apostará por unha nova base de helicópteros contra incendios.

Sen embargo, a gran partida que contemplan os orzamentos deste ano 2026 en Lalín é a destinada á nova Edar. En total, esta obra custará máis de 27,6 millóns de euros.

Pola súa banda, no concello de Silleda a Xunta investirá 500.000 euros para a dotación dunha pista de equitación nas instalacións da Fundación Semana Verde. Ademais, manterá a súa aposta polo impulso aos polos de emprendemento cunha achega aproximada para este concello de 130.000 euros.

Cabe destacar que, máis alá dos investimentos nomeados, os orzamentos do ano 2026 contemplan unha gran cantidade de pequenas actuacións, así como a prestación de servizos aos que a cidadanía xa está habituada. Nomeadamente as axudas para o alugamento, os bonos e programas de transportes ou a gratuidade da educación dende os 0 anos ata a titulación universitaria.

O delegado territorial destacou o compromiso da Xunta cos “problemas da cidadanía” e a necesidade de “seguir apostando por sectores especialmente sensibles como a comunicación, o coidado do medio ambiente, a sanidade ou a educación”. Neste sentido, Reguera asegurou que “a Xunta leva moitos anos lendo as necesidades dos galegos e galegas e poñendo todo o seu esforzo en mellorar a súa calidade de vida. Proba diso son estes magníficos orzamentos que, estou seguro, permitirán mellorar o día a día de millares de veciños do Deza-Tabeirós”.

A Continuación, adxúntase unha pequena táboa resumida cos datos dos orzamentos para este ano 2026. Solo están representados os principais investimentos, non hai gastos correntes, bonos, subvencións ou gastos en gratuidade de servizos. Algunhas destas partidas son partilladas entre varios concellos ou contemplan un gasto plurianual dificilmente especificable.

 

ECONOMÍA E INDUSTRIA

A Estrada

Ampliación Toedo-A Estrada

2,4M

VIVENDA E INFRAESTRUTURAS

A Estrada

continuar a AG -59 (A Ramallosa – A Estrada)

10M

MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Lalín

Nova Edar (Plurianual)

27,6M

EDUCACIÓN CIENCIA UNIVERSIDADES FP

Lalín

IES Ramón Mª Aller Ulloa (xa licitado)

3.171.774,1 (Solo 2026)

 

ECONOMÍA E INDUSTRIA

Lalin

Ampliación Parque Empresarial Lalín 2000:

4,9 M

MEDIO RURAL

Lalín

Base de Helicópteros

6M EN TOTAL PARA ESTAS ACTUACIÓNS:

―     Aeródromo Valga;

―     Base helicópteros Lalín;

―      Nova base unidades operativas Valga

―     Nova base unidades operativas Portas

―     Nova base unidades operativas Tui

PRESIDENCIA XUSTIZA DEPORTES

Silleda

Pista de equitación instalacións Fundación Semana Verde

500.000

EMPREGO, COMERCIO, EMIGRACIÓN

 

Silleda

Impulso aos polos de emprendemento Vilanova, O Porriño e Silleda

130.000 *

*O investimento total nos Polos de Emprendemento de Vilanova Porriño e Silleda é de 390.000 euros. Simulo un investimento ao 50% en cada concello, pero o dato é orientativo.

 

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O ALCALDE SUPERVISA AS OBRAS PARA MELLORAR O ESTADO DE VÍASFORESTAIS E RURAIS DUNHA VINTENA DE PARROQUIAS

 En colaboración co Servizo de Prevención de Incendios de Medio Rural
en Pontevedra, executa intervencións en pistas precisas para a
prevención e extinción de incendios nas parroquias de Souto e
Codeseda.
 O Plan de Conservación de Camiños Rurais conclúe as súas actuacións
en pistas de 19 parroquias.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, desprazouse
nos últimos días ata diversos puntos do rural para supervisar a execución de dous plans
de actuación na rede viaria que dá servizo ás parroquias e que vai máis aló do asfalto. En
concreto, o mandatario acudiu a pé de obra aos traballos que o Concello está
executando en colaboración co Servizo de Prevención de Incendios da Consellería de
Medio Rural en Pontevedra, así como ás actuacións que veñen de concluír dentro do
proxecto de conservación de camiños rurais.
Na parroquia estradense de Souto, o rexedor tivo ocasión de ver o avance das obras
nunha zona onde se produciron incendios forestais recentes. A actuación hai que
encadrala no marco da colaboración entre a administración municipal e o citado servizo
pontevedrés, que arrancou no mes de setembro coa recuperación de 5 quilómetros
dunha pista precisa para a prevención e extinción de incendios e que une tres lugares de
dúas parroquias estradenses: Requián e Casalpaio, na parroquia de Frades, e Paramá, en
Santo André de Vea.
O Servizo de Prevención de Incendios e o Concello traballan agora na parroquia de
Souto, ademais de iniciar xa actuacións desta mesa natureza en tres pistas da parroquia
de Codeseda, que unen outros tantos lugares, no límite con Souto e Cerdedo-Cotobade.
Son as pistas de Xubrei, Insuela e Quintas.
Conservación de camiños
Noutra orde de cousas, Louzao Dono visitou esta mesma mañá algunhas das obras que
veñen de rematarse no contexto do proxecto de Conservación de Camiños Rurais. Son
actuacións que consisten na limpeza de foxos, refino, planeo e compactación da caixa do
camiño e, nalgúns casos, pavimentación con zahorras.
Este plan contemplou a mellora do firme en camiños de 13 parroquias: Couso (Couso),
Cora (Vilacriste), San Xurxo de Vea (Guntín), Santeles (Santeles), Paradela (Aldea
Grande), Riobó (Barcia e A Pena), Frades (Subión e Chaín), Barbude (Trasmonte), Rubín
(Berbigueira), Guimarei (Guimarei), Lamas (O Rodo), Vinseiro (Freán e A Pena) e
Codeseda (A Bugalleira).
O goberno complementou este plan con intervencións nos camiños da pista que une
Lamas e Pazos (Rubín); no acceso a Ponteliñares (Callobre) e nas pistas de Sandán
(Tabeirós), Souto de Vea (San Xurxo de Vea), Casa do Frade (San Miguel de Barcala) e
Maíndo (Couso).

Publicado en Portada | Deja un comentario

INTEGRANTES DO COMITÉ EXECUTIVO DO PARTIDO POPULAR DA ESTRADAAPROBADO NO 11º CONGRESO LOCAL O 19 DE OUTUBRO DE 2025

• Presidente: Gonzalo Louzao Dono (31 anos)
Cereixo | Alcalde da Estrada
• Presidente de honra: José Carlos López Campos (51 anos)
A Estrada | Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
• Secretario: Manuel Magariños Maceiras (54 anos)
A Estrada | Responsable de sección nuns grandes almacéns
• Vogais:
o José Conde Trasande (50 anos)
Santa Mariña de Barcala | Empresario (distribución de produtos de
limpeza)
o María del Carmen López Corbacho (65 anos)
Frades | Xubilada
o Rosa María Lavandeira Rey (48 anos)
San Xurxo de Vea | Administrativa
o María de los Ángeles Pais Carbia (44 anos)
San Miguel de Cora | Empresaria (sector agrogandeiro)
o Iván Lorenzo Rodríguez (39 anos)
San Miguel Cora | Empresario (sector da construción)
o José Manuel Montenegro Peiteado (49 anos)
San Xiao de Vea | Carpinteiro
o José Ramón Blanco Leal (43 anos)
Santa Cristina de Vea | Empresario (sector do metal)
o María del Carmen Durán Lea (57 anos)
Santeles | Autónoma (sector agrario). Concelleira de Medio Ambiente e
Asociacionismo Rural
o Lucía Seoane Rosende (45 anos)
Matalobos | Traballadora de Correos. Concelleira de Cultura, Lingua,
Xuventude, Emprego e Apoio ao Rural
o José Manuel Pereiras Clemente (68 anos)
Paradela | Xubilado
o Germán López Chico (55 anos)
Barbude | Traballador da empresa ACEGA (conservación)
o Jéssica Rodríguez Calviño (37 anos)
Aguións | Recepcionista
o Javier Carreira Alvela (42 anos)
Riveira | Traballador no sector da conservación de estradas
o José Manuel Ribadavia Figueiras (65 anos)
Moreira | Xubilado
o Manuel Ángel Pereiras Parada (57 anos)
Berres | Autónomo (torneiro)
o Beatriz Pazos Alonso (36 anos)
A Estrada | Educadora infantil
o Mateo Fernández Louzao (17 anos)
San Miguel de Castro | Estudante de Dereito
o Rodrigo García Seco (18 anos)
A Estrada | Estudante de Dereito
o Cristina Quinteiro Núñez (38 anos)
Oca | Autónoma
o José Antonio Maceira Besteiro (68 anos)
Loimil | Xubilado
o Alfonso Figueiras Rey (61 anos)
Riobó | Traballador do sector da carpintaría. Concelleiro de Apoio a
Promoción Económica e Emprendemento
o José Manuel Nogueira Porto (44 anos)
Santo Tomé de Ancorados | Empresario (sector carpintaría e multiprezo)
o Santiago Martínez Rey (27 anos)
San Pedro de Ancorados | Químico
o José Daniel Rodríguez Tato (25 anos)
Orazo | Palista
o Manuel Coto Piso (50 anos)
Callobre | Carniceiro
o Cándido Porto García (51 anos)
Olives | Exportador de gando
o Eloy Rey Iglesias (33 anos)
Rubín | Empresario (carniceiro)
o María Laura Baliño Gómez (54 anos)
Lamas | Traballadora do Concello da Estrada (secretaria da Alcaldía)
o Félix Figueiras Méndez (43 anos)
Lagartóns | Funcionario do Concello da Estrada
o José Manuel Sueiro Loureiro (52 anos)
Ouzande | Transportista
o Nemesio Ignacio Rey Pazos (63 anos)
Guimarei | Xubilado
o José Manuel Blanco Sanmartín (56 anos)
A Somoza | Funcionario da Administración Local
o Ismael Lagos Alonso (70 anos)
Tabeirós | Xubilado
o Alfonso José Otero Durán (74 anos)
Pardemarín | Xubilado
o Daniel García Búa (32 anos)
Nigoi | Carpinteiro
o José Carlos González Rodríguez (58 anos)
Arca | Traballador no sector do transporte público
o Manuel Vilaboa Somoza (78 anos)
Ribela | Xubilado
o María Isabel Moimenta Fernández (60 anos)
Liripio | Empregada do fogar
o Manuel Ángel Castro Basteiro (46 anos)
Souto | Carpinteiro
o María del Carmen Gaspar Ayude (60 anos)
Codeseda | Autónoma (sector hostalaría)
o Ana Belén Picallo Louzao (45 anos)
Codeseda | Condutora de autobús
o Fátima Fernández Areán (61 anos)
Sabucedo | Autónoma (sector hostalaría)
o Valentín García Gómez (55 anos)
A Estrada | Secretario xeral da Lingua
o Juan Manuel Constenla Carbón (61 anos)
A Estrada | Xefe de gabinete da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
o Alberto Manuel Blanco Carracedo (63 anos)
A Estrada | Autónomo (avogado). Concelleiro de Facenda, Organización,
Funcionamento e Persoal
o Amalia Goldar Cora (58 anos)
A Estrada | Avogada. Concelleira de Urbanismo, Benestar Social, Igualdade
e Educación
o Óscar Alejandro Durán Barros (53 anos)
A Estrada | Autónomo (sector da cristalería)
o José Ismael Pena Villamor (49 anos)
Rubín | Empregado dunha axencia de seguros. Concelleiro de Deportes e
Participación Cidadá
o Miguel Óscar Rancaño Brañanova | 62 anos
A Estrada | Médico
o José Manuel Reboredo Baños (67 anos)
A Estrada | Mestre
o Montserrat Carracedo Goldar (55 anos)
A Estrada | Funcionaria da Xunta de Galicia
o Rocío Blanco Mosquera (39 anos)
A Estrada | Traballadora do Concello da Estrada (secretaria da Alcaldía)
o Enrique Prieto Porto (56 anos)
A Estrada | Director de Réxime Interno do Concello da Estrada
o Luis Rey González (56 anos)
A Estrada | Traballador dunha empresa do sector do transporte
o Carlos Faílde Pereiras (49 anos)
A Estrada | Empresario (sector de telecomunicacións)
o José Vicente Vicente (65 anos)
Tabeirós | Traballador dunha gasolineira
o Iago Cribeiro Penas (26 anos)
A Estrada | Traballador da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
o Daniel López González (26 anos)
A Estrada | Informático
o Jesús Pereiro Castro (32 anos)
A Estrada | Adestrador deportivo (bádminton)

GALERÍA FOTÓGRAFICA:

Publicado en Portada | Deja un comentario