99.654: O NÚMERO DAS FESTAS DE SAN PAIO PARA ESTE NADAL

 

A comisión de festas encargada de deseñar e
organizar as festas patronais de San Paio en 2026 ten xa en distribución os boletos do
número que xogará no Sorteo Extraordinario de Nadal. O presidente da comisión, Iván
Lorenzo, explicou que o equipo deixou ao azar a elección do número 99.654, adquirido
integramente para depositar a ilusión o vindeiro 22 de decembro.
Os décimos están xa dispoñibles en diferentes establecementos hostaleiros e comerciais
da vila. O número distribuirase integramente na Estrada. As persoas que o escollan para
o sorteo de Nadal aportarán 3 euros en concepto de donativo para colaborar co San Paio
2026.
A nova comisión de festas de San Paio presentouse a comenzos deste mes publicamente
para que os estradenses a coñezan e compartan con ela o desexo e o empuxe para
organizar as mellores festas posibles para goce de todos os estradenses.
gO equipo está formado por Iván Lorenzo, Puri Areán, José Luis Terceiro, Ana Cerqueiro,
José Ramón Blanco e Silvia García.

Publicado en Portada | Deja un comentario

GONZALO LOUZAO PROPORÁ A MANUEL MAGARIÑOS COMOSECRETARIO DO NOVO COMITÉ EXECUTIVO DO PP DA ESTRADA

O único candidato a presidir o Partido Popular da
Estrada a partir do 11º Congreso Local que se celebrará este domingo, Gonzalo Louzao,
revelou hoxe que proporá a Manuel Magariños Maceiras, actual concelleiro de Novas
tecnoloxías, Conectividade, Reto Demográfico e Vivenda, como futuro secretario do
Comité Executivo.
Gonzalo Louzao xustificou a elección de Magariños por ser “un compañeiro que leva anos
vinculado ao funcionamento orgánico do partido, traballando xenerosamente e sen pedir
nada a cambio, e que agora aceptou dar un paso á fronte para axudar a darlle continuidade
no futuro á exitosa etapa liderada por José López”. “Todo o mundo que o coñece sabe que
é unha persoa de trato cercano, que está moi vinculado á realidade do rural e que ten unha
gran capacidade de traballo, que agora pretendemos aproveitar para seguir fortalecendo a
conexión do partido coa sociedade estradense”, engadiu Louzao.
Manuel Magariños, de 54 anos de idade, é natural da parroquia de Vinseiro e actualmente
reside na Estrada. Casado e pai dun fillo, traballa nun gran hipermercado de Santiago como
responsable de sección. Leva afiliado ao Partido Popular máis de 20 anos e no ano 2007
comezou a involucrarse na actividade orgánica do PP da Estrada, incorporándose en 2010
ao Comité Executivo da man de José López. Formou parte da candidatura do PP estradense
ás Eleccións Municipais de 2015, 2019 e 2023, resultando elixido como concelleiro nesta
terceira ocasión.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO AMPLIARÁ A ATENCIÓN DO PUNTO LIMPO, APOSTANDOPOLO HORARIO DE TARDE PARA AUMENTAR A APERTURA DO RECINTO

 A Xunta aporta 93.000 euros para a mellora destas instalacións
medioambientais, emprazadas en Penerada.
 Nas 14 horas actuais de servizo, a media de usuarios sitúase nos 100. Os
sábados non baixan dos 50.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e o concelleiro
de Servizos Municipais, Óscar Durán, acompañaron esta mañá ao delegado territorial da
Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, durante a súa visita ás instalacións do
punto limpo municipal, que vén de recibir unha achega económica por parte da
administración galega. No contexto desta visita, os dirixentes locais avanzaron a
intención de que o servizo amplíe o seu horario na franxa vespertina.
No marco da visita, o delegado territorial explicou que a Consellería de Medio Ambiente
destinou un millón de euros para axudar aos concellos pontevedreses na xestión de
residuos. Indicou que, no caso do Concello da Estrada, a achega acadou os 93.000 euros
para melloras no punto limpo de Penerada. “É unha aposta da Xunta de Galicia para
axudar aos concellos, que sabemos que teñen necesidades neste senso, e para loitar
para que a xente se conciencie de que ten que empregar estas instalacións”, apuntou
Reguera.
O alcalde estradense explicou de seguido que estes fondos se empregarán para a
mellora dun recinto “que cada vez é máis visitado porque hai cada vez unha maior
concienciación da necesidade de reciclar”. Foi entón cando Gonzalo Louzao recoñeceu
que “fan falta máis horas porque son moitos os usuarios que se achegan ata estas
instalacións”. “Vemos que, sobre todo, faría falta amplialo en horario de tarde e estamos
falando coa empresa adxudicataria da xestión para ver como organizalo”, sinalou.
Actualmente o punto limpo estradense está aberto de 09.00 a 13.00 horas os xoves e
venres e en horario partido os sábados, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00. Deste xeito,
son 14 horas á semana nas que se vén rexistrando unha media de 100 usuarios. O servizo
vén constatando que os sábados as instalacións rexistran un mínimo de 50 persoas que
desexan depositar residuos de distinta natureza.

As instalacións realizaron un peche o pasado mes de marzo para concretar unha
reorganización e mellora, coincidindo coa nova adxudicación. A nova concesión motivou
unha inspección das instalacións e permitiu pasar a aplicar os cambios derivados de nova
normativa vixente nesta materia.
No tocante aos cambios que se introduciron coa nova xestión, o depósito de residuos
tivo que adecuarse ao que a lei contempla para o funcionamento dos puntos limpos.
Neste senso, os usuarios que acudan ás instalacións teñen que ser identificados antes de
introducir o material que acheguen nos contedores correspondentes. A maiores, a
normativa regula un número máximo de quilos para o depósito.
Xunto coa redistribución realizada, instaláronse novas medidas de seguridade, con
cámaras e alarmas de presenza para evitar os roubos que se viñan sucedendo.
Ademais, incorporarase á instalación unha caseta para Residuos de Aparellos Eléctricos
e Electrónicos (RAEES), que requiren unha estancia pechada e illada. Este material ten
que ser, ademais, depositado con identificación da persoa que o achega, ten que pesarse
e etiquetarse axeitadamente.

Publicado en Portada | Deja un comentario

OS CONCELLOS DA ESTRADA E FORCAREI SOLICITARÁN UNHAXESTIÓN COMPARTIDA DO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER

 Os alcaldes celebran unha reunión de traballo para avanzar na
configuración dun convenio, previo a formalizar esta solicitude ante a
Xunta a comezos de ano.
 Belén Cachafeiro expresa a súa vontade e interese de que se retome o
servizo compartido e de que as veciñas de Forcarei coñezan a existencia
deste recurso ao seu dispor.
 O CIM comenzou a funcionar na Estrada en 2003 e atendeu en 2024 a
160 usuarias, cifra que xera arredor de 550 consultas anuais.

–

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e a alcaldesa
de Forcarei, Belén Cachafeiro, mantiveron este mediodía unha reunión de traballo na
que comezar a sentar as bases para solicitar unha xestión conxunta do Centro de
Información á Muller (CIM). Na sesión estiveron tamén presentes a concelleira de
Servizos Sociais, Amalia Goldar, e a directora do CIM, Margarita de la Calle.
A rexedora forcaricense expresou a súa vontade e desexo de retomar este servizo
compartido. Neste senso, cómpre explicar que o CIM comezou a funcionar na Estrada no
ano 2003, cun ámbito de actuación comarcal. Con todo, o servizo leva anos sendo
xestionado unicamente pola administración estradense. O que se pretende agora é que
estes dous municipios veciños asinen un convenio e soliciten, de cara ao inicio do
vindeiro exercicio, unha xestión compartida, podendo acceder de maneira conxunta ás
subvencións establecidas ao efecto pola Xunta de Galicia.
Aínda que ata o de agora o Concello da Estrada solicitaba en solitario esta achega
autonómica para o seu CIM, o servizo non deixou de atender a usuarias procedentes do
Concello de Forcarei, na súa meirande parte derivadas pola Garda Civil ou polos servizos
sociais forcaricenses.
Cachafeiro puxo o acento no seu interese de que as veciñas de Forcarei coñezan a
existencia deste recurso e non dubiden en dirixirse ao Centro de Información á Muller,
que seguirá atendendo no Concello da Estrada a todas as forcaricenses que o demanden.

O CIM ofrece atención legal e psicolóxica á muller, realizando unha actuación integrada
ante situacións de violencia de xénero.
O Centro de Información á Muller comenzou a funcionar na Estrada fai 22 anos e
atendeu en 2024 a 160 usuarias, unha cifra que se sitúa lixeiramente por encima da súa
media anual e que xera arredor de 550 consultas no último exercicio de referencia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LUZ VERDE AO INICIO DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARAREMODELAR O CAMPO DE FÚTBOL MANUEL REGUEIRO

 A obra será sufragada con fondos do Plan +Provincia da Deputación e
ten asociado un orzamento de 307.721 euros.
 A actuación suporá a substitución do peche actual e das gradas
existentes, construción de aseos e melloras en fontanería, electricidade e
carpintería.

A Xunta de Goberno Local da Estrada aprobou esta
mañá abrir o expediente de contratación para a obra de remodelación do campo de
fútbol Manuel Regueiro, emprazado na Zona Deportiva. Os traballos serán financiados
no marco do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e teñen un orzamento
asociado de 307.721,79 euros.
A contratación realizarase a través dun procedemento aberto simplificado, con
tramitación ordinaria. O anuncio publicarase na plataforma de contratación do sector
público para que os interesados poidan presentar as proposicións que consideren
pertinentes durante o prazo de 20 días naturais contados dende o día seguinte da súa
publicación.
O campo de fútbol Manuel Regueiro presenta na actualidade un muro de peche
deteriorado, unhas gradas desmontables de capacidade insuficiente e a dotación dun
único aseo para o público. Ademais, no recinto existen postes inutilizados da antiga
instalación de iluminación. Partindo desta situación, o proxecto para o que hoxe se
iniciou o expediente de contratación inclúe a substitución do peche actual e das gradas
existentes, así como a construción de aseos, xunto con outras melloras.
Para a substitución do peche procederase á demolición do actual, composto por postes
metálicos e malla de arame. Construirase un novo con postes tubulares rectangulares e
chapa cega de aceiro, lacada alternando gris grafito e branco, cun deseño idéntico ao
empregando no Novo Municipal.
A actuación suporá tamén construír unha nova bancada de 42 metros de lonxitude, con
5 filas de gradas e cuberta de chapa sobre estrutura metálica. A nova instalación poderá
acoller, aproximadamente, a 350 persoas.

Ademais de construír novos aseos próximos á zona de acceso, o proxecto contempla
outra batería de melloras na fontanería, electricidade ou carpintería.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO CITA AOS SOLICITANTES PARA ESCOLLER DESTINO NAS16 VIAXES CONCEDIDAS POLO IMSERSO, CUN TOTAL DE 385 PRAZAS

 As persoas que se anotaron no mes de xullo reciben agora unha carta
con toda a información e cunha data para que soliciten no Concello, por
orde de inscrición, a súa viaxe.
 Dende o 20 de outubro ao 4 de novembro están en axenda 30 citas
diarias, cada unha delas con 15 minutos de diferencia.
 Os primeiros viaxeiros partirán en febreiro e os últimos, en xuño.
 Entre as opcións concedidas á Estrada figuran distintas alternativas e
datas para viaxes a Mallorca, Roquetas del Mar (Almería), Benidorm
(Alicante), La Manga (Murcia), Palencia ou Tenerife.

A concelleira estradense de Servizos Sociais, Amalia
Goldar, informou esta mañá de que o Concello da Estrada vén de recibir a resolución do
Programa de Turismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) pola que se
conceden ao municipio estradense 16 viaxes e un total de 385 prazas. Dende o Concello
estase xa chamando ás persoas anotadas para que -seguindo a orde da inscrición
realizada o pasado mes de xullo- acudan ao consistorio para facer a súa escolla entre os
destinos ofertados.
Os usuarios serán atendidos entre o 20 de outubro e o 4 de novembro. Despois do aviso
telefónico, os interesados recollerán no Concello unha carta na que se lles aporta toda a
información sobre destinos, datas e prezos. Trátase dunha comunicación personalizada,
na que tamén se inclúe unha cita, con data e hora, na que terán que acudir ao
departamento municipal de Servizos Sociais para escoller viaxe. Dende o 20 de outubro
están en axenda 30 citas diarias, cada unha delas con 15 minutos de diferencia.
Dende Servizos Sociais púxose hoxe o acento na conveniencia de que as persoas acudan
á cita con varios destinos pensados, tendo en conta a posibilidade de que algúns dos
seus preferentes poidan estar esgotados cando lles chegue a quenda de elección. Faise
notar tamén que se respectará de xeito estrito o día de hora de cada unha das citas.
Aínda que, despois da inscrición realizada no mes de xullo se remitiu o número de
solicitudes ao Imserso, as prazas concedidas para o Concello da Estrada son menores

que a demanda, de xeito que non poderán viaxar todos os solicitantes. Os primeiros
viaxeiros partirán o 10 de febreiro e os últimos viaxarán o 1 de xuño.
En canto aos destinos, entre as opcións concedidas á Estrada figuran distintas
alternativas e datas para viaxes a Mallorca, Roquetas del Mar (Almería), Benidorm
(Alicante), La Manga (Murcia), Palencia ou Tenerife.
A estancia máis curta é de 6 días e as máis longas (tamén as máis habituais) son de 10. Os
prezos oscilan entre os 285 euros e os 464. O Concello da Estrada inclúe para estes
veciños os desprazamentos en autobús ao aeroporto.

Publicado en Portada | Deja un comentario

GONZALO LOUZAO SOMETERÁ A APROBACIÓN NO 11o CONGRESOLOCAL UN COMITÉ EXECUTIVO CON ARREDOR DE 60 MEMBROS

o O candidato proporá o nomeamento do presidente saínte, José López Campos,
como Presidente de Honra do PP da Estrada “en recoñecemento ao seu exitoso
labor de transformación da Estrada nos últimos 15 anos”
o O novo comité, que integrará a todos os concelleiros do goberno local como
membros natos, será “equilibrado en canto á continuidade de compañeiros e
compañeiras con experiencia e renovación coa incorporación de caras novas”

O único candidato a presidir o Partido Popular da
Estrada tras o 11o Congreso Local que se celebrará o vindeiro domingo, Gonzalo Louzao,
pretende someter a aprobación dos afiliados/as un Comité Executivo de aproximadamente
60 integrantes, que está a ultimar estes días e que será “equilibrado en canto á
representación da dualidade urbana e rural e en canto á continuidade de compañeiros e
compañeiras con experiencia e á renovación coa incorporación de caras novas”.
Gonzalo Louzao considera que “a amplitude e a diversidade deste novo comité é unha
demostración da forza e do arraigamento social do PP da Estrada, despois dun gran traballo
de José López e o seu equipo durante case catro mandatos”. Precisamente, “en
recoñecemento ao exitoso labor de transformación da Estrada nos últimos 15 anos”,
Gonzalo Louzao proporá o nomeamento de José López como Presidente de Honra do PP da
Estrada.
Respecto á composición do resto do comité, Gonzalo Louzao destaca “a xenerosidade e o
compromiso de todas as persoas que aceptaron a invitación para sumarse a este grupo de
traballo”. “A día de hoxe non é doado dar a cara por un partido, por unha ideoloxía e por un
proxecto político a cambio de nada e toda esta xente está disposta a facelo co único
obxectivo de poder contribuír a seguir mellorando A Estrada”, salientou. Ademais,
amosouse “especialmente satisfeito ao comprobar que hai moita xente moza que está
disposta a achegarse ao Partido Popular da Estrada”.
Comezo ás 12.00 horas
En canto ao desenvolvemento do 11o Congreso Local, terá lugar no pavillón anexo ao
Polideportivo “Coto Ferreiro” e o inicio está previsto para as 12.00 horas. Ademais da
intervención do presidente saínte para facer un balance da súa etapa de 15 anos á fronte
do partido, está previsto que Gonzalo Louzao presente aos integrantes do novo Comité
Executivo e expoña o seu programa de futuro, antes de escoitar ao presidente provincial do
PP en Pontevedra, Luis López, e do presidente do PP de Galicia e presidente da Xunta,
Alfonso Rueda.

Publicado en Portada | Deja un comentario