O CONCELLO, INTERESADO EN QUE SE AMPLÍEN AS PRAZAS DE VIAXESDO IMSERSO, LOGO DE QUE 126 PERSOAS QUEDEN ESTE ANO FÓRA

 O Concello comunicou en xullo que había 580 persoas interesadas en
sumarse ao programa deste ano pero só lle foron concedidas 385 prazas,
distribuídas en 16 vaixes.
 O departamento de Servizos Sociais comezou esta mañá á chamar ás
persoas citadas para comunicarlle que xa non poderán viaxar nesta
convocatoria.
 Goldar sinala a necesidade de actualizar un convenio co Imserso que se
remonta á década dos 90

O departamento municipal de Servizos Sociais
confirmou a primeira hora desta mañá que quedaron esgotadas as prazas outorgadas ao
Concello da Estrada para o Programa de Turismo do Instituto de Maiores e Servizos
Sociais (Imserso), un total de 385 distribuídas en 16 viaxes.
Despois de asignar as últimas prazas dispoñibles, o referido departamento comezou a
chamar hoxe ás persoas que estaban citadas para os vindeiros días dado que xa non será
posible que accedan á oferta nesta convocatoria. Son un total de 126 cidadáns os que
quedan fóra do programa.
Neste contexto, a edil Amalia Goldar sinalou a intención do goberno de estudar se
cabería a posibilidade de actualizar o convenio acadado entre o Imserso e o Concello da
Estrada anos atrás. “Temos que ver se somos capaces de modificalo, porque é moi
antigo e xa non se axusta ao número de persoas que solicitan estas viaxes”, recoñeceu,
situando o referido acordo na década dos 90. “Hai anos sobraban prazas e mesmo se
podían adxudicar as que quedaban vacantes, de xeito que había xente que ata viaxaba
dúas veces ao ano”, sinalou.
A titular de Servizos Sociais recoñece a necesidade de ampliar a oferta actual de prazas
aínda que, a priori, se entende que o Concello tería que aterse a unha convocatoria máis
ampla e xeneralizada por parte do Imserso. Cómpre indicar que, despois da inscrición
realizada o pasado mes de xullo, a administración municipal remitiu ao Instituto de

Maiores e Servizos Sociais que había 580 persoas interesadas en viaxar. Aínda así, só se
outorgaron as 385 prazas citadas.
Goldar Cora sinalou tamén que se estudará se sería posible incluír criterios que dean
preferencia para viaxar o ano que vén a aqueles cidadáns que quedaron este ano sen
praza, tal e como se fai con programas como as demandadas clases de natación para
maiores. “Gustaríanos saber se sería posible que aqueles que este ano non poidan viaxar
co Imserso por falta de prazas, se manifestan interese en facelo na seguinte
convocatoria, poidan ser as primeiras persoas en escoller destino”, apuntou.
Vantaxe telemática
Finalmente, a titular estradense de Servizos Sociais quixo facer unha reflexión sobre as
queixas de usuarios que encabezan a cola para facer a solicitude presencial destes
viaxes. Asume que mesmo os primeiros en seren atendidos se atopan con que, ao
mellor, teñen máis dun cento de persoas diante que se inscribiron pola sede electrónica.
“Non podemos facer nada porque este é un sistema administrativo que funciona así para
o conxunto da poboación e dos trámites. Dende as 00.00 horas do día marcado pódese
presentar a solicitude na administración electrónica e, neste caso, entran unhas 20 por
minuto, de xeito que a primeira persoa que chega pode ter tranquilamente 150
solicitudes antes que a súa”, observou.
Entre as persoas que accederon á oferta de viaxes para este ano, os primeiros viaxeiros
partirán o 10 de febreiro e os últimos viaxarán o 1 de xuño. En canto aos destinos, entre
as opcións concedidas á Estrada figuran distintas alternativas e datas para viaxes a
Mallorca, Roquetas del Mar (Almería), Benidorm (Alicante), La Manga (Murcia), Palencia
ou Tenerife.
A estancia máis curta é de 6 días e as máis longas (tamén as máis habituais) son de 10. Os
prezos oscilan entre os 285 euros e os 464. O Concello da Estrada inclúe para estes
veciños os desprazamentos en autobús ao aeroporto.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O GOBERNO ENCAIXA AS PROPOSTAS DE INVESTIMENTO DASCONCELLERÍAS PARA LEVAR O ORZAMENTO 2026 A PLENO ENDECEMBRO

 O departamento de Intervención recibe as proposicións de cada área e
traballa xa nos informes e na documentación que debe acompañar as
contas municipais.
 Servizos Sociais volve ser unha das partidas máis elevadas, na que se
dota de xeito suficiente a nova contratación do Servizo de Axuda no
Fogar (SAF)

 

O equipo de goberno leva semanas traballando na
elaboración dos orzamentos que o Concello da Estrada manexará ao longo do exercicio
económico 2026. A concelleiro de Economía e Facenda, Alberto Blanco, confirmou hoxe
que o departamento de Intervención recibiu xa todas as propostas de gasto que nestes
días se estiveron perfilando en cada unha das concellerías.
Blanco Carracedo estimou que aínda é cedo para ofrecer unha cifra que resuma o
orzamento estradense de 2026, aínda que recoñeceu que, de xeito interno, xa se baralla
unha aproximación. Sinalou que antes de avanzala publicamente é preciso ver como se
poden incorporar todas as propostas dos diferentes departamentos para encaixalas no
marco dos ingresos previstos. Avanzou a pretensión de poder levar á conta do ano que
vén “case todas” as peticións achegadas polas diferentes áreas.
O titular estradense de Economía sinalou que, un ano máis, o gasto en Servizos Sociais
figurará entre as partidas máis altas do orzamento municipal. “É unha das partidas que
máis nos compromete”, asumiu. Despois de sinalar que todos os servizos estarán
garantidos nas partidas que figurarán nestas previsións, Alberto Blanco avanzou que o
Servizo de Axuda no Fogar (SAF) figurará dotado de forma suficiente, superando os
atrancos que topou o proceso de licitación por non teren contemplado previamente os
incrementos salariais que se puideran producir nun futuro próximo.
O responsable de Facenda indicou tamén que, coas propostas dos diferentes
concelleiros xa en Intervención, trabállase nos informes e na documentación que ten
que acompañar ao orzamento. En canto ás previsións que baralla o goberno para
aprobar a conta de 2026, recoñeceu que a intención é que ao longo do mes de novembro

poida levarse a comisión informativa, coa pretensión de elevala a pleno para a súa
aprobación na sesión ordinaria correspondente ao mes de decembro ou a unha
convocatoria extraordinaria no último mes do ano.
Chegaría despois a fase de exposición, resolución de alegacións (se as houbera) e
publicación para a entrada en vigor

Publicado en Portada | Deja un comentario

Luis López anuncia que +Emprega permitirá que máis de 70 mozos da provincia teñan unha primeira experiencia laboral en 33 concellos da provincia

O presidente da Deputación sinalou que os contratos formativos terán unha duración dun ano a partir do 15 de xaneiro de 2026, cun investimento provincial de 1,1 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que a Xunta de Goberno acaba de aprobar a relación de concellos da provincia que se beneficiarán do proxecto +Emprega nos Concellos. Grazas a un investimento de 1,1 millóns de euros da institución provincial, “un total de 72 mozos desempregados da provincia poderán ter unha primeira experiencia laboral na modalidade de contratos formativos, dun ano de duración, e comezando a partir do 15 de xaneiro de 2026”, sinalou o presidente provincial, que valorou que a través deste programa “seguimos sumando e avanzando con proxectos para fomentar o emprego, mellorar a calidade de vida da veciñanza e facer que Pontevedra siga indo a máis”.

 

Luis López tamén lembrou que “os contratos terán contías que oscilan entre os 1.000 € das persoas con ciclos medios de formación profesional ata os 1.400 € das persoas licenciadas”, pasando polos 1.200 € que recibirán os graduados en ciclos superiores de FP. Dos 72 contratos solicitados dous correspóndense con ciclos medios de FP, 26 con ciclos superiores de FP e outros 44 con licenciaturas, graos ou diplomaturas.

 

En concreto, os concellos nos que se realizarán estas contratacións serán os seguintes: un contrato en Barro, Covelo, Crecente, Mondariz-Balneario, Portas, Rodeiro e Vila de Cruces (por ter menos de 3.000 habitantes), dous contratos na Cañiza, Caldas de Reis, Catoira, A Illa de Arousa, Meaño, Moraña, O Rosal, Redondela, Ribadumia, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilaboa (por ter entre 3.000 e 10.000 habitantes), e tres contratos en Bueu, Cangas do Morrazo, A Guarda, Marín, Moaña, O Porriño, Pontearas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Tomiño, Vilagarcía e Vilanova de Arousa (por ter entre 10.000 e 50.000 habitantes).

 

O programa +Emprega nos Concellos ten como obxectivo promover a inclusión social e a creación de emprego de calidade, así como o fomento da empregabilidade da cidadanía pontevedresa, dotando os mozos e mozas da provincia dunha primeira experiencia profesional mediante un contrato de traballo formativo de ata un ano de duración a tempo completo. A través desta experiencia búscase que adquiran competencias e habilidades tanto sociais como profesionais, ademais de romper a barreira que ten a mocidade para acceder a postos cualificados por falta de experiencia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Deputación de Pontevedra destinará 340.000 euros á formación das mulleres a través dunha nova edición do programa +Xuntas

Luis López anunciou que a institución provincial incrementa en 20.000 euros o orzamento desta iniciativa, que impulsa accións coas que tamén se busca crear redes de apoio e fomentar as relacións interpersoais das mulleres

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que a institución provincial “activa as engrenaxes para poñer en marcha unha nova edición de +Xuntas, que estará dotado en 2026 de 340.000 euros para continuar impulsando accións para a mellora da formación das mulleres da provincia”. A Deputación incrementa o orzamento deste programa en 20.000 euros, un 6% máis de recursos respecto ao ano anterior, “cos que imos seguir avanzando para mellorar a formación básica e as condicións de vida das mulleres”.

 

+Xuntas está dirixido a asociacións, federacións ou fundacións sen fins de lucro da provincia, que terán un mes para solicitar as actividades a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. O presidente Luis López sinalou que “estas entidades traballan a favor da igualdade, que é un obxectivo prioritario e irrenunciable do noso goberno”, e tamén asegurou que “esta é unha proba máis de que o compromiso co tecido asociativo é un feito, ademais dunha proba de que confiamos nel como un dos alicerces fundamentais para o desenvolvemento e avance da provincia de Pontevedra”.

 

Ao igual que nas edicións anteriores, ofertaranse un total de 207 obradoiros que se poderán escoller entre un catálogo dividido en catro bloques temáticos. Dentro de +Tecnoloxía contémplanse cursos de alfabetización dixital, de socialización coas redes sociais, de administración electrónica e de administradoras de redes sociais. En +Creatividade haberá talleres de pintura, teatro, encontros con lectoras, patchwork, personalización de álbums e artesanía en coiro. Dentro de +Natura inclúense accións centradas nas plantas medicinais, a conservación de alimentos, a xardinería, as hortas ecolóxicas e a arte floral. Ademais, en +Saúde ofreceranse obradoiros de ioga, pilates, taichi, ximnasia hipopresiva, menopausa de forma saudable, autocoidado, autoestima e comunicación asertiva, musicoterapia, risoterapia e atención plena.

 

Os cursos están dirixidos a un máximo de entre 20 e 25 persoas, segundo a especialidade, e terán unha duración de 35 horas. Ademais do seu obxectivo principal, con este programa a Deputación tamén busca crear redes de apoio para impulsar a participación activa, a sororidade e a xeración de vínculos, así como fomentar as relacións interpersoais, romper co illamento e impulsar intercambios de experiencias.

Publicado en Portada | Deja un comentario

 Juanín e Gonzalo Gómez son os dous fundadores de RG AquaClima que dan a coñecer a súa nova aventura empresarial na Estrada, tras coñecerse practicando deporte

 

Dous fundadores de RG AquaClima dan a coñecer a súa nova aventura empresarial na Estrada, tras coñecerse practicando deporte hai cerca dunha decada

En Balboa, Arnois (A Estrada), a nova empresa RG AquaClima acaba de iniciar a súa actividade publicamente, ofrecendo servizos profesionais de fontanaría, calefacción e climatización. A historia desta startup está marcada polo feito de que os seus fundadores, Juan Rey (conocido como Juanín) e Gonzalo Gómez, se coñeceron precisamente practicando deporte ,  hai cerca dunha decada, simboliza o espírito cercano e comprometido da empresa.

RG AquaClima presenta un equipo de profesionais con máis de dez años de experiencia no sector. A empresa promete un servizo serio, responsable e próximo, orientado tanto a particulares como a empresas, ofrecendo instalacións, mantementos e reparacións en toda a comarca da Estrada e arredores como Cuntis, Silleda, Lalín, Vedra, Teo, Santiago de Compostela, Vila de Cruces e Boqueixón.

Como parte da súa campaña de apertura, RG AquaClima puxo en marcha un sorteo dunha estufa de pellets Watt de 9 kW, en colaboración con Radio Estrada, dentro do magazine conducido por Pablo Chichas. O sorteo estará activo ata o 19 de decembro, e os oíntes poderán participar a través do programa de radio. Ademais, durante un período promocional determinado, todas as persoas que sigan a páxina de Facebook da empresa recibirán un número adicional para participar no sorteo, como recoñecemento polo apoio e para impulsar a súa presenza nas redes sociais.

Con esta iniciativa, RG AquaClima quere presentar oficialmente a veciñanza a súa aposta por servir coas mesmas marcas de confianza e profesionalidade que caracterizan aos seus fundadores, nun momento clave para o sector da calefacción ante a aproximación do inverno e a demanda de solucións eficientes e sostibles para o fogar.

Contacto:
RG AquaClima – Fontanaría, calefacción e climatización
Balboa, Arnois (A Estrada)
Teléfono: 623 366 096
Correo: info@rgaquaclima.com

 En todas as informacións, a empresa enfatiza a súa presenza local e o compromiso de brindar servizos de calidade na comarca da Estrada e zonas próximas, axudando a familias e negocios a optimizar o confort e a eficiencia enerxética nos fogares.

Publicado en Portada | Deja un comentario

 Entrega da nova pala para o servizo municipal de Obras, un recurso que chega 22 anos despois da adquisición da pala anterior.

Entrega da nova pala para o servizo municipal de Obras, un recurso que chega 22 anos despois da adquisición da pala anterior.

Publicado en Portada | Deja un comentario

OS PARTICIPANTES NO CURSO DE GALEGO PARA MIGRANTESPRACTICAN NO CONCELLO SIMULANDO TRÁMITES ADMINISTRATIVOS

 Son en total 16 estudantes de lingua e cultura galegas procedentes de
puntos como Estados Unidos, México, Colombia, Venezuela, Alemaña,
Murcia ou Cataluña.
 O Concello impulsa esta formación da man da Secretaría Xeral da
Lingua.
 Simulan trámites como presentar unha instancia por rexistro, pedir un
volante de empadroamento, inscribir un can no rexistro de animais
potencialmente perigosos ou mercar entradas na billeteira do Principal.

– Un grupo de 15 persoas participantes no curso de
introdución á lingua e cultura galegas convocado polo Concello da Estrada, a través da
Secretaría Xeral da Lingua, desprazouse esta mañá ata o consistorio para realizar unha
inmersión lingüística en procesos administrativos. Este curso está dirixido a persoas
migrantes e procedentes doutras comunidades lingüísticas, que deron mostra nestas
sesións prácticas do proveito obtido nas aulas.
Este alumnado comezou a súa formación o pasado 13 de outubro. Son en total 16
estudantes de lingua e cultura galega procedentes de puntos como Estados Unidos,
México, Colombia, Venezuela, Alemaña, Murcia ou Cataluña. O rango de idades é tamén
amplo, con estudantes de pouco máis de 20 a varios que superan os 65.
Nas sesións prácticas desta mañá o grupo enfrontou trámites cotiáns do máis variado. A
algúns deles toucoulle solicitar un volante de empadroamento, presentar unha instancia
no Rexistro municipal, informarse sobre os trámites para un casamento civil, solicitar
orientación laboral no departamento municipal de Emprego; pedir información sobras
as viaxes do IMSERSO ou inscribir un vehículo usado no Mercadiño da emisora municipal
Radio Estrada.
Despois de visitar a sede da administración estradense, o grupo desprazouse ata outras
instalacións municipais, caso do Teatro Principal, onde se simulou a venda de entradas
na billeteira. De seguido, houbo tamén tempo para realizar unha demostración dos
coñecementos de galego para ensaiar unha compra no comercio local.
As sesións prácticas deste curso veñen impartíndose na aula Cemit do Concello .As
sesións realízanse de luns a mércores en horario de 16.00 a 18.00 horas.Ao remate do
curso, o alumnado recibirá un diploma acreditativo.

Publicado en Portada | Deja un comentario