A Lei de Depredación de Galiza é un perigo para o Ulla e para Galiza

A deputada Noa Presas alertou hoxe no acto que organizou o BNG da Estrada sobre as consecuencias da mina de Touro sobre o Ulla, que “se o goberno da Xunta aproba a Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, coñecida como Lei de Depredación de Galiza, modificará discrecionalmente moitas leis como a  da minería, o sector eólico, a lei de augas, a da conservación da natureza e a lei de  solo para beneficiar proxectos industrias que non beneficiarán a Galiza”. 

Neste sentido, a deputada do BNG, afirmou que “o proxecto da mina de Touro é un exemplo dos moitos que se poden poñer en marcha, prexudicando gravemente o medio ambiente en concas como a do Ulla vinculadas á pesca, turismo e mesmo o viticultura”.

A parlamentaria cualificou esta Lei como “a propia dun país colonizado” e alertou das posibles modificacións que o PP pretende introducir noutros textos lexislativos para que a lei de implantación industrial sexa utilizada polas empresas  como “cabalo de Troia para facer o que  que lles dea a gana”, e será o salvoconduto para “Elnosa, Ence ou para que o Porto de Cabral sexa un centro comercial en vez dun monte comunal, por poñer tres exemplo sobradamente coñecidos e rexeitados socialmente”.

A deputada nacionalista pide a retirada da Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, que se tramita por urxencia no Parlamento Galego.

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

Amplíase ata o venres o prazo para anotarse no IV Ciclo da USC ‘Camiños de coñecemento e experiencia’

Está dirixido aos maiores de 50 anos e comenzará para a semana na EstradaO Vicerreitorado de Formación e Innovación Educativa e o Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela organiza o IV Ciclo da USC, baixo o título Camiños de coñecemento e experiencia: comarca de Tabeirós, á Estrada, que se dividirá en tres seminarios de distintas temáticas. Democratizar o coñecemento. Ese é o obxectivo desta iniciativa que se estende por varios concellos galegos. Está dirixida a persoas de máis de 50 anos das comarcas da contorna de Compostela e da súa zona de influencia que por diferentes motivos non poden asistir ás clases do programa de formación para maiores nas instalacións universitarias. Ademais, a acción formativa, de poucos días de duración, busca revalorizar o patrimonio, concienciar sobre a presenza da ciencia no día a día e recoñecer o valor das disciplinas artísticas coas emocións e coas vivencias.O primeiro seminario fai referencia á historia da cultura de Galicia no patrimonio da súa comarca: A Galicia dos antergos que  estará composto por unha sesión teórica e outra práctica que incluirá un roteiro por un dos bens do patrimonio da comarca, O Pazo de Oca. Estará impartido por Rubén Castro Redondo, profesor da Facultade de Historia da USC. Trataranse os seguintes temas:O concepto, cronoloxía,caracterización e problemas da cultura castrexa.Xacementos máis significativos do período castrexo galego.Ferramentas e utilidades na rede sobre os castros da contorna.A parte teórica terá lugar no Museo do Moble e da Madeira (MOME) o día 17 de outubro de 17.00 a 18.30 horas e a práctica será, á mesma hora, o día 18.O segundo seminario ten como finalidade o mundo artístico, concretamente o musical. A música, que está moi presente na vida cotiá e nos distintos ámbitos, é unha linguaxe diferente coas súas propias normas, que require de coñecementos específicos para o seu uso e dominio. Ademais, a música ten moitas funcións, entre elas a educación. Este segundo seminario leva por título Invitación a un concerto. A sesión teórica terá lugar o día 24 de 17.00 a 18.30 horas no MOME e a práctica será unha audición no Auditorio de Galicia, proporcionando servizo de autobús, pero aínda falta por concretar a data. Prevese que sexa unha audición da Real Filharmonía de GaliciaOs temas que se desenvolverán durante esta parte serán :Emoción, afectividade e música. Como afecta a música ao noso cerebroA construción musical como manifestación cultural artística: a música constrúe cultura e constrúe sociedade. Usos e funcións da música.Periodización da Historia da Música Clásica en Occidente. Etapas e características.Nesta segunda parte do programa intervirán as docentes Silvana Longueira Matos, profesora da Facultade de Ciencias da Educación, e Laura Touriñán Morandeira, profesora da Facultade de Historia da USC.A temática do terceiro e último seminario será Como o cambio climático pode cambiar as nosas vidas. Fragmentarase tamén nunha parte teórica e outra práctica. A primeira será no MOME o día 26 de 17.00 a 18.30 horas. E durante a práctica realizarase unha visita a un espazo natural da zona para coñecer de cerca o seu funcionamento presente e o futuro. Tamén haberá servizo de autobús. A saída está prevista para o día 30, de 17.00 a 18.30 horas.Trataranse:Os  conceptos básicos sobre o clima.O coñecemento de organismos científicos autonómicos, nacionais e internacionais que traballan no cambio climático.E levarase a cabo unha análise das posibles repercusións do cambio climático no sector medioambiental galego.Os docentes serán Xosé Antón Rodríguez Añón, profesor da Facultade de Físicas da USC e Xurxo Proupín Castiñeiras, profesor Titular do Departamento de Física Aplicada da Facultade de Físicas da  USC.Previamente á celebración das sesións teóricas, os asistentes recibirán a presentación en PowerPoint de todo o que se vai tratar en cada unha delas.A actividade está patrocinada pola Consellería de Política Social, pola Deputación de Pontevedra e polo Concello da Estrada. Os interesados en participar neste programa, que é de carácter gratuíto, poden anotarse ata o venres, día 13, no Departamento de Cultura, segundo andar do Concello da Estrada, en horario matinal, ou a través dos teléfonos 986 677 748, 986 677 712 ou 986 677 717.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Telefónica xa dá cobertura de fibra óptica a 5.000 inmobles dos 10.000 previstos na Estrada

Os interesados en coñecer as zonas con conexión poden chamar ao 1004 A implantación de fibra óptica por parte da empresa Telefónica avanza no municipio estradense. O alcalde do Concello, José López, reuniuse esta mañá coa directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, e co outro responsable da empresa. A día de hoxe dos 10.000 inmobles previstos para dar cobertura, a metade xa conta con acceso á conexión, basicamente no casco urbano. Esta actuación ten un custe para a empresa de 1,2 millóns de euros e a entidade agarda que entre finais deste ano e principios do próximo acade o seu obxectivo.“Nos vindeiros meses irase dando conexión paulatinamente noutras zonas para acadar o obxectivo das 10.000 unidades. No polígono de Toedo tamén Telefónica está en condicións de dar servizo proximamente, R xa está aportando dito servizo desde fai unhas semanas”, apunta José López. O Concello está recibindo chamadas da veciñanza para coñecer a situación, pero desde Telefónica informan que os interesados deben chamar ao 1004 porque é aí onde lles indican a situación concreta da súa vivenda ou local, se teñen ou non xa acceso a esa conexión.“Agora teñen feito practicamente a canalización, o que é a rede troncal, con todas as caixas de conexión e de feito xa hai vivendas conectadas á fibra na Estrada, que xa están usando o servizo”, explica o alcalde. No polígono tamén xa está preparada a rede troncal para facer as conexións e aconséllaselles ás empresas que se poñan en contacto co 1004 porque deberán solicitar eles a conexión. Dependerá da propia demanda, pero Telefónica considera que a finais de ano ou principio do próximo todas as solicitudes efectuadas quedarán conectadas.Pendente do ruralO tema da introdución no rural está pendente de que tanto Europa como o Ministerio e a Xunta vaian resolvendo algún plan de implantación de fibra.  “No caso do rural estase a facer unha canalización troncal, é a rede de datos, a rede principal sobre a que non te podes conectar, porque esa rede hai que ramificala e nesas ramificacións é onde se ubican as caixas nas que se establecen as conexións”, apunta o rexedor. Ademais, esta actuación conta cun elevado custe porque a dispersión obriga a que haxa que usar moitos quilómetros de fibra.É neste ámbito onde as Administracións deberán colaborar, tal e como afirma López. “Hai bastante avanzado entre Europa, o Ministerio e a Xunta para establecer un plan de cofinanciamento e os investimentos necesarios para poder levar a fibra ao rural. Sabemos que xa hai algunha actuación e algún concurso feito e esperemos que nesas actuacións A Estrada estea presente. A vantaxe que temos aquí é que con respecto a moitos outros concellos, nós xa temos implantada a fibra, polo que teremos prioridade, porque soamente será facer unha extensión da rede que xa temos, xa que outros teñen que facer unha rede completamente nova”.Non obstante, hai zonas do rural da Estrada, que debido á proximidade co casco urbano, poderán gozar da fibra óptica moi pronto, como son as parroquias de Figueroa, Ouzande, Lagartóns, Matalobos e Guimarei. “ Nesas zonas xa está feita a rede para poder establecer as conexións, pero o máis sinxelo para saber o estado da conexión é chamar ao 1004 para informarse de se hai conexión inmediata ou obter unha previsión”, conclúe o alcalde.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada adherirase á Red Española de Ciudades Saludables

 

 

Levará a proposta a comisión informativa e despois ao pleno de novembro

 O alcalde,José López Campos, xunto con outros membros do goberno local reuniuse esta mañá con persoal do Centro de Saúde da Estrada e do de Oca para informarse sobre a adhesión do municipio á Red Española de Ciudades Saludables (RECS) que persigue a promoción e a protección da saúde e do benestar dos cidadáns, en concordancia cos principios de actuación correspondentes ao proxecto Healthy Cities da Organización Mundial de la Salud.

En xeral, as liñas principais da Rede/Sección RECS céntranse en:

_Asegurar o mantemento dos contactos interinstitucionais para a consolidación das relacións intersectoriais, necesarias no ámbito da promoción e protección da saúde.

_Fomentar a colaboración e a acción conxunta das cidades participantes na materia de promoción e protección de saúde.

_Axudar ás cidades participantes a levar a cabo modelos operativos de promoción e protección da saúde na comunidade, que poidan servir como modelos de boa praxes no concernente á promoción e protección da saúde no contexto urbano, en concreto o diagnóstico e os planes de saúde.

A de hoxe foi unha reunión informativa, e dito acordo levarase a comisión informativa en vindeiros días  e posteriormente ao pleno de novembro, sendo este un dos requisitos para poder adherirse. Os outros pasos a seguir serán:

  • Ter elaborado unha análise da situación e un plan de saúde para a cidade e o compromiso de elaboralos.
  • Designación dun responsable político e un responsable técnico, como interlocutores ante a Sección.
  • Aceptación das normas de funcionamento .

“Dicir que o plan de saúde xa está elaborado polo persoal do centro de saúde. Eles xa teñen moi avanzado o estado da documentación, entón o que se vai crear é un grupo de traballo mixto, o centro de saúde e o Concello, para coordinar todos os temas que estean derivados deste acordo”, sinala José López.

A Estrada incluirase nesta proposta que está vinculada directamente coa Estrategia de Promoción de la Salud y Prevención en el Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade. “O que se busca e crear hábitos saudables. Coller a aqueles colectivos,sobre todo xente maior, rapaces, os centros educativos… e crear hábitos saudables para previr as enfermidades fundamentalmente as cardíacas, os cánceres e crear tamén unha infraestrutura vinculada a esas actuacións, polo que temos que ter claramente identificadas cales son as zonas que cumprirían con esas condicións de espazo saudables ”, sinala o rexedor.

 

O alcalde destacou a gran labor que están facendo desde o centro de saúde da Estrada e considera que dita iniciativa está moi vinculada coa Edusi. “Agradezo moito e destaco o traballo do persoal do centro de saúde, do seu coordinador e de todo o persoal que hoxe estivo presente e de todos os que forman parte do centro, porque esta iniciativa encaixa perfectamente na Edusi, o que é a estratexia de desarrollo urbano. Son dúas estratexias que son perfectamente complementarias”. López incide en que “unha das partes fundamentais da nosa estratexia é a mellora da mobilidade e  dos espazos urbanos pensados en sitios máis disfrutables para a xente, para que poidan saír á rúa e poidan practicar actividades ao aire libre, algo que está directamente vinculado co tema dos ámbitos saudables”. Por esta razón, o rexedor considera que ambas estratexias “son dúas actuacións moi complementarias que vamos intentar potenciar unha ca outra”.

Grupo de traballo

Nos vindeiros días esta iniciativa levarase a unha comisión informativa, na que o Concello pretende que estean presentes representantes do centro de saúde para que lles expliquen ás forzas políticas o tema e despois levarase ao pleno de novembro.

Unha vez que a iniciativa se aprobe no pleno o obxectivo do Concello é crear un grupo de traballo mixto e dinámico. “O obxectivo é crear despois unha comisión mixta na que se reúnan periodicamente responsables do centro de saúde  con responsables do Concello para poder facer un seguimento destas dúas iniciativas”. Ademais López engade que “teremos que facer unha planificación das actuacións que vamos acometer e para iso ten que haber un grupo de traballo que sexa dinámico e que teñan representantes das dúas entidades. Farase unha análise da situación actual e tamén unha proposta de actuacións, que moitas desas serán as que encaixan na Edusi”.

O alcalde conclúe incidindo e en “quen está levando todo o peso é o centro de saúde da Estrada. Dicir que o centro de saúde está facendo un traballo extraordinario, que son un centro de referencia e que a parte de todos os premios nacionais que levan conseguindo, agora queren dar un paso máis. Está claro que a coordinación entre centro de saúde e Concello ten que ser total”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello retira os residuos acumulados preto do punto limpo, algo que cualifican de puntual e non de vertedoiro incontrolado

 

 

 Hoxe pola mañá operarios do Concello levaron a cabo a retirada dos residuos que se atopaban amontoados cerca do punto limpo do municipio, nunha pista que se dirixe cara o encoro e que está  próxima ao cruce de Ferreiros, que separa os municipios da Estrada e de Cuntis.  “Consideramos que non nos atopamos ante un vertedoiro incontrolado, tal e como afirmou Móvete no pasado pleno, senón que se trata de algo recente, xa que nos últimos días operarios estiveron por alí e non viron eses restos”, asegura Juan Constenla, concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente.

Constenla pide a colaboración veciñal para evitar este tipo de actuación que contamina os nosos montes e que pode levar á formación dun vertedoiro incontrolado. Ademais, é preciso que as persoas que  divisen certa acumulación de lixo en calquera punto, informen inmediatamente ás autoridades pertinentes para proceder á súa retirada.

Debemos lembrar que os cidadáns teñen á súa disposición o punto limpo do municipio, situado no lugar de Penerada (Ouzande), detrás do matadoiro municipal, e que está aberto ao público os xoves e venres de 09.00 a 13.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As entradas do concerto de Teo Cardalda e do musical de Carapuchiña Vermella xa están á venda

 O Departamento de Cultura do Concello da Estrada informa que xa están á venda as entradas do concerto de Teo Cardalda e do espectáculo Carapuchiña Vermella, que forman parte da programación de “Outono no Principal”.

O concerto de Teo Cardalda, compoñente na actualidade do dúo Cómplices, será o venres 27 deste mes ás 21.30 h. Será unha actuación en acústico interpretada a piano, e o repertorio estará composto por temas míticos dos grupos Cómplices e Golpes Bajos, agrupación, esta última, á que pertenceu este artista no seu día xunto a Germán Coppini. O prezo das entradas é de cinco euros e poden mercarse en Cultura, segundo andar da Casa Consistorial, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

Por outra banda, o día 29, ás 18.00 horas, será a quenda de Carapuchiña Vermella, de Educa Teatro. Educa Teatro fai unha adaptación do clásico conto dos Irmáns Grimm modernizando a historia e os personaxes para traelos á actualidade. A proposta mestura teatro de actor con manipulación de bonecos e voz en directo para transmitir aos cativos valores como a ecoloxía e a igualdade; ao mesmo tempo que ensinan a reciclar. Ademais, falarán de diversas profesións. É un musical que está composto por sete cancións orixinais cantadas en directo e pensadas especialmente para os máis pequenos. Os temas que interpretarán son: Bebé Rebelde, Cara, Cara, Carapuchiña!, Quero ser…, Camiñando polo bosque, Somos todos iguais, Fiareime eu de ti?  e O lobo. Terá unha duración de 60 minutos.

 As entradas, que teñen un prezo de seis euros, poden mercarse no departamento de Cultura, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, ou na tenda  de xoguetes Tiko Doco, situada na Rúa San Antonio, 8 da Estrada.

Lembrarvos, para rematar, que seguen despachándose a bo ritmo as entradas para este mércores día 11 ás 21.00h do espectáculo “As fillas bravas”, do Grupo Chévere. Tamén poden adquirirse no Departamento de Cultura do Concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

La Escudería Estradense presento en el día de ayer, la Subida A Estrada

 

La Escudería Estradense presento en el día de ayer, la Subida A Estrada, junto al Alcalde Estradense, José López Campos y los cuatro principales patrocinadores, San Martin Gestión, Ibericar Gestoso, Start Motor y Mato Taboada.

Desde la Escudería Estradense, están muy agradecidos a todos los patrocinadores por el apoyo recibido, sin ellos sería imposible realizar la prueba.

En esta 22 Edición, será la más compleja de las ediciones disputadas, debido al incremento del presupuesto en materia de seguridad, con el objetivo de ser  la prueba más segura del campeonato Gallego.

Para lograr este objetivo, se alcanzarán cifras record contando con 3 ambulancias medicalizadas, coordinador médico, 2 camiones de bomberos, 2 grúas, 1 camión pluma y  alrededor de 140 personas en la organización. Otras cifras son: más de 1500 estacas para colocar cinta, 22 km de cinta, 300 vallas, 50 extintores, escobones, sepiolita, etc.

También contamos con la colaboración de la Guardia Civil, la Guardia Civil de Tráfico, Emerxencias A Estrada, Policía Local, voluntarios de protección Civil y personal del Concello de A Estrada.

Una de las muchas medidas de seguridad adoptadas es la realización de accesos peatonal es en el tramo, desbrozando caminos para facilitar al publico colocarse en zonas seguras, las más altas.

La carretera por la que será el tramo cronometrado es la PO-213, se cortara a la circulación;

El sábado 7/10/2017 de 14:00 horas hasta las 21:00 horas

El domingo 8/10/2017 de las 8:00 hasta las 16:30 horas.

En el casco urbano, permanecerá cerrada al tránsito, La Plaza da feira (sábado y Domingo), y:

El Sábado 7/10/2017 la Calle Ulla, Calle Calvo Sotelo y la Calle Serafin Pazo( desde la Plaza de Ayuntamiento hasta la Plaza de Galicia). Se permitirá el acceso a garajes en ditas calles. El horario de corte será de las 8:00 hasta las 21:00, excepto la Serafín Pazo que permanecerá cortada.

El Domingo 8/10/2017 solo se cortara temporalmente, unos 15 minutos, la Calle Calvo Sotelo y Calle Ulla, por las 8.30 y 14:30, siendo este horario variable según discurra la prueba. La Calle Serafín Pazo permanecerá cortada hasta las 21:00 horas.

La escudería Estradense formalizo un acuerdo con la Acoe, ya presentado, con el cual se

consigue la apertura del 90% de los asociados el sábado todo el día, la utilización del local de la Acoe para la realización de las verificaciones Administrativas de la prueba, y la instalación de hinchables para el disfrute de los más pequeños, a cambio de comida no perecedera, juguetes o ropa, requisito indispensable, todo lo recaudado será donado a Caritas A Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario