ACTO DE GRADUACIÓN NO CONSERVATORIO DA ESTRADA

Hoxe ás 20,00 horas no salón de actos do Conservatorio
Profesional de Música da Estrada realizouse o acto de graduación dos alumno e
alumnas do sexto curso de grao profesional que rematan os estudos neste centro
estradense.
Os seus nomes son:
María Álvarez Fernandez, clarinete
Paulo Bangueses Conde, saxofón
Laura Campos Carballo, piano
Emma Fraiz Constenla, piano
Inés García de la Peña, piano
Aliena Horrea Matos, violín
Mateo Pérez Romero, bombardino
Lía Vázquez Castedo, Frauta traveseira
Andrés Vázquez Simes, piano
Todos eles están propostos para o Título Profesional de Música. A concelleira de
Educación, Amalia Goldar, acude ao acto acompañada polo concelleiro Manuel Magariños.

Publicado en Portada | Deja un comentario

REPOSICIÓN NAS XARDINEIRAS PARA EMBELECER A ZONA PEONIL

O Concello da Estrada está realizando hoxe unha
reposición, con plantas de tempada, nas xardineiras da zona peonil. Concretamente,
estase replantando nas de Praza da Constitución, Serafín Pazo, Calvo Sotelo e Ulla, coa
pretensión de embelecer toda esta zona de maior tránsito na capital estradense.
Dende o Concello pediuse abertamente aos cidadáns unha actitude cívica con estes
elementos, despois de que en ocasións anteriores estes traballos non tardasen en
estragarse, amosando en menos dunha semana as plantas arrincadas, con conseguinte
gasto.

Publicado en Portada | Deja un comentario

DO SALMÓN Á SIDRA, “UN MES DE ESCAPARATE PARA A ESTRADA” NAPRAZA DA CONSTITUCIÓN

 O alcalde, Gonzalo Louzao, sinala que ese é o obxectivo da carpa de gran
formato que se instala aos pés do consistorio e que agora se encherá con
propostas culturais para todas as idades.
 Unha decena de convocatorias dinamizarán cultural e socialmente a
capital estradense neste espazo entre a festa gastronómica e o evento
sidreiro.
 “Neste intre non hai competencia, é o noso momento”, sinala Louzao,
apuntando ao momento temporal idóneo desta programación.

A carpa de gran formato que se está a montar estes días
na Praza da Constitución, ao pé do consistorio estradense, chama a atención dos
cidadáns. Certo é que se trata da máis alta e ampla das instaladas ata o de agora, pero
tamén é verdade que o seu cometido non será unicamente o de acoller, este domingo,
unha importante edición da Festa do Salmón. “É un mes de escaparate para A Estrada”,
sintetizou hoxe o alcalde, Gonzalo Louzao Dono. E é que, entre o Salmón e a Feira da
Sidra, este será o espazo no que se cite cada fin de semana a veciños e foráneos para
gozar dunha oferta cultural pensada a pé de rúa e en todas as idades.
“É un mes de escaparate para que vendamos os 12 meses do ano”, incidiu o rexedor,
convencido de que crear no espazo público este punto de confluencia e dinamización
pode ter un efecto de tracción para a actividade comercial e hostaleira da vila, animando
tamén a moitos residentes noutros municipios a achegarse ata A Estrada para sumarse á
súa oferta cultural e económica.
“Neste intre non hai competencia. É o noso momento”, continuou o mandatario,
sinalando que ao longo dos meses de outono e inverno o Teatro Principal funciona como
catalizador da actividade cultural e que son as festas as que dinamizan, dentro e fóra do
ámbito estradense, a actividade lúdica do verán. Incidiu en que este período intermedio
é polo que aposta A Estrada baixo esta gran carpa, empregando como punto de partida e

de chegada dous eventos tan consolidados entre o público como a Festa do Salmón e a
Feira da Sidra.
A través dunha carpa de 35×20 metros, a maior das instaladas ata o de agora na Praza da
Constitución, o Concello aposta este ano por aproveitar o ano 1 da segunda metade de
século da Festa do Salmón para que o evento gastronómico por excelencia da Estrada
regrese a este enclave urbano, logo duns anos celebrándose no Novo Mercado e seu
entorno, para gañar en accesibilidade, comodidade e proximidade ao Teatro Principal,
onde se localiza a vertente institucional da festa.
Pero será xa mañá venres, 16 de maio, cando se estree a carpa como espazo de
dinamización cultural e social. A partires deste momento, serán unha decena de eventos
os que se desenvolvan ao seu abrigo ata o vindeiro 7 de xuño, cando sidrerías nacionais e
internacionais escancien os caldos da tempada neste recinto.
• 16 de maio: Concerto de Roi Casal. Ás 22.00 horas, o músico presentará o seu
espectáculo “Ambos mundos”, que recompila algúns dos seus temas máis
famosos combinados coas súas últimas creacións.
• 17 de maio: Concerto de Treixadura, co seu estilo propio de espectáculo, no que
a música tradicional é observada dende dúas concepcións ben arraigadas: o
canto e a gaita.
• 18 de maio: LI Festa do Salmón. A carpa acollerá o evento central da festa
gastronómica, coa degustación popular do salmón dende as 13.00 horas e
concerto da BigBand Carlos Barruso dende as 13.30.
• 24 de maio: Latexo Fest, un festival especialmente pesando para a xuventude.
Arrancará ás 22.00 horas e chegará ás tres da madrugada. Entrada libre e
gratuíta. Cartel con Vilu Gontero, Carlos López, Goove Amigos, Telmo e Pedro VR
• 25 de maio: Primeira edición do Festival de Bandas da Estrada, cita impulsada
pola Banda de Música Municipal da Estrada. Será ás 18.30 horas e contará coa
participación da Banda de Música Municipal da Estrada, Banda de Música
Cultural da Estrada e Banda e Música de Vilatuxe (Lalín). Será unha homenaxe ao
músico Manuel Vilariño.
• 31 de maio. Orballo Cultural, cun concerto ás 22.00 horas.
• 1 de xuño: Arrieiriños, un evento que pensa de xeito especial e no público
familiar, pero que tamén incluirá á noite un concerto que, de seguro, será moi
ben acollido por público adulto.

• 7 de xuño: Feira da Sidra. Un dos eventos máis agardados do calendario
estradense, que se presentará ao público nos vindeiros días e que promete unha
elevada participación de lagares estradenses, galegos, de distintas comunidades
do país e tamén internacionais. Como todos os anos, a degustación das súas
sidras estará acompañada de actividade cultural.
“Serán actividades que nos fagan saír á rúa agora que os días medraron e o tempo
acompaña”, augurou o alcalde da Estrada. Gonzalo Louzao fixo fincapé é que foi este un
programa “con calidade e deseñado pensando en todos”. “Reforza as nosas festas e a
actividade económica da vila neses días”, sinalou, destacando que supón sumar
sinerxías entre o sector público e o privado.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG reclama unha solución definitiva que arranxe os problemas estruturais do vial do Souto de Vea

O portavoz municipal do BNG, Xoán Reices, arremete contra o goberno municipal do PP polo constante abandono do vial do Souto de Vea.

«O estado actual deste vial é lamentábel, rozando o delitivo», afirma o concelleiro nacionalista, «é criminal ter un vial nesa situación polo que pasan centos de vehículos todos os días, veciños e veciñas do noso concello, así como doutros concellos que obrigatoriamente teñen que pasar por aquí para ir a Cuntis, Moraña, Caldas e mesmo Pontevedra».

O concelleiro reclamou unha solución definitiva. «Levamos reclamando solucións aos problemas crónicos deste tramo do Souto de Vea desde 2020, e a día de hoxe, a única solución que dá o goberno do PP é parchear, unha solución que se demostrou inservíbel para os problemas estruturais deste vial». «Os veciños e veciñas do Souto de Vea están fartas deste desleixo e abandono», afirma Reices, «xa non valen parches, hai que buscar solucións definitivas que dean estabilidade a este vial, polo que insisto, pasan centos de coches todos os días, centos».

«Por outra parte», engade o concelleiro do BNG, «tamén reclamamos o pintado do vial; estamos falando dun vial semi-urbano que a día de hoxe o único paso de peóns existente neste tramos está borrado literalmente, así como as liñas que delimitan os carrís e as zonas de aparcadoiro». «Isto é desastroso e abandonado polo goberno do PP», afirma.
Publicado en Portada | Deja un comentario

LETRAS GALEGAS NA ESTRADA 2025

 

A celebración arranca o XOVES cunha actividade propiamente enmarcada na dedicación das Letras Galegas deste 2025 ás cantareiras. O Teatro
Principal acollerá, as 20.30 horas, o concerto didáctico “Axúdame a cantar”, con Felisa Segade e Montse Rivera (Leilía).

 O VENRES, contacontos “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo”. Ás 17.00 horas na Casa das Letras.

Tamén o venres, pero ás 22.00 horas e na Praza da Constitución, Roi Casal en concerto. O artista presentou hoxe o espectáculo xunto ao alcalde, Gonzalo Louzao.

 O SÁBADO, a alameda municipal será o espazo escollido para escoitar o pregón das Letras Galegas, ás 12.00 horas. Este ano o Concello da Estrada escolleu ás Cantareiras e cantareiros do Regueiriño de Lamas e a Tequexetéldere.

 Despois do pregón, coma sempre, realizarase a ofrenda floral no monolito a Marcial Valladares, seguido da actuación da Banda de Gaitas de Barbude.

Xa pola noite, Tequexetéldere voltará ao escenario, esta vez como grupo anfitrión no Festival Folclórico do Salmón.

O 17 de maio rematará con música tradicional, ás 22.00 horas na Praza da Constitución, cunha actuación do mítico grupo Treixadura.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO DA ESTRADA LANZA OS SEUS CAMPAMENTOS DE VERÁNPARA FAVORECER A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

 Dirixido a escolares de entre 3 e 12 anos, o prazo de inscrición estará
aberto do 27 de maio ao 6 de xuño.
 As instalacións do CEIP Figueiroa acollerán este verán aos campistas
do Pérez Viondi, que continuará en obras.

O Concello da Estrada lanzou hoxe a convocatoria dos
campamentos de verán que organiza o departamento de Servizos Sociais co obxectivo
de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán.
Dirixidos a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos,
celebraranse nos meses de xullo, agosto e ata o 5 de setembro, en horario de 09.00 a
14.00 horas, de luns a venres.
O campamento desenvolverase nas instalacións dos colexios Oca, O Foxo, Cabada
Vázquez, Villar Paramá e Figueiroa. Este último acollerá este ano aos campistas que, de
xeito habitual, acudían ao Pérez Viondi, centro educativo no que continuarán as obras
en execución aproveitando o paro estival da actividade lectiva.
O prazo de inscrición abrirase o martes 27 de maio e a matrícula pecharase o día 6 de
xuño. Convócanse 20 prazas por quincena e centro, a excepción das que se vencellan ao
CEIP Figueiroa, no que haberá 40 prazas por quincena.
A cota de inscrición será de 35 euros por participante e quincena (durante os meses de
xullo e agosto). Durante os días do mes de setembro a cota será 25 euros por
participante. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€ en
xullo e agosto, 20€ en setembro). A partir do terceiro membro da unidade familiar será
gratuíto.
As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da
Estrada (en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres) ou a través da sede
electrónica (https://aestrada.sedelectronica.gal).

Documentación
No tocante á documentación que os interesados deberán presentar xunto coa
solicitude, será preciso achegar DNI do neno/a; DNI do pai, nai ou titor; libro de familia
(se solicita bonificación por segundo ou terceiro irmán participante); fotocopia do
xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou
último recibo de cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores por conta
propia; fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.
A ficha de inscrición e a información dos criterios de prioridade están dispoñibles xa na
páxina web do Concello da Estrada para a súa descarga.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA SACA Á RÚA A INFORMACIÓN E CONCIENCIACIÓN PARAREDUCIR O ACTUAL 50% DE IMPROPIOS NOS CONTEDORES DE LIXO

 Campañas de sensibilización os días de feira, nos centros educativos e
destinadas ás asociacións buscan rebaixar esta porcentaxe, polo menos,
ao 20%.
 A medida acompásase da información para ir avanzando na introdución
do quinto colector, o destinado a residuos orgánicos.
 A Estrada mobiliza cada xornada ata a planta de Sogama un quilogramo
de lixo por habitante e día.
 O colector verde, o de maior volume de impropios.

 Aproveitando a concorrencia da xornada feiral, o
Concello da Estrada sacou hoxe á rúa a información e a concienciación en materia de
reciclaxe e recollida de lixo para tentar reducir o actual 50% de residuos impropios nos
colectores do municipio. A través dunha posta en escena moi visual e coidada, os veciños
recibiron información de primeira man sobre o funcionamento de cada un dos
colectores da recollida selectiva, sobre o punto limpo -que xa leva un par de semanas
aberto tras as melloras que se estiveron realizando na instalación- e tamén sobre a
implantación do chamado quinto contedor, o de cor marrón que se destinará
especificamente aos residuos orgánicos.
Grandes paneis e material informativo de man permitiu aos cidadáns afondar en que
tipo de residuos teñen que ir a cada contedor. A campaña quedou instalada na zona
peonil, concretamente na Rúa Calvo Sotelo, xusto no tramo comprendido entre o cruce
con Justo Martínez e a Praza da Feira. Ata alí se achegaron este mediodía o alcalde,
Gonzalo Louzao Dono, e o edil responsable de Servizos Municipais, Óscar Durán.
“É unha campaña de concienciación, centrada en parte no contedor marrón, pero tamén
nun reforzo do que hai que reciclar e como hai que facelo, o que podemos tirar e o que
non, porque nos vai ao peto”, sinalou Durán. Avanzou que se fará tamén unha campaña
centrada nos grandes produtores e hostalería no tocante á introdución do quinto
contedor, que despois o Concello fará extensiva aos particulares. Cómpre lembrar que a

intención do Concello é comezar despois do verán, previsiblemente entre os meses de
setembro e outubro, cunha primeira fase para hostalería e establecementos que xeran
unha maior cantidade de residuos orgánicos. Na segunda etapa chegará a quenda dos
cidadáns, primeiro en período voluntario e despois xa de xeito obrigatorio.
Obxectivo: 20%
“A nós pídennos que teñamos, como moito, un 20% de residuos impropios nos
contedores e estamos case nun 50%”, expuxo Óscar Durán, que sinalou que o contedor
marrón terá a intención de reducir a cantidade de residuos impropios que se verten
actualmente no colector de cor verde. “O que pretendemos é clasificar todo o vertido e
que o que se bote ao marrón vaia para a compostaxe”, incidiu.
Nestes momentos o Concello da Estrada está mobilizando 20.000 quilogramos de lixo
por xornada ata a planta de Sogama, o que se traduce practicamente nunha media dun
quilo por estradense e día. Neste volume estímase todo o arroxado aos colectores, coa
excepción dos iglús destinados ao vidro.
“Estamos tirando o 50% do lixo mal. O obxectivo é chegar ao 20%”, incidiuse dende o
goberno local, conscientes de que o contedor que maior porcentaxe de residuo
impropio padece é o verde.
As campañas de sensibilización continuarán nas vindeiras semanas. Os paneis volverán
saír á rúa, polo menos, outros tres días de feira, chegando tamén algún sábado ao
entorno do Novo Mercado. Haberá tamén campañas específicas nos centros de ensino
do municipio e tamén outras no MOME dirixidas a asociacións.

Publicado en Portada | Deja un comentario