Sexta edición do Triangular Concello da Estrada

 
O Concelleiro @penavillamor e representantes do @sptestrada presentaron esta mañá a sexta edición do Triangular Concello da Estrada, que se disputará o sábado 29 de agosto.
➡️ O club organizador enfrontarase a dous equipos de nivel coma son o @cdestradense1925 e o @cfnoia
🕣 Horarios:
18:00 SP. Estrada vs. Noia
19:00 Estradense vs. Noia
20:00 SP. Estrada vs. Estradense

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

CLAUSURA DA TERCEIRA QUENDA DO CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN AGOSTO 2026

Pois xa pasou medio mes de agosto e despedimos a terceira quenda do #campusdeportivodeverán2026 cas actividades na #praiafluvial ca visita do Alcalde @gonzalolouzaodono
🔜 O vindeiro luns abrimos a quincena que nos levará o peche do campus deportivo deste ano, co que pecharemos este programa de actividades deportivas do verán 2026.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Zona dos Viños presenta o seu CarnaVerán

 
📆 Será o sábado 29 de agosto.
📍Zona dos Viños
🍸 Sesión vermú con DJ Marcos
🎧 Tardeo con DJ Carlos López + DJ Telmo + DJ Fepa
🎁 Haberá sorteos!
🎭 E, por suposto… os locais animan a acudir disfrazado/a
Unha combinación perfecta de disfraces, música e ganas de pasalo ben. 💃🕺
👉 Vai preparando o disfrace e non faltes!
Publicado en Portada | Deja un comentario

López Campos anuncia o remate hoxe das obras de restauración da escultura da Inmaculada de Asorey na Estrada e a retirada das estadas

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos acompañado polo alcalde stradense Gonzalo Louzao Dono, anunciou para hoxe, mércores, o remate das obras de restauración da escultura da Inmaculada Concepción, peza do prestixioso escultor Francisco Asorey e, consecuentemente, tamén a retirada da estadas ao redor da figura, situada na praza da igrexa de San Paio, no municipio pontevedrés da Estrada.

“Unha das pezas artísticas máis representativas do patrimonio local estradense xa vai poder lucir e volver admirarse nas súas mellores condicións”, asegurou o titular de Cultura do Goberno galego, quen puxo en valor o investimento da Xunta de preto de 18.000 euros para “solucionar a afectación que o paso de tempo e da súa exposición á intemperie lle estaba a ocasionar, aínda que sen terlle producido danos estruturais de importancia”, precisou.

López Campos lembrou que a escultura, realizada por Francisco Asorey en 1956, está catalogada no Plan Xeral de Ordenación Municipal e constitúe “un dos elementos máis recoñecibles da paisaxe urbana estradense, ademais dun dos máis queridos e con valor afectivo pola veciñanza, que a axudou a sufragar cando foi encargada en 1954”.

Precisamente, o conselleiro fixo fincapé na importancia da implicación conxunta de Administracións e sociedade no coidado, protección e preservación dos bens patrimoniais. Ao respecto, considerou que esta intervención demostra a “plena implicación” do Goberno galego na conservación dos “bens significativos, independentemente do tamaño do ben ou do territorio no que estea localizado”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rueda subliña dende A Estrada que Galicia está preparada para vivir a eclipse de forma segura e apela á responsabilidade da cidadanía

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou esta mañá que Galicia está preparada para vivir a eclipse de forma segura, destacando o traballo conxunto da Administración autonómica co Goberno central para anticiparse e coordinarse, co obxectivo de que “todo estea preparado e que todo o mundo poida desfrutar”.

Rueda, que visitou hoxe na Estrada o Centro de Coordinación Operativa Integrado (Cecopi), apelou á precaución e á responsabilidade da cidadanía, facendo fincapé en que “se planifique o desprazamento con tempo” e “que non se agarde a última hora para achegarse ás zonas onde se ten previsto ver a eclipse”. Tamén resaltou a importancia de que se siga en todo momento “a información que está nas canles oficiais”.

O responsable do Executivo autonómico, que estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sinalou que Galicia vai “vivir un día histórico” e que este acontecemento “é unha maneira tamén de promocionar o noso territorio” xa que a Comunidade é “un dos lugares máis privilexiados de España para poder velo”.

O pasado venres Galicia activou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) Nivel 2 e constituíu o Cecopi, que desenvolverá un seguimento continuo ata que se normalice a mobilidade nas estradas despois da eclipse.

Desde o Cecopi estase a seguir en tempo real a mobilidade, a afluencia, o risco de incendio e calquera incidencia. Ademais, desde a Xunta reforzáronse o 112, os servizos sanitarios do 061, o transporte e a vixilancia no litoral e nos montes, tendo en conta a gran mobilidade prevista.

Recomendacións á cidadanía

Entre as recomendacións que a cidadanía ten que ter en conta para gozar a eclipse de xeito seguro, atópanse, ademais de respectar sempre as indicacións de Protección Civil e das forzas de seguridade; escoller puntos habilitados, así como evitar cantís, noiros inestables ou zonas de risco.

No eido da mobilidade, sublíñase que se se pode ver a eclipse preto da casa, mellor; e se se ten que coller o coche, é importante a planificación: saír con tempo e evitar viaxar á última hora. Cómpre lembrar que hai servizos especiais de bus tanto no Eixo Atlántico (Vigo-Ferrol e Vigo-A Coruña) como na Mariña Lucense (Lugo-Ribadeo e Ribadeo-Foz).

Tamén se recorda a importancia de aparcar só en zonas permitidas e deixar libres os accesos de emerxencia; usar sempre lentes homologadas; respectar o medio, deixando todas as zonas limpas; e ter precaución ante o risco de incendios.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta declara a alerta por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez e do río Anllóns e Costa da Coruña e decreta medidas equivalentes en Baiona

A maiores, actívase a fase de prealerta por escaseza moderada noutras catro unidades territoriais da conca: río Tambre e ría de Muros, río Grande, río Mendo e ría de Betanzos e río Landro e río Ouro

En total xa son 91 os concellos afectados por restricións ou medidas de seguimento nun escenario marcado pola escaseza de chuvias e as altas temperaturas

O resto da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa continúa en situación de normalidade, cunha ocupación dos encoros de abastecemento a comezos de agosto do 72,74%, un 14,44% menos que a rexistrada o ano pasado polas mesmas datas

A Xunta decidiu activar a situación de alerta por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns e Costa da Coruña ata o límite con Arteixo, dúas bacías que estaban xa en prealerta desde facía un mes. Así mesmo, acordou aplicar medidas equivalentes a un escenario de alerta, sen chegar a declarala, no subsistema de Baiona, pertencente á unidade territorial río Verdugo e que tamén estaba ata agora en situación de seguimento.

A maiores, entran en prealerta por escaseza moderada de auga outras catro unidades territoriais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, concretamente, as UTE do río Tambre e ría de Muros; do río Grande, en Camariñas; do río Mendo e ría de Betanzos, e do río Landro e río Ouro.

Así o acordou esta mañá a Oficina Técnica da Seca, que estivo presidida polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e á que asistiron tamén outros cargos directivos do organismo hidráulico, así como representantes de Protección Civil, de MeteoGalicia e das Consellerías de Sanidade e do Medio Rural.

Durante a reunión, os técnicos tiveron en conta tanto datos meteorolóxicos —os correspondentes ao mes de xullo e as previsións para as vindeiras semanas—, como a evolución dos caudais circulantes mensuais nos ríos da conca e outros indicadores de seca e escaseza, segundo o protocolo establecido no Plan especial de seca de Galicia-Costa.

Neste sentido, para a declaración da alerta pesou, sobre todo, o descenso importante e continuado que experimentaron xa desde a primavera os caudais circulantes e o volume de auga encorada nestas tres bacías, que, de feito, acumulan máis de dous meses con indicadores de caudal baixos e sen que se detecte un cambio de tendencia.

Así mesmo, no caso das catro unidades territoriais que pasan desde hoxe de normalidade a prealerta, valoráronse os baixos valores dos indicadores de escaseza durante un período de tempo continuado e, no caso concreto do río Grande, o acusado e recente descenso das achegas hídricas, cunha redución do caudal superior ao 50% no mes de xullo.

En total, xa son 91 —32 en alerta e 59 en prealerta— os concellos afectados por restricións ou medidas de seguimento de encoros e ríos nun escenario marcado pola escaseza de chuvias e as altas temperaturas. No resto de unidades territoriais de escaseza de Galicia-Costa mantense a situación de normalidade e segundo os datos de ocupación de comezos de agosto, os encoros de abastecemento se sitúan nun 72,74%, un 14,44% por debaixo do nivel que tiñan por estas mesmas datas o ano pasado.

Implicacións nos concellos afectados

O nivel de alerta é o segundo máis alto dos establecidos no Plan de seca da demarcación Galicia-Costa para a xestión de situacións de escaseza conxuntural, sendo o último e máis elevado o de emerxencia. A efectos prácticos, esta declaración supón comezar a adoptar medidas para conservar os recursos hidráulicos existentes. Por exemplo, a prohibición de usos prescindibles como o baldeo de rúas, o enchido de piscinas ou a rega de xardíns. Así mesmo, en caso de ser preciso, aplicaríanse cortes de auga puntuais.

En concreto, os 32 concellos afectados pola alerta son Beariz, Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda e Vilaboa, da UTE río Lérez; Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cerceda, Coristanco, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Tordoia e Zas, do río Anllóns; e Baiona.

A situación de prealerta implica un seguimento intensivo da situación meteorolóxica e dos niveis de ríos e encoros nos sistemas afectados de Galicia-Costa, así como das posibles incidencias que se detecten. Ademais, prevense medidas de concienciación dirixidas á cidadanía para facer un uso responsable da auga e recomenda aos concellos minimizar os gastos públicos non esenciais. De feito, neste escenario os municipios teñen a obriga de comunicar a Augas de Galicia os seus datos diarios de caudais de consumo.

Neste caso, os concellos afectados e non incluídos xa nas zonas de alerta son: Abegondo, Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Carral, Curtis, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Oza-Cesuras, O Pino, A Pobra do Caramiñal, O Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sobrado, Toques, Trazo, Val do Dubra e Vilasantar, da UTE río Tambre e ría de Muros; Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo, da UTE río Grande; Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Monfero, Oleiros, Paderne, Sada, Vilarmaior, Friol e Guitiriz, do río Mendo e ría de Betanzos; e Alfoz, Foz, Muras, Ourol, O Valadouro e Viveiro, da cunca río Landro e río Ouro.

Cómpre lembrar que mediante o seguimento periódico da situación que fai a través da Oficina Técnica da Seca, o Goberno galego traballa para adiantarse e adoptar medidas ante un posible episodio a futuro de escaseza de auga, así como para garantir a toma de conciencia sobre a necesidade de facer un consumo responsable dos recursos hídricos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO IMPULSA UN INVESTIMENTO HISTÓRICO DE MÁIS DE 3MILLÓNS DE EUROS PARA NOVOS ASFALTADOS NO RURAL

 Trátase do maior investimento realizado ata o de agora nunha única
quenda de asfaltados, cun incremento de preto dun millón de euros
respecto ao último plan executado.
 As 116 actuacións previstas cifrarán en máis de 5 millóns de euros a
contía destinada a asfaltados entre 2025 e 2026, con intervencións en
vías das 51 parroquias da Estrada.

O Concello da Estrada impulsa unha nova fase do seu
plan de mellora da rede viaria municipal no ámbito rural cun investimento de máis de 3
millóns de euros, financiado a través de distintos programas. Trátase do maior
investimento realizado ata o de agora nunha única quenda de asfaltados, cun
incremento de preto dun millón de euros respecto ao último plan executado.
Esta nova fase permitirá executar 116 actuacións de aglomerado en quente en pistas e
camiños municipais distribuídas por distintos puntos do termo rural. Sumadas ás
intervencións xa realizadas ao longo do último ano, o investimento destinado á mellora
dos asfaltados da rede viaria municipal superará os 5 millóns de euros entre 2025 e
2026, chegando con melloras ás vías das 51 parroquias da Estrada.
As obras previstas neste novo plan actuarán nas seguintes infraestruturas de diferentes
parroquias:
• Arnois: Os Bieites, A Carballeira e San Xiao.
• Oca: Outeiro e Oca de Arriba.
• Loimil: Tramo de Riomao á N-525 e Acceso a Os Casares.
• Couso: Mellora de accesos a Fontenlo e mellora de accesos a Couso.
• San Miguel de Barcala: Mellora do acceso ás Quintas.
• San Xurxo de Vea: Mellora do acceso a O Casal e mellora de acceso a Loureiro
de Arriba.

• Santeles: Renda.
• Paradela: Aldea Grande.
• Ribeira: Vilar, Barbude, Baltar-Escola e Baltar-San Vicente.
• Berres: Celeiróns, A Mouteira-O Pereiro,Vilancosta.
• Riobó: Os Besteiros, O Río, Barcia, San Martiño e San Martiño-A Pena.
• Orazo: Vendexa, Currelo-Vilanova, Currelo e Currelo-Baldarís.
• Santa Mariña de Barcala: Santa Mariña.
• Frades: Frades-Casalpaio.
• Santo André de Vea: Trazarís-Cardelle, Cardelle, Ramiráns, Celeiróns, Vera e
Trazarís.
• San Xiao de Vea: Vixín-Sandelle-Gondomar.
• Baloira: Montoiro.
• Toedo: Toedo e Talló.
• Barbude: Trasmonte e Acceso ao Muíño do Salgueiro.
• Moreira: Outeiro, Moreira Nova e A Pica.
• San Tomé de Ancorados: Igrexa-Gontén.
• San Pedro de Ancorados: San Pedro, Brei, Ventosela-San Pedro e Ribas.
• Agar: Gueifas e O Río.
• Matalobos: A Brea.
• A Estrada (rural): Vilar, Acceso Recreo Cultural, Camiño de Penerada-Ouzande,
Camiño dos Ramos e O Pedregal.
• Aguións: O Codeso.
• Callobre: Aldea Grande-A Riba, Nogueira, Vilafruxil, O Vilar, O Vilar-Aldea
Grande.
• Rubín: Bemposta, O Sol, A Igrexa (Rubín)-A Brea (Pardemarín), Foxo-Tras da
Capela e O Sol-Acceso.
• Curantes: Cortes e As Pereiras.

• Ouzande: Alemparte-Sureiros (Somoza).
• Lagartóns: Os Bolos e Ouzamerxe.
• Guimarei: A Torre e Campos-A Cruz.
• Somoza: Castro Ramiro, Cernadela e Vila de Abaixo.
• San Xurxo de Cereixo: O Millarrabo-O Viso, O Millarabo, Señoráns e Constenla.
• Olives: Os Pereiriños-Viladefonso, Fraiz e Fraiz-A Lagoa.
• Pardemarín: Piñeiro-Golfariz e A Brea-Vinseiro.
• Tabeirós: Tabeirós, Tabeirós-Sandán, Sandán, Sandán-Piñoi, Cimáns, Outeiro, As
Carballas, Sar, As Quintas e Tosar.
• Parada: Estrada municipal de San Xorxe a O Arnado e Eiriz-As Vilas.
• Nigoi: Escariz e A Silva.
• Ribela: Vilar-Entrecastrelo e Entrecastrelo-Arnado.
• Arca: Os Carballal-Ascensión e A Goleta.
• Codeseda: Monteagudo, As Quintas, Outeiro e Acceso Arnado-Abragán.
• Liripio: A Canda-Portela e Cabanelas.
• Souto: San Torcado-Campo Lameiro.
«Esta nova fase supón un investimento histórico de máis de tres millóns de euros e,
sumada ás actuacións xa executadas, permitirá superar os cinco millóns de euros
investidos entre 2025 e 2026. O noso obxectivo é claro: que ese esforzo económico se
traduza en mellores comunicacións e en actuacións nas vías das 51 parroquias da
Estrada”, sinalou o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao.
O rexedor asumiu que aínda quedan “moitas necesidades por atender” e quixo
agradecer publicamente “a paciencia e a comprensión que amosan os veciños e
veciñas”. «Xestionar unha rede de 2.000 quilómetros de vías municipais obríganos a
establecer prioridades e unha programación rigorosa”, dixo o alcalde. “Temos unha rede
viaria tan extensa que fai imposible dar resposta a todas as demandas coa rapidez que
todos desexariamos. Por iso estamos a traballar cunha planificación anual,
incrementando en cada fase tanto o investimento como o número de actuacións, para

seguir mellorando progresivamente o estado das nosas estradas e chegar a todo o
territorio”, sinalou Gonzalo Louzao

Publicado en Portada | Deja un comentario