A Estrada xa conta cunhas das mellores pistas de atletismo do mundo

O Lúns demos un gran paso no deporte local coa inauguración das novas pistas de atletismo, unha infraestrutura que será un referente non só para A Estrada, senón para toda Galicia.

🔹 Adrián Ben, campión de Europa e finalista olímpico, eloxiou estas instalacións, destacando que «sodes moi afortunados de ter estas pistas, algo do que moitos non puidemos gozar nos nosos inicios».
🔹 O alcalde Gonzalo Louzao subliñou a importancia desta obra para a nosa comunidade, resultado do esforzo conxunto de varias administracións e dos clubs de atletismo locais, como o Atletismo A Estrada e o CAI.

A partir do luns, estas pistas estarán dispoñibles para os nosos deportistas e veciños. Con estas instalacións, A Estrada reafírmase como a capital galega do deporte! 💪

#AEstrada #Atletismo #Deporte #InstalaciónsDeportivas #CapitalDoDeporte A Estrada Deporte

GALERÍA:

Publicado en Portada | Deja un comentario

Estudantes de FP de seis centros galegos participan nunha competición nacional de vehículos eléctricos fabricados por eles mesmos

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiron hoxe na Estrada á I Carreira Urbana A Estrada-Green Power de vehículos eléctricos na que participan estudantes de FP de seis centros da Comunidade con coches deseñados e fabricados por eles mesmos a través dun proxecto de innovación financiado pola Xunta e coordinado polo Centro Galego de Innovación da FP.

Trátase dos institutos IES de Vilalonga (Sanxenxo), Castro da Uz (As Pontes), María Sarmiento (Viveiro) e O Ribeiro (Ribadavia) e dos centros integrados de FP A Xunqueira (Pontevedra) e Coroso (Ribeira). Xunto con eles tamén participa un equipo da Universidade da Coruña, dous equipos de Cantabria e outro procedente de Asturias.

Os estudantes galegos chegan á cita grazas ao proxecto e-mobilidade STEM na FP, que foi premiado con 27.000€ na última convocatoria de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP que impulsa anualmente o Goberno galego. Neste proxecto participan un total de 14 centros de Formación Profesional galega baixo a coordinación do Instituto IES de Ordes.

A cita ofrece aos estudantes a oportunidade de exercer de deseñadores, mecánicos e pilotos. Así mesmo, asumen todas as tarefas de xestión dun equipo de competición, incluídas a administración de contas, márketing, difusión en redes sociais e xestión web.

Habilidades técnicas e espírito emprendedor

Os conselleiros destacaron a importancia deste evento como un proxecto de desenvolvemento integral do alumno, que ten que demostrar as súas habilidades técnicas ao tempo que se promove o espírito emprendedor, a creatividade e a conciencia ambiental. Aínda que a familia profesional directamente implicada é a de Automoción, ao tratarse dun proxecto disciplinar, tamén participan o resto das familias e profesorado doutros departamentos como o de debuxo para colaborar no deseño, de carpintaría que nalgúns casos fabricaron pezas para os chasis dos coches, ou de electricidade, entre outros.

O Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, con sede en Ourense, axuda aos alumnos participantes a desenvolver o proxecto, mellorando o deseño e a eficiencia dos coches e colaborando coa organización das probas para que os centros poidan testar os vehículos e implementar as melloras necesarias. Non en balde, un dos proxectos de innovación aplicada no que traballa o Eduardo Barreiros é o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para a recarga das baterías dos vehículos eléctricos.

A proba que acolle hoxe A Estrada forma parte do circuíto nacional Fórmula 24+, integrado no proxecto educativo GreenPower Iberia, que busca que o alumnado desenvolva competencias profesionais a través da enxeñería e a xestión de proxectos, participando en eventos organizados en diferentes categorías segundo as idades.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Inaguración da pista de atletismo Lúns 21 de Outubro as 18.00hen A Estrada

 

 

💯💯💯 Chegou o momento de inaugurar a nosa pista de atletismo 😍

✅️ Xa temos data: luns día 21 de outubro.
✅️ Xa temos horario: ás 18 horas
✅️ Xa temos os convites enviados

💥💥💥 E xa temos o noso convidado especial, que nos vai acompañar neste día tan importante para o deporte estradense… @adrianben !!!!!!

➡️ Convidamos a tod@s @s estradenses, a que nos acompañen no acto de inauguración este vindeiro luns.

🚗 Lembramos que o acceso é polo aparcadoiro do #camponovomunicipal

😊 Agardamos a vosa visita para coñecer a instalación, e saudar a un Campión de Europa 😜

Deporte Galego  @conspresidenciaxunta Deputación Pontevedra  Federación Galega Atletismo  @agaspxunta @xuntagalicia Concello A Estrada  #pistadeatletismoaestrada #aestradadeporte #atletismoaestrada #caiaestrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA APOSTA POR REDUCIR OS TEMPOS NA BUSCA DEPERSOAS DESAPARECIDAS CO PROXECTO ‘DRONEFINDER’

― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as instalacións
do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), que conta
cunha unidade operativa de drons
― O Goberno galego destinará máis de 721.300 euros a esta solución innovadora que
combina o uso de vehículos non tripulados e a intelixencia artificial
― Diego Calvo avanzou que as contas da consellería para 2025 inclúen tamén o avance
no novo edificio xudicial da Estrada, que supón un investimento total de máis de 3,2M€
e se prevé que estea rematado no primeiro semestre do próximo ano
― As axudas dirixidas a entidades veciñais rexistrarán unha suba histórica ata os 4M€, o
Plan da Cooperación Galega aumentará un 10% ata os 9,9M€ e manteranse as
bonificacións coa Tarxeta Xente Nova e a Tarifa 65+ no transporte público autonómico

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e
Deportes, Diego Calvo acompañado pola alcalde Estradense Gonzalo Louzao, asistiu hoxe nas instalacións do Grupo de Apoio Loxístico (GALI)
da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) no Centro Integrado de Atención ás
Emerxencias (CIAE) 112 Galicia á simulación da busca dunha persoa desaparecida cun
dos vehículos non tripulados da unidade operativa de drons do GALI.
Durante esta visita, na que estivo acompañado do xerente da Axega, Marcos Araújo,
anunciou que precisamente os orzamentos da consellería para 2025 inclúen unha partida
de 721.300 euros para avanzar no desenvolvemento do proxecto Dronefinder, unha
innovadora solución tecnolóxica coa que se pretende reducir os tempos de busca de
persoas desaparecidas, tendo en conta que para o éxito destas operacións as primeiras 48
horas son vitais.
Diego Calvo explicou que con esta solución buscase mellorar a eficacia na prevención e
nos operativos de desaparicións involuntarias, sobre todo en colectivos vulnerables como
persoas maiores, con diversidade funcional ou con enfermidades neurodexenerativas.
Trátase dun proxecto desenvolvido pola UTE Aeromedia, Indra e o Instituto Tecnolóxico de
Galicia (ITG) para a Axega que xa foi testada en varios escenarios, demostrando que está
preparada para integrarse en sistemas de servizos de emerxencias, sanidade ou forzas de
seguridade.
Esta tecnoloxía proporciona recursos para buscar e localizar a persoas por mediante a
comunicación do dron cun localizador nun reloxo, un detector de teléfonos móbiles ou
analizando o vídeo das cámaras integradas nos vehículos non tripulados, que analizan de
forma automática e en tempo real imaxes recollidas por cámaras de vídeo duais. Ademais,
permite lanzar un aviso directo aos equipos de emerxencias, reducindo os tempos de
resposta e optimizando os recursos empregados nos operativos de busca.


Os drons do GALI foron mobilizados en máis dun cento de ocasións desde a posta en
marcha do grupo en 2016, das que 15 corresponden ao último ano. Ademais, no 112
Galicia recibiron no que vai de ano case un milleiro de chamadas con situacións deste tipo.
Durante a súa visita, o conselleiro de Presidencia detallou outros proxectos recollidos nos
orzamentos do seu departamento para o próximo ano. No caso do concello da Estrada,
prevese que na primeira metade de 2025 rematen as obras do novo edificio xudicial, no
que a Xunta inviste máis de 3,2 millóns de euros para unificar nunhas instalacións
modernas de máis de 1.400 metros cadrados os dous xulgados de Primeira Instancia do
concello.
Nesta liña, Diego Calvo avanzou tamén que os próximos orzamentos da súa consellería
manterán o compromiso co apoio ao deporte desde a base á elite, cos servizos de
emerxencias pese a ser unha competencia municipal, co acceso ao transporte público
cunhas tarifas bonificadas e coa acción exterior, destacando neste último ámbito o
incremento nun 10% do Plan anual da Cooperación Galega ata os 9,9 millóns de euros.
Por outra parte, sinalou o apoio da Xunta aos concellos con máis de 600 millóns
destinados ás entidades locais este ano entre o Fondo de Cooperación Local e as distintas
liñas de axudas da administración autonómica. A contía incrementarase en 2025 ata aos
os 641 millóns de euros, o maior esforzo da historia da autonomía cos concellos. No que
se refire ao investimento no eido local nos orzamentos de 2025, cómpre destacar o
incremento histórico na orde de axudas a asociacións de veciños e mulleres rurais e de
comunidades de usuarios de augas do Plan de Acción Comunitaria. O próximo ano,
segundo avanzou Diego Calvo, estes colectivos recibirán 4 millóns de euros -un 33% máis
que os 3 millóns deste ano- para garantir o seu funcionamento, o que supón “un
recoñecemento ao seu labor indispensable no desenvolvemento da vida social nos
concellos”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

El Ayuntamiento de A Estrada finaliza las actuaciones para avanzar en la transformación digital

                                                       #NextGeneration

El Ayuntamiento de A Estrada finalizó las actuaciones correspondientes a las líneas estratégicas 4 y 5 de
la Orden TER/836/2022, do 29 de agosto, del Ministerio de Política territorial y Memoria Democrática,
por la que se aprueban las bases reguladoras y se efectúa la convocatoria correspondiente a 2022, de
subvenciones destinadas a la Transformación digital y modernización de las Administraciones de las
Entidades Locales, en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR),
correspondientes a infraestructuras digitales, e interoperabilidad de servicios básicos de administración
digital, respectivamente.
La línea reservada a infraestructuras digitales asciende a 54.185,01 euros, que se dedicaron a la
adquisición de 15 puestos de trabajo inteligentes, un suministro de sistema de grabación y transmisión
de las reuniones de los órganos colegiados y de los diferentes eventos (formación, actos…) que se
desarrollen en el salón de plenos u otras instalaciones municipales, y que incluso permita elaborar en
tiempo real y de forma sencilla video actas firmadas digitalmente para que tengan validez formal.
También se amplió la red de fibra óptica en la zona deportiva, para conectar las diferentes instalaciones
y poder retransmitir los eventos deportivos.
Para la linea 5, el importe asciende a 75.198,92 euros que se dedicaron al desarrollo y despliegue de la
capa de integración de ‘Mi carpeta ciudadana’ de la Administración General del Estado con los sistemas
de administración electrónica de la entidad. De esta manera, los ciudadanos y empresas pueden
acceder y consultar el estado de sus expedientes con el ayuntamiento a través de la Carpeta Ciudadana
del Gobierno de España (https://carpetaciudadana.gob.es/carpeta/clave.htm).
Esta iniciativa viene a completar los servicios de administración electrónica ya disponibles en el
Ayuntamiento, es decir el registro electrónico, las notificaciones y la facturación electrónicas.
Mediante estas inversiones, el Ayuntamiento de A Estrada contribuye a los hitos 167 y 169 y el Objetivo
CID 168, correspondientes a la inversión 3 (Transformación digital y modernización de las distintas
administraciones públicas) del Componente 11 del Plan de Recuperación Transformación y Resiliencia,
gestionado por el Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática.
#NextGeneration

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta comprométese a continuar apoiando iniciativas de mellora para as persoas con trastorno do espectro autista nunha visita a Apacaf

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, trasladou a Apacaf (Asociación de Pais con Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar) o compromiso do Executivo galego de seguir traballando na mellora da calidade de vida das persoas con autismo.

Nunha visita á sede da entidade, Begoña Abeijón acompañada do alcalde estradense salientou o labor que desenvolve esta asociación en Galicia, con distintos centros residenciais de atención ás persoas adultas que con trastorno do espectro autista. Neste senso, a directora xeral lembrou que o concerto social deste ano contempla máis de 250 prazas para persoas con trastorno do espectro autista en distintas entidades da comunidade.

A Xunta colabora con esta asociación no financiamento das 17 prazas da súa residencia na Estrada, así como con axudas para programas e equipamentos a través da convocatoria do 0,7% do IRPF.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O conselleiro do Mar pon en valor o distintivo `PescadeRías´ como elemento diferenciador no mercado dos produtos procedentes da frota artesanal

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este mércores na clausura da primeira das accións de PescadeRías ¿de onde se non? destinadas a consumidores nas prazas de abastos, e que teñen por obxectivo a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal, co fin de que estes sexan claramente diferenciados no mercado.

Este distintivo, creado polo departamento que dirixe Villares e co-financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, é unha garantía de frescura, calidade, respecto medioambiental e de aplicación de prácticas hixiénicas e de manipulación axeitadas por parte dos produtores.

Tal é así que esta marca certifica estes produtos frescos ou preparados, capturados como máximo 24 horas antes da primeira venda, con modalidades de pesca selectiva.

O novo mercado da Estrada acolleu así esta xornada, que incluíu obradoiros e demostracións para achegar ao público os beneficios do peixe fresco galego como piar dunha dieta equilibrada e saudable. Durante o seu desenvolvemento, os consumidores tamén son informados dos aspectos máis relevantes da súa comercialización, como poden ser a etiquetaxe, a trazabilidade ou a seguridade alimentaria.

Esta campaña que procura, ademais da posta en valor da marca e do produto, a dinamización das prazas de abastos como centro referente de calidade e frescura recalará nas vindeiras semanas en Ferrol, Lugo, Ourense e Marín.

Publicado en Portada | Deja un comentario