O Concello da Estrada inicia a mellora
do alumeado público na rúa Serafín Pazo

O Concello da Estrada comezou esta semana a executar
os traballos de mellora do alumeado público na rúa Serafín Pazo, no tramo entre a
Avenida Benito Vigo e a Praza de Galicia.
Esta actuación, enmarcada no Plan Concellos 2021 e que conta cun orzamento de 39.000
euros, busca mellorar a iluminación da rúa adecuándoa á súa recente peonalización. Para
iso, aproveitaranse as estruturas das actuais luminarias de deseño e reforzarase o
alumeado na parte central da rúa cun sistema de luminarias colgadas dunha catenaria.
Os traballos rematarán coa colocación de novo mobiliario urbano -cinco bancos de
deseño e cinco papeleiras- que axudará a completar a humanización da rúa co obxectivo
de favorecer a súa dinamización.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López destaca os avances no acondicionamento da
praia fluvial e anuncia que abrirá o 1 de xullo

o Os/as alumnos/as do Obradoiro de Emprego xa remataron a poda e a replantación
de árbores, a colocación dos bordos e a construción do mobiliario
o O Concello executará a segunda parte do proxecto, que consistirá na construción
dun edificio novo con cafetería, vestiarios e baños, previsto para o 2023

O alcalde da Estrada, José López, asegurou esta mañá que
“a praia fluvial estará plenamente operativa o 1 de xullo”, despois de comprobar os
avances nos traballos de mellora e acondicionamento que están a levar a cabo na praia
fluvial de Liñares os/as alumnos/as dos módulos de xardinería e carpintaría do Obradoiro
de Emprego estradense.
Durante a súa visita, o alcalde estivo acompañado polo director do Obradoiro de
Emprego, Luis Miguel Galván; o concelleiro de Facenda, Alberto Blanco; e o titor do
módulo de xardinería e forestal do Obradoiro, Jose Manuel Picallo.
O director do Obradoiro, Luis Miguel Galván, destacou que están cumprindo “con todos
os prazos establecidos e mais co orzamento”. Concretamente, sinalou entre as
actuacións xa rematadas a poda de 150 árbores “durante case dous meses, xa que parte
dela tivo que realizarse de xeito manual”; a limpeza e o acondicionamento do terreo; a
replantación dun cento de árbores; a colocación dos bordos; e a construción de 10
hamacas, unha pérgola para as persoas con mobilidade reducida e o/a socorrista, unha
ducia de bancos de madeira e seis mesas de madeira, dúas delas para persoas con
mobilidade reducida.
O módulo de carpintaría continuará agora coa construción dun camiño de “zahorra”
cuberta con resina escura para reducir o impacto medioambiental, coa finalidade de que
as persoas con mobilidade reducida poidan chegar ata a zona de baño. Ademáis, forrará
as mesas con madeira e elaborará carteis indicativos. Pola súa banda, o módulo de
xardinería/forestal ten pendente a instalación do sistema de regadío e a plantación de
flores de tempada e arbustivas “intentando buscar as cores do escudo da Estrada”,
asegura Galván.

Na súa intervención, o alcalde da Estrada asegurou que “aínda que o 1 de xullo non
estarán rematados todos os traballos”, xa que o Obradoiro finaliza en agosto, “grazas ao
bo facer dos/as alumnos/as a zona de baño e a de tránsito estarán listas para esa data”.
Ademáis, López destacou a importancia do Obradoiro para a “formación e a mellora da
empregabilidade de mocidade con problemas para incorporarse ao mercado laboral”,
grazas ao certificado de profesionalidade que adquiren os/as alumnos/as ao seu remate.
Unha vez finalice o Obradoiro de Emprego, no mes de agosto, quedará pendente de
realizar “outro proxecto do que xa temos as autorizacións”, asegurou López, e é a
“construción dun edificio singular en madeira con cafetería, vestiarios e baños, que lle
aporten un valor engadido”. O alcalde sinalou que o Concello da Estrada intentará
avanzar nesta segunda parte do proxecto ao longo deste ano, co obxectivo de que se
execute durante o 2023.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O alcalde da Estrada reclama ao Goberno central
melloras na N-640 para reducir a sinistralidade

Solicítalle á Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra información detallada
sobre o estado actual do proxecto de construción da variante da Estrada

O alcalde da Estrada, José López, remitiu un escrito á
Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, dependente do Ministerio de Transportes,
Mobilidade e Axenda Urbana, reclamando “medidas inmediatas” para reducir a
sinistralidade e mellorar a seguridade vial na estrada N-640 ao paso pola vila e polas
parroquias que atravesa.
López lembra que xa lle comunicou en numerosas ocasións ao Goberno central a
perigrosidade desta estrada que atravesa o municipio e resaltou que “ao ser de
titularidade estatal, o Concello non pode actuar sobre ela”. Ademais, incidiu no recente
atropelo dunha menor rexistrado no lugar de Ponteliñares para incidir en que trátase
“dun dos puntos nos que se producen sinistros de maior gravidade”.
Segundo o rexedor, a principal solución que contribuiría a reducir o risco de accidentes
tanto de peóns coma de vehículos sería a construción da variante da N-640, xa que
evitaría o paso dunha cifra considerable de vehículos a través de núcleos de poboación e
facilitaría o transporte de mercadorías, mellorando a seguridade vial.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Cen estradenses poderán asistir como público á
gravación dun novo programa da TVG na Estrada

 O concelleiro de Eventos, Gonzalo Louzao, anunciou esta
mañá que a Televisión de Galicia (TVG) agasallou ao Concello da Estrada con 100
invitacións para asistir como público á gravación do programa especial “Tanxuverbena”,
que terá lugar este xoves 28 de abril na praia fluvial de A Praíña, en Couso, en
agradecemento pola colaboración do Concello coas tarefas de producción do evento.
O programa contará coas actuacións de Tanxugueiras, Xoana, Grande Amore, Boyanka
Kostova, Familia Caamagno, La Quinkillada, Rozalén e Andrés Suárez. Aqueles
estradenses que estean interesados en asistir como público á gravación, poderán recoller
de balde como máximo dúas invitacións por persoa no Departamento de Cultura do
Concello da Estrada a partir de mañá.
As persoas que conten con invitación deberán entrar no recinto habilitado para a
gravación do programa este xoves 28 de abril entre as 19.30 e as 20.30 horas, e terán
que permanecer no interior ate o remate da gravación, que se estima que finalice ao
redor das 1.30 horas da madrugada. Durante a celebración do evento haberá un
operativo de seguridade coordinado por Emerxencias da Estrada, Policía Local e a Garda
Civil de Tráfico, e só se poderá aparcar nas zonas habilitadas.
O edil de Eventos quixo “agradecer á TVG a confianza de achegarse á Estrada e contar
coa veciñanza estradense para realizar un programa pensado para ese día tan especial”,
xa que se emitirá en horario de máxima audiencia o Día das Letras Galegas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

SAN XORXE DE CEREIXO REÚNE A CENTOS DE FIEIS NA SÚA GRAN FESTA






A Estrada abriu onte o seu calendario de festas populares coa celebración dunha nova edición da sempre multitudinaria festa de San Xorxe de Cereixo. Centos de fieis asistiron ás citas cos actos litúrxicos da mañá e moitos outros gozaron da comida popular e da festa nunha celebración que, aínda que non chegou aos datos de asistencia previos á pandemia, si recordou tempos que quedaron soterrados na memoria dende 2019. O denominado Día da Carne comezou con misas rezadas cada hora e unha misa solemne con procesión, tras a que saían en procesión desde a igrexa parroquial o Santo e as outras tres figuras: Santa Rita, a Virxe do Carme, a Virxe de as Angustias e a Virxe de Belén. Tras a procesión levouse a cabo a tradicional bendición, na que os crentes pasaron por debaixo das figuras. Nesta ocasión tamén se sumaron os participantes na Ruta Cabalar do San Xorxe á espera de que o Santo bendiga os seus cabalos e calquera animal presente. A procesión estivo acompañada polo desfile da Banda Municipal da Estrada.
Tamén pola mañá subiron ao escenario máis dun centenar de músicos para participar nun concerto da cantante Marietta cos coros das parroquias de Curantes, Arca, Tabeirós, Santa Cristina de Vea, Paradela, San Miguel de Castro e San Pedro. de Ancorados
Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG presenta unha batería de iniciativas para mellorar a seguranza vial da N-640

Desde o BNG da Estrada impulsamos a presentación dunha iniciativa no Congreso, a través do noso deputado, Néstor Rego, para acometer as obras necesarias para a mellora integral da seguranza vial da N-640, ao seu paso polo noso concello, especialmente no tramo comprendido entre os núcleos de poboación de Matalobos, A Estrada, Lagartóns, Ponte Liñares, O Sol e O Foxo, un tramo de case 27 quilómetros onde é habitual os accidentes de maior ou menor consideración para os peóns.

Na iniciativa rexistrada por Néstor Rego, instamos ao goberno español a contemplar entre as medidas de seguranza vial que se propoñan a instalación de pasos de peóns e semáforos nos núcleos rurais deste tramo de 27 quilómetros.

Desde o BNG agardamos unha maior sensibilidade por parte do goberno de PSOE e Podemos, que a que amosaron hai poucos meses cunha iniciativa semellante para mellorar a seguranza vial no tramo do núcleo urbano. Nesta ocasión o Ministerio de Transportes despachou a iniciativa indicando que non lle constaban que houbese problemas de seguranza vial no tramo do casco urbano, a pesar de que en 2019 rexistráronse cinco atropelos, un deles mortal. Neste sentido, tendo en conta o último atropelo ocorrido en Ponte Liñares, o goberno español non pode mirar para outro lado e debe actuar xa para cortar de raíz os accidentes neste tramo de 27 quilómetros da N-640.

Mellora do cruce da N-640 co PO-2016

A iniciativa rexistrada polo noso deputado, Néstor Rego, tamén se contempla a mellora do enlace da N-640 coa PO-2016 que conduce a Guimarei, Cereixo e Vinseiro. Para o BNG a mellora pasaría pola construción dunha rotonda ou ben mudando a situación do enlace que permita incorporarse ao vial da Deputación de Pontevedra sen dificultades.

Impulso á Variante


Por outra parte, desde o BNG da Estrada volvemos a insistir na necesario impulso que debe ter a Variante da N-640. A construción deste vial sería unha mellora para o transporte de mercadorías, senón que permitiría diminuír o tráfico de vehículos entre Callobre e Matalobos, especialmente no casco urbano, un tramo con 17 pasos a peóns e 9 semáforos.

Obvia dicir que canto menos tráfico pase por este tramo, menor é o risco de accidentes para os veciños e veciñas que viven nas marxes da N-640.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Concellaría de Emprego asume tarefas da
Fundación Cultural e reforza os seus servizos

O concelleiro de Emprego, Óscar Durán, anuncia que o
seu departamento asumirá temporalmente os servizos en materia de emprego que se
viñan prestando ata agora a través da Fundación Cultural, agás a xestión do Plan
Integrado de Emprego (PIE) ou os cursos de Accións Formativas para Persoas
Desempregadas (AFD) convocados pola Xunta de Galicia.Tras poñer de manifesto que “aínda que as administracións locais non contan con
competencias directas en materia de emprego”, o edil salientou que o obxectivo do
goberno local é “garantir a prestación duns servicios que son fundamentais para
dinamizar o mercado laboral, e máis na actual época de inestabilidade e crise, e tratar de
reforzalos apostando pola presencialidade”.
Durán precisou que no Departamento de Emprego a veciñanza pódese beneficiar de
servizos como asesoramento para a elaboración do curriculum vitae, orientación laboral,
preparación de entrevistas profesionais, inscrición de solicitudes de traballo en portais
de emprego ou apoio na tramitación de subvencións.
Aquelas persoas que o precisen poden acudir ao Departamento de Emprego en horario
de 9.00 a 14.30 horas, sen necesidade de cita previa, ou tamén chamando ao teléfono
986 777 740. Ademáis, a partir de agora, solicitando cita previa a cidadanía poderá recibir
tamén orientación en materia de emprego en horario de tarde.

Publicado en Portada | Deja un comentario