Xosé Magariños: “as presas non son boas conselleiras e iso lévaos a vulnerar a lei electoral que prohibe taxativamente realizar anuncios de proxectos, como acaba de facer o grupo de goberno e o alcalde os días 29 e 30 de marzo”
“Ao PP véñenlle agora as presas por facer anuncios”, afirmou o concelleiro do BNG e candidato á alcaldía, Xosé Magariños. “Xa o dixemos non hai moitas semanas, o PP non ía dar feito despois de pasar catro anos sen facer nada”, engadiu, “mais as presas non son boas conselleiras e iso lévaos a vulnerar a lei electoral que prohibe taxativamente realizar anuncios de proxectos, como acaba de facer o grupo de goberno e o alcalde os días 29, 30 e 31 de marzo, nos que se anunciaban os asfaltados de 43 pistas por valor de 1,1 millóns de euros, a construción dunha pista de atletismo na AGASP e a creación dun plan parcial para crear solo industrial público en Toedo”. “O artigo 50 da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral establece claramente que, unha vez están convocadas as eleccións, neste caso as Xerais, queda prohibido realizar calquera acto de inauguración de obras ou servizos públicos ou proxectos destes, calquera que sexa a denominación utilizada, sen prexuízo de que as citadas obras ou servizos poidan entrar en funcionamento no citado período”, explicou o concelleiro nacionalista. “Ao noso entender”, indicou Magariños, “eses anuncios, son electoralistas e son innecesarios para para a mellora da xestión dos servizos públicos, e baixo a aparencia de subministrar información aos veciños e veciñas da Estrada consideramos que as actuacións descritas infrinxen o deber de neutralidade dos poderes públicos en período electoral”. “Neste sentido”, explicou o concelleiro e candidato do BNG, “vimos de presentar unha denuncia na Xunta Electoral de Zona para que esta inste ao goberno municipal da Estrada, así como ao seu alcalde, a que non sucesivo se absteñan de realizar anuncios de índole semellante”. “Como dixen antes”, engadiu, “o concello é de todas e todos, e a institución ten que ser neutral en todos os comicios electorais”.
A formación liderada por Mar Branco concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio cunha lista conformada por persoas de perfís moi distintos, tanto académicos como profesionais, para devolver o poder ás e ós estradenses.
Na tarde de hoxe Movemento Veciñal Estradense (Móvete) deu a coñecer oficialmente a súa candidatura para as eleccións municipais, nun acto público presentado polo locutor e cómico Fran Campos. Tras un vídeo inicial no que se puxo de relevo a actuación de Móvete como partido de oposición durante a actual lexislatura, Campos foi desvelando un por un os nomes que conforman a lista coa que a formación veciñal aspira a liderar un cambio progresista.
A concelleira Mar Blanco Casais,
reelexida cabeza de lista nas primarias da formación, é a única muller candidata á alcaldía para a vindeira lexislatura.
Licenciada en Ciencias Políticas pola USC, realizou tamén un Máster en Xestión
Pública, e exerceu durante os últimos catro anos como portavoz da formación no
Concello, realizando unha oposición moi crítica contra as políticas de José
López, ao que acusa de “malgasto e mala xestión” e “que tan só vela polos seus
intereses persoais e non polo de todos os estradenses”.
Mar Blanco lembrou que Móvete é a
única formación que durante a última lexislatura traballou por resolver os
problemas reais da xente, e asegurou que a súa é “a mellor candidatura, preparada para liderar
un cambio progresista de esquerdas”. A súa lista está conformada por persoas
con traxectorias moi diferentes, pero aos que une o desexo de participar nun
proxecto de garantías que traballe por un Concello que se preocupa dos
problemas da cidadanía. A candidatura elaborouse tendo en conta a traxectoria
profesional e política dos seus integrantes, o que deu como resultado unha
lista “cargada de experiencia, preparación e ilusión”. “Somos unha
candidatura chea de persoas solventes, responsables, honestas, con ilusión e
con ganas de traballar dende o goberno por unha A Estrada renovada e
próspera”.
“Quremos gobernar para facernos cardo dos problemas
actuais e anticiparnos aos futuros, porque Gobernar é ser realistas e saber
xestionar de xeito eficaz e eficiente os recursos que hai, saber priorizar,
atender o urxente, pero tamén antepoñerse aos problemas futuros”.
O segundo posto da lista ocúpao Iván Sanmartín Eirín. Licenciado en
Dereito pola USC, exerce como avogado no seu propio bufete desde 2004, ademais
de traballar como asesor xurídico para a asociación Rapa das Bestas e
organizacións como Saúde Mental Feafes Galicia ou o Sindicato Labrego Galego.
Durante a súa intervención no acto de presentación, Sanmartín destacou o seu
interese por frenar a perda de poboación no rural, e púxose como obxectivos
“apoiar e facilitar as cousas aos pequenos productores agrícolas e gandeiros, o
fomento do cooperativismo, así como liderar unha transición forestal atractiva
desde o eucalipto cara especies autoctonas que xeren riqueza”.
Como número tres irá Ana Lanevschi Puente, canadense de
ascendencia galega, que traballou como veterinaria en Canadá, Estados Unidos,
Países Baixos e Inglaterra, e tamén no mundo docente, na facultade de medicina
veterinaria en Canadá, e na industria farmacéutica. Ana retornou á Estrada hai
uns anos para traballar no sector da agricultura ecolóxica na súa leira no Val
do Ulla. Na súa opinión, o obxectivo de
Móvete debe ser “tomarlle o
pulso á súa cidadanía e buscar conxuntamente solucións co fin de conseguir un
rural vivo e un núcleo urbano dinámico, e reflectir esta relación próxima coa cidadanía no seu goberno”.
Lorenzo Chedas Redondo (4), é graduado en Xornalismo e
diplomado en Educación Primaria. Obtivo o Premio Extraordinario de Fin de
Carreira da Xunta de Galicia e actualmente traballa como mestre de educación
primaria. Lorenzo, que xa formou parte da candidatura de 2015, afirmou que
“durante estes últimos catro anos, o goberno de José López navegou coa mesma
incompetencia que de cotío, terminando por deixar completamente á deriva ao
pobo estradense”. Segundo dixo, “con este PP, a igualdade de oportunidades é
unha burla macabra, e debe porse punto e final ao seu patético espectáculo”.
Enrique Reboredo Durán (5), membro do Grupo de Emerxencias
Supramunicipal da Estrada e técnico en Emerxencias Sanitarias en Ambulancias do
Nordés; e Antía Expósito Guerrero
(6), moza activista polos dereitos da muller e polo medio ambiente, pertencente
á parroquia de Callobre, pechan o seis primeiros postos da lista.
A lista continúa con Dolores Rey Bernardez (7), graduada en
protésico dental, que durante anos exerceu diversos labores profesionais no
municipio; Carlos Fernández (8), traballador da Oficina Comarcal Agraria; o
profesor de secundaria e licenciado en Economía Gregorio Durán Sánchez (9); María
Chedas Camba (10), de Ouzande, monitora de actividades físicas e programadora;
o avicultor Manolo Blanco Casais
(11); o mozo suízo e graduado en Ciencias Políticas Adrián HuseinniPisos(12); a docente e licenciada en
Filoloxía Francesa e Galego-Portuguesa, María
Teresa Iglesias Yugat (13), natural de San Miguel de Castro; e José Ignacio Reino Rubira (Naso) (14),
xubilado de banca e referente do Club Deportivo Estradense.
Integran o resto da lista a moza Lara BlancoFernández(15),
graduada en Educación Social e colaborada en diversos proxectos de cooperación
ao desenvolvemento e voluntariado; o topógrafo Miguel Ángel Touriño Moreira (16) natural de Sabucedo; María Jesús Sánchez Luces (17), Oficial
do Rexistro da Propiedade e vinculada desde hai anos ao mundo do teatro e ao
ámbito cultural do municipio; Mario
López Payo (18), experto no sector do turismo e profesional neste durante
anos; Manuel Sangiao Camoira (19),
emigrante retornado e veciño de Figueroa; a activista polo feminismo Nerea Sanmartín (20), de Ouzande; e
pecha a lista o veciño de Codeseda, José
Bugallo (21), economista e traballador na administración local. Como
suplentes, Móvete conta con María Alejandra Godoy, venezolana filla de
emigrantes estradenses; Jesús Manuel Figueroa, de Loimil; e Silvia García Coto,
da Estrada.
No acto presentouse tamén o novo
logotipo da formación, continuista co anterior, pero co que Móvete quere
facer unha alusión directa ós montes que dan vida e sentido ó rural estradense,
tristemente esquecido polo actual goberno.
O acto rematouse coa actuación do
grupo local Plan Siberia, que interpretou para os presentes a que será a canción
oficial da candidatura de Móvete para as eleccións municipais de maio, A
peza “A Estrada”, incluída no segundo disco da banda, Volboretei. A
canción é unha clara homenaxe ao municipio e fala acerca do orgullo de sentirse
estradense, algo que desde Móvete queren destacar para evitar que o Concello
continúe en mans “dun goberno local que está a deixar escapar as
oportunidades”.
Na noite de onte presentouse no Mome o libro Zapatos Máxicos, de Fernando González Graña coa presenza do lingüística Valentín García, o concelleiro de cultura Juán Constenlae o ilustrador do poemario Xaquín Blanco.
Tamén participará Manoele de Felisa cunha breve actuación musicale un grupo de rapaces do CEIP do Foxo recitando varios poemas.
A ROMARÍA ESTRADENSE NESTA EDICIÓN TRATARÁ DE CONSOLIDARSE E LUCIR COMO ANTANO UNHA XORNADA MULTITUDINARIA, LOGO DE VARIOS ANOS DE RECUPERACIÓN CONGREGANDO MILLEIROS DE ASISTENTES NO SEU DÍA GRANDE CON TREIXADURA E LOS SATÉLITES COMO GRANDES RECLAMOS
É difícil dar testemuño da orixe exacta da festa de San Xorxe, pero é doado asegurar que esta remóntase ao século XIX. Así pois, a principal característica desta festa é o carácter máxico das atribucións curativas que se fan ao San Xorxe e a particularidade de que sexa adicado ás doenzas dos animais, converténdose nunha figura de referencia agraria e gandeira nunha sociedade moi dependente das cabezas do gando para o sustento familiar. Foi por iso, que Cereixo, que gozou de ser a capital do municipio que hoxe coñecemos como A Estrada, se cenvertera durante a segunda metade do século XIX e ata finais do século XX, nunha festa de referencia para as comarcas agrarias e gandeiras dos arredores e incluso atraendo público internacional como se recolle nas publicacións da época. Temos a sorte de que a festa, no ritual e fundamental, non mudou, mais mudou a propia estrutura sociolóxica da comarca e a festa adaptouse ao sino dos tempos. Se no século XIX atopabamos os clásicos cantares de cego e a forma de troular propia da época, na que ademais os romeiros ficaban varios días na vila, hoxe os romeiros, máis desconectados da vida agraria e as súas formas e costumes, acoden a unha festa que no lecer colectivo é moderna, pero que na tradición entronca directamente co pasado inmediato do modo de vida en Galicia mantendo as esmolas de carne, espigas, varas e estampas coa imaxe do Santo. Un més de actos relixiosos e festivos completarán decenas de actividades nesta parroquia do corazón da Estrada. O 23 de abril, día de San Xorxe, celebrarase cunha misa solemne as 11:00 h. E por todo o alto celebrarase ó domingo seguinte, 28 de abril, coñecido como Domingo da Carne, por ser cacheiras, uñas e codillos parte das esmolas que os devotos lle ofrecen ó santo. Esta xornada comezará con misas a cada hora a partir das 9:00 h e solemne as 13:00 h. Pola tarde misa as 18:30 h. No campo da festa a música non parará en toda a xornada. A mañán estará amenizada pola Banda de Música Municipal da Estrada e a partir das 11:30 h subiranse 150 persoas ó escenario nun concerto que aúna ó Grupo de Acordeóns Os Lóstregos xunto con 10 coros parroquiais (San Miguel de Castro, Santa Crisina de Vea, Paradela, Arca, Moreira, Curantes, San Pedro de Ancorados, Tabeirós, San Paio da Estrada e Rarís de Teo) e as voces de Marietta, Érica Vidal e Cristina Cimadevila, dirixidos por Gonzalo Gonzalez Iglesias; simbolizando a antiga unión do rural da zona nesta romaría tradicional. Despois da tradicional procesión, recuperarase a queima do boneco de pólvora, na que unha tradicional figuriña de un ciclista comezará a xirar ata estoupar. Ó mediodía, ó igual que estos últimos anos, celebrarase un Xantar Popular que nas últimas edicións gozou de moito éxito, superando os 700 comensais, cun menú basado en entrantes, prato principal de carne de paleta con guarnición, torta larpeira, café e chupito, por 14 €. Para este xantar é necesaria a inscripción na Tintorería Elegante. Tamén haberá pulpeiro. E case sen parar, as 17:00 h comezará a verbena con unha das orquestras de maior recoñecido prestixio da nosa comunidade, finalista dos premios Martín Códax da música 2018 na categoría de verbena e con 80 anos de historia, a ORQUESTRA LOS SATÉLITES. Sen descanso seguiralles un dos grupos de música tradicional máis queridos polo público galego que logrou elevar a música tradicional ao máximo nivel nunha traxectoria excepcional na que xa destacan 25 anos de vida, 6 discos e unha espectacular conxunción entre o seu gran orfeón e a música de gaita e acordeón: TREIXADURA fará bailar a todo o campo da festa de San Xorxe nunha xornada na que a música tradicional continuará máis viva ca nunca. A última nota musical poñerana os Djs estradenses Carlos López e Iván Campos, que extenderán a xornada ata chegada a noite. Así pois será un día de romaría ateigada de actividades moi variadas sumando ata 16 horas de festa seguidas. O segunte domingo, o día 5 de maio, celebrarase a Nosa Señora das Angustias, con misas a cada hora a partir das 11:00 e solemne as 13:00. A nota musical estará posta pola Banda de Gaitas de Barbude e os Sin Son Ghaiteiros, e o capítulo gastronómico, polo I Asado de Porco Gratis para tódolos asistentes. O terceiro domingo da festa, 12 de maio, é o adicado á Nosa Señora do Belén, cunha misa solemne ás 13:00 h. E para finalizar, o día 13 de maio as 21:00 h comezará unha novidosa novena na honra a Santa Rita con procesión á luz das candeas tódolos días ata o día 22 de maio, día propio da celebración, onde os oficios relixiosos comezarán a cada hora a partir das 9:00 h e solemne as 13:00 h.
O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, propuxo na comisión de facenda que analiza os orzamentos de 2019 reducir a liña de gasto do goberno municipal. Segundo explicou o concelleiro “non podemos continuar despilfarrando os cartos, é insostíbel”. Entres as propostas de redución do gasto o BNG propón suprimir a praza de asesoría xurídica “que queren crear, xa que hai unha duplicidade, o secretario ou secretaria do concello xa suple perfectamente esa función”.
O concelleiro nacionalista tamén propón que “o concello renegocie coa Xunta de Galiza determinados convenios que están absorbendo recursos propios; o que están facendo os gobernos amigos do PP é pedirlle ao amigo pobre, neste caso o concello, para que lle sufrague os seus gatos”.
“O PP non aceptou as nosas suxestións”, explicou o concelleiro do BNG, “segue coa súa carreira de gastar ao tolo, non son capaces de conter o gasto, porque saben que logo vén a Deputación a sacarlle as castañas do lume, asfaltándolle os viais municipais, que o concello non é quen de facer”.
Despois de preto de 200 actuacións realizadas ao longo dos últimos sete anos, mañá venres comeza unha nova xira do ciclo de distribución cultural polas parroquias estradenses O Teleclub da Comedia, unha xira que chega esta primavera á súa décimo quinta edición.O obxectivo non é outro que o de descentralizar as actividades culturais achegándoas, na medida do posible, a aqueles ámbitos de poboación rural desprovistos de infraestruturas; favorecendo, por unha banda, a captación de público e a consolidación dun ciclo de exhibición cultural permanente. Isto, sen esquecer, que a programación destas actividades, está servindo tamén para poñer en valor espazos como antigas escolas, teleclubs e outros locais sociais, presentes en cada parroquia e medir co público a novos artistas estradenses.O ciclo dará comezo o 29 de marzo en Toedo e rematará o 2 de xuño no local social de Parada. Entre medias, a caravana do Teleclub da Comedia visitará as parroquias de Cora, San Pedro de Ancorados, Matalobos, Callobre, Riobó, Lamas, San Tomé de Ancorados, Sabucedo, Curantes, Arnois, Moreira e Sto André de Vea, ademais da residencia da 3ª idade da Estrada.Os artistas que participarán nesta edición son en gran parte de procedencia estradense: Sali Torres, Mari Rivadulla, Chelo do Rejo, Chus Picallo, Manolo do Atlético, o Mago Toño, Isi, a compañía teatral Disfunción Continua, o Padre Xiao, o Padre Merino e a Escola Municipal de Artes Escénicas aos que se sumará o cómico Pedro Brandariz e o mimo Nono.
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.