A ESTRADA ACOLLE O SÁBADO UN DOS CATRO OBRADOIROS DOPROGRAMA PROVINCIAL “XUVENTUDE EN VIÑETAS”

 Convocado na Sala Abanca, entre as 11.00 e as 13.00 horas, ten un
carácter gratuíto e está dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos.
 As prazas son limitadas e os interesados adentraranse no deseño de
personaxes, da man da ilustradora Lucía Cid.

A Estrada acollerá este sábado un dos obradoiros
gratuítos do programa Xuventude en Viñetas, impulsado pola Deputación de
Pontevedra. A iniciativa da institución provincial arranca este xoves, 13 de novembro, en
Pontevedra e consiste nun ciclo de obradoiros de banda deseñada dirixidos a mozas e
mozos de entre 12 e 18 anos.
A proposta artéllase en catro obradoiros, dous en nivel de iniciación e outros dous de
carácter intermedio. Todos eles cun fío condutor común: a vida na provincia. As pezas
realizadas polos participantes formarán parte dunha exposición.
No caso da Estrada, a experiencia proposta terá un nivel de iniciación. Desenvolverase
este sábado, 15 de novembro, na Sala Abanca e en horario de 11.00 a 13.00 horas. Estará
centrado na creación de personaxes e será impartido por Lucía Cid, actualmente
centrada en proxectos de creacións de cómics e ilustración de libros infantís e xuvenís.
O obradoiro arrancará abordando os fundamentos básicos de creación de personaxes,
para continuar adentrándose no proceso creativo. Inclúe un exercicio práctico de hora e
media de duración, titulado “Deseña un personaxe de fantasía inspirado na túa vila”.
Como queda avanzado, os obradoiros de Xuventude en Viñetas son gratuítos, se ben as
prazas son limitadas (de 8 a 15 persoas por obradoiro). Cada participante deberá levar
papel, lapis, goma, bolígrafos e rotuladores. As inscricións realízanse cun formulario en
liña na página web da Deputación de Pontevedra.
Xuventude en Viñetas arrancará o xoves con “Banda deseñada desde cero. O meu día a
día en viñetas”. Tralo seu paso por Pontevedra, chega á Estrada e, de seguido, o 22 de
novembro recalará en Sanxenxo cunha temática que xirará arredor de como se fai un
manga. O último dos obradoiros será en Ponteareas (29 de novembro) para abordar a
composición visual na banda deseñada.

Xuventude en Viñetas busca fomentar os intereses artísticos da mocidade da provincia,
á vez que promove a creatividade como unha ferramenta de expresión persoal e ofrece
un ocio saudable e alternativo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

OS ORZAMENTOS DE 2026 INCLUIRÁN UNHA PARTIDA PARAACONDICIONAR UNHA NOVA ZONA VERDE NA CARBALLEIRA DEMELANIA

 As contas municipais contemplarán 200.000 euros no capítulo de
investimentos, aos que se sumaría o arrendamento dos terreos.
 Louzao retoma as xestións cos propietarios para o alugueiro desta bolsa,
duns 6.000 metros cadrados, entre as rúas San Antón e Gradín.
 O goberno ten xa perfilada a actuación, que combinaría “un novo
pulmón verde” cunha zona de estacionamento a carón da urbanización
de chalés.
 Respectaría a vexetación e arborado actuais para crear unha zona de
paseo e esparexemento, abríndoa á malla urbana na que se asenta.

Screenshot

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, deu a
coñecer hoxe unha das partidas que figura no capítulo de investimentos dentro do
proxecto de orzamentos para o 2026 que o goberno veu configurando nas últimas
semanas, coa previsión de que sexa aprobado en pleno no vindeiro mes de decembro. O
rexedor avanzou que as contas municipais para o próximo exercicio reservarán 200.000
euros para o acondicionamento da superficie popularmente coñecida como Carballeira
de Melania. O obxectivo é configurar unha nova zona verde e de esparexemento entre
as rúas San Antón e Gradín, que o executivo pretende abrir -pola vía do arrendamentoao desfrute público.
Louzao Dono explicou que esta contía estaría especificamente reservada para o
acondicionamento deste solo e iría recollida no orzamento a maiores da consignación de
fondos para o arrendamento dos propios terreos. Este último figuraría incluído dentro
das partidas do departamento de Urbanismo para alugueiros.
A creación desta nova e céntrica zona de esparexemento está pensada sobre unha
superficie duns 6.000 metros cadrados, enmarcados polas dúas rúas anteriormente
citadas. Trátase dunha zona actualmente en desuso, conformada por 14 solares
pertencentes a unha trintena de propietarios. Así, o alcalde explicou que xa retomou

persoalmente os contactos cos titulares, se ben recoñeceu que aínda ten pendentes
reunións con algúns dos afectados.
Este contacto da administración municipal cos donos dos terreos xa fora iniciada
durante a recta final do goberno de José López Campos, momento no que o Concello
presentoulles a proposta de abonar unha renda anual a cambio da cesión de uso, por un
período mínimo de catro anos.
Aposta firme
Gonzalo Louzao sinalou que incluír unha partida específica para a Carballeira de Melania
nos orzamentos de 2026 comporta que o seu goberno aposta firmemente pola creación
dun “pulmón verde” que aproveite as especies arbóreas existentes nestes terreos e abra
á cidadanía o uso dun novo espazo nun entorno moi céntrico.
O alcalde recoñeceu que o executivo ten xa unha proposta para o recinto, que podería
concretarse unha vez conseguida a cesión. A xeito de avance, apuntou que a idea pasa
por combinar a zona verde coa reserva dunha área de estacionamento pegada á
urbanización de chalés existente a carón da igrexa parroquial.
Sinalou tamén que a pretensión sería abrir o recinto á malla urbana na que se asenta, de
xeito que se valoraría a retirada do muro que o separa da Rúa San Antón e que supón
unha importante barreira estética. A superficie verde mantería a estrutura natural do
terreo, se ben sería obxecto dunha humanización respectuosa coa vexetación e
arborado, aproveitando a zona de sombra, formando paseos e salpicando o conxunto de
mobiliario urbano. O rexedor recoñeceu que sería preciso analizar como salvar a
pendente existente ou como garantir a seguridade ante esta diferenza de nivel.
Acceso dende San Antón e Gradín
Louzao sinalou igualmente que a intención é que a Carballeira de Melania teña acceso
tanto dende Gradín como dende a Rúa San Antón, de xeito que o parque sirva tamén
para conectar estas dúas rúas.
Despois de referirse a actualización das xestións cos propietarios dos terreos que está en
marcha, o mandatario estradense expresou o seu desexo de que estes acordos
frutifiquen “para que en 2026, despois de incorporalo ao capítulo de investimentos,
poidamos facer que esta zona sexa unha realidade moi pronto”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO DA ESTRADA AFONDA NA FORMACIÓN DIXITAL, CONESPECIAL FINCAPÉ EN CURSOS ORIENTADOS A PERSOAS MAIORES

 Ofrece tres novas convocatorias gratuítas dentro de programa
YoConecto, impulsado pola Fundación Cibervoluntarios.
 A inscrición para o primeiro deles, de iniciación ao mundo dixital,
pecharase o vindeiro xoves.

O Concello de A Estrada ofrecerá tres novos cursos
gratuítos de formación dixital dentro do programa YoConecto, impulsado pola
Fundación Cibervoluntarios e financiado polos fondos Next Generation da Unión
Europea, a través do Ministerio para a Transformación Dixital. Trátase dunha iniciativa
pensada para achegar o mundo dixital á veciñanza, con especial orientación cara as
persoas maiores, buscando axudarlles a perderlle o medo á tecnoloxía.
As sesións serán moi prácticas e realizaranse en grupos reducidos, cunha metodoloxía
sinxela e acompañada. Durante estes cursos as persoas participantes poderán aprender
a realizar trámites coa administración (pedir cita no médico, descargar recibos ou
solicitar axudas); empregar aplicación útiles no seu día a día (caso de WhatsApp, mapas
ou apps de saúde); realizar compras e operacións bancarias en liña de forma segura;
falar por videochamada ou descubrir novas ferramentas para o lecer, a aprendizaxe e a
comunicación.
As formacións impartiranse de xeito presencial na Casa da Música, en horario de 10.00 a
13.00 horas. Cada curso terá unha duración total de 12 horas, repartidas en catro sesións
de tres horas. A calendarización dos curso é a seguinte:
•YoConecto L4. Iniciación ao mundo dixital, dirixido a maiores de 18 anos. Os días: 2, 4, 9
e 11 de decembro.
•YoConecto L1. Apps para xestionar trámites en internet. Dirixido a maiores de 60 anos.
Os días 20, 22, 27 e 29 de xaneiro.
•YoConecto L1. A túa banca dixital e compras seguras en liña. Dirixido a maiores de 60
anos. Días 3, 5, 10 e 12 de marzo.

As persoas interesadas poden inscribirse tanto de xeito telemático como no
departamento de Emprego e Orientación Laboral do Concello da Estrada, na primeira
planta do consistorio. Para ampliar esta información poden chamar ao 986 677 740.
Para o curso de decembro a data límite para inscribirse será o vindeiro xoves, 13 de
novembro. Para o curso de xaneiro haberá que anotarse antes do día 2 dese mesmo mes
e para o de marzo a inscrición pecha o 12 de febreiro.
Para que a actividade poida realizarse é preciso contar con 10 persoas inscritas en cada
curso.

Publicado en Portada | Deja un comentario

NOVO POSTO DE ACTUALIZACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

O alcalde da Estrada, @gonzalolouzaodono, o comisario da Policía Nacional Juan José Díaz e o inspector xefe da Policía Local da Estrada, Javier García, presentaron esta mañá o Posto de Actualización de Documentación (PAD) que xa funciona na Casa das Letras da Estrada.
Este servizo permite renovar os certificados do DNI electrónico ou efectuar tarefas como a modificación do contrasinal de acceso, de xeito rápido e sinxelo.
O acto aproveitouse tamén para facer balance do funcionamento, dende o pasado mes de abril, do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) co que a Policía Nacional comezou a desprazarse á Estrada o pasado mes de abril.
A demanda fai que nestes intres sexan tres a visitas mensuais e que, ao remate do ano, vaia situarse arredor dos 700 documentos emitidos.
O servizo evita os desprazamentos a outras localidades para a expedición ou renovación do DNI e pasaporte. A axilidade é tamén importante: en 10 minutos o usuarios marcha do documento na man.
Importante: as citas para a o DNI xestiónanse a través da Policía Local da Estrada. As citas para o 2 de decembro están agotadas e xa está mediado o cupo das dúas seguintes.
Os interesados teñen que chamar para ao  986570898
Publicado en Portada | Deja un comentario

PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN PARA O 25 DE NOVEMBRO

As concelleiras de Servizos Sociais e Cultura, Amalia Goldar e Lucía Seoane, respectivamente, presentaron este mediodía a programación deseñada para conmemorar o 25 de novembro como Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
«No Concello da Estrada entendemos que a loita contra esta lacra é algo que nos afecta e require da implicación de todos, de maneira que hai que enfocala de xeito transversal», explicaron, para reafirmar, de seguido, «o compromiso firme deste Concello na loita contra todas as formas de violencia machista».
O martes 25 de novembro, ás 20.00 horas e na Praza da Constitución, celebrarase unha concentración con velas. «É un acto moi sinxelo pero que ten a intención de ser moi simbólico e participativo. Buscamos que esas velas que conforman o símbolo feminino iluminen tamén un espazo para o encontro e reflexión», sinalou Goldar. Neste acto lerase o manifesto consensuado entre todas as forzas políticas da Estrada.
Seoane presentou a programación cultural deseñada para o 25N. «Estamos convencidos de que a cultura é unha ferramenta moi poderosa que nos axuda a transformar mentalidades e a construír unha sociedade máis igualitaria», sinalou.
A vertente cultural arranca este sábado xa, con teatro. Ás 20.30 e no Teatro Principal porase en escena «As R(h)umorosas», un espectáculo cómico que fusiona monólogos, sketchs, música e poesía para reinterpretar a vida de mulleres galegas ilustres como Emilia Pardo Bazán ou María Casares.
O venres 21 de novembro compañía Verdeveras porá en escena a peza «As formas do amor» e o día 29 chegará o concerto da cantautura norteamericana Dayna Kurtz.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A NOVA LIÑA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA EVENTOS DEPORTIVOSRESPALDA A TOTALIDADE DOS 15 PROXECTOS PRESENTADOS

 O departamento municipal de Deportes comenzou a remitir esta mesma
mañá as comunicacións aos clubs, que agora terán que aportar a
documentación xustificativa.
 Estas subvencións veñen engadirse aos 104.100 euros distribuídos este
ano polo Concello da Estrada entre 29 clubs e deportistas federados do
municipio.

O Concello da Estrada vén de aprobar a resolución
das subvencións a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para a realización
de eventos, unha nova liña de axudas municipais que respaldará a totalidade dos 15
proxectos que foron presentados en tempo e forma. Algúns dos solicitantes presentaron
dous proxectos, o máximo que permitían as bases por cada un dos clubs.
O departamento municipal de Deportes comenzou a remitir esta mesma mañá as
comunicacións aos clubs, indicando en cada caso a achega concedida en virtude do
evento e en concordancia coas bases que rexen esta convocatoria. Dende a recepción
desta comunicación abrirase un prazo de 10 días hábiles para que procedan a aportar a
documentación xustificativa.
Esta nova convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva ideouse para
respaldar os eventos deportivos de carácter puntual desenvolvidos no Concello da
Estrada entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025 por entidades ou
asociacións deportivas legalmente constituídas, sen ánimo de lucro e que teñan unha
repercusión social, económica e turística, ademais de servir como escaparate e
promoción da actividade física entre a cidadanía estradense.
As entidades e eventos que obteñen fondos desta nova liña de subvencións son as que
seguen:
• Escola Estrada Fútbol Base: VIII Torneo Internacional Benxamín.
• Escola Estrada Fútbol Base: Torneo Prebenxamín.
• A Cambadela Loita: Xornada Loitas Olímpicas.
• Socade: XIV Raid Hípico Internacional do Salmón.
• Asociación Río Umia: IV Proba Cans de Rastro sobre Xabarín.
• Escudería San Paio: IV Rallymix da Sidra.
• CBD Sondodance: XXI Trofeo Sondodance de Baile Deportivo.
• Judo Club Base: Gala de Kyus Paso de Cinto.
• Judo Club Base: Torneo Judo Infantil.
• Estrada Fútbol Sala Feminino: VI Torneo de Verán.
• Sport Team Estrada: IV Triangular Concello da Estrada.
• Club de Tenis RC: IV Aberto de Tenis Martínez Otero.
• CNS A Estrada: Campionato Autonómico de Salvamento.
• Club Bádminton A Estrada: Campionato Galego Absoluto.
• Club RC A Estrada: Campionato Galego TT Gas.
Perséguense con esta nova liña específica para eventos deportivos a potenciación do
deporte, a promoción da práctica deportiva e apoiar as competicións deportivas
federadas de interese que as impulsen e eleven, asemade, o nivel competitivo das
distintas modalidades, ademais de servir como reclamo para o público afeccionado en
xeral.
Estas subvencións veñen engadirse aos 104.100 euros distribuídos este ano polo
Concello da Estrada entre 29 clubs e deportistas federados do municipio.
Gala do Deporte
Noutra orde de cousas, Deportes A Estrada puxo xa data para a agardada Gala do
Deporte. Será o luns 22 de decembro, a partires das 20.00 horas, no Teatro Principal. Os
integrantes do xurado reuniranse nos vindeiros días e comezan xa as gravacións da
actividade deportiva

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA PON EN MARCHA UN NOVO PROGRAMA INTEGRADO DEEMPREGO, TRAS ACADAR O ANO PASADO UNHA INSERCIÓN DO 100%

 Esta ferramenta será compartido cos concellos de Cuntis, Moraña,
Caldas de Reis, Portas e Barro.
 Estará dotado con 100 prazas e os interesados poden inscribirse xa no
departamento de Emprego e Orientación Laboral do Concello.
 Arranca o 15 de decembro e combina formación con prácticas en
empresas, un modelo que na última edición garantiu a incorporación de
todos os participantes no mercado laboral.

O Concello da Estrada pon en marcha, xunto cos
concellos de Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas e Barro, un novo Programa Integrado
de Emprego (PIE), despois de pechar a última edición cunha inserción laboral do 100%.
Os interesados en participar na convocatoria deste ano poden xa inscribirse a través do
servizo municipal de Emprego e Orientación Laboral, situado no primeiro andar do
consistorio.
O programa busca mellorar a ocupabilidade e a inserción no mercado laboral para
persoas que se atopan en situación de desemprego. Desta volta, o plan que impulsan
estes catro concellos está especificamente dirixido a maiores de 52 anos, menores de
30, mulleres de calquera idade, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión
social.
Dende hoxe mesmo quedou aberto o período de inscrición, tendo en conta que o
programa bota a andar o vindeiro 15 de decembro, chegando ao 14 de outubro de 2026.
De novo serán 100 os participantes destes catro concellos que poidan sumarse á
experiencia, se ben nas oficinas de emprego constátase un elevado número de persoas
da Estrada interesadas en participar no programa.
A que recibirán todos os asistentes será unha formación transversal, común a diversas
ocupacións. É o caso de materias como a prevención de riscos laborais ou ensinanzas de
carreteiro. Deste xeito, os contidos formativos serán os orientados a oficios nos que
actualmente se detecta unha elevada demanda de traballadores: electricidade,
fontanería, xardinería, soldadura, almacén, charcutaría ou peixaría, entre outros.

As horas de formación impartiranse entre A Estrada e Cuntis. As persoas participantes
terán unha bolsa de 10 euros ao día por asistencia e entregaráselles unha tablet. O
Programa Integrado de Emprego combina a formación coa experiencia práctica en
empresas, tendo en conta que o principal obxectivo deste plan é conseguir á inserción
laboral da totalidade dos participantes.
Esta fórmula fixo que o pasado ano todos aqueles que se incorporaron en prácticas a
distintas empresas puidesen atopar un contrato de traballo nestas mesmas firmas.

Publicado en Portada | Deja un comentario