O NOVO PLAN DE MANTEMENTO CHEGOU XA A TRES DAS 47PARROQUIAS NAS QUE MELLORARÁ O ESTADO DUN TOTAL DE 189 VÍAS

 Cun investimento de 200.000 euros, o programa leva un mes en
execución. Comezou en Tabeirós, continuou por Parada e chega a
Moreira.
 A suma dos plans provinciais e autonómicos permitien este ano ao
Concello programar licitacións “en 75 vías de 33 parroquias”.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, aproveitou
esta semana o seu percorrido polo rural -as visitas que fai co arquitecto técnico
municipal para encamiñar o ambicioso proxecto de humanizacións que se financiará con
fondos europeos do Plan EDIL- para coñecer de preto o avance do plan de mantemento
de infraestruturas viarias que realizará arranxos en 189 vías municipais de 47 parroquias.
Este plan é unha novidade que se suma aos diferentes programas de asfaltados
deseñados para este exercicio. Cun investimento de 200.000 euros, enmárcase no Plan
+Provincia, financiado pola Deputación de Pontevedra. As obras levan
aproximadamente un mes de execución. Comezaron na parroquia de Tabeirós,
continuaron pola de Parada e nestes intres chegaron a Moreira. Así continuarán ata
pasar polas 47 parroquias que figuran no proxecto.
Dende o goberno estradense púxose hoxe o acento en que A Estrada conta cunha rede
viaria municipal asfaltada que supera os 1.000 quilómetros de lonxitude e que resulta
vertebradora e estratéxica para o desenvolvemento económico, social e territorial do
municipio. Neste senso, o alcalde estradense, Gonzalo Louzao, fixo fincapé en que
manter esta rede viaria en bo estado constitúe “unha actuación estratéxica para o tecido
empresarial e comercial do municipio”.
O mandatario asumiu que moitas destas vías urxen un arranxo en profundidade
mediante a reposición da totalidade do pavimento pero, no caso doutras, estímase que
podería ser suficiente coa realización de arranxos puntuais que permitan alongar a vida
útil da vía. É este o obxectivo do programa que se atopa en execución.
“Estamos executando neste momento o primeiro plan de asfaltados que licitamos hai
uns meses, pendentes de rematar obras en Vinseiro e Matalobos”, explicou Louzao.

Lembrou que a suma dos plans provinciais e autonómicos permitien este ano ao
Concello programar licitacións “en 75 vías de 33 parroquias”.
“Son moitas as vías que necesitan mantemento e somos conscientes de que o 2026 ten
que ser tamén un ano con un investimento importante nesta materia. Se este ano
investimos 2 millóns de euros, queremos investir outro tanto o ano que vén para
afrontar outras necesidades perentorias”, dixo o alcalde. “Mentres non chegan eses
asfaltados en quente, para que sexan duradeiros, activamos este bacheo nas vías en
peor estado. O que buscamos é mellorar a súa situación transitoria ata que cheguen os
asfaltados, que chegarán”, concluíu Louzao.

Publicado en Portada | Deja un comentario

GONZALO LOUZAO: “A DEPUTACIÓN NON PON OS PROBLEMAS PARA ACONEXIÓN DA EP-7016 E N-640. O QUE PON SON OS CARTOS”

 “O señor López Bueno sacou a camiseta da Estrada para vestir a que
verdadeiramente sinte: a do seu partido”, sinala o alcalde, en resposta ás
declaracións do voceiro socialista.
 “Sitúa de xeito artificioso o problema onde non o hai, nun intento
desesperado por taparlle as vergoñas ao ministerio, sen asumir que é o
que está abstaculizando esta obra”, declara o rexedor.
 “Pendín unha cita con Transportes para tentar buscar unha solución
aos problemas que lle estaban poñendo á Deputación antes de que se
asinara o informe, pero non se molestaron nin en contestar”, dixo.
 Reitera que o proxecto para o que había consenso co ministerio durante
o goberno de Carmela Silva agora atopa atrancos co de Luis López.

“Teño que recoñecerlle ao PSOE que se lle dá moi
ben facer xirar a manivela da máquina do fango que el mesmo inventou”, ironizou o
alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao. Despois de recoñecerse pouco dado a alimentar os
debates estériles e populistas “que tanto lle gustan aos socialistas e tan pouco merecen
os estradenses”, o mandatario declarou: “o señor López Bueno sacou a camiseta da
Estrada para vestir a que verdadeiramente sinte: a do seu partido”. “Está poñendo o
foco onde non hai que poñelo, nun intento desesperado por taparlle as vergoñas ao
ministerio, sen asumir que é o que está obstaculizando esta obra”, declarou o xefe do
executivo local.
“A Deputación de Pontevedra non pon os problemas, señor Bueno. O que pon son os
cartos necesarios para sacar adiante esta obra, contando coa colaboración do Concello
da Estrada, que é quen paga as expropiacións”, respondeu Louzao. O rexedor lamentou
que o voceiro do grupo municipal do PSOE abandonase “á primeira de cambio” o
consenso e o apoio sen fisuras a unha obra “completamente necesaria e urxente para
mellorar a seguridade de condutores e peóns no enlace entre a EP-7016 e a N-640”.
“Sitúa, de xeito artificioso un problema onde non o hai, tentando á desesperada ocultar
que o mesmo proxecto para o que antes había consenso co ministerio no goberno

provincial de Carmela Silva, agora atopa atrancos co de Luis López”, manifestou o
alcalde.
Louzao Dono sinalou que o proxecto para crear esta variante, que ofreza unha conexión
máis segura entre a vía provincial que vai da Estrada a Vinseiro e As Casetas coa N-640,
iniciou a súa redacción durante o goberno de Carmela Silva, se ben non continuou a súa
tramitación. Insistiu en que “foi consensuado coas persoas que estaban dirixindo o
Ministerio de Transportes na provincia de Pontevedra naquel momento”, se ben, cando
agora o goberno popular de Luis López decide executalo, atopa unha resolución negativa
por cuestións técnicas.
Tentativa de desbloqueo
“Só faltaba este informe para poder asinar o convenio e comezar a obra, que é o que nos
piden os veciños”, lembrou o alcalde. “Pendín unha cita con Transportes para tentar
buscar unha solución aos problemas que lle estaban poñendo á Deputación antes de que
se asinara o informe, pero non se molestaron nin en contestar”, relatou. “Cheguei a ir alí
e dixeron que chamarían, cousa que non fixeron. Puxénme en contacto co subdelegado
do Goberno en Pontevedra, que dixo que tería unha reunión na que preguntaría por esta
cuestión, pero preferiron filtrarlle antes a resposta á prensa e chamarme a min despois”.
“Todo un detalle institucional”, censurou o rexedor.
“Casualmente, as supostas motivacións técnicas que ofrece o voceiro do PSOE son un
calco das publicadas pola prensa. Vese que está informado de primeira man”, engadiu
con ironía. Gonzalo Louzao suxeriu ao voceiro socialista que “volva ao lugar no que o
puxeron os veciños da Estrada e defenda os seus intereses”. “Con este enfoque o único
que demostra é que lle preocupa ben pouco esta obra e a seguridade; para el semella
máis urxente xustificar ao seu partido”, manifestou.
“As cousas soluciónanse con vontade política e ata o de agora non a vin”, engadiu o
mandatario estradense. Rematou sinalando que agora o único importante é que se
convoque a reunión a tres bandas -Deputación, Concello e Transportes- que solicitou
para desbloquear este proxecto “o máis axiña posible”. “A min é o que me importa. A
demagoxia barata déixolla a outros”, concluíu.

Publicado en Portada | Deja un comentario

MAGARIÑOS E SEOANE SÚMANSE Á EXPERIENCIA INCIBE

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Manuel
Magariños, desprazouse esta mañá ata a Sala Abanca para comprobar como está
funcionando na vila a experiencia itinerante do Instituto Nacional de Ciberseguridade de
España (INCIBE), unha entidade dependente do Ministerio para a Transformación Dixital
e de Función Pública
Xa foron moitos os estradenses, sobre todo estudantes, que se achegaron ata as
instalacións . É este un espazo que viaxa por toda España e no que a cidadanía no seu
conxunto e as empresas poden profundar, dun xeito lúdico, na importancia das boas
prácticas na rede.
O que se busca é facilitar unha completa concienciación en materia de ciberseguridade,
xa que INCIBE persegue elevar os niveis necesarios de cultura nesta materia para que
calquera usuario poida desenvolverse con confianza e seguridade na era dixital.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA DESEÑA UN DÍA DE ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 15DE OUTUBRO COMO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL

 En apoio ao mercado de proximidade e á produción local, capitaneada
por moitas mulleres, distintas asociacións farán a compra co chef Álex
Iglesias, con posterior showcooking e degustación.
 Pola tarde, Marisa Diéguez e as irmás Rosario e Dolores Gamallo
achegarán os seus exemplos de emprendemento e apoderamento
feminino dende o rural estradense.

A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, dou
a coñecer hoxe a programación coa que o Concello da Estrada conmemorará o 15 de
outubro como Día Internacional da Muller Rural. Fíxoo no marco do espazo radiofónico
centrado en Igualdade que emite cada xoves a emisora municipal Radio Estrada,
conducido por Pablo García en colaboración coa tamén presidenta da asociación
Mulleres da Estrada, Kim Llobet. Coincidindo coa celebración feiral do vindeiro
mércores, o Novo Mercado será o espazo para a primeira parte dun programa que
buscará falar do apoderamento feminino nun ámbito no que o papel das mulleres
sempre foi crucial.
“A sociedade non se pode entender sen o papel da muller e o rural aínda menos”,
sinalou Goldar, logo de que Llobet recoñecese que A Estrada sempre conmemora esta
data destacada “como un punto de inflexión para agradecer a contribución do mundo
feminino ao espazo rural”. “Este ano volveremos facelo cun acto no que se pretende
combinar gratitude e recoñecemento”, coincidiron.
O programa arrancará o 15 de outubro arredor das 11.30 horas e da man de distintas
asociacións de mulleres. En apoio ao mercado de proximidade e á produción local, en
gran parte dos casos sustentada por mulleres, unha representante de cada un destes
colectivos fará a compra no Novo Mercado co chef Álex Iglesias. Gozarán da variada
oferta dos produtos de cercanía, que logo prepararán nun showcooking. A actividade
matutina, convocada en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR)
Pontevedra Norte, rematará con degustación.
Xa pola tarde e na Sala MOME, a programación continuará con dous exemplos de
mulleres dedicadas profesionalmente ao medio rural e a sectores tradicionalmente

masculinizados. É o caso das irmáns Dolores e Rosario Gamallo, da empresa estradense
Gamallo Forestal, que se dedica ao subministro de leña para chemineas e cociñas.
A outra convidada será Marisa Diéguez, dedicada a produción de mazá para a
elaboración da sidra, un sector de gran pulo no tecido primario estradense.
Todas elas compartirán cos asistentes as súas propias experiencias, afondando na idea
de que o medio rural é un ámbito axeitado para o emprendemento e o apoderamento
feminino ou, como expresou Goldar, “que o noso rural ten futuro”.
A concelleira de Servizos Sociais quixo aproveitar a ocasión para incluír nesta xornada
centrada na muller rural unha petición de apoio ao mercado de proximidade. “Quero
que o acto sirva tamén para promover que a xente merque no Novo Mercado os nosos
produtos de proximidade, de excelente calidade e detrás dos que están moitas mulleres.
Non hai máis que ver as bancadas dos mércores, por exemplo”, dixo Amalia Goldar.
“Para que o noso mercado municipal sobreviva é necesario que o consumidor confíe no
esforzo destas produtoras e produtores. Os que non poidamos ir os mércores, sempre
podemos ir os sábados”, apuntou. Indicou que o mércores estará presente nesta
xornada a asocición de productores estradenses.
Finalmente, a concelleira quixo facer hoxe un recoñecemento á muller rural tamén na
figura de Avelina Valladares, como creadora cultural e protagonista do Rexurdimento
das nosas letras dende a parroquia estradense de Berres. O 15 de outubro estará xa
próximo a data na que se conmemora o 200 aniversario do seu nacemento, nun 2025 no
que o Concello da Estrada lle dedica o seu Ano Cultural.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada reunirá a 1.500 persoas no Campionato Zonal de Cross Xogade

Uns 1.500 alumnos dos colexios da Estrada, Cuntis e Moraña daranse cita este venres pola mañá nas piscinas municipais para participar no Campionato Zonal de Campo a Través 2025-2026. Todos os alumnos dos colexios da Estrada participarán na competición, que se desenvolverá de 10:45 a 12:40 horas, unha taxa de participación do 100 % que o alcalde, Gonzalo Louzao Dono, quixo destacar

Publicado en Portada | Deja un comentario

GONZALO LOUZAO: “O MESMO PROXECTO QUE ANTES FOICONSENSUADO CO MINISTERIO RECIBE AGORA UNHA NEGATIVA PORCUESTIÓNS TÉCNICAS”

 O alcalde da Estrada, sorprendido ante a resposta de Transportes ao
proxecto da conexión da EP-7016 coa N-640 nas Colonias,
“consensuado durante o goberno de Carmela Silva”.
 “O que pido é que se poñan traballar. Que falen e que vexan cales son os
problemas co normativa actual que alega o ministerio e que se
solucionen”, di o mandatario.
 O rexedor solicita unha reunión técnica a tres bandas e recalca que a
actual Deputación se comprometeu financiar a totalidade da obra,
asumindo o Concello as expropiacións.
 “O que necesitan obras coma esta é vontade política”.

A conexión entre a EP-7016 e a N-640, á altura da
rotonda das Colonias, é algo que dende hai tempo preocupa ao goberno estradense por
unha cuestión de seguridade vial. O pulo definitivo para que pudiese arrancar esta
mellora estaba pendente do informe sectorial do Ministerio de Transportes, preciso
para asinar o convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello da Estrada. De
feito, despois de coñecer esta situación no transcurso dunha reunión (o pasado mes de
marzo) coa deputada provincial de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, o alcalde
estradense, Gonzalo Louzao, púxose en contacto coa Subdelegación do Goberno para
trasladarlle a urxencia desta tramitación e da propia obra.
Hoxe, o xefe do executivo local recibiu a noticia da denegación pola prensa, se ben horas
máis tarde coñeceu a resolución de man da Subdelegación. “Amanecimos sorprendidos
pola negativa do Ministerio á solicitude, máis que nada porque este é o mesmo proxecto
consensuado durante o goberno provincial de Carmela Silva”, manifestou o rexedor.
“Isto non pode ser así. Eu pido unha reflexión: este proxecto iniciou a súa redacción coa
vontade do goberno anterior de Carmela Silva, aínda que non continuou a súa
tramitación. É un proxecto encargado e elaborado polo anterior goberno provincial do
PSOE que, polo que nos din dende a institución provincial, foi consensuado coas persoas

que estaban dirixindo o Ministerio de Transportes na provincia de Pontevedra naquel
momento”, sinalou Louzao, xusto antes de engadir: “Agora o mesmo proxecto que antes
foi consensuado co ministerio recibe unha negativa por cuestións técnicas”. “Non quero
ser suspicaz con que A Estrada sexa un goberno do Partido Popular e a Deputación de
Pontevedra sexa un goberno da mesma cor”, manifestou.
Vontade política
“O que pido é que se poñan traballar”, declarou o alcalde da Estrada, que lembrou que
existe o compromiso da Deputación para financiar ao 100% “un proxecto que ten que
ver coa seguridade dos cidadáns”. “Que falen e que vexan cales son os problemas coa
normativa actual que alega Transportes e que se solucionen neste proxecto”, continuou
Gonzalo Louzao. “Se o Ministerio non lle puxo problemas á rotonda do Mercadona, non
sei cales pode haber nesta”, ironizou.
Louzao recalcou que esta actuación “tiña que ser realidade neste ano” e que o Concello
reservou ao efecto nos oarzamentos municipais os 63.000 euros precisos para facer
fonte ás expropiacións dos terreos aos dos propietarios afectados.
“Un pau”
Nesta mesma liña, o rexedor incidiu en que o Concello fixo os deberes e o proxecto
estaba xa elaborado na época socialista, aínda que foi agora, co goberno de Luis López,
cando recibiu o impulso e o financiamento necesario por parte da Deputación. “Só
estabamos pendentes da resolución do ministerio para asinar ese convenio e agora
recibimos este pau”, lamentou, recalcando de seguido que son moitos os veciños da
Estrada que empregan este vial, “pero sobre todo os das parroquias de Guimarei,
Vinseiro, Cereixo e Lagartóns, que hoxe reciben esta nova sobre unha necesidade
acuciante”.
Louzao Dono non quixo deixar pasar a ocasión de lembrar que todos os grupos políticos
con representación municipal coincidiron na urxencia desta obra. “Falamos de que non
hai ancho suficiente, de que é unha saída moi insegura a deste pequeno tramo da
PO-7016 cara a N-640”. “É unha estrada que une as parroquias de Guimarei, Vinseiro,
Cereixo e nos une co veciño concello de Forcarei, por tanto unha estrada moi transitada
e que dá servizo a unha poboación importante dunha parte central do noso concello e
que nos conecta coa parte sur”, recalcou o alcalde, que reiterou a súa preocupación logo
de teren conseguido a vontade da Deputación de iniciar o procedemento para eses
“escasos 300 metros que unen a rotonda das Colonias con esta vía que popularmente se
coñece como estrada a Vinseiro”.
“Xa non falemos de que non hai espazo para os peóns e de que a saída é insegura para os
vehículos utilitarios, senón de que cando sae un vehículo longo como un autobús ou un

camión provoca, non só un problema nesa estrada a Vinseiro, senón tamén para o
entronque coa N-640”, incidiu o mandatario estradense. “Estamos falando de mellorar a
seguridade”, sentenciou, visiblemente molesto cunha resposta de Transportes que
alude a criterios técnicos.
Gonzalo Louzao dixo que hoxe mesmo o Concello solicitará unha reunión técnica a tres
bandas para “buscar unha solución”. “O necesitan obras coma esta é vontade política”,
defendeu o alcalde da Estrada.
A obra
O que se pretende con esta obra é executar unha conexión máis segura entre a vía
provincial que vai da Estrada a Vinseiro e As Casetas coa nacional. O financiamento da
actuación será integramente asumido pola institución provincial, con un orzamento que
superará os 216.000 euros. Pola súa banda, o Concello tería que asumir as expropiacións
para poder dotar dunha maior anchura á estrada.
A EP-7016 ten un treito inicial cun ancho moi reducido, sen beiravías e con moi pouca
visibilidade, xa que a traza presenta curvas pronunciadas. O proxecto supón a
construción dunha variante que conecte a vía coa N-640 á altura da rotonda das
Colonias. A nova conexión terá un trazado lineal, con 7 metros de ancho, fronte aos 4,5
da actual. Asemade, contará con beiravías de medio metro en ambas dúas marxes, co
que se mellorará a seguridade.

Publicado en Portada | Deja un comentario

ARRANCA A MONTAXE PARA QUE A ESTRADA SE CONVERTA, DENDEESTE VENRES, EN SEDE PARA COPA 5X5 BALONMÁN NA RÚA

A Federación Galega de Balonmán iniciou hoxe a
montaxe das gradas e pistas para que a A Estrada se converta, dende este venres e ata o
domingo, na cuarta sede da Copa 5×5 Balonmán na Rúa, organizada pola Deputación
Provincial de Pontevedra e a citada federación. O evento inclúe á Estrada xunto con
Vigo, Redondela e A Cañiza.
A cita desenvolverase na Praza da Constitución, aos pés do consistorio estradense, e está
aberta á participación de equipos (de entre 5 e 8 xogadores) das categorías benxamín
(anos 2016, 2017 e 2018) e alevín (2014 e 2015). Todos eles recibirán unha equipación
por participar. Deberán acudir cunha persoa responsable maior de 16 anos.
O venres a competición desenvolverase de 16.00 a 20.00 horas. O sábado será de 10.00
a 14.00 e de 16.00 a 20.00, mentres que o domingo o horario será de 10.00 a 14.00,
momento este último no que se fará a entrega de premios.
“É unha gran oportunidade para darlle visibilidade ao balonmán, sacando este deporte
dos pavillóns, para achegalo a todos os públicos na rúa, montando unha gran festa lúdica
e deportiva”, dixo o edil de Deportes, Ismael Pena. “Agardamos que este evento nos dea
ese empuxón definitivo para asentar o balonmán na comarca de Tabeirós-Terra de
Montes e, para iso, que mellor escaparate que ubicalo na Praza da Constitución, no
centro da vila”, declarou

Publicado en Portada | Deja un comentario