EL CONCELLO APURA A REPOSICIÓN DUNHAS 400 LUMINARIAS DORURAL DANADAS POR DÚAS SUCESIVAS DESCARGAS ELÉCTRICAS

 A primeira tronada deixou sen luz máis de 280 puntos en distintas
parroquias e, días despois, unha nova descarga avariou outros 120.
 O habitual stock de 150 pezas non chegou para atender a incidencia, que
se ve tamén condicionada polos tempos de agarda no subministro e
reparación das pezas afectadas.
 A empresa fará un estudo para ver como conseguir que os novos equipos
non sexan tan sensibles ás descargas eléctricas.
 Agardan que as luminarias pendentes queden repostas no prazo “dunha
semana ou dez días”.

O amplo ámbito rural do Concello da Estrada conta con
máis de 10.000 puntos de luz na rede de alumeado público. Este servizo foi obxecto nos
últimos anos dunha ambiciosa actuación de renovación e mellora, sufragada en boa
parte con fondos europeos. Porén, estes días as brigadas municipais dedican esforzos á
reposición de luminarias danadas por dúas descargas eléctricas sucesivas en distintas
parroquias. Tras recibiren diversos avisos no consistorio, dende a administración
municipal detállase que estas incidencias non son casos illados, senón que dúas fortes
tronadas están detrás da avaría duns 400 puntos de luz.
Ante esta situación, o departamento que dirixe Óscar Durán púxose en contacto coa
empresa que fabrica estas luminarias, emprazada en Pontevedra. Técnicos da compañía
visitaron o municipio e avanzaron ao goberno local a intención de realizar un estudo
sobre a sensibilidade dos sensores de descarga, na procura de garantir que teñan unha
maior resistencia ante fenómenos meteorolóxicos coma as tormentas eléctricas. De
igual xeito, dende a empresa asegurouse ao Concello que, no caso de que se volva
producir unha incidencia como a actual, reforzarse a quenda de traballo na planta para
poder acurtar os tempos de resposta.

Durán explicou que na primeira descarga foron 280 os puntos de luz que se viron
afectados. O Concello conta cunha reserva para a reposición de 150 unidades, de xeito
que as existencias esgotáronse en tempo récord e mesmo foron insuficientes para cubrir
as necesidades reais. Máis aínda se se ten en conta que a segunda descarga eléctrica
intensa afectou ao municipio estradense poucos tempo despois, deixando outros 120
puntos afectados.
“O cambio é rápido pero a reparación é lenta na fábrica”, sinalou Óscar Durán. Indicou
que os electricistas do Concello realizan estas saídas levando todo o material se hai stock
(fusible, transformador e cabeza), tentando deixar reparado o punto de luz. Despois, o
material envíase á empresa para a súa reparación, unha cuestión que esixe un tempo de
agarda. O problema neste caso vén dado polo feito de que foron moitas as luminarias
estragadas pola tronada, de maneira que nin as reservas chegaron ni os tempos de
espera se deron acurtando, entre os novos subministros e o que leva efectuar cada
reparación.
Hoxe venres chegaron novos equipos para facer fronte ás reparacións pendentes. Os
electricistas tiñan por diante a reposición de máis de medio cento de luminarias,
estimando que “nunha semana ou dez días” poida quedar completamente resolta a
forte incidencia rexistrada.
A esta situación engádese a circunstancia de que un dos camións lixeiros empregados
por las brigadas de electricistas avariouse. O Concello prepara uns pregos para a
adquisición dun novo camión e para a contratación doutro traballador, de xeito que este
servizo poida quedar reforzado e conte con tres operarios e outros tres vehículos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PP reclama ao Goberno de España que pague a débeda histórica pola Atención á Dependencia, que xa supera os 58 millóns de euros no Deza e Tabeirós-Montes

  • Os populares levan ao pleno da Deputación a esixencia de que o Estado abone os impagos a Galicia por esta prestación, que se elevan a 2.500 millóns, que cesen os recurtes nesta materia tras baixar a achega en 2024 e que se cumpra co financiamento do 50% que recolle a lei
  • A formación abordou a “seria preocupación polo constante racaneo do PSOE nun servizo fundamental orientado aos máis vulnerables” nunha reunión do presidente, Luis López, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, con alcaldes, voceiros e concelleiros da provincia

O PP Provincial de Pontevedra vaille reclamar ao Goberno de España que pague de inmediato a débeda histórica que teñen as arcas estatais coa Comunidade Autónoma de Galicia polo financiamento do Sistema de Atención á Dependencia, que xa alcanza os 58,1 millóns de euros só no que se refire aos oito concellos das bisbarras do Deza e Tabeirós-Terra de Montes no marco dos 771 millóns de euros  pendentes de recibir nesta materia pola atención das persoas da provincia de Pontevedra.

 

Neste senso, cómpre cifrar as cantidades impagadas en materia de dependencia por parte do Executivo central en 2.500 millóns de euros no que respecta a toda Galicia, que foi a cantidade que se lle deixou de pagar por esta prestación básica nos últimos anos.

 

Por elo, os populares van levar ao próximo pleno da Deputación, fixado para o venres 28, unha moción na que lle esixen ao Estado que abone de inmediato os impagos nos que incurríu con Galicia en materia de dependencia, xa que se trata de fondos que tiveron que adiantar a Xunta de Galicia e os concellos “e que nos corresponden para non seguir afondando na ferida do castigo, maltrato e discriminación na que o PSOE segue furgando coa nosa provincia”.

 

Ademais do abono desta cantidade, derivada do incumprimento do financiamento por parte do Estado, que nunca abona o 50% do custe deste servizo malia que llo esixe especificamente a Lei de Dependencia de 2006, o PP tamén inclúe na súa proposta que cesen os recurtes no ámbito deste financiamento, posto que en 2023 o Goberno de España seguíu incumprindo ao pagar o 40% desta prestación, pero o pasado exercicio aínda rebaixou máis a súa achega con Galicia ao sufragar só o 34,9%. Ademais, as perspectivas para o presente 2025, sen Orzamentos Xerais do Estado por segundo ano consecutivo como consecuencia das políticas e pactos do PSOE en Madrid, aínda son peores e témese outra baixada no pago da dependencia co conseguinte prexuízo para os galegos e os pontevedreses.

 

A terceira proposta de acordo desta iniciativa plenaria provincial consiste en trasladarlle ao Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 a necesidade de que, desde o presente ano e sucesivos, asuma o 50% do custe do Sistema de Atención á Dependencia de Galicia para que a Xunta e as administracións locais non teñan que adiantar cartos e a prestación comece a estar axeitadamente financiada.

 

Os populares lembraron que estas solicitudes “son xustas, necesarias e urxentes” e engadiron que o que está a facer o Goberno de España “é incumprir unha lei prexudicando, unha vez máis, a Galicia e aos pontevedreses”, xa que ademais este financiamento é imprescindible polas condicións da nosa comunidade, que é a segunda máis envellecida de España tras Asturias e ten a terceira ratio de dependencia máis elevada despois desta rexión e a de Castela e León. De feito, a comunidade conta na actualidade con 77.000 persoas declaradas como dependentes, das que 23.765 pertencen á provincia de Pontevedra.

 

Malestar polo infrafinanciamento social

Esta proposta plenaria e todas as cuestións vencelladas á dependencia e aos Servizos Sociais foron abordados nunha reunión mantida na sede provincial polo presidente popular, Luis López, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, con alcaldes, voceiros e concelleiros do PP na provincia, que expresaron o seu malestar pola infrafinanciamento ao que o Goberno de España somete ao noso territorio noutro ámbito máis.

 

“Hai unha seria preocupación nos 61 concellos polo constante racaneo do PSOE en calquera ámbito, pero moito máis nun servizo fundamental que está orientado a coidar e atender aos máis vulnerables”, manifestou o tamén presidente da Deputación, que valorou moi positivamente o alto nivel dos servizos e das prestacións impulsadas pola Xunta nesta materia, incluso con solucións novidosas como o Bono Coidado no Fogar, dotado con 5.000 euros, a axuda por praza de residencia, centro de día ou coidador, que alcanza os 1.200 euros, ou o plan de choque dotado con 90 millóns para aprobar a resolución de axudas nun prazo máximo de seis meses.

 

“Todo o moito e bo que se fai en Galicia aínda podería ser máis e mellor se o Goberno de España pagase a cantidade millonaria que nos debe, e incluso sempre defendimos, moito antes ca eles, as súas peticións de universalizar a Axuda no Fogar ou a teleasistencia, pero desde Madrid teñen que deixar de esixir sen poñer cartos e comezar por pagar os 771 millóns da dependencia da provincia que se aforraron ata o momento”, concluíu Luis López.

 

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DA ESTRADA CELEBRA ESTEDOMINGO O SEU CONCERTO DE SOLISTAS CON ESTREA DE PEZAS

 Brais Fernández, Víctor Bascuas e Adrián Silva serán os intérpretes
solistas deste ano, acompañados da banda que dirixe Álvaro Varela.
 Durante o concerto estrearase a peza “Fantasía concertante para frauta
e banda”, do compositor Xosé Carlos Seráns Oliveira, que tamén estará
presente teatro estradense.

O Teatro Principal da Estrada erguerá este domingo,
23 de marzo, o pano para amosar aos integrantes da Banda de Música Municipal da
Estrada sobre o escenario. Será no Concerto de Solistas que ofrecerá a formación baixo a
batuta de Álvaro Varela Ferradáns.
O espectáculo arrancará ás 19.00 horas. Os músicos da banda acompañarán aos tres
intérpretes solistas que protagonizarán o concerto deste ano. Un deles será o gañador
de 2024, Brais Fernández Bascuas, músico de 12 anos que toca a trompeta. Os outros
dous serán Víctor Bascuas Sanmartín (toca o trombón e vén de rematar o Grado
Superior) e Adrián Silva Magdalena (é integrante da Banda de Música Municipal da
Coruña, profesor no Conservatorio Histórico de Santiago e tocará a frauta traveseira).
O concerto estará presentado po Damián Cortés, músico da Banda Municipal da Estrada
que regresou á entidade tras estaren un tempo ausente das actuacións. En canto ao
repertorio, Brais Fernández interpretará “El Cid”, unha peza de Bert Appermont
inspirada no lendario cabaleiro e heroe popular Rodrigo Díaz de Vivar. Despois dunha
apertura tipicamente española, seguirán unha sección máis lenta que recolle elementos
do popular concerto de Aranxuez e do coñecido Adagio de Albinoni. Remata cun potente
acelerado que pecha a obra.
Pola súa banda, Víctor Bascuas escolleu “T-Bone Concerto”, de Johan de Meij. É unha das
obras cumio deste compositor, que foi trombonista profesional, polo que coñece de
primeira man as posibilidades e recursos deste instrumento. A isto engádese a súa valía

como compositor. A peza interpretouse en tódolos recunchos do mundo e é de estudo
obrigado en moitos conservatorios.
Finalmente, Adrián Silva interpretará unha peza de estrea absoluta. Trátase de “Fantasía
concertante para frauta e banda”, de Xosé Carlos Seráns Oliveira, compositor que estará
presente o domingo para desfrutar do concerto. A obra está inspirada nas vivencias e no
enorme vínculo que o autor tivo e teu coa súa filla frautista, Lucía Seráns. Aínda que a
linguaxe musical tende ás veces á modernidade, en xeral a inspiración da obra está na
música popular e tradicional galega. Carlos Seráns é tubista profesional, exercendo
dende hai décadas na Banda Municipal de Santiago. Tamén é director e compositor e foi
sempre un gran dinamizador da música e dos músicos galegos.
O programa do concerto reserva tamén outra peza alegre e festiva, “A Festa das
trompetas”, de Leroy Anderson. Nela, os trompetistas deberán despregar moitas das
posibilidades técnicas do seu instrumento, en especial a rápida articulación.
A Banda Municipal da Estrada aproxímase actualmente aos 70 músicos, cunha media de
idade que se sitúa nos 20 anos.
A entrada ao concerto é libre, ata completar o aforo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LOUZAO E CACHAFEIRO ABORDAN NA DEPUTACIÓN O IMPULSO ÁHUMANIZACIÓN DE PÉREZ VIONDI, A SENDA DO ALTO DA CRUZ AMATALOBOS E A CONEXIÓN DA EP-7016 COA N-640

 Na Rúa Pérez Viondi actuarase nun tramo de 300 metros para mellorar
a mobilidade nun espazo sensible pola presenza dun colexio na principal
entrada ao casco urbano dende o sur do concello.
 As obras incluirán a humanización da praza fronte ao centro educativo,
construíndo unha zona cuberta para as esperas nos días de chuvia.
 A Deputación creará unha variante para a conexión da EP-7016 coa
N-640 á altura da actual rotonda das Colonias.
 Unha senda peonil mellorará seguridade na estrada provincial que parte
do Alto da Cruz ata Matalobos, con 2,5 quilómetros de lonxitude.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, trasladouse esta
mañá ata as dependencias da Deputación de Pontevedra para manter unha reunión coa
nova deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade, a forcaricense Belén
Cachafeiro, ao obxecto de facer repaso das actuacións que o departamento ten en
marcha ou pendentes no municipio estradense. O rexedor centrou o encontro no
impulso a tres actuacións: a humanización da Rúa Pérez Viondi, a conexión entre o vial
provincial A Estrada-Vinseiro e As Casetas coa nacional N-640 e a mellora da mobilidade
peonil na estrada provincial EP-7004, entre Alto da Cruz de Matalobos.
No tocante á humanización da rúa Pérez Viondi, o alcalde estradense obtivo, ao remate
de 2024, o compromiso do presidente da Deputación, Luis López, coa iniciativa na que
foi tamén a súa primeira visita como rexedor da Estrada á sede da institución provincial.
O Concello busca, coa actuación neste acceso ao casco urbano estradense dende o sur
do municipio, dar continuidade á mellora dos espazos urbanos que vén
desenvolvéndose nos últimos anos. A Rúa Pérez Viondi correspóndese no seu primeiro
tramo co discorrer urbano da estrada provincial EP-7001. Son uns 300 metros,
comprendidos entre a conexión con Ouzande e  a Avenida Benito Vigo.
Louzao e Cachafeiro abordaron na reunión de onte como esta obra suporá reordenar os
tráficos peonís e de vehículos para garantir unha mobilidade segura nun entorno que
coincide coa zona de acceso ao colexio Manuel Pérez Viondi, un dos de maior volume de
matrícula que ten A Estrada. Aínda que a rúa ten un asfaltado recente, a urxencia que
traslada o Concello ante esta obra pasa por mellorar as condicións do tránsito, tendo en
conta que é un tramo moi empregado -en especial ás horas de entrada e saída do centro
educativo-e que se integra no plan Camiño Escolar Seguro.
A proposta na que está traballando xa a Deputación implica anchear as beirarrúas e
dotar á Perez Viondi de nova iluminación, zonas verdes e mobiliario. Louzao e Cachafeiro
abordaron tamén a intención de incluír neste proxecto de mellora a actuación na praza
pública que existe diante do colexio. A pretensión é que este recinto quede humanizado,
aspecto que comporta liberalo de vehículos e habilitar nel unha parte cuberta para que
nenos e adultos poidan empregala para gorecerse da chuvia durante os tempos de
espera.
Conexión coa estrada a Vinseiro
Outro dos proxectos que abordaron o alcalde e a deputada provincial de Infraestruturas
foi a conexión entre a EP-7016 e a N-640, unha cuestión que dende hai tempo preocupa
ao goberno local. A intención da institución provincial é executar unha conexión máis
segura entre a vía provincial que vai da Estrada a Vinseiro e As Casetas coa nacional. O
financiamento da actuación será integramente asumido pola institución provincial, con
un orzamento que superará os 216.000 euros. Pola súa banda, o Concello tería que
asumir as expropiacións para poder dotar dunha maior anchura á estrada.
A EP-7016 ten un treito inicial cun ancho moi reducido, sen beiravías e con moi pouca
visibilidade, xa que a traza presenta curvas pronunciadas. O proxecto suporá a
construción dunha variante que conecte a vía coa N-640 á altura da rotonda das
Colonias. A nova conexión terá un trazado lineal, con 7 metros de ancho, fronte aos 4,5
da actual. Asemade, contará con beiravías de medio metro en ambas dúas marxes, co
que se mellorará a seguridade.
Ao remate do acto, o alcalde sinalou que a actuación avanza de xeito decidido e está
pendente agora de informes sectoriais previos á sinatura do convenio entre o Concello e
a Deputación de Pontevedra. Un deles é o de Fomento, polo que se interesou o rexedor
aproveitando a súa presenza na capital provincial, acudindo á Unidade de Estradas do
Estado en Pontevedra. “Este é un tema prioritario porque é unha cuestión de
seguridade. Poder saír con visibilidade cara rotonda é clave para que esta conexión sexa
segura”, apuntou o mandatario.

O alcalde da Estrada e a deputada de Infraestruturas tamén puxeron en común os
avances no proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-7004
entre Alto da Cruz e Matalobos. A pretensión da institución é crear unha senda peonil
para mellorar a seguridade no tránsito. Serán 2,5 quilómetros de senda pola marxe
dereita, ata alcanzar a igrexa parroquial de Matalobos. A marxe esquerda quedará como
ata agora, coa excepción das zonas nas que existen vivendas ao pé da estrada, fronte as
que se fará un formigonado con recollida de pluviais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LOUZAO ASISTE Á TOMA DE POSESIÓN DO CORONEL ESTRADENSEMANUEL TOUCEDA Á FRONTE DA COMANDANCIA DA GARDA CIVIL

 O alcalde da Estrada traslada a felicitación á nova autoridade do
Instituto Armado para a provincia pontevedresa.
 O rexedor ten xa concertada unha reunión para o martes, na que
abordar cuestións de seguridade cidadá e a situación do acuartelamento
da Garda Civil na localidade.

O alcalde estradense, Gonzalo Louzao, asistiu este
mediodía á toma de posesión do estradense Manuel Touceda, que asume o mando da
Comandancia da Garda Civil en Pontevedra. O alcalde aproveitou o acto para felicitar ao
coronel en nome propio e no dos veciños da Estrada, toda vez que regresou ao municipio
quedando emprazado a un novo encontro, esta vez de traballo, para a vindeira semana.
Tras dez anos como número 2 da Comandancia de Pontevedra, Manuel Touceda pasou
brevemente polo acuartelamento da Garda Civil en Lugo en comisión de servizo, xusto
antes de ser elixido para converterse na máxima autoridade de Instituto Armado para a
provincia pontevedresa.
No momento de coñecerse o seu nomeamento, o coronel estradense avogou por
continuar o traballo que se veu facendo dende a Comandancia e que coñece ben. Porén,
apostou por incrementar o peso das unidades de investigación e mellorar na
intervención fronte á violencia de xénero. Sinalou tamén a importancia de preparar as
estruturas para a ciberdelincuencia, que non deixa de incrementarse e que esixe
adaptación.
Louzao Dono remarcou que, durante o discurso que pronunciou onte Manuel Touceda
-o acto celebrouse no acuartelamento da Garda Civil en Domingo Fontán (Poio)- fixo
referencia aos concellos, afondando na relación de cercanía deste corpo para os
cidadáns. “Para os municipios que temos Policía Local, a Garda Civil é tamén un corpo
moi importante para que os veciños perciban esa presenza e sentimento de
seguridade”, dixo o mandatario local. O alcalde trasladou o desexo de acompañar a

Touceda como representante dos estradenses. “El é da Estrada, concretamente do Val
de Vea, e moi orgulloso de selo”, apuntou Louzao, para seguidamente sinalar que ese
sentimento local fixo que tamén o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, o
estradense José López Campos, asistise hoxe á toma de posesión do coronel.
O alcalde da Estrada ten xa concertada unha cita con este mando da Garda Civil. Será o
vindeiro martes, 25 de marzo, ás 10.00. O rexedor trasladou a súa intención de abordar
co coronel Touceda cuestións de seguridade cidadá e tamén a situación do
acuartelamento da Garda Civil na Estrada, tanto no referente a medios como a efectivos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO DA ESTRADA ASESORA AOS VECIÑOS SOBRE OPROGRAMA DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS

 Poden solicitala titulares ou usufructuarios de vivendas unifamilaares
ou colectivas, así como comunidades de propietarios.
 A orquilla das axudas vai de 6.000 a 12.500 euros, incrementándose se
no inmoble reside unha persoa con discapacidade

O Concello da Estrada prestará, a través do seu
departamento de Emprego, asesoramento aos veciños interesados na nova
convocatoria de axudas do programa de mellora da acccesibilidae en viviendas para o
ano 2025.
As actuacións subvencionables son diversas, comenzando pola instalación de
ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas,
incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así
como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente
de persoas con mobilidade reducida, tanto en edificios como en vivendas unifamiliares,
incluíndo os dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade
sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa
sectorial correspondente. Inclúese a integración mediante un único mecanismo de
identificación (teléfono intelixente, cámaras, pantallas ou outros dispositivos
tecnolóxicos equivalentes en canto á súa funcionalidade) dos sistemas de apertura e
control de accesos e doutros sistemas que necesiten control persoal e a adaptación,
cando existan, á altura non superior a 1,40 m dos dispositivos xa instalados.
Tamén se situarían baixo o paraugas desta axuda a instalación ou dotación de produtos
de apoio, tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos
de guiado que permitan a localización ou o acceso e uso por parte das persoas con
discapacidade a elementos comúns do edificio, de ser o caso, tales como xardíns, zonas
deportivas, piscinas e outros similares.
De igual xeito, poderían ser actuacións subvencionables sinais luminosos e visuais,
vibrotáctiles ou sonoros que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores ou
interior de vivendas, así como aqueles produtos de apoio a audición para a

accesibilidade no entorno. Entrarían tamén elementos ou dispositivos electrónicos de
comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que
proporcionan información visual e auditiva e análogos ou instalación de domótica e
doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores
ou con discapacidade.
En canto aos beneficiarios, poden ser propietarios ou usufrutuarios de viviendas
unifamiliares ou vivendas colectivas, así como as comunidades de propietarios. O prazo
de presentación de solicitudes será dun mes, transcorridos 5 dñuas hábiles dendeo
seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Contías da axuda
En relación as contías máximas das axudas, para as vivendas unifamiliares poden chegar
a 12.500 euros; 9.000 euros por vivenda e 90 por metro cadrado de superficie construída
de local comercial ou outros usos compatibles, cando se solicite para actuacións
correspondentes a edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva; e ata 6.000
euros por vivenda cando se solicita para actuacións correspondentes a vivendas situadas
en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda se reside unha persoa
con discapacidade e ata 18.000 euros por inmoble se esta acredita un grao de
discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %

Publicado en Portada | Deja un comentario

AVANZA A TRAMITACIÓN PARA A AMPLIACIÓN PÚBLICA DOPOLÍGONO INDUSTRIAL DE TOEDO, CON CASE 157.000 METROS

 O alcalde mantén un encontro no Concello con técnicos de Xestur
centrado nos traballos para a aprobación do Plan Estruturante de
Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE), previo á urbanización dos
terreos.
 Esta segunda ampliación ten unha superficie prevista de 156.685 metros
cadrados brutos e unha superficie en parcelas de 99.881
 “Este é un proxecto estratéxico para A Estrada. Xunto coa autovía e a
vivenda pública, o incremento das opcións laborais no municipio veñen
da man deste polígono industrial”, sinala o rexedor estradense.

– O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, mantivo a
primeira hora desta mañá unha reunión de traballo con técnicos de Xestur -sociedade
encargada da xestión do solo en Galicia- tendente a continuar dando pasos na
tramitación da ampliación pública do polígono industrial de Toedo. O principal parque
empresarial estradense verá incrementada a súa superficie actual con case 157.000
metros cadrados, nunha bolsa de terreo localizada a carón da sede de Emerxencias A
Estrada e emprazada ao outro lado da PO-841, fronte ás actuais parcelas industriais.
Na reunión participaron tamén técnicos da empresa responsable da elaboración do Plan
Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) e do proxecto de urbanización,
xunto con integrantes dos departamentos técnicos do Concello. O principal cometido da
sesión de traballo foi analizar os pasos e prazos vencellados á elaboración do citado plan,
coa pretensión de que se poidan someter a trámite de aprobación inicial o antes posible.
Louzao Dono indicou que, una vez acadada a aprobación definitiva do PEOSE, chegaría o
momento de emprender o proxecto de urbanización para este novo ámbito. O parque
conta con unha superficie prevista de 156.685 metros cadrados brutos e unha superficie
en parcelas de 99.881. Trátase dunha segunda ampliación do polígono de Toedo.

O documento someteuse a tramitación ambiental, que foi emitida en outubro de 2024.
Entregouse a Xestur para revisión en febreiro deste ano, de xeito que actualmente se
están finalizando as rondas de contactos coas distintas administracións para pechar o
documento e deixalo listo para aprobación inicial.
“Este é un proxecto estratéxico para A Estrada. Xunto coa autovía e a vivenda pública, o
incremento das opcións laborais no municipio veñen da man deste polígono industrial. A
ampliación, por iniciativa pública, deste parque é fundamental para o asentamento de
novas empresas”, recalcou o alcalde da Estrada. Gonzalo Louzao recoñeceu que
algunhas firmas están xa preguntando por este solo, tanto no Concello como a través da
propia Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. “O goberno porá
medios humanos e materiais ao servizo de poder contar con esta ampliación do polígono
de Toedo o antes posible”, engadiu o rexedor local.

Publicado en Portada | Deja un comentario