Minuto de silencio na Estrada, este mediodía, tras o accidente ferroviario acontecido en Córdoba.
Minuto de silencio na Estrada, este mediodía, tras o accidente ferroviario acontecido en Córdoba.
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA A ACTIVIDADE DEXIMNASIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA
O Concello da Estrada, a través do seu departamento
de Servizos Sociais, abrirá o vindeiro luns, 19 de xaneiro, o prazo de presentación de
solicitudes para participar na actividade ximnasia para persoas con discapacidade
auditiva e que estean empadroados no municipio.
O prazo de matrícula estará aberto ata o 23 de xaneiro. A solicitudes deberán
presentarse no departamento de Servizos Sociais, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou
a través da sede electrónica do Concello da Estrada.
A actividade comezará o vindeiro 5 de febreiro e desenvolverase ata o 18 de xuño,
continuando entre o 3 de setembro e o 17 de decembro, de xeito que non haberá
sesións en xullo e agosto. As clases serán un día a semana, os xoves, de 09.45 a 10.45
horas.
As persoas participantes o ano pasado que xa tivesen presentado a documentación que
debe acompañar a solicitude non terán que presentala novamente.
UN TERZO DOS USUARIOS DO VIDOC DA POLICÍA NACIONAL NAESTRADA ACODE PARA A EMISIÓN OU RENOVACIÓN DO PASAPORTE
A expedición é unha novidade na Estrada, xa que esta prestación non
existía no municipio ata a posta en marcha do servizo itinerante para a
tramitación do Documento Nacional de Identidade.
A alta demanda volve esgotar as citas: xa non quedan ocos en xaneiro
nin febreiro, este último con visita do Vehículo Integral de
Documentación os días 3, 4 e 19.
Un terzo das citas que os estradenses solicitan para o
Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional correspóndense coa
expedición ou renovación do pasaporte. Este servizo é unha novidade no Concello da
Estrada xa que, antes de que esta unidade comezase a desprazarase ata a capital
estradense en abril de 2025, os residentes neste municipio tiñan que desprazarse ata
diversas cidades para poder tramitar esta documentación.
Agora, tanto a emisión como a renovación do pasaporte realízase a través do mesmo
servizo itinerante que a Policía Nacional puxo en marcha para facilitar e axilizar aos
estradenses a expedición do Documento Nacional de Identidade (DNI). O sistema de
citación corresponde á Policía Local e estas citas computan entre a trintena de quendas
dispoñibles en cada xornada operativa do VIDOC.
Neste contexto, a xefatura da Policía Local confirmou hoxe que xa están esgotadas todas
a citas dispoñibles para os meses de xaneiro e febreiro, de xeito que non será posible
asignar quendas ata que se coñezan que días visitará esta unidade A Estrada no mes de
marzo.
En xaneiro o servizo estará instalado na Praza da Constitución o vindeiro mércores, día
21. Despois de atender aos 30 cidadáns citados, a unidade trasladarase novamente á
capital estradense tres días de febreiro, todos eles completos: 3, 4 e 19. Das 90 persoas
que serán atendidas, 30 solicitaron a renovación ou emisión do pasaporte (13 para o día
3 de febreiro; 9 para o 4 e outras 8 persoas para o día 19) e 60 acoden polo DNI.
Cómpre lembrar que, aínda que inicialmente o Vehículo Integral de Documentación da
Policía Nacional visitaba a capital estradense dúas veces ao mes, a alta demanda
recomendou programar tres visitas mensuais.
Para facer uso do servizo os interesados teñen que chamar á Policía Local da Estrada, no
teléfono 986 570 898, ou acudir de xeito presencial ata as súas dependencias, na Praza
da Feira, en horario de 09.00 a 14.00 horas. Tramitada a documentación, a expedición é
agora inmediata, de xeito que en apenas 10 minutos os cidadáns saen co seu carné ou o
seu pasaporte na man. Isto axiliza moito a xestión con respecto ao servizo
anterior,ademais de facilitar este trámite administrativo aos veciños da Estrada, que
tiñan que trasladarse ata outras localidades se querían recibir o documento no mesmo
día.
Lembrar tamén que A Estrada conta dende finais do ano pasado co servizo do Punto de
Actualización de Documentación (PAD) na Casa das Letras. Nel é posible realizar xestións
como a renovación do certificado dixital, cambiar o contrasinal do DNI dixital ou anular a
sinatura dixital, entre outros trámites.
O CONCELLO DA ESTRADA APROVEITARÁ O ESCAPARATEINTERNACIONAL DE FITUR PARA PRESENTAR A RUTA DA SIDRA
Promocionará este atractivo o mércores no stand do Ministerio de
Agricultura, Pesca e Alimentación e, o xoves, no de Galicia.
Representantes do sector viaxarán a Madrid para respaldar a
exposición.
“Queremos que a sidra na Estrada sexa un baluarte económico para A
Estrada os 365 días do ano”, sinala o alcalde.
A sidricultura estradense estará tamén referenciada na presentación do
proxecto “Caminos de la Sidra”, no stand de Turismo Asturias.
O Concello da Estrada aposta este ano pola
presentación da Ruta da Sidra na edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que
arranca este mércores en Madrid. O percorrido, que une a tradición local do cultivo da
mazá e da elaboración da sidra coa indubidable vertente turística que se asocia a este
sector, será presentado tanto no stand do Ministerio de Agricultura, Pesca e
Alimentación (MAPA) como no de Galicia.
Deste xeito, a primeira das presentacións será no espazo do referido ministerio o
mércores pola tarde, reservando a segunda para o stand de Galicia, o xoves ao mediodía.
Nas dúas exposicións será o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, quen se encargue de
expoñer a aposta que no municipio se está facendo por unha ruta que será
completamente sinalizada neste 2026.
“Queremos que a sidra na Estrada sexa un baluarte económico para A Estrada os 365
días do ano, podendo coñecer os distintos momentos da mazá, ademais de permitir aos
visitantes unha conexión coa natureza, co noso turismo rural e tamén con todo o noso
patrimonio histórico e cultural”, sinalou o rexedor estradense.
Gonzalo Louzao apuntou que esta é a primeira vez que a sidricultura estradense se leva a
FITUR e puxo o acento en que esta é “unha aposta polo turismo da sidra, non só porque
A Estrada sexa a capital da sidra no noroeste peninsular, senón tamén porque
presumimos da nosa Feira da Sidra e do peso que ten o sector da mazá ecolóxica e a
proliferación de lagares no noso territorio”.
Dende os sector confirmouse hoxe a presenza de varios representantes na presentación
que se fará o xoves. Ademais, nesta mesa xornada o Concello da Estrada estará
referenciado no stand de Turismo Asturias, onde será presentado o proxecto “Caminos
de la Sidra”, no que se integra o municipio estradense.
50 quilómetros
O percorrido, duns 50 quilómetros, está pensado para realizar en coche e discorre entre
pomares, lagares e elementos patrimoniais. A ruta parte da casa consistorial da Estrada,
diríxese cara Aguións e cruza o río Liñares pola Ponte Nogueira, onde xa comezan a
aparecer os primeiros pomares. Continúa por Moreira, Ancorados, Agar, Olives,
Pardemarín, Ribela e Callobre, entre outras parroquias, salpicada de antigas plantacións
que testemuñan a longa tradición sidreira destas terras.
Con máis de 280 quilómetros cadrados, A Estrada foi desde sempre unha terra propicia
para o cultivo da mazá. Moitas familias lembran como este froito se aproveitaba nas
casas para elaborar sidra, e os lagares antigos que aínda se conservan dan boa mostra de
que esta tradición non foi importada, senón herdada. A revitalización de toda esta
tradición fixo florecer plantacións, lagares e unha Feira da Sidra que celebrará este ano a
su décimo terceira edición.
GASTRONOMÍA EN FEMININO NA ESTRADA
O ALCALDE REALIZA VISITAS ÁS PARROQUIAS NO DESEÑO DUN NOVOPLAN DE ASFALTADOS NO QUE SE INVESTIRÁN 2 MILLÓNS DE EUROS
Estanse valorando as necesidades in situ e tomando medicións para
priorizar as intervencións máis urxentes neste novo proxecto.
Antes de que esta planificación se licite e se leve a execución terán que
comezar as últimas obras deseñadas en 2025, que chegarán a pistas de
23 parroquias.
Mañá celebrarase a mesa de contratación, de xeito que haberá traballos
neste primeiro trimestre.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, continuou
hoxe a rolda de visitas que emprendeu o venres a distintas parroquias do amplo rural
municipal, un percorrido que ten como obxectivo valorar sobre o terreo necesidades na
rede municipal de infraestruturas de comunicación. Estas visitas que o alcalde realiza
con persoal técnico municipal permiten estudar e priorizar as actuacións que serán
incluídas nun novo plan de asfaltados rurais para os que se programa un investimento de
dous millóns de euros.
“O venres estivemos facendo a medición de pistas prioritarias nas parroquias da zona
sur, dende o casco urbano, do concello”, explicou Louzao Dono, que sinalou de este
mércores o percorrido se centrou na zona sueste . “Estamos vendo in situ as necesidades
e problemas de acceso aos núcleos para incorporalas no orzamento e no proxecto de
asfaltados rurais, doutros dous millóns de euros”, sintentizou.
Asumiu o rexedor que A Estrada posúe moitos núcleos de poboación e que,
necesariamente, isto ten que traducirse na reserva de cuantiosos fondos para a mellora
da súa rede viaria. “Pero é necesario e constitúe unha prioridade para este goberno”,
dixo.
O mandatario avanzou a intención de que, contando con fondos da Xunta, da
Deputación de Pontevedra e do propio Concello, se poida “estar en obra no verán para
que e poidamos mellorar pistas cuxa situación esixe unha intervención prioritaria”.
En todo caso, o alcalde da Estrada puxo hoxe o acento en que, antes de que se execute o
proxecto no que se traballa para este 2026, teñen aínda que realizarse as melloras do
último programa deseñado no 2025, un proxecto de pavimentacións en vías de 23
parroquias, financiadas con fondos do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e
que se achegarán aos 800.000 euros de investimento. A mesa de contratación será xa
mañá, de maneira que se agarda o inicio dos traballos neste primeiro trimestre do ano.
FEBREIRO SERÁ O MES DA PLENA INTRODUCIÓN DO QUINTOCONTEDOR NA ESTRADA, SUMANDO UNIDADES Á RÚA ATA CHEGAR ÁS60 INICIAIS
Ata o de agora a capital municipal conta con 10 colectores marróns,
orientados a grandes produtores pero tamén ao servizo do resto dos
cidadáns que xa teñan a tarxeta de apertura.
Logo dunha coordinación interna, nas vindeiras semanas distribuiranse
estas chaves dende a Alcaldía para que os cidadáns poidan abrir os
equipos e comezar a realizar os seus depósitos.
Á par, o vindeiro mércores retomaranse as xornadas informativas e de
sensibilización a pé de rúa
O mes de febreiro será o escollido no Concello da
Estrada para a plena incorporación, aínda que paulatina, no quinto contedor, o destinado a
residuos orgánicos. Despois de que nas últimas semanas do mes de decembro chegaran ás
rúas da capital municipal os 10 primeiros colectores marróns, principalmente orientados á
recollida procedente de grandes produtores, o concelleiro de servizos municipais, Óscar
Durán, indicou que nos primeiros días febreiro comezará o desembarco paulatino ata
completar as 60 unidades que está previsto colocar na vila.
Ata o de agora, A Estrada seleccionou 10 primeiros emprazamentos para estes colectores.
Están emprazados na Avenida de Pontevedra (no entorno do supermercado Familia),
Avenida de Santiago (nas inmediacións dos establecementos Invictus e Inferno), Avenida
de Benito Vigo (xunto Froitería Doi e Froiz), Avenida Benito Vigo (á altura do número 24,
próximo ao restaurante Gran Vía e Mesón da Estrada), Avenida de Vigo (parte posterior
do supermercado Froiz), Rúa Iryda (fronte supermercado Familia), Praza de Abastos, Rúa
Gradín (xunto Restaurante Samaná), Rúa Leicures (ao inicio, no entorno de restaurante
Manxares e outros establecementos da contorna), Rúa 56 (Hostal A Bombilla).
Aínda que se pensara nestas primeiras unidades como puntos de depósito para os
grandes produtores de residuos orgánicos, todos eles poden ser empregados tamén por
particulares que desexen irse incorporando voluntariamente a este vertido e que teñan
retirada a tarxeta que se precisa para apertura dos contedores.
Neste senso, Óscar Durán avanzou que xusto antes de que se instalen os novos equipos
o Concello emprenderá unha distribución das tarxetas necesarias para a súa apertura.
Logo dunha coordinación interna para artellar como se realizará esta entrega (para a que
haberá un formulario específico), dende a administración municipal anunciarase o día
no que comezará esta distribución a través da Alcaldía, que terá que ser ao longo das
dúas últimas semanas do mes de xaneiro.
O concelleiro de Servizos Municipais informou tamén hoxe de que regresan as xornadas
formativas e de sensibilización para a chegada do quinto colector. O vindeiro mércores
estes puntos informativos estarán novamente na vila, ofrecendo tamén aos interesados
os kits de benvida, que constan dun cubo aireado, un pack de bolsas compostables e un
folleto informativo.
Recollida
En canto á frecuencia de recollida, a idea inicial é que quede establecida dúas veces por
semana, os martes e xoves, asumindo que o volume será reducido nesta primeira etapa.
En todo caso, o responsable de Servizos Municipais sinalou que esta frecuencia poderá
modificarse en función de como evolucione o depósito de residuos orgánicos.
Noutra orde de cousas, logo da parada motivada polas festas de Nadal, xa se retomou a
distribución dos 500 composteiros asignados para vivendas emprazadas no ámbito
rural.









































