A ESTRADA ACTUARÁ EN TRES CAMPOS DE FÚTBOL DA MAN DO PLANDE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN

 As obras no Manuel Regueiro arrancan en breve, logo da reunión
mantida coa adxudicataria, a firma Taboada y Ramos, para coordinar o
inicio dos traballos.
 O proxecto supón a substitución do peche actual e das gradas existentes,
así como a construción de aseos, xunto con outras melloras.
 A bancada desmontable será trasladada ao campo da Nogueira, en Vea.
 O novo PDI, con 390.000 euros, destinarase a renovar o tapete do Novo
Municipal e tamén o seu sistema de iluminación.

 As obras no Manuel Regueiro arrancan en breve, logo da reunión
mantida coa adxudicataria, a firma Taboada y Ramos, para coordinar o
inicio dos traballos.
 O proxecto supón a substitución do peche actual e das gradas existentes,
así como a construción de aseos, xunto con outras melloras.
 A bancada desmontable será trasladada ao campo da Nogueira, en Vea.
 O novo PDI, con 390.000 euros, destinarase a renovar o tapete do Novo
Municipal e tamén o seu sistema de iluminación.

O Plan de Infraestruturas Deportivas (PID) da
Deputación de Pontevedra, sumado a fondos como os do Plan +Provincia da institución
provincial, terá impacto, directo ou indirecto, nas instalacións de tres campos de fútbol do
Concello da Estrada. Así o indicou hoxe o alcalde estradense, Gonzalo Louzao Dono, ao
sinalar o inminente inicio da mellora programada no estadio Manuel Regueiro, as
intervencións previstas no Novo Municipal e, finalmente, a decisión de adaptar un bancada
desmontable no campo da Nogueira, en Vea.
O rexedor sinalou que as obras no Manuel Regueiro comezarán xa en breve. O proxecto
está licitado e vén de celebrarse unha reunión coa adxudicataria (a firma Taboada y
Ramos S.L) para coordinar realización dos traballos
O campo de fútbol Manuel Regueiro presenta na actualidade un muro de peche
deteriorado, unhas gradas desmontables de capacidade insuficiente e a dotación dun
único aseo para o público. Ademais, no recinto existen postes inutilizados da antiga
instalación de iluminación. Partindo desta situación, o proxecto que pasa agora a
materializarse supón a substitución do peche actual e das gradas existentes, así como a
construción de aseos, xunto con outras melloras.
Para a substitución do peche procederase á demolición do actual, composto por postes
metálicos e malla de arame. Construirase un novo con postes tubulares rectangulares e
chapa cega de aceiro, lacada alternando gris grafito e branco, cun deseño idéntico ao
empregando no Novo Municipal.
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
A actuación suporá tamén construír unha nova bancada de 42 metros de lonxitude, con
5 filas de gradas e cuberta de chapa sobre estrutura metálica. A nova instalación poderá
acoller, aproximadamente, a 350 persoas.
Ademais de construír novos aseos próximos á zona de acceso, o proxecto contempla
outra batería de melloras na fontanería, electricidade ou carpintería.
O alcalde puxo o acento en que este campo está “en pleno funcionamento todos os
días”, sendo a casa da Escola Estradense de Fútbol Base. “Cada día, de 16.00 a 23.00
horas, neste estadio hai activade deportiva”, sinalou, incidindo na importancia de
mellorar as súas condicións.
Foi neste contexto no que Gonzalo Louzao informou de que a grada desmontable que se
retirará do Manuel Regueiro foi solicitada para o campo de fútbol da Nogueira, en Vea.
Deste xeito, estas instalacións deportivas verán incorporada esta mellora,
beneficiándose de xeito indirecto do referido plan provincial.
Novo Municipal
Noutra orde de cousas, a concesión de novos fondos neste 2026 do Plan de
Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra permitirá ao Concello da
Estrada actuar no Novo Municipal. Será a través de súas vías: a substitución do tapete e a
mellora da iluminación.
O xefe do executivo local sinalou que a Deputación aprobou asignarlle ao Concello, no
marco deste plan, 390.000 euros e avanzou que pronto arrancarán os trámites para a
licitación dos traballos previstos.
No tocante ao tapete, Louzao Dono sinalou que, habitualmente, a vida útil destas
instalacións sitúase entre os “oito ou dez anos”. “Actualmente, o do Novo Municipal xa
non está comportándose de xeito axeitado á categoría. Ten un desgaste moi grande”,
recoñeceu. Sinalou que se substituirá completamente e se reforzará todo o sistema de
alumeado cunha nova instalación para que o estadio quede debidamente actualizado.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO ATENDE A PETICIÓN DE INCLUÍR O BAILE GALEGO PARAMAIORES DE 60 ANOS NO PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

 A inscrición abre mañá, 14 de xaneiro, e pecharase o día 20.
 O goberno buscou encaixe á actividade logo da petición unánime de
2025, cando o baile galego se programou como actividade temporal de
substitución, da man de Tequexetéldere.
 A convocatoria chega con tres grupos e outros tantas quendas a escoller.
Establécese un máximo de 20 persoas por grupo

 

Un ano atrás, o Concello da Estrada buscou no baile
tradicional galego unha alternativa para substituír as aulas de Musicoterapia para
maiores, unhas clases moi valoradas que no primeiro trimestre de 2025 precisaron facer
unha parada puntual por motivos alleos á administración. O que sucedeu foi que os
participantes quedaron ‘enganchados’ pola danza galega e solicitaron aos dirixentes
locais que incluísen esta proposta no programa anual co que a institución municipal
fomenta un envellecemento activo e busca incidir na prevención da dependencia. A súa
petición vén de ser atendida. Os interesados poderán anotarse a estas clases dende
mañá, 14 de xaneiro, e ata o día 20 deste mes.
Da man da agrupación de música e baile tradicional Tequexetéldere, esta actividade
especificamente pensada para os maiores realizouse por primeira vez en xaneiro de 2025.
Tres meses despois, cando tocaba despedirse, os maiores comezaron a desfilar polo
concello para manifestar o seu desexo de continuidade, participando aos dirixentes locais o
felices que estaban con estas sesións. A petición foi unánime no momento da despedida e
levou ao goberno local a asegurar que estudaría dar encaixe a esta demanda.
O prazo de inscrición quedará aberto este mércores, coa previsión de que as clases de baile
galego para maiores de 60 arranquen o 29 de xaneiro. Continuarán ata o 26 de marzo. O
prezo da actividade será de 14 euros, debendo efectuarse o pago no momento da matrícula.
Para participar é preciso estar empadroado no Concello da Estrada e ser maior de 60 anos.
Tamén é posible acceder con menos de 60 no caso de presentar unha discapacidade igual ou
superior ao 33%. O criterio de selección dos participantes realizarase por rexistro de entrada
das solicitudes no Concello.
Os interesados terán que presentar (ata o 20 de xaneiro) a súa solicitude no departamento

de Servizos Sociais, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou ben a través da sede electrónica
(https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0).
A convocatoria chega con tres grupos e outros tantas quendas a escoller. Establécese un
máximo de 20 persoas por grupo. Todos eles terán sesión de baile galego os martes. Os
horarios serán de 16.00 a 17.00, de 17.00 a 18.00 ou de 18.00 a 19.00.
A única documentación que habería que achegar acompañando a ficha de inscrición sería o
certificado de discapacidade, de seren o caso.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O ÉXITO DO PROGRAMA “YO CONECTO” LEVA AO CONCELLO DAESTRADA A PROGRAMAR UNHA NOVA FASE DE FORMACIÓN DIXITAL

Despois das convocatorias de xaneiro, a nova etapa formativa
desenvolverase entre os meses de febreiro e maio, cun total de seis
cursos.

O Concello de A Estrada vén de pechar coa Fundación
Cibervoluntarios unha nova fase do programa YoConecto, que contará con seis novos
cursos de formación dixital para o seu desenvolvemento entre os meses de febreiro e
maio. A programación realizarase na Casa da Música, en horario de mañá.
Esta nova planificación chega tras o éxito da primeira convocatoria, iniciada no mes de
decembro, e que aínda ten cursos que se celebrarán entre o 19 e o 29 de xaneiro, cuxas
inscricións xa están pechadas. En total, van ofertadas nestas dúas formacións 63 prazas,
unha cifra que superou amplamente as expectativas iniciais, o que levou ao Concello a
ampliar e duplicar a oferta, co obxectivo de garantir unha atención máis personalizada e
adaptada ao ritmo das persoas participantes.
O concelleiro de Novas Tecnoloxías e Conectividade, Manuel Magariños, destacou que
“esta resposta da veciñanza confirma que había unha necesidade real de formación
dixital, especialmente entre persoas que querían aprender pero que ata agora sentían
medo ou inseguridade”. Segundo sinalou, o obxectivo é “poñer a tecnoloxía ao servizo
das persoas, acompañalas e darlles confianza para que se sintan capaces”.
Magariños quixo tamén agradecer expresamente a colaboración da Fundación
Cibervoluntarios, poñendo en valor “a súa implicación e flexibilidade á hora de ampliar e
duplicar os cursos inicialmente previstos, dando resposta ao elevado número de persoas
interesadas”. “Cando unha iniciativa funciona”, engadiu, “o importante é saber
reaccionar e mellorar a oferta para que ninguén quede atrás”.
Seis novos cursos
Esta nova fase do programa YoConecto contará con seis novos cursos, cos que o Concello
da Estrada quere seguir avanzando na inclusión dixital da veciñanza. Trátase dunha
formación pensada para que as persoas participantes poidan sacar todo o partido ao seu
teléfono móbil, tanto para comunicarse como para facer xestións e trámites do día a día.
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
“O teléfono móbil ofrece posibilidades practicamente infinitas”, explicou Manuel
Magariños, “pero para aproveitalas hai que coñecelas e, sobre todo, perderlle o medo”.
“Non falamos de saber máis ca ninguén”, engadiu, “senón de gañar autonomía,
tranquilidade e sobre seguridade”.
A nova programación YoConecto na Estrada (febreiro – maio) ten a seguinte
calendarización:
FEBREIRO
• YoConecto L4. Iniciación ao mundo dixital.
Datas: 3, 5, 10 e 12 de febreiro.
Dirixido a: Cidadanía +18.
• YoConecto L4. Apps útiles para a xestión de trámites en Internet.
Datas: 17, 19, 24 e 26 de febreiro.
Dirixido a: Cidadanía +18.
MARZO
• YoConecto L1. Comunica con confianza: WhatsApp e Telegram.
Datas: 17, 19, 24 e 26 de marzo.
Dirixido a: Maiores de 60 anos.
ABRIL
• YoConecto L1. A túa banca dixital. Compras seguras en liña (Grupo 2).
Datas: 7, 9, 14 e 16 de abril.
Dirixido a: Maiores de 60 anos.
• YoConecto L4. Seguridade: Protexe o teu mundo dixital.
Datas: 21, 23, 28 e 30 de abril.
Dirixido a: Cidadanía (+18)

MAIO
• YoConecto L1. Lecer dixital.
Datas: 5, 7, 12 e 14 de maio.
Dirixido a: Maiores de 60 anos
A celebración para todos os cursos terá como espazo a Casa da Música e serán en horario
de 10.00 a 13.00 horas.
Cómpre lembrar que da primeira convocatoria queda aínda pendente de celebración do
curso “YoConecto L1. A túa banca dixital. Compras seguras en liña”, previsto para o mes
de marzo. No caso de que as persoas inscritas nos cursos das edicións anteriores non
esgoten o cupo de prazas, este curso podería acoller novas incorporacións.

Publicado en Portada | Deja un comentario

CONCELLO E ATENCIÓN PRIMARIA ACTIVAN O PLAN DE SAÚDE LOCAL2026-2030 COA PRIMEIRA REUNIÓN DO SEU COMITÉ DE DIRECCIÓN

 Aposta por reforzar a Atención Primaria e avanzar cara un modelo de
saúde máis integrado, que conecte a atención sanitaria, os servizos
sociais e a acción comunitaria.
 O seu obxectivo de ofrecer unha atención máis próxima, máis proactiva
e mellor adaptada ás necesidades reais da poboación.

O consistorio estradense acolleu este mediodía a
primeira reunión do Comité de Dirección do Plan de Saúde Local da Estrada, un
documento estratéxico con vixencia para o período 2026-2030 que dá continuidade ao
plan anterior e que marca o camiño para mellorar a saúde da poboación, partindo da
realidade social e sanitaria do municipio.
O Comité de Dirección do Plan de Saúde Local da Estrada está constituído polo alcalde,
Gonzalo Louzao, o xefe de servizo de Atención Primaria na Estrada, Juan Sánchez Castro,
a xefa de Enfermería no centro de saúde, Maite Matalobos, o concelleiro estradense de
Sanidade, Óscar Rancaño, e concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar.
O encontro, de carácter interno, permitiu a abordaxe e análise de cuestións como os
resultados da última Oferta Pública de Emprego (OPE) e do concurso de traslados,
valorando o impacto na estrutura actual do cadro de persoal do servizo estradense de
Atención Primaria. De igual xeito, valorouse a cobertura de vacantes e o reforzo de
Enfermería en horario de tarde e durante as fins de semana no Punto de Atención
Continuada (PAC).
Cómpre lembrar que este plan aposta por reforzar a Atención Primaria e avanzar cara un
modelo de saúde máis integrado, que conecte a atención sanitaria, os servizos sociais e a
acción comunitaria, co obxectivo de ofrecer unha atención máis próxima, máis proactiva
e mellor adaptada ás necesidades reais da poboación.
O Consello Director do Plan de Saúde Local permitirá coordinar mellor as decisións e
actuacións do Plan de Saúde Local, que está baseado nunha gobernanza compartida
entre o Servizo de Atención Primaria e o Concello. Con el, A Estrada consolida un traballo
iniciado hai anos e reafirma a súa aposta por unha Atención Primaria forte, unha mellor

coordinación cos servizos sociais e unha organización máis eficiente da atención
sanitaria, adaptada aos retos actuais e futuros da poboación.
Iniciativas do plan
Entre as iniciativas comunitarias incluídas no Plan de Saúde Local 2026-2030 destaca a
incorporación da Estrada á Rede Española de Cidades Amigas da Infancia e das Persoas
Maiores, así como o proxecto e-GALIAT, orientado a promover unha alimentación
saudable e sostible baseada na dieta atlántica, un modelo propio de Galicia.
No ámbito sanitario, o Plan recolle medidas para mellorar a asistencia no Punto de
Atención Continuada (PAC), manter a e-consulta avanzada en cardioloxía, impulsar unha
e-consulta neurolóxica para a detección precoz de problemas de memoria e ofrecer
unha mellor atención ás persoas con enfermidades crónicas complexas, tanto en
residencias como nos seus domicilios.
Dentro desta estratexia, o plan mantén a aposta por modelos de atención de
proximidade e autocuidado, sempre desde a elección informada das persoas usuarias e
o compromiso coa modalidade elixida.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LOUZAO ACOMPAÑA AOS VECIÑOS DE GUIMAREI NA RECUPERACIÓNDO CRUCEIRO QUE FORA DERRUBADO NUN ACCIDENTE DE TRÁFICO

 O alcalde aplaude o resultado dos traballos de restauración, que foron
asumidos pola Consellería de Cultura.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono,
acompañou este domingo aos veciños da parroquia de Guimarei nas celebracións que
serviron de pano de fondo para a recuperación do seu cruceiro, derrubado hai case catro
anos durante as manobras que realizaba na zona unha pala.
Dende o mesmo momento no que se produciu o accidente con este elemento do
patrimonio local, os veciños puxeron todo o seu empeño en garantir a súa recuperación.
As pezas do cruceiro foron retiradas a acopiadas nos almacéns do Concello, ao obxecto
de asegurar a súa preservación.
O alcalde estradense quixo agradecer publicamente este domingo a disposición da
Consellería de Cultura e súa imprescindible axuda para a restauración desta peza. O
rexedor mediou ante o departamento para a busca dos fondos necesarios para estes
traballos profesionais, moi desexados polos veciños da parroquia, que ata chegaron a
construír un cruceiro de madeira para substituír temporalmente a peza derribada. Un
equipo de restauradores e un canteiro realizaron nas últimas semanas unha tarefa de
recuperación, que permitiu devolver a Guimarei o seu cruceiro orixinal.
O xefe de executivo local quixo tamén louvar a sensibilidade amosada polos veciños e
aplaudiu o resultado dos traballos realizados. Sumándose ao sentir expresado durante
as celebracións deste domingo, na honra do patrón San Xiao e de Santa Lucía, o alcalde
recoñeceu que “parece que o cruceiro non sufriu accidente”.
O tempo non permitiu a procesión prevista, pero non impediu que Guimarei a comisión
de festas e os veciños desta parroquia da Estrada conmemorasen o retorno deste
cruceiro ao lugar que lle corresponde.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada insta ao Goberno local á rehabilitación urxente das pontes de Liñares e Paradela

O BNG da Estrada, a través do seu voceiro municipal, Xoán Reices, rexistrou unha moción para o seu debate en Pleno, na que se esixe ao goberno de Gonzalo Louzao (PP) a intervención inmediata e a posta en valor de dous elementos importantes do patrimonio histórico local: a ponte de Liñares e a ponte de Paradela.
Risco de derrube e obriga legal
 
Na exposición de motivos, o grupo nacionalista alerta sobre o avanzado estado de deterioración destas construcións. Segundo sinala Reices, a ponte de Liñares atópase en «grave perigo de derrube», unha situación de vulnerabilidade que tamén ameaza á de Paradela se non se acometen actuacións de urxencia de xeito inmediato.
 
O BNG fundamenta a súa petición na Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galiza, lembrando que as administracións locais teñen o deber legal de «protexer, difundir e fomentar» o valor cultural dos bens que integran a identidade do pobo galego. «Non somos os propietarios deste patrimonio, senón os seus custodios», defende o voceiro nacionalista, «e como tales é a nosa obriga protexelos e preservalos para as xeracións futuras».
 
Demandas ao executivo local
 
Malia a maioría absoluta coa que conta o executivo de Gonzalo Louzao, o BNG agarda que o goberno do PP amose sensibilidade institucional ante unha cuestión de conservación básica. A moción presentada recolle tres puntos de acordo fundamentais:
 
  • Dotación económica: A creación dunha partida orzamentaria específica destinada á rehabilitación integral de ambas pontes.
  • Plan de mantemento: A inclusión de ambos monumentos dentro dun plan regrado de mantemento do patrimonio local para evitar que volvan chegar a situacións críticas.
  • Sinalización e posta en valor: A instalación de sinaléctica adecuada para que a cidadanía poida localizar, achegarse e gozar destes bens patrimoniais sen dificultades.
 

Para o BNG, a conservación do patrimonio histórico-artístico é un piar fundamental para combater a aculturación e fortalecer a identidade e a cohesión social do concello da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA PECHA UN NADAL QUE ATEIGA AS RÚAS E QUE ANIMA ASEGUIR REALZANDO O PERCORRIDO DAS DÚAS CABALGATAS NA VILA

 A cabalgata de Reis volve atraer visitantes chegados doutros concellos
próximos e a de Papá Noel continúa incrementando a súa afluencia.
 De cara a vindeira edición, o Concello valora incrementar as carrozas
que acompañan o desfile do 24 de decembro.
 No ámbito cultural péchase un mes de programación con preto de 40
actividades.
 No plano deportivo, a San Silvestre e a San Silveira pulverizan as súas
propias marcas en Fin de Ano e logran recadar máis de 1.200 quilos de
alimentos para Cáritas.

Coas estampas da visita dos Reis Magos aínda moi
presentes, chega o momento de facer balance de toda a actividade programada durante a
celebración do Nadal no Concello da Estrada. Distintos departamentos municipais confluían
hoxe nesta valoración e coincidían en estimar moi satisfactoria a marcha dos distintos
eventos programados, aplaudido a masiva afluencia nas rúas e agardando que esta se
traducira nun positivo impacto para a vertente comercial asociada a estas festas.
O concelleiro de Promoción Económica e Servizos Municipais, Óscar Durán, subliñou o éxito
acadado, un ano máis, polas cabalgatas do 24 de decembro e do 5 de xaneiro. “A cabalgata
de Papá Noel volveu darnos unha sorpresa moi agradable. É un evento que non se programa
en todos os concellos, que cada ano ten máis público e que constitúe un importante
aliciente para hostalería e comercio”, sinalou. Lembrou que este ano o percorrido de Papá
Noel polas rúas da Estrada estivo potenciado cun desfile de personaxes de animación e
adiantou que se está valorando incorporar na vindeira edición “unha ou dúas carrozas
máis”.
“A de Reis foi un auténtico espectáculo”, continuou Durán. Puxo o acento en que a cabalgata
do 5 de xaneiro na Estrada volveu ser un éxito, respaldada de xeito masivo por público local
e foráneo. “A xente na rúa compáraa coa cabalgatas de grandes cidades, sen ánimo de
desmerecer a ninguén”, recoñeceu o concelleiro, que sinalou a presenza de moitos
espectadores chegados doutros concellos.

Nesta ocasión, os Reis Magos desfilaron nunha comitiva conformada por oito carrozas,
acompañados pola Banda de Música Municipal da Estrada e a Banda de Gaitas de Barbude.
O tempo recomendou celebrar a recepción no Teatro Principal, ateigada de nenos e nenas
desexosos de compartir os seus desexos cos Reis.
Neste Nadal as cabalgatas da Estrada distribuíronse máis de 3.000 quilos de caramelos.
Durán no esqueceu recoñecer e agradecer hoxe todo o esforzo organizativo que para o bo
desenvolvemento destes desfiles realizou o persoal municipal, os axentes da Policía Local e
tamén Emerxencias da Estrada. Recordou a complexidade engadida de ter que cortar
momentaneamente a N-640, unha cuestión que brindou ao concelleiro a oportunidade de
reivindicar a chegada da tan agardada variante.
No tocante á iluminación, o responsable desta ornamentación amosouse convencido de que
o esforzo nesta materia cubre xa as necesidades. “A xente vén á Estrada a ver o ambiente
que se crea na rúa, non vén por se temos cada ano unha árbore máis alta que a anterior. De
cara ao próximo Nadal temos que darlle unha volta e pensar nun atractivo que non pase por
incrementar as luces”, indicou.
De récord
No eido deportivo este foi un Nadal de récord. Dende o departamento que dirixe Ismael
Pena concretouse hoxe que tanto a San Silvestre do 31 de decembro como a San Silveira de
BTT superaron todas as marcas de edicións anteriores. O mesmo acontenceu coa San
Silvestre Acuática do 24 de decembro.
Na proba de bicicleta participaron un total de 177 deportistas e na carreira de Fin de Ano
foron 905 os dorsais distribuídos. Atendendo ao carácter benéfico das dúas probas, o récord
chegou tamén na cantidade de alimentos recollidos a prol de Cáritas Parroquial da Estrada,
estimando que se entregaron máis de 1.200 quilos.
No apartado cultural, o Nadal despídese na Estrada pechando un programa conformado por
preto de 40 actividades no prazo dun mes, entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro. A
concelleira de Cultura, Lucía Seoane, sinalou que foron moitos os eventos que se
desenvolveron con aforo completo (caso de varios dos programados na Sala Abanca ou de
espectáculos coma “Pincho” ou o concerto de Nadal do Obradoiro de Música Moderna
Carlos Barruso) e que serviron para encher de ambiente as rúas. Considerou que a
programación deseñada foi variada e pensada para o desfrute de cidadáns de todas as
idades.

Publicado en Portada | Deja un comentario