O Concello colabora coa Asociación Maceira e Sidra na organización de
talleres de experiencias turísticas asociadas á sidricultura.
Serán o luns e mércores, no Viveiro de Empresas, cunha formación
incluída no proxecto Rutas de la Sidra de España
A ESTRADA CONVOCA OBRADOIROS TÉCNICOS PARA NEGOCIOS QUEAPOSTEN POLA SIDRA LOCAL COMO EXPERIENCIA TURÍSTICA
MÁIS DE 500 MAIORES DA ESTRADA INICIARÁN O 1 DE ABRIL ASACTIVIDADES MUNICIPAIS DE PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA 2025
Entre os inscritos, figuran 390 veciños do rural e 122 do casco urbano.
Para eles convócanse clases de xerontoximnasia, pilates e memoria.
Nas aldeas haberá 30 grupos e confórmanse outros 8 para as sesións que
se desenvolvan na vila, en ambos casos cunha sesión semanal
A primeira quenda de actividade será abril-xuño, arrancando a segunda
a mediados de setembro e chegando á metade de decembro
– Un total de 512 veciños do Concello da Estrada
estrearán o próximo 1 de abril, tanto no casco urbano coma no ámbito rural, o programa
municipal de Prevención da Dependencia, deseñado polo departamento que dirixe a edil
Amalia Goldar. A primeira quenda destas sesións chegará ata o mes de xuño,
retomándose as clases en setembro, tras unha parada estival.
En total son 30 as parroquias nas que se desenvolverán estas actividades, se ben varios
destes grupos condensan a veciños procedentes doutros lugares do municipio nos que o
volume de matrícula non chegou ao mínimo de participantes para conformar aula. No
casco urbano figuran nesta convocatoria outros 8 grupos. Nas parroquias hai anotadas
390 persoas e na capital estradense, 122.
O departamento de Servizos Sociais ten xa unha proposta inicial de adxudicación na que
figuran dúas empresas que están agora aportando a documentación requirida pola
administración para asinar o correspondente contrato. Estas firmas encargaríanse de
impartir talleres de xerontoximnasia (22 parroquias e dous grupos no casco urbano),
pilates (5 parroquias e 3 grupos na vila) e taller de memoria (3 parroquias, 2 grupos no
casco urbano e 1 grupo na residencia de maiores).
Na vila todas as actividades ofertadas teñen horario de mañá e tarde, mentres que nas
parroquias as sesións serán todas vespertinas. Ámbolos dous ámbitos residenciais terán
unha única clase á semana. No rural os veciños xa teñen calendarizada a súa actividade
-aínda que pode haber modificacións se hai un acordo unánime-, mentres que no casco
urbano os usuarios aínda poden escoller grupo en función das súas preferencias
horarias.
O custe anual do programa de Prevención da Dependencia será de 35 euros, o que inclúe
as clases que se desenvolvan na quenda abril-xuño e dende mediados de setembro ata
mediados de decembro. Co arranque das primeiras clases, as persoas apuntadas
poderán satisfacer o pago, escollendo entre abonar 15 euros agora e 20 despois, ou
pagar xa a cantidade íntegra. En todo caso, irán recibindo o correspondente aviso
municipal para facer o ingreso.
Musicoterapia e piscina
Por outra banda, o próximo luns, 17 de marzo, arranca o prazo de inscrición para asistir a
outras actividades dirixidas aos maiores da Estrada: musicoterapia xerontolóxica e a
segunda quenda de piscina.
No caso de musicoterapia, a matrícula pecharase o 26 de marzo. Haberá unha primeira
quenda de clases entre o 1 de abril e o 24 de xuño, programándose a segunda do 2 de
setembro ao 23 de decembro. A primeira delas terá un custe para os usuarios de 15
euros, sendo 20 euros o importe da segunda. As solicitudes (o modelo está xa aloxado na
páxina web municipal) poden presentarse en Servizos Sociais (de 09.00 a 14.00) ou na
sede electrónica do Concello da Estrada. Para participar é preciso estar empadroado no
municipio e ser maior de 60 anos, ou ter unha idade inferior e unha discapacidade igual
ou superior ao 33%.
Para asistir á segunda quenda de piscina para maiores, a inscrición abre o luns 17 e pecha
o día 24. Requírese un mínimo de 7 alumnos por sesión e un máximo de 12. As clases
serán os luns (de 09.15 a 10.00; de 16.30 a 17.15 e de 19.30 a 20.15), mércores (09.15 a
10.00) e venres (de 09.00 a 09.45 e 09.45 a 10.30). As sesións irán do 2 de abril ao 20 de
xuño, ambos incluídos. Para participar é preciso ter máis de 50 anos (ou ter recoñecida
unha discapacidade) e estar empadroado na Estrada. Terán prioridade as persoas que
non participaran na primeira quenda. O criterio de selección establecerase por número
de rexistro de entrada.
CONCENTRACIÓN URXENTE CONTRA ALTRI CONVOCADA POLO BNG
Diante da traizón do PP ao pobo galego coa aprobación da declaración de impacto ambiental de ALTRI favorábel á instalación da pasteira en Palas de Reis, o BNG da Estrada chama a secundar e apoiar a convocatoria urxente da plataforma ULLA VIVA para este domingo 16 de marzo, ás 12 horas, na ponte de Pontevea.
Non podemos consentir a instalación da pasteira, que afectará negativamente ao río Ulla, arteria vital do noso concello.
Altri Non!
O CONCELLO SUBVENCIONARÁ O 50% DO CUSTE DAS “SANTAS TAPAS”PARA OS CONSUMIDORES MOZOS, DE ENTRE 18 E 25 ANOS
Esta edición estreará a Santa Tapa Xove, que custará 1,5 euros para os
mozos, previa retirada da correspondente cartilla nas oficinas da ACOE
e só na primeira consumición en cada un dos locais participantes.
Para os demais asistentes, as tapas nos 24 establecementos que teñen
intención de secundar a convocatoria para esta Semana Santa terán un
custe de tres euros.
Os locais distribuiranse en catro rutas, desta volta con propostas de dúas
modalidades: cociña tradicional e de fusión
Aqueles que completen o percorrido accederán ao sorteo de 1.000 euros.
Os clientes xulgarán as mellores tapas do certame
Todo en marcha xa para una nova edición das
xornadas gastronómicas coas que A Estrada celebra, dende hai anos, a Semana Santa.
Concello e Hostaleiros da Estrada aproveitaron a reunión celebrada na tarde do
mércores para pechar xa moitos dos detalles que marcarán a convocatoria das “Santas
Tapas” deste 2025, que chega con varias novidades, aínda que co desexo de sempre de
seguir contando coa participación de veciños e visitantes nestas sesións de degustación.
Un dos cambios máis importantes vai dirixido á mocidade, xa que o Concello
subvencionará a súa asistencia coa estrea da chamada Santa Tapa Xove.
O edil de Promoción Económica, Óscar Durán, explicou que as case tres horas de reunión
permitiron chegar a diversos acordos. Un deles foi fixar o prezo das propostas que os
hostaleiros ofertarán aos clientes durante estas xornadas en tres euros por ración. Para
favorecer a participación dos máis novos, o Concello asumiu o compromiso de asumir a
metade do importe da tapa para os consumidores de entre 18 e 25 anos, de xeito que
para eles custe 1,5 euros.
Para sumarse á Santa Tapa Xove será preciso que os interesados acudan ás oficinas da
Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) para retirar unha cartilla específica,
previa identificación e acreditación da súa idade a través do seu carné de identidade.
Cómpre aclarar que este desconto do 50% será de aplicación na primeira tapa que
consuman en cada establecemento. Se deciden repetir, terían que asumir o custe xeral
das tapas.
Por outro lado, as “Santas Tapas” incorporan este ano dúas modalidades: tapa
tradicional e tapa fusión. Cada establecemento terá a liberdade de escoller por cal
destas dúas categorías aposta. A organización acordou que na próxima semana os
establecementos formalicen a súa adhesión á campaña, ademais de presentar o nome,
características da tapa coa que acoden á campaña e información de alérxenos. Nos
primeiros días da última semana de marzo realizaranse as fotografías dos pratos para
configurar xa a cartelaría e os folletos cos que contarán os locais para entregar aos
clientes.
Horario e premios
A previsión é que os locais se distribúan en catro rutas diferentes, cada unha delas
bautizada co nome dun río da Estrada. Servirán as “Santas Tapas” dende o mércores 16
en sesión vespertina ata o domingo 20 de abril. O horario mínimo para degustalas será
de 12.30 a 15.00 e de 20.00 a 22.00 horas, quedando a criterio de cada hostaleiro se
amplía este tempo para a degustación.
En canto aos premios, sortearanse un premio grande de 1.000 euros entre aqueles que
completen todas as rutas e, polo tanto, proben ao longo destas xornadas a proposta de
cada establecemento. Tapear só nalgúns locais pode brindar algún dos premios menores
que baralla a organización. A maiores, as mellores suxestións gastronómicas tamén
serán premiadas, con galardóns para a mellor tapa tradicional, a mellor da categoría de
innovación e para a tapa mellor presentada.
PRESENTACIÓN DA 13ª FEIRA DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO/69ª FEIRA DE ANTIGÜIDADES
Cincuenta firmas expositoras e catro pavilló
exposición.
Parque infantil
domingo.
Sorteo de vintedous
Reparto de material publicitario e agasallos do Instituto
Galego de Consumo e da Competencia.
O certame presentouse
Oscar Durán (Concelleiro de Promoción Económica),
Gonzalez (Presidente de A
A.C.O.E.).

O presidente de A.C.O.E., destacou na súa intervención que a
de Oportunidades xa é unha rutina
que os comerciantes liquiden os excedentes de mercancía en tenda.
Igualmente suliñou que este tipo de certames funcionan moi ben
incluso en anos de crise como os que nos tocan vivir. O
mesmos son os descontos chamativos e de impacto que acadan ata
o 80%.
O Concelleiro de Promoción Económica fixo fincapé en qué, os
visitantes van atopar prácticamente de todo (roupa, calzado,
MAÑA INAUGURASE A FEIRA DE OPORTUNIDADES DE
COMERCIO E A FEIRA DE ANTIGÜIDADES
Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, 13/0
resentouse o certame aos medios de comunicación .
O Recinto Feiral Estradense, abrirá as súas portas ao
venres as catro da tarde .
A Inauguración do certame será as 17:00h. polo Director
Xeral de Comercio e Consumo Gabriel Alén .
incuenta firmas expositoras e catro pavilló
arque infantil gratuíto con inchables o sábado e o
vintedous agasallos entre todos os visitantes.
Reparto de material publicitario e agasallos do Instituto
Galego de Consumo e da Competencia.
O certame presentouse onte aos medios de comunicación por
Oscar Durán (Concelleiro de Promoción Económica),
Gonzalez (Presidente de A.C.O.E.) e Patricia Magariños
O presidente de A.C.O.E., destacou na súa intervención que a
de Oportunidades xa é unha rutina consolidada e unha canle para
que os comerciantes liquiden os excedentes de mercancía en tenda.
Igualmente suliñou que este tipo de certames funcionan moi ben
incluso en anos de crise como os que nos tocan vivir. O
mesmos son os descontos chamativos e de impacto que acadan ata
O Concelleiro de Promoción Económica fixo fincapé en qué, os
visitantes van atopar prácticamente de todo (roupa, calzado,
MAÑA INAUGURASE A FEIRA DE OPORTUNIDADES DE
/03/2025
comunicación .
abrirá as súas portas ao
A Inauguración do certame será as 17:00h. polo Director
incuenta firmas expositoras e catro pavillóns de
o sábado e o
agasallos entre todos os visitantes.
Reparto de material publicitario e agasallos do Instituto
aos medios de comunicación por
Oscar Durán (Concelleiro de Promoción Económica), Alfredo
Magariños (Xerente de
O presidente de A.C.O.E., destacou na súa intervención que a Feira
e unha canle para
que os comerciantes liquiden os excedentes de mercancía en tenda.
Igualmente suliñou que este tipo de certames funcionan moi ben
incluso en anos de crise como os que nos tocan vivir. O aliciente dos
mesmos son os descontos chamativos e de impacto que acadan ata
O Concelleiro de Promoción Económica fixo fincapé en qué, os
visitantes van atopar prácticamente de todo (roupa, calzado,
menaxe, electrodomésticos, mobiliario, vehículos,
de 6.000m2, disfrutando igualmente das posibilidades turísticas e
gastronómicas do Concello da Estrada.
O día catorce, quince
Estrada, inaugura o seu calendario feiral para o presente ano cunha
doble mostra expositiva
a 69ª Feira de Antigüidades.
O evento abrirá as suas portas mañá venres as 16:00h .
inaugurado as 17:00h. polo director Xeral de Comercio e
Consumo, Gabriel Alén.
do Alcalde de A Estrada
Infraestructuras Públicas e Mobilidade
Pontevedra, Belén Cachaf
Vigo, Pontevedra e Vilagarcia
Este doble certame contará coa presenza directa de cincuenta firmas
expositoras, vintetrés
na de Antigüidades.
No pavillón tres, ubicarase unha zona de lecer con inchables
gratuítos para os mais cativos.
A Feira de Oportunidades ocupa dous pavillóns 4 e 5.
catro, estarán present
No pavillón cinco, agrúpanse
electrodomésticos, mobilirio, tapicería, descanso, xoguetería, etc…
As firmas presentes son:
Sport, Byana, Calzados Reboredo, Carlin papelería, Carolain kids,
Confort Hogar, D´Vicenti, Frigohogar, Gloss Moda, La Tribu, María
menaxe, electrodomésticos, mobiliario, vehículos, etc…), nun espazo
, disfrutando igualmente das posibilidades turísticas e
gastronómicas do Concello da Estrada.
quince e dezaseis de marzo, o Recinto Feiral da
Estrada, inaugura o seu calendario feiral para o presente ano cunha
doble mostra expositiva: 13ª Feira de Oportunidades do Comercio e
ª Feira de Antigüidades.
O evento abrirá as suas portas mañá venres as 16:00h .
naugurado as 17:00h. polo director Xeral de Comercio e
Gabriel Alén. Está prevista a asistencia á inauguración
do Alcalde de A Estrada, Gonzalo Louzao, A Deputada de
Infraestructuras Públicas e Mobilidade, da Deputación de
Belén Cachafeiro, a vogal da Camara de Comercio de
Pontevedra e Vilagarcia, Lucia Pedroso.
Este doble certame contará coa presenza directa de cincuenta firmas
trés da Feira de Oportunidades e outr
na de Antigüidades.
tres, ubicarase unha zona de lecer con inchables
para os mais cativos.
A Feira de Oportunidades ocupa dous pavillóns 4 e 5.
presentes Talleres Louzao e Caetano F
No pavillón cinco, agrúpanse as firmas de calzado, roupa, menaxe,
electrodomésticos, mobilirio, tapicería, descanso, xoguetería, etc…
As firmas presentes son: A tenda de Fraber, A.C.O.E., Artest, Aurora
Sport, Byana, Calzados Reboredo, Carlin papelería, Carolain kids,
D´Vicenti, Frigohogar, Gloss Moda, La Tribu, María
etc…), nun espazo
, disfrutando igualmente das posibilidades turísticas e
de marzo, o Recinto Feiral da
Estrada, inaugura o seu calendario feiral para o presente ano cunha
ª Feira de Oportunidades do Comercio e
O evento abrirá as suas portas mañá venres as 16:00h . Será
naugurado as 17:00h. polo director Xeral de Comercio e
Está prevista a asistencia á inauguración
Gonzalo Louzao, A Deputada de
da Deputación de
a vogal da Camara de Comercio de
Este doble certame contará coa presenza directa de cincuenta firmas
outras vintesete
tres, ubicarase unha zona de lecer con inchables
A Feira de Oportunidades ocupa dous pavillóns 4 e 5. No pavillón
Talleres Louzao e Caetano Fórmula Galicia.
as firmas de calzado, roupa, menaxe,
electrodomésticos, mobilirio, tapicería, descanso, xoguetería, etc…
A tenda de Fraber, A.C.O.E., Artest, Aurora
Sport, Byana, Calzados Reboredo, Carlin papelería, Carolain kids,
D´Vicenti, Frigohogar, Gloss Moda, La Tribu, María
Guzmán Moda, Moksin, Muebles o Rastro, Tiko Doco, Zapatería
Capricho e Zeus moda masculina.
Pola súa banda, o pavillón seis acollerá a
O 93% das firmas presentes son de procedencia galega e o restante
7% son de proceden
84% das firmas presentes, seguida de A Coruña cun
un 2% e Lugo o 1%.
Realizarase o sorteo de
polos expositores entre todos os visitantes,
roupa, calzado, electrodomésticos………
sábado as 18:00h. e o domingo as 20:00h no pavillón 5.
están expostas en
O parque infantil
funcionará o sábado
13.00 h. e de 17.00
asistentes.
Coincidindo co dia Mundial dos dereitos das persoas consumidoras
venres 14, a Xunta de Galicia (Instituto Galego de Consumo e da
Competencia ) estará presente
material informativo e agasallos aos visitantes do certam
Guzmán Moda, Moksin, Muebles o Rastro, Tiko Doco, Zapatería
Capricho e Zeus moda masculina.
Pola súa banda, o pavillón seis acollerá a Feira de Antigüidades.
% das firmas presentes son de procedencia galega e o restante
procedencia foránea. A provincia de Pontevedra aporta o
% das firmas presentes, seguida de A Coruña cun
un 2% e Lugo o 1%.
sorteo de vintedous lotes promocionais patrocinados
polos expositores entre todos os visitantes, tales como mobiliario,
electrodomésticos……… Os sorteos terán lugar ao
sábado as 18:00h. e o domingo as 20:00h no pavillón 5.
en www.feiradomoble.gal.
infantil patrocinado polo Excmo. Concello de A Estrada
o sábado de 17.00 – 19.30 h. e o domingo de 12
13.00 h. e de 17.00-19.30 h. e será gratuito para todos os
oincidindo co dia Mundial dos dereitos das persoas consumidoras
venres 14, a Xunta de Galicia (Instituto Galego de Consumo e da
estará presente a través dun stand no que
material informativo e agasallos aos visitantes do certam
Guzmán Moda, Moksin, Muebles o Rastro, Tiko Doco, Zapatería
ntigüidades.
% das firmas presentes son de procedencia galega e o restante
A provincia de Pontevedra aporta o
% das firmas presentes, seguida de A Coruña cun 6%, Ourense
onais patrocinados
tales como mobiliario,
Os sorteos terán lugar ao
sábado as 18:00h. e o domingo as 20:00h no pavillón 5. As bases
Concello de A Estrada
e o domingo de 12.00-
19.30 h. e será gratuito para todos os
oincidindo co dia Mundial dos dereitos das persoas consumidoras, o
venres 14, a Xunta de Galicia (Instituto Galego de Consumo e da
no que entregará
material informativo e agasallos aos visitantes do certame.
O CONCELLO E HOSTALEIROS DA ESTRADA INICIAN O DESEÑO DUNHANOVA EDICIÓN DAS XORNADAS DE DEGUSTACIÓN “SANTAS TAPAS”
O Concello e Hostaleiros da Estrada compartiron esta
tarde mesa de traballo para iniciar os preparativos dunha nova edición das xornadas de
degustación “Santas Tapas”, unha iniciativa que se vén celebrando dende hai xa anos en
diferentes locais do casco urbano estradense no marco da Semana Santa.
O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, reuniuse con integrantes da
asociación que representa aos hostaleiros do municipio para avanzar no deseño da
campaña, na que está prevista a participación de 29 establecementos, unha das cifras
máis elevadas das últimas convocatorias.
A xeito de avance, dende a organización especificouse que se traballa en varias
novidades para que o programa Santas Tapas continúe incrementando a súa capacidade
de atracción no público foráneo, toda vez que seduza aos estradenses a confiar coma ata
agora na hostalería local para gozar das vacacións de Semana Santa.
De igual xeito, unha das propostas que se están valorando é que este ano os petiscos
preparados polos participantes combinen a cociña tradicional con suxestións propias da
cociña de fusión.
As xornadas de degustación arrancarán na tarde do mércores, 16 de abril, e continuarán
ata o domingo 20. Concello e Hostaleiros da Estrada presentarán nos próximos días a
cartelaría promocional desta iniciativa e novos detalles para axuden a ir xerando
expectativa arredor desta nova edición.
O CONCELLO BUSCA OPTIMIZAR O FUNCIONAMENTO DO PUNTOLIMPO E MELLORAR A SEGURIDADE NO RECINTO DE PENERADA
Mellorar a seguridade das instalacións e optimizar o
seu funcionamento. Neste dobre obxectivo para o Punto Limpo municipal traballa o
Concello da Estrada, neste intre coas instalacións medioambientais pechadas ao público.
O edil estradense de Medio Ambiente, Óscar Durán, explicou hoxe que a idea é que as
portas volvan abrirse con variacións na xestión deste punto de depósito controlado de
residuos, ao obxecto de mellorar tanto o servizo que se presta aos cidadáns como o
correcto tratamento medioambiental do material que os veciños depositan nos
diferentes contedores dispoñibles nunha infraestrutura localizada no lugar de Penerada.
O goberno que encabeza Gonzalo Louzao ten en carteira un proxecto ambicioso de
mellora do Punto Limpo. Porén, mentres se traballa nesta liña, a intención é que as
melloras comecen a materializarse de xeito inmediato. Neste senso, Durán explicou que
o peche do recinto que se iniciou o pasado 1 de marzo busca acometer, non só un
traballo de mantemento, senón tamén actuacións que redunden nunha mellora de
seguridade das instalacións.
O responsable municipal de Medio Ambiente puxo o acento en que o Punto Limpo esixe
nestes intres un maior control e protección, logo de que se teñan rexistrado diversos
roubos e mesmo algún conato de incendio. Como medida disuasoria e de incremento de
vixilancia, o Concello instalará cámaras de seguridade e sensores de alarma.
O Concello fixo coincidir este peche temporal coa nova e recente adxudicación do Punto
Limpo. Tralo correspondente concurso, a empresa que asume a xestión do servizo é
Coregal. O concelleiro de Medio Ambiente explicou que a nova concesión motivou unha
inspección das instalacións e permitirá pasar a aplicar os cambios derivados de nova
normativa vixente nesta materia. Ademais de detectar “deficiencias que se están
intentando subsanar”.
No tocante aos cambios que se introducirán coa nova xestión, o depósito de residuos
terá que adecuarse ao que a lei contempla para o funcionamento dos puntos limpos.
Neste senso, os usuarios que acudan ás instalacións teñen que ser identificados antes de
introducir o material que acheguen nos contedores correspondentes. A maiores, a
normativa regula un número máximo de quilos para o depósito.
Para os particulares
“O Punto Limpo é para particulares”, lembrou Óscar Durán. A regulación existente
recolle que as empresas, tanto grandes como pequenas, teñen que xestionar e
evacuación dos seus residuos por outras canles, sen acudir ao efecto a unhas
instalacións pensadas para refugallo procedente do ámbito domiciliario.
O titular estradense de Medio Ambiente recoñeceu que se vén detectando unha
cantidade de escombro nestes colectores excesivamente elevada, situación que dispara
a factura que ten que abonar a administración municipal para o tratamento destes
residuos. Máis polo miúdo, Durán exemplificou esta situación sinalando que, só no mes
de xaneiro, o Concello tivo que asumir o pago de 18.125 euros pola recollida.
O edil indicou tamén que a xestión de todo o material que se leva ao Punto Limpo ten un
custe anual de 180.000 euros. Coas novas fórmulas que se aplicarán e o que agardan que
se deixe de pagar de xeito indebido, o goberno agarda un aforro de 30.000 euros anuais.
Respecto á reapertura das instalacións ao público, o concelleiro lembrou que dende o
Concello se informará coa debida anticipación. Precisou que as instalacións seguirán
funcionando no mesmo horario: de 09.00 a 13.00 horas os xoves e venres e en horario
partido os sábados, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 17.00.







































